Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

CONSELLOS NA APLICACIÓN DE FORMATOS CONDICIONAIS

É importante seguir sempre dous consellos á hora de aplicar os formatos condicionais. Veremos que
en todo caso é conveniente marcar de inicio o rango de celas sobre o que aplicar o formato
condicional, e no caso de uso de fórmulas, ter especial coidado á hora de definir correctamente as
referencias absolutas/relativas. Vexamos sobre dous exemplos o porqué destes consellos e a
secuencia mais axeitada de definición do formato condicional.

Partiremos dunha folla de cálculo con dúas columnas, “Nome” e “Nota”:

Imos aplicar dous formatos, un que marque o fondo das celas de Nota superior a 8 cunha cor azul, e
outro que marque o fondo das filas (ambas celas, Nome e Nota) de Nota inferior a 5 cunha cor
vermella.
EXEMPLO A: FONDO AZUL EN CELA “NOTA” SUPERIOR A “8”

Este é o caso mais sinxelo, xa que a condición aplícase unicamente sobre a cela que contén o valor a
avaliar, e poderemos aplicar a condición directa “O valor da cela é”. Os pasos a seguir serían:

1. Seleccionar o Intervalo de celas, no


exemplo B2:B11.

2. Acceder á opción Formato->Formatado


condicional->Condición

3. Aplicar a condición directa “O valor da


cela é” + ”maior que” + ”8”

4. Elixir un estilo que defina un fondo


azul.

ASPECTO CLAVE:
O feito de seleccionar o
intervalo de celas antes de
definir o formato condicional
permite ter unha única
definición de formato que
aplica a todas elas. É certo
que podería terse definido
unicamente o formato sobre a
primeira cela (B2), e logo telo
copiado ao resto do intervalo
mediante a ferramenta Clonar
formatado. Pero de facelo así
Calc definirá unha regra de
formatado condicional
diferente para cada unha das
N celas do rango, e aínda que
o resultado sexa o mesmo,
calquera cambio que se queira aplicar na regra esixirá revisar todas
e cada unha das N regras creadas por Calc. De aí a importancia de
seleccionar o rango de celas antes de definir o formatado.
EXEMPLO B: FONDO VERMELLO NA FILA COMPLETA CON CELA “NOTA”
INFERIOR A “5”

Neste caso definiremos un formato sobre varias celas (Nome e Nota), formato que depende
unicamente dunha delas (Nota). Por iso non é posible empregar a condición directa “O valor da cela
é”, xa que se aplicaría cela a cela e non marcaría o fondo dos Nomes senón unicamente o das Notas.
Necesitarase empregar unha condición baseada nunha fórmula, tendo especial coidado en que a
referencia á cela Nota teña os parámetros absoluto/relativo ben definidos. Os pasos a seguir serían:

5. Seleccionar o Intervalo de celas, no


exemplo A2:B11.

6. Acceder á opción Formato-


>Formatado condicional->Condición

7. Aplicar a condición “A fórmula é”


co valor ”$B2 < 5”

8. Elixir un estilo que defina un fondo


vermello.

ASPECTO CLAVE:
Neste caso cabe destacar a definición
da fórmula elixida no que respecta ás
referencias absolutas e relativas. Vemos
que a definición toma coma referencia a
primeira cela de Nota do intervalo, e
refírese á cela coa referencia $B2:

Por qué referencia absoluta na columna


($B2)?
Porque queremos que cando Calc avalíe
a condición na cela Nome o faga sobre
a cela contigua da súa fila, e non sobre
a propia cela do nome. Por iso debe
manterse fixa a columna na fórmula
($B2).

Por qúe referencia relativa na fila ($B2)?


Porque queremos que cando Calc avalíe a condición en cada fila o faga
sobre a cela Nota de cada fila, e non sempre sobre a Nota da primeira fila.
Por iso debe varias a fila na fórmula ($B2).

You might also like