Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

O R A C I Ó N

C A S T R E L O
EDAP 1 9 . N O V E M B R O . 2 0 2 2

Camiñemos xuntos!
SAÚDO
Xuntámonos neste segundo encontro de formación, coa certeza de que Xesús está con
nós, animándonos a seguir camiñando xuntos.
A piques de rematar o ano litúrxico, coa festa de Cristo Rei, é un bo momento para
recoñecer a grandeza do Señor, que nos impulsa a desenrolalos nosos dons e cualidades
para servir aos demais.
Escoitamos un fragmento da Palabra de Deus, e mirámolo na profundidade do seu
significado.
1 Cor 12, 4-11
Da primeira carta de Paulo aos Corintios

Irmáns:
Hai diversidade de dons, pero un mesmo Espírito. Hai diversidade de servizos, pero un
mesmo Señor. Hai diversidade de realizacións, pero un mesmo Deus, que é quen realiza todo
en todos. A cadaquén dáselle a manifestación do Espírito para o ben común. A un o Espírito
dálle palabra de sabedoría; a outro dálle palabra de ciencia o mesmo Espírito; a aqueloutro o
mesmo Espírito concédelle fe. A un este mesmo Espírito dálle o don de curacións; a outro, o
dond e facer milagres; a outro, o don da profecía; a outro, discernimento de espíritos. A un,
don de falar distintas linguas; a outro, o saber interpretar esas linguas. Pero todo isto é un e o
mesmo Espírito quen o realiza, repartindo a cada un en particular, como a El lle parece.
Silencio

Hoxe queremos comprometernos...


...a abrir os OLLOS e os OÍDOS: permanecer alerta á chamada de Deus, que nos converte
en irmáns: invítanos a formar parte da mesma comunidade, do mesmo corpo, do que Cristo
é a cabeza.

...a ablandar o CORAZÓN. Ser humilde, ser o que son, ser o mellor que poida ser: auténtico,
sen anhelar outros dons. Aceptarme e amarme a min mesmo para aceptar e amar aos
demais.

...a tender as MANS... para construír a comunidade. Cada un somos unha parte
imprescindible da mesma comunidade. Só alí onde o chanzo máis pequeno suxeita con
firmeza, a escada achéganos a outra altura.

...a poñer en marcha os PÉS... e aceptar a miña misión. Ter un don é ter un agasallo para
compartir, para poñer ao servizo dos demais.

You might also like