Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 55

XESTACIÓN POR SUBSTITUCIÓN:

DEREITOS DOS SUXEITOS IMPLICADOS


E POSTURA DA XURISPRUDENCIA

TFG presentado por Ángela Chorén García

Curso académico 2020/2021

Titora María Paz García Rubio

1
Resumo
A xestación por substitución é un fenómeno mundial en aumento que esperta un intenso
debate social e xurídico por todas as implicacións éticas e socio-políticas que a rodean.
Este traballo ten por obxecto a exposición da xestación subrogada desde o punto de vista
dos tribunais españois e europeos, cuxa análise mostra a enorme complexidade. É un tema
que esixe unha profunda reflexión que debe ser levada a cabo prestando especial atención
aos dereitos dos suxeitos implicados nesta práctica, como se tratou de sintetizar no
presente escrito.
Palabras chave
xestación por substitución / interese superior do menor / muller xestante / pais
intencionais

Abstract
The surrogacy is a growing worldwide phenomenom that causes an intense social and
legal debate because of all the ethical and socio-political implications that surround it.
The aim of this project is the exposition of surrogacy from the point of view of Spanish
and European courts, whose analysis shows a huge complexity. It is a subject that
demands a deep reflection that must be carried out paying special atention to the rights of
the individuals involved in this practice, as it was tried to synthesize in this paper.

Keywords
Surrogacy / best interests of the child / gestating mother / intended parents

2
ÍNDICE
1. Introdución á xestación por substitución……………………..…………………4
1.1. Concepto e tipoloxía…………………..…………………………………….4
1.2. Dereito Comparado e Conferencia da Haya de Dereito Internacional
Privado…………………………………….……………………………………..6
1.3. Nulidade do contrato de XS polo art. 10 LTRHA……………………………6
1.4. O turismo reprodutivo……………………………………………………….8
2. Recoñecemento dos casos de xestación subrogada procedentes do estranxeiro:
postura dos tribunais españois e da DXRN………………………………………11
2.1. Resolución da DXRN de 18 de febreiro de 2009……………………………11
2.2. Sentenza do Xulgado nº15 de Primeira Instancia de Valencia de 15 de
setembro de 2010 e Sentenza da Audiencia Provincial de Valencia Sección nº10
de 23 de novembro de 2011……………………………………………………..12
2.3. A Instrución da DXRN de 5 de outubro de 2010……………………………14
2.4. Sentenza do Tribunal Supremo de 6 de febreiro de 2014.………………….15
2.5. Auto do Tribunal Supremo de 2 de febreiro de 2015………………..………18
2.6. Instrucións da DXRN de 14 e 18 de febreiro de 2019……………………….19
3. Postura do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos………………………….21
3.1. Casos Mennesson e Labassee contra Francia de 24 de xuño de 2014……….22
3.2. Caso Paradiso e Campanelli contra Italia de 27 de xaneiro de 2015 e de 24 de
xaneiro de 2017…………………………………………………………………25
3.3. O Ditame “consultivo” do TEDH de 10 de abril de 2019.…………………28
3.4. Caso D. Contra Francia de 16 de xullo de 2020……………………………31
4. Dereitos dos suxeitos implicados……………………………………………….33
4.1. Os pais intencionais: desexo ou dereito a procrear………………………….34
4.2. A muller xestante…………………………………………………………..37
4.2.1. Implicacións psicolóxicas da xestación por substitución nas mulleres
xestantes………………………………………………………………..37
4.2.2. A dignidade e autonomía das mulleres xestantes…………………38
4.3. O neno: interese superior do menor………………………………………..41
5. Conclusións: necesidade dunha adecuada regulación………………………..44
BIBLIOGRAFÍA………………………………………………………………… 46

3
1. INTRODUCIÓN Á XESTACIÓN POR SUBSTITUCIÓN
1.1. Concepto e tipoloxía
A xestación por substitución é unha práctica, que emprega técnicas de reprodución
asistida, mediante a cal unha muller acorda con un individuo ou parella levar a cabo a
xestación coa finalidade de que o nacido teña vínculos xurídicos de filiación cos pais
intencionais. Trátase dun contrato atípico, oneroso ou gratuíto, mediante o que a muller
xestante leva a cabo unha prestación de servizos para os denominados comitentes, co
compromiso de entregarlles ó neno nacido. Tradicionalmente é un recurso ao que acoden
parellas heterosexuais nas que a muller non pode ou non é aconsellable que leve a cabo a
xestación por diferentes motivos médicos. Actualmente é habitual que acudan a este tipo
de práctica parellas homosexuais compostas por dous varóns ou un home só. Tamén hai
casos nos que son mulleres as que acoden á XS por motivos estéticos. Persoalmente creo
que a XS debería ser un recurso excepcional que lle outorgase a posibilidade de ter fillos
a quen non pode telos por si mesmo.
Fronte a outras terminoloxías, resulta máis adecuado o emprego do nome de
xestación subrogada ou xestación por substitución 1 e non outros como maternidade
subrogada ou ventres de aluguer. Respecto a este último, cómpre fuxir de denominacións
cun matiz pexorativo, empregadas polos detractores da figura da XS para recalcar a
mercantilización do corpo da muller ou un lucro, extremos que non teñen por que
concorrer. En segundo lugar, é a denominación que escolle o lexislador español na Lei
sobre técnicas de reprodución humana asistida 2 e a que adoitan empregar os nosos
tribunais e os europeos. Por último, se concibimos a maternidade como a calidade de ser
nai, e ser nai como o feito de exercer como tal durante o ciclo da vida dunha persoa,
destacando especialmente os aspectos afectivos, sociais e de coidados en xeral, non se
sostén que sexa isto o que se substitúe ou subroga. Ademais, a muller que da a luz ao
neno en casos de XS é unha persoa que está xestando para outros e que non desexa nin
quere ser nai, nin ao neno que poida nacer. Porén, a realidade social e os novos modelos
de familia obrigan a valorar a maternidade dende unha perspectiva que non pode reducirse
a un criterio meramente biolóxico, posto que fai xa séculos que a maternidade é un
proceso complexo que involucra moitas outras variables3. Esta determinación da filiación

1
En adiante XS.
2 Lei 14/2006, de 26 de maio, sobre técnicas de reproducción humana asistida (en adiante, LTRHA).
3
CAMACHO, J.M., “Maternidad subrogada: una práctica moralmente aceptable. Análisis crítico de las
argumentaciones de sus detractores”, accesible en

4
materna na XS imposta polo art. 10 LTRHA entre en colisión coa determinación da
filiación mediante a vontade nos casos de emprego de técnicas de reprodución asistida 4.
Neste punto fálase da denominada como Teoría da intención5, en virtude da cal os
pais dos nacidos por XS serían os comitentes, os que teñen a vontade de selo e grazas aos
que o nacemento dese neno tivo lugar. Cabe recordar pois, que a vontade xa é un criterio
admitido no noso ordenamento xurídico para a determinación da filiación en relación a
figuras como a adopción, a posesión de estado, recoñecemento de compracencia e
consentimento do cónxuxe á fecundación asistida da súa muller. Grazas aos avances
científicos, a maternidade e a paternidade están deixando de ser consideradas como unha
relación de filiación baseada nun reducionismo xenetista e biolóxico para deixar paso a
unha realidade socio-afectiva6. Así, estamos a presenciar unha evolución do concepto de
filiación, que se encamiña cara a protección dunha filiación vivida e volitiva, fronte á
busca dunha realidade biolóxica que a contradí7.
En canto aos tipos de XS podemos distinguir entre a tradicional (aquela na que a
muller xestante aporta tamén o seu materia xenético) e a xestacional (aquela na que o
bebé que naza non terá vinculación coa muller xestante por ser os óvulos da nai comitente
ou de doante), esta segunda modalidade é empregada na maioría dos casos e é menos
problemática na práctica. A XS tamén pode ser altruísta (na que se compensan os gastos
razoables8) ou comercial/lucrativa (na que media contraprestación económica máis alá de
gastos razoables).

https://www.fundacionforo.com.ar/pdfs/maternidadsubrogada.pdf (consultado por última vez a


08.06.2021), páx. 4.
4
FARNÓS AMORÓS, E., “Entre prohibir y permitir, ¿qué es más feminista? Un análisis de la gestación
por sustitución desde la perspectiva de las mujeres gestantes”, en BENAVENTE MOREDA, P., Mujeres y
derechos. Una discusión jurídica sobre reproducción, sexualidad y género, Marcial Pons,
Madrid/Barcelona/Buenos Aires/Sao Paulo, 2020, páxs. 96-134, cita páx. 107.
5
Teoría desenvolvida polo estado de California no caso Johson contra Calverte en 1993 (para máis unha
información máis ampla consultar LAMM, E.,. Gestación por sustitución. Ni maternidad subrogada ni
alquiler de vientres. Publicacions UB, Barcelona, 2013, páxs 42-53).
6
LAMM, E.,. Gestación por sustitución. Ni maternidad subrogada ni alquiler de vientres., cita páx.
53.
7
TAMAYO HAYA, S., “Hacia un nuevo modelo de filiación basado en la voluntad en las sociedades
contemporáneas”, cita páx. 3, accesible en:
http://portal.uned.es/pls/portal/docs/PAGE/UNED_MAIN/LAUNIVERSIDAD/UBICACIONES/06/PUB
LICACIONES/REVISTA%20DIGITAL%20FACULTAD%20DE%20DERECHO/NUMEROS%20PUB
LICADOS/NUMERO%20VI/NUEVOMODELODEFILIACION.PDF
8
Cuxa cuantificación e alcance e difícil establecer na práctica.

5
1.2. Dereito Comparado e Conferencia da Haya de Dereito Internacional Privado
Actualmente non existe unha solución xurídica homoxénea para a problemática
da XS no mundo, nin sequera nos países do noso entorno. Así hai países que a prohiben
como Italia, Francia, Alemaña, Suiza, Austria; outros que a admiten cando esta é altruísta
e sometida a determinadas condicións como Portugal, Reino Unido, Grecia, Bélxica,
varios Estados de Australia e de Estados Unidos, Canadá, Brasil, Israel, Sudáfrica; tamén
hai países que a admiten na súa modalidade comercial como Rusia, Ucrania, India e
algúns estados de EEUU como California. Como se pode observar, a regulación desta
materia é moi dispar.
Dende fai anos a Conferencia de Dereito Internacional Privado da Haya9 ven
formulando propostas e informes para que se adopte unha regulación internacional de
carácter vinculante sobre o recoñecemento de sentenzas estranxeiras en materia de
filiación en casos de XS internacional 10, o que resulta amplamente complicado polo gran
debate ético e xurídico que implica a XS e pola colisión da mesma ca orde pública dos
Estados.

1.3. Nulidade do contrato de XS polo art. 10 LTRHA


No noso ordenamento a XS está parcialmente regulada na Lei 14/2006, sobre
técnicas de reprodución humana asistida 11, de 26 de maio, en cuxo artigo 10 se establece
o seguinte: “1. Será nulo de pleno dereito o contrato polo que se conveña a xestación,
con ou sen prezo, a cargo dunha muller que renuncia á filiación materna a favor do
contratante ou dun terceiro. 2. A filiación dos fillos nacidos por xestación de substitución
será determinada polo parto. 3. Queda a salvo a posible acción de reclamación da
paternidade respecto do pai biolóxico, conforme ás regras xerais”.
O primeiro parágrafo do artigo dispón que en España o contrato de XS está
sancionado coa nulidade de pleno dereito (art. 6.3 CC), o que implica a total ineficacia
dos efectos xurídicos que se poideran derivar de tal contrato, pero non que esta práctica
estea prohibida stricto sensu no noso país, o cal é unha idea xeralmente aceptada e
errónea12. O que determina esta norma é que este non terá outro efecto xurídico que o

9
En adiante CH.
10
Que podería inspirarse no Convenio da Haya relativo a protección do neno e a cooperación en materia
de adopción internacional, de 29 de maio de 1993.
11
En adiante LTRHA.
12
ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Surrogacy: balance de cuatro años de práctica judicial y administrativa”,
accesible en:

6
disposto na lei, isto é que a filiación dos nacidos será determinada sempre a favor da
muller que da a luz, consagrándose así o principio romano mater semper certa est para
casos de XS, o que priva á nai comitente (se a houbera, ou nais, segundo o caso) de que
a filiación materna se determine ao seu favor. Ademais, se a muller xestante está casada
considerarase como pai legal ó marido da mesma, por aplicación da presunción de
paternidade (art. 116 CC). Non obstante, no terceiro punto do art. 10 LTRHA, permítese
o exercicio da acción de reclamación da paternidade ante os tribunais por parte do pai
comitente se fose tamén o pai biolóxico (de habelo). Como crítica a este último apartado
do precepto, permítese ao pai que aportou os gametos reclamar a paternidade pero se a
muller comitente foi quen aportou os óvulos, e polo tanto sería a nai xenética, non tería
tal oportunidade. Non recoñecer a vinculación biolóxica existente neste caso podería ser
unha discriminación non xustificada contra a nai xenética, que se ve obrigada a acudir ao
proceso de adopción do seu propio fillo xenético 13. Autores como Lazcos e Gutiérrez-
Solana defenden que cando a nai comitente aporta os seus óvulos debería recoñecerse a
existencia da citada vinculación biolóxica en pro do dereito dos menores a coñecer a súa
orixe biolóxica14. Esta diferenza de trato podería xustificarse en que respecto da
determinación da maternidade hai unha colisión entre a nai xestante e a xenética, e o noso
ordenamento determina a filiación a favor da primeira, mentres que no caso da
paternidade non existe tal contradición, xa que a lei española garante a paternidade legal
do pai xenético, polo que tal diferenciación non constitúe en realidade un trato
discriminatorio ás nais xenéticas 15.
A finalidade que mostra o noso lexislador, e a de moitos lexisladores do noso
entorno, con esta regulación non é outra que evitar que os contratos de XS se celebren,
aínda que tampouco se establecen ningún tipo de sancións administrativas para os pais
comitentes, muller xestante, intermediarios ou outras persoas que participen en ditas

https://www.academia.edu/4799115/Surrogacy_balance_de_cuatro_a%C3%B1os_de_pr%C3%A1ctica_j
udicial_y_administrativa , cita páx. 2.
13
ALKORTA IDIAKEZ, I., “Surrogacy in Spain: Vindication of the Mater Semper Certa Est Rule”, en
The New Bioethics, núm 26 (2020), páxs. 1-16, cita páx. 12.
14
GUTIÉRREZ-SOLANA JOURNOUD, A. y LAZCOZ MORATINOS, G., “La invisible situación
jurídica de las mujeres para el TEDH ante la maternidad subrogada en la primera opinión consultiva del
protocolo nº16”, en Cuadernos de Derecho Transnacional, núm. 2 (2019), páxs. 673-692, accesible en:
https://e-revistas.uc3m.es/index.php/CDT/article/view/5012/3495, cita páx. 690.
15
ALKORTA IDIAKEZ, I., “Surrogacy in Spain: Vindication of the Mater Semper Certa Est Rule”, cita
páx. 13.

7
prácticas16. Trátase dunha regulación que aborda dende unha perspectiva ex ante o
problema, que se queda moi curta e insatisfactoria en comparación ao que sucede na
realidade práctica onde son os tribunais os que teñen que dar solucións as controversias
que se suscitan cando xa existe un menor nacido por XS, cuxa filiación pretende ser
determinada nun país no que non se admite esta práctica.
Malia as trabas legais, estase lonxe de frearse un fenómeno que vai en aumento a
nivel global (a Oficina Permanente da Haya considera que a industria que articula a XS
creceu un 1000% dende 2006 a 201017). O que está a ocorrer é que aquelas persoas que
economicamente poden costear un procedemento (cuxos gastos poden ascender ata os
150.000€ en EEUU, 50.000€ eu Ucraína ou Rusia 70.000€18) e desexan formar unha
familia recorren aos países que permiten a XS, aos efectos de ver colmados os seus
desexos de paternidade e maternidade 19 e xorde así o denominado turismo reprodutivo.

1.4. O turismo reprodutivo


O turismo reprodutivo ou reprodución transfornteiriza20 pode definirse como os
desprazamentos de persoas residentes en países onde a xestación subrogada está
prohibida ou non ten cobertura legal algunha, a países nos que este tipo de contratos si
están permitidos 21. É un fenómeno que se ve alentado polas disparidades existentes, tanto
a nivel mundial como a nivel europeo, na regulación desta materia, e cuxas consecuencias
poden repercutir negativamente en todas as partes implicadas. Por poñer algún exemplo
destas consecuencias prexudiciais atopámonos con que, ao tolerar prácticas de XS levadas
a cabo no estranxeiro, cabe o risco de que se produza a explotación de mulleres de

16
FARNÓS AMORÓS, E., “Surrogacy in Spain”, en SCHERPE, J.M., FENTON-GLYNN, C. y KAAN,
T. (Eds), Easter and Western Perspectives on Surrogacy, Intersentia, Londres, 2019, páxs. 59-82, cita páx.
62.
17
Oficina Permanente de la Conferencia de la Haya de Derecho Internacional Privado, “Estudio sobre la
filiación legal y problemas derivados de los acuerdos internacionales de maternidad subrogada”,
Documento preliminar núm 3C, 2014.
18
Datos extraídos dun artigo de presa da RTVE, accesible en:
https://www.rtve.es/noticias/20140801/preguntas-respuestas-sobre-gestacion-subrogada-vientres-
alquiler/976260.shtml (consultado por última vez o 06.03.2021).
19
CASTILLO MARTÍNEZ, C., «La gestación por sustitución y el problema de su acceso al Registro Civil
español», LEFEBVRE, 11.06.2020, https://elderecho.com/la-gestacion-por-sustitucion-y-el-problema-de-
su-acceso-al-registro-civil-espanol (consultada por última vez el 06.03.2021).
20
Certos autores defenden que é máis apropiado denominar así a este fenómeno, cuxa expresión orixinal
foi acuñada en inglés, co termo “cross-border-reproductive care” xa que dita terminoloxía responde máis
adecuadamente ás motivacións que teñen as persoas que acoden a esta técnica. A expresión foi ideada pola
European Society of Human Reproduction and Embryology (ESHRE).
21
HERNÁNDEZ LLINÁS, L., “Gestación por sustitución internacional e interés superior del menor:
doctrina del TEDH y respuesta de las autoridades españolas”, en Revista de Derecho Político, núm. 107
(2020), páxs. 181-210, cita páx. 184.

8
terceiros países por persoas de países desenvoltos con moita maior capacidade
económica, estase a producir a mercantilización dun sector que non pode deixarse ao libre
comercio polas súas singularidades, pode estarse alentando a que ditas prácticas sexan
clandestinas (cos consecuentes ricos que disto se derivan, en especial para as mulleres
xestantes), ou o castigo dos nacionais dun país que acoden a outro para acceder a unha
práctica prohibida no seu 22, ademais de alentar a situacións nas que os menores se ven
castigados a vivir nun limbo xurídico, respecto da súa filiación e da súa identidade en
xeral, e incluso sen ter quen defenda os seus intereses ante os tribunais, por non permitirse
en moitos casos que os pais comitentes ostenten a súa representación a tales efectos.
Por outra parte, aínda que socialmente se coñezan só uns poucos casos de XS en
España e que poida parecer que o número de nenos nacidos por XS é moi escaso no noso
país, a realidade é que hai moitas familias con nenos que naceron deste xeito, aínda que
o disposto na normativa española poida facer pensar o contrario 23. Isto refléxase nos datos
ilustrativos que estiman que ao redor dunhas 500 parellas ou individuos españois se
desprazan a Estados Unidos cada ano 24 para ter un fillo por XS e que xa en 2003 naceron
no país americano case mil nenos españois presumiblemente nacidos por XS25. Así,
mentres os españois teñen que acudir ao estranxeiro para a práctica da XS, parellas e
individuos de toda Europa acoden á España para facer uso de técnicas de reprodución
asistida pola laxitude da nosa regulación, converténdose este país nun dos destinos máis
habituais do “fertility tourism” de Europa26.
A pesar do relativamente elevado número de casos que se producen cada ano de
XS en España, (975 nenos nacidos mediante esta técnica entre 2010 e 2016 segundo o
goberno de España, 800 ao ano segundo a plataforma Son Nuestros Hijos, e descoñécese
o número de XS domésticas que poidan ter lugar cada ano27), o número de conflitos que
xorden e que chegan aos tribunais é moi inferior, e as causas de que así sexa poden ser
dúas: que o noso sistema ofrece vías de entrada nas que se recoñece a filiación

22
FARNÓS AMORÓS, E., “¿Debe permitirse la gestación por sustitución en España? Estado de la cuestión
y algunas reflexiones”, en CASADO, M. (Coord.), De la solidaridad al mercado. El cuerpo humano y el
comercio biotecnológico, Fontamara SA, México, 2016, páxs. 193-231, cita páx. 195.
23
ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Surrogacy: balance de cuatro años de práctica judicial y administrativa”,
cita páx. 1.
24
FARNÓS AMORÓS, E., “Surrogacy arrangements in a global world: the case of Spain”, en Internacional
Family Law, 2013, páxs. 68-72, cita páx. 69.
25
FARNÓS AMORÓS, E., “La gestación por sustitución celebrada en el extranjero: una mirada crítica
desde la experiencia española.”, en Nexo Jurídico, núm. 26 (2015), páxs. 4-9, cita páx. 6.
26
FARNÓS AMORÓS, E., “Surrogacy in Spain”, cita páx. 60
27
FARNÓS AMORÓS, E., “Surrogacy in Spain”, cita páx. 61.

9
determinada no estranxeiro, ou que se pasa a unha situación de clandestinidade xurídica
en canto á vinculación entre os pais comitentes e o nacido 28.
Como se deduce dos datos esgrimidos a maioría dos casos de XS son casos que
proveñen do estranxeiro e dan lugar a situacións eminentemente internacionais que
adoitan desencadear en cuestións de recoñecemento dunha filiación xa establecida ou
recoñecida noutro país29.
A continuación realizarase unha análise de casos de XS en España cuxa
problemática rematou nos tribunais que foron simbólicos e ata constituíron fitos na
materia.

28
ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Surrogacy: balance de cuatro años de práctica judicial y administrativa”,
cita páx. 2.
29
ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Nuevas y viejas reflexiones sobre la gestación por sustitución”, en
GARCÍA RUBIO, M.P., (Directora), Mujer, maternidad y Derecho, V Congreso sobre la feminización del
Derecho Privado. Carmona V, Tirant lo Blanch, Valencia, 2019, accesible en:
https://www.academia.edu/38377619/Nuevas_y_viejas_reflexiones_sobre_la_gestaci%C3%B3n_por_sus
tituci%C3%B3n, cita páx. 2.

10
2. RECOÑECEMENTO DOS CASOS DE XS PROCEDENTES DO
ESTRANXEIRO: POSTURA DOS TRIBUNAIS ESPAÑOIS E DA DXRN
O verdadeiro problema á hora de enfrontar esta problemática é que ocorre cando
se insta o recoñecemento no noso país da filiación dun nacido mediante XS que foi
validamente determinada no estranxeiro. Debe terse en conta que un nacido de pais
españois pode ser español, estea inscrito ou non no Rexistro civil 30 (art. 17.1 letra a do
CC) e que a filiación derivada da xestación por substitución existe na vida real aínda que
non estea inscrita31.
As respostas ata agora proporcionadas polas autoridades españolas foron
contraditorias entre si, con posturas encontradas entre a Dirección Xeral do Rexistro e do
Notariado32 e os diferentes tribunais españois que tiveron que ditar resolucións ao
respecto, entre eles o propio Tribunal Supremo.

2.1. Resolución da DXRN de 18 de febreiro de 200933


Nesta resolución, pioneira en España e que constitúe un fito nesta materia, a
DXRN resolve sobre o recurso interposto por un matrimonio de dous varóns españois
contra a decisión do Encargado do Rexistro Civil Consular de denegar o acceso ao
Rexistro da certificación rexistral na que constaba a determinación da filiación ao seu
favor de dous nenos xemelgos nacidos en California mediante XS (á que acudiron despois
de moitos intentos de adopción internacional). O encargado do rexistro baseouse no
disposto no art. 10 LTRHA e no principio de veracidade biolóxica (art. 39.2 CE).
A DXRN sostivo que non era unha cuestión de Dereito aplicable, senón de
recoñecemento de decisións estranxeiras, polo que non era aplicable ao caso a LTRHA e
considerou que a inscrición da filiación dos menores non producía efectos contrarios á
orde pública internacional. Ademais argumentou que non recoñecer a filiación a favor de
dous varóns podería resultar discriminatorio por razón de sexo34, o que contraría o art. 14
CE. O argumento principal foi o baseado no interese superior do menor, que se ven

30
ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Surrogacy: balance de cuatro años de práctica judicial y administrativa”,
cita páx. 3.
31
ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Reconocimiento de la filiación derivada de gestación por sustitución”, en
FORNER I DELAYGUA, J.J., GONZÁLEZ BEILFUSS, C. y VIÑAS FARRÉ, R. (Coords.), Estudios
sobre la unificación internacional y regional del Derecho internacional privado. Liber amicorum Alegría
Borrás, Marcial Pons, España, 2013, páxs. 77-90, cita páx. 80.
32
En adiante DXRN.
33
Resolución da Dirección Xeral do Rexistro e do Notariado de 18 de febreiro de 2009, (RJ/2009/1735).
34
Debido a que o noso ordenamento xa admite a filiación a favor de dous varóns en casos de adopción e a
favor de dúas mulleres polo art. 7.3 LTRHA.

11
empregando como criterio de decisión fundamental na maior parte dos casos nos que está
implicado un menor de idade35, en conformidade co artigo 336 da CDN37. Rexeitar a
inscrición vulneraría o dereito dos menores a ter unha identidade única, porque iso
supoñería que os xemelgos tivesen unha “filiación diferente cada vez que cruzasen unha
fronteira”. Por último, tampouco apreciou a Dirección Xeral que houbese fraude de lei
polos pais comitentes 38 ou que levasen a cabo forum shopping39. Por esta serie de motivos,
a DXRN estimou o recurso interposto polos dous varóns, ordenando que se procedese a
inscrición da filiación dos menores no Rexistro Consular.
Pese aos argumentos empregados para xustificar a práctica da inscrición, o
verdadeiramente relevante neste decisión foi a ausencia deliberada da aplicación do artigo
23 da Lei do Rexistro Civil40, xa que no caso de ser aplicado houbese sido unha verdadeira
traba para a inscrición41.

2.2. Sentenza do Xulgado nº15 de Primeira Instancia de Valencia de 15 de setembro


de 2010 e Sentenza da Audiencia Provincial de Valencia Sección nº10 de 23 de
novembro de 2011
Esta sentenza42 resolve o recurso interposto polo Ministerio Fiscal contra a
resolución da DXRN comentada anteriormente, que foi estimado e polo que se anulou
xudicialmente a mesma. O xulgado de primeira instancia de Valencia aplicou o artigo 23
LRC e examinou a legalidade da inscrición en conformidade coa lei española e non no
“contexto xenérico e abstracto da orde pública internacional española”. O XPI afirmou
que rexeitar a inscrición non era discriminatorio porque ese non era o motivo polo que se
denegaba a inscrición, senón que o era a aplicación do art. 10 LTRHA (que se aplicaría

35
GARCÍA RUBIO, M.P., “¿Qué es y para qué sirve el interés superior del menor?”, Actualidad Jurídica
Iberoamericana, núm. 13 (2020), páxs. 16-49, cita páx. 20.
36
“En todas as medidas concernentes aos nenos que tomen as institucións públicas ou privadas de benestar
social, os tribunais, as autoridades administrativas ou os órganos lexislativos, unha consideración
primordial a que se atenderá será o interese superior do neno”
37
Convención de Dereitos do Neno, adoptada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro
de 1989. En adiante CDN.
38
Art. 12.4 CC e art. 6.4 CC.
39
Elección do foro que máis conveña para eludir a aplicación de normas imperativas españolas.
40
Referido ao artigo 23 da Lei do Rexistro Civil de 1957 (en adiante LRC), vixente naquel momento, que
dispoñía: “Las inscripciones se practican en virtud de documento auténtico o, en los casos señalados en la
Ley, por declaración en la forma que ella prescribe. También podrán practicarse, sin necesidad de previo
expediente, por certificación de asientos extendidos en Registros extranjeros, siempre que no haya duda
de la realidad del hecho inscrito y de su legalidad conforme a la Ley española.”
41
ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Surrogacy: balance de cuatro años de práctica judicial y administrativa”,
cita páx. 7.
42
Sentenza do Xulgado de Primeira Instancia de Valencia nº15, núm. 193/10, de 15 de setembro de 2010.

12
en todo caso) ademais de soster que os comitentes si realizaron forum shopping43. Alega
tamén o XPI que a filiación dos menores podía ser establecida mediante outros
mecanismos admitidos no noso ordenamento, salvagardando así o interese superior do
menor.
A sentenza foi recorrida en apelación ante a Audiencia Provincial de Valencia,
que resolveu44 desestimando o recurso e confirmando a decisión do XPI. Focalizou a súa
decisión na contrariedade fronte á orde pública española que a inscrición dos menores
suporía, apelando a que os nenos non poden ser obxecto de comercio e a non produción
de efectos dos contratos con causa ilícita (arts. 1271 e 1275 CC, respectivamente); á
indispoñibilidade da filiación e do estado civil, á dignidade da persoa, referida tanto ao
neno nacido como á muller xestante (art. 10 CE); e á protección dos fillos e das nais
polos poderes públicos (art. 39.2 CE).
Aínda así, é cuestionable que o feito de que a non paridade entre a filiación
biolóxica e a filiación materna da nai xestante sexa per se contraria á orde pública
española e que tales dereitos fundamentais estean sendo vulnerados45. En canto á
protección do interese superior do menor a AP sostivo que esta non pode acadarse
infrinxindo a lei, e menos cando a lei española proporciona outros mecanismos para
inscribir a filiación dos menores a favor dos pais intencionais, como podería ser a
reclamación da paternidade por parte do pai biolóxico e a posterior adopción do neno
polo seu cónxuxe46, sempre e cando a nai xestante así o consinta transcorridas seis
semanas desde o parto (art. 176 CC).
Outro dos argumentos empregados foron que non se infrinxía o art. 8 do Convenio
para a protección dos Dereitos Humanos e das Liberdades Fundamentais 47 sobre o
respecto á vida privada e familiar, xa que non se acredita que os menores fosen a quedar
desamparados, nin o dereito á identidade única dos menores porque terían a que se
publique no Rexistro Civil se acceden con el de acordo á lei.

43
Consideraron que o motivo polo que os comitentes acudiran a California era para conseguir que se
determinase ao seu favor unha filiación a raíz dun contrato de XS, cousa que en España non sería posible.
44
Sentenza da Audiencia Provincial de Valencia (Sala do Civil, Sección 10ª), núm. 949/2011, de 23 de
novembro de 2011.
45
ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Jurisprudencia española y comunitaria en Derecho Internacional Privado”,
en Revista Española de Derecho Internacional, núm. 64 (2012), páxs. 213-216, cita páx. 215.
46
DE VERDA Y BEAMONTE, J.R., “Inscripción de hijos nacidos mediante gestación por sustitución (a
propósito de la Sentencia del Juzgado de Primera Instancia número 15 de Valencia, de 15 de septiembre de
2010)”, en Diario La Ley, núm. 7501 (2010).
47
A continuación CEDH.

13
2.3. A Instrución da DXRN de 5 de outubro de 2010
Mediante esta Instrución48, o Centro Directivo da DXRN pretendeu determinar o
réxime rexistral das solicitudes de inscrición de nacemento dos nacidos por XS no
estranxeiro, facendo especial fincapé na protección do interese superior do menor e da
protección das mulleres xestantes, apelando a unha seguridade xurídica que debe
acadarse. Estableceu como requisito previo para a inscrición dos nacidos por XS que se
aporte coa solicitude de inscrición unha sentencia ditada por Tribunal competente, por
non entenderse suficiente a certificación rexistral, para garantir o cumprimento diferentes
requisitos: perfección e contido do contrato segundo as normas do país onde se
formalizase; a protección dos intereses do menor e que non exista unha simulación que
encubra o tráfico internacional de menores; protección dos intereses da nai xestante,
constatando a súa capacidade xurídica e de obrar, a eficacia legal do seu consentimento,
con especial atención a que non incorrese en erro, engano, violencia ou coacción, e outros
requisitos previstos na normativa do país de orixe.
Para o recoñecemento de dita resolución poderá acudirse as vías do exequátur
(salvo que exista convenio internacional) ou dun recoñecemento incidental por parte do
Encargado do Rexistro (se a resolución xudicial deriva dun procedemento equiparable ao
noso de xurisdición voluntaria). De acudirse a esta última vía, no control de
recoñecemento deberán constatarse: a regularidade e autenticidade formal da resolución
estranxeira; farase unha bilateralización dos foros para comprobar que o tribunal que
ditou a resolución baseou a súa competencia xudicial internacional nuns criterios
equivalentes aos da lexislación española; que se garantisen os dereitos procesuais das
partes; que non se vulnerase o interese superior do menor e os dereitos da nai xestante;
que a resolución sexa firme e os consentimentos fosen irrevogables ou deviñeran como
tal.
Por ende, a DXRN cambia o criterio que estableceran na Resolución de 18 de
febreiro de 2009, excluíndo a posibilidade de inscrición mediante a aportación dunha
certificación rexistral estranxeira e esixindo que se aporte unha sentenza xudicial. Coa
aportación da mesma, permitiríase a inscrición da filiación a favor dos pais comitentes,
sempre que non conste a filiación materna a favor da muller xestante.

48
Instrución da Dirección Xeral do Rexistro e do Notariado de 5 de outubro de 2010, sobre o réxime
rexistral da filiación dos nacidos mediante xestación por substitución.

14
Non obstante, debe obxectarse que realmente a DXRN non ten competencias para
modificar o réxime de inscrición no Rexistro civil e excluír as vías previstas no mesmo 49,
dentro das cales se atopa a certificación rexistral estranxeira, sempre esta que cumpra os
requisitos establecidos no art. 23 LRC50 e 85 RCC (que nos casos de XS é case imposible
que se produza).

2.4. Sentenza do Tribunal Supremo de 6 de febreiro de 2014


Nesta sentenza51 resolve o TS sobre o recurso de casación interposto contra a
sentenza da AP de Valencia de 23 de novembro de 2011, confirmando a anterior sentenza
por maioría de 5 fronte a 4 maxistrados, que formularon voto particular.
O Tribunal Supremo considerou que estamos ante unha cuestión de validez de
decisións estranxeira (e non de conflito de leis), polo que aplica o art. 23 LRC examinando
a legalidade conforme a lei española, reducindo esta análise coa contrariedade ou non coa
orde pública internacional española, dentro da cal considerou integrada o art. 10 LTRHA,
consideración que “é un mero desiderátum en absoluto xustificado polo noso Alto
Tribunal”52 debido a que esta norma non é de orde pública nin norma policía. Alega o TS
que os efectos que produciría recoñecer dita certificación serían contrarios á orde pública
española por resultar incompatible con normas que regulan aspectos esenciais das
relacións familiares, en concreto da filiación. Alude o tribunal a diversos preceptos
constitucionais que integran esta orde pública internacional, en concreto á dignidade da
persoa e libre desenvolvemento da personalidade (art. 10 CE), o respecto á integridade
moral (art. 15 CE), o dereito á intimidade familiar (art. 18.1 CE), o dereito a contraer
matrimonio (art. 32 CE), a protección da infancia e protección dos fillos con
independencia da súa filiación, e das nais calquera que sexa o seu estado civil (art. 39
CE), máis non chega a examinar se os efectos que esta inscrición concreta os vulneraría
realmente.
Concluíron os maxistrados afirmando que todo acordo de XS é explotador e
vulnera a dignidade das mulleres xestantes e dos nenos nacidos, o que implica que

49
ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Efectos en España de la gestación por sustitución llevada a cabo en el
extranjero”, cita páx. 358.
50
O vixente en 2010.
51
Sentenza do Tribunal Supremo (Sala do Civil), núm. 835/2013, de 6 de febrero de 2014.
52
ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Jurisprudencia española y comunitaria en Derecho Internacional Privado”,
en Revista Española de Derecho Internacional, núm. 66 (2014), accesible en:
http://bibliotecaculturajuridica.com/EDIT/1293/jurisprudencia-espa%C3%B1ola-y-comunitaria-de-
derecho-internacional-privado.html/

15
calquera acordo deste tipo será contrario á orde pública internacional española, segundo
o TS, sen examinar se este caso específico o contrariaba. Isto foi altamente criticado pola
doutrina, xa que a orde pública debe ser examinada e singularizada en relación ao caso
concreto, valorando as consecuencias sobre a mesma que tería a admisión dos efectos da
inscrición estranxeira, o TS non o emprega así, senón que implicitamente leva a cabo
unha “fiscalización abstracta dunha situación conformada pola lei estranxeira” 53,
considerando os casos de XS contrarios á orde pública en todo caso, con independencia
de outras circunstancias do caso concreto do que se trate.
En relación ao interese superior do menor (art. 3 CDN e art. 24.2 da Carta de
Dereitos Fundamentais da UE), que tamén valorou en abstracto, entendeu que este non
pode ser empregado para vulnerar todos os demais bens xurídicos que estean en xogo,
entre os que debe realizarse unha adecuada ponderación. Ademais, afirmou que o feito de
mercantilizar a filiación dun menor atenta contra a súa dignidade ao convertelo en obxecto
do tráfico mercantil, o que contraría o seu interese superior. Sostivo que a protección dos
menores debe outorgarse por vías existentes no noso ordenamento, e que o principio do
interese superior do menor non pode servir para infrinxir o Dereito positivo español,
mostrando así o TS un forte positivismo legalista. Demostrou o Alto Tribunal con esta
resposta que o que lle preocupan non son outros bens xurídicos aos que alude na sentenza,
senón que o que verdadeiramente busca é cumprimento da lei española, que é para o Alto
Tribunal a expresión máxima de Xustiza, polo que debe ser obedecida sempre e en todo
caso, o que constitúe un profundo erro metodolóxico e substancial, segundo algúns
autores54.
Finalmente, o TS remitiu á reclamación da paternidade polo pai biolóxico e
posterior adopción polo cónxuxe, polo que o tribunal outorga unha solución que conduce
en último termo ao que demandaban os recorrentes pero de forma máis gravosa para os
implicados, o que resulta insatisfactorio para os españois que acoden á XS no estranxeiro
e, sobre todo, para os menores implicados que se ven condenados a permanecer nun limbo
xurídico con maior dilación 55.

53
ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Jurisprudencia española y comunitaria en Derecho Internacional Privado”
(2014), cit.
54
CALVO CARAVACA, A-L. y CARRASCOSA GONZÁLEZ, J., “Gestación por sustitución y Derecho
Internacional Privado. Más allá del Tribunal Supremo y del Tribunal Europeo de Derechos Humanos”,
Cuadernos de Derecho Transnacional, núm. 2 (2015), páxs. 45-113, cita páx. 92.
55
FARNÓS AMORÓS, E., “¿Debe permitirse la gestación por sustitución en España? Estado de la cuestión
y algunas reflexiones”, cita páx. 213.

16
Debe destacarse que catro dos maxistrados formularon voto particular na sentenza
discrepando do criterio maioritario sostido. Os maxistrados sosteñen que do que se trata
este asunto é do recoñecemento dunha decisión, e non dun conflito de leis, polo que negan
a aplicación do art. 10 LTRHA, xa que a filiación foi xa determinada válida e legalmente
en conformidade coa normativa estranxeira. Discrepan tamén do sostido pola maioría en
relación á vulneración da orde pública (apelando a unha aplicación da orde pública
atenuada), considerando que este non debe valorarse en torno á normativa interna
española, senón que debe valorarse desde a perspectiva do interese superior do menor
(sobre o que os maxistrados discrepantes sostiveron unha “postura maximalista” 56), cuxas
normas integran a orde pública e deben ser observadas. Criticaron a análise en abstracto
da orde pública internacional que formularon os demais maxistrados, que sostiveron que
todo acordo de XS é explotador e cousifica á muller xestante e ao neno (o cal é certamente
cuestionable), porque esta debe ser analizada no asunto concreto xa que “non hai orde
pública se no caso se contraría o interese dun neno, unha persoa de carne e oso
perfectamente individualizada”. Consideran que este interese superior se ve prexudicado
ao quedar o menor nunha situación de “limbo xurídico” e de incerteza respecto da súa
situación familiar, e recordan que os menores son suxeitos necesitados de especial
protección pola súa falta de capacidade para defender os seus propios intereses. Ademais,
apelaron ao dereito a non discriminación por razón de filiación.
Por outra banda, manifestaron que non podía xeneralizarse que a dignidade da
muller xestante e do neno nacido se viran vulneradas en todos os casos de XS, xa que non
pode subestimarse a capacidade de consentimento da muller xestante (aspecto ao que a
maioría non aludiu nin lle dou relevancia) nin que se explote ou cousifique en todo caso,
nin que o interese superior do menor se vexa afectado xa que nace nunha familia que o
quere. Tamén aluden os catro maxistrados a que a XS é manifestación do dereito a
procrear, o que é mais discutible xa que tal dereito non consta en ningún texto legal e do
que de cuxa existencia pode razoablemente dubidarse.
Rematan os catro maxistrados o seu voto particular recalcando a necesidade de
comprobar a vulneración da orde pública internacional no caso concreto, e non nun
sentido máis amplo e xeneralizado como fixo a maioría do tribunal, valorando se os
preceptos constitucionais mencionados se ven verdadeiramente afectados ou non polos
efectos que produciría o recoñecemento da inscrición.

56
ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Jurisprudencia española y comunitaria en Derecho Internacional Privado”
(2014), cit.

17
En conclusión, o TS nesta coñecida e importante sentenza expón dúas posturas
enfrontadas en termos voluntaristas 57, xa que en ambas posicións se apelaron a
argumentos en certa medida abstractos e sen dar argumentacións de profundidade e
realmente xustificadas.

2.5. Auto do Tribunal Supremo de 2 de febreiro de 2015


Con posterioridade aos Casos Menneson e Labasse contra Francia resoltos polo
TEDH, e a raíz da doutrina mostrada nesta que os recorrentes consideraron que
propiciaría a revogación da anterior sentenza comentada, o TS ditou un Auto58 para
resolver sobre o recurso extraordinario de nulidade formulado contra a STS de 6 de
febreiro de 2014 por posible vulneración de dereitos fundamentais.
O TS considerou que dita sentenza non vulneraba o art. 8 CEDH por entender
que a Sentencia do TEDH non era aplicable ao caso español, por ausencia de identidade
entre ambos casos, principalmente debido a que o Tribunal de Casación francés
estableceu unha imposibilidade absoluta de que se determinase a filiación dos menores
en casos de XS, mentres que o TS remitiu a determinación da paternidade biolóxica por
aplicación do art. 10.3 LTRHA e á posibilidade dunha posterior adopción dos menores
polo cónxuxe do pai biolóxico.
Ademais, a Corte francesa non tivo en conta o interese superior do menor (por
existir fraude de lei), cousa que o TS español defende que si considerou ao instar ao MF
a que adoptase medidas para salvagardalo e así procurar a integración do menor nun
núcleo familiar que existía de facto.
En segundo lugar, os recorrentes tampouco alegaron prexuízos concretos que se
causaran á identidade dos menores. Polo exposto, segundo o TS, a sentenza española non
vulnera o dereito do respecto á vida privada e familiar dos menores, ao permitir que a súa
identidade quede acreditada polos mecanismos previstos na nosa lexislación, aínda que
non se permita que sexa mediante o recoñecemento de filiación determinada no
estranxeiro.
Cabe mencionar que formularon voto particular os mesmos maxistrados que
discreparan da sentenza precedente que, seguindo unha das posibles consecuencias da
doutrina emanada do caso francés mencionado, formularon unha “xeneralización e

57
ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Gestación por sustitución y orden público”, en Revista para el análisis
del Derecho, núm. 2 (2017), páxs. 166-200, cita páx. 175.
58
Auto do Tribunal Supremo (Sala do Civil, Pleno), núm. 335/2015, de 2 de febreiro de 2015.

18
maximización da posibilidade (necesidade) de recoñecemento”59 da filiación dos nacidos
mediante XS, en aras á protección do seu interese superior e a salvagarda do seu dereito
á identidade.
Esta Auto do TS (referido ao criterio maioritario) pode resumirse na idea de que
“non é preciso recoñecer porque o Dereito español posibilita recompoñer”60, xa que a
filiación determinada no estranxeiro e a que finalmente será recoñecida en España non o
farán polos mesmos títulos, pero poderá ser recoñecida no caso de vinculación biolóxica
do pai e dándolle a opción ao cónxuxe de que adopte, axustándose así o establecido polo
TS de maneira vagamente suficiente á doutrina emanada do TEDH.

2.6. Instrucións da DXRN de 14 e 18 de febreiro de 2019


Establece a DXRN instrución de 14 de febreiro de 2019 que en toda inscrición de
nacemento no Rexistro Civil deberá constar a identidade da nai do nacido, que será a
muller que deu a luz, e non se considerará válida á renuncia á maternidade, para protexer
o dereito do menor a coñecer a súa orixe biolóxica (art. 7 CEDH). A filiación non
matrimonial paterna a favor do pai comitente español que aportase os seus gametos
poderá quedar determinada polo recoñecemento do pai, (que esixe a previa acreditación
da filiación materna), sen necesidade de que exista unha sentenza xudicial que determine
dita filiación. Será necesario efectuar unha proba de paternidade mediante ADN.
Por outra parte, a DXRN afirmou que en casos nos que a lei aplicable (art. 9.4 CC)
determine só a maternidade a favor dunha muller distinta á que xestou e o menor poida
quedar desamparado no país onde se levou a cabo a XS, poderá determinarse a filiación
do menor respecto da nai comitente que aportase o seu material xenético, facendo unha
aplicación análoga do disposto no art. 10.3 LTRHA61.

59
ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Jurisprudencia de Derecho internacional privado”, en Revista Española
de Derecho Internacional, núm. 65 (2015), páxs. 1-3, accesible en
https://www.academia.edu/15567649/Maternidad_Subrogada_Tribunal_Supremo_2015 (consultada por
última vez o 02.06.2021)
60
ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Nuevas y viejas reflexiones sobre la gestación por sustitución”, cita páx.
13.
61
Reprodución textual do texto da citada instrución (páxina 16 parágrafo 2º): “En consecuencia, en tales
supuestos, ante la eventualidad de que el menor se quede desamparado en el país donde se ha producido la
gestación, el ordenamiento jurídico debe dar una respuesta más compleja que la simple ignorancia de toda
relación jurídica entre la comitente y el menor, por aplicación del art. 10.1 de la Ley 14/2006, de 26 de
mayo, sobre técnicas de reproducción humana asistida. Así si la comitente presenta un vínculo genético
con el nacido/a por haber aportado su óvulo para la fecundación, resultará obligado aplicar analógicamente
lo previsto en el artículo 10.3 de la Ley 14/2006, de 26 de mayo, sobre técnicas de reproducción humana
asistida, en los términos antes expresados respecto de la filiación paterna, a efectos de determinar la filiación
materna a favor de la mujer cuyo material genético hubiere sido empleado en la formación del preembrión
transferido a la madre gestante.”

19
A propia DXRN deixou sen efecto a anterior instrución 4 días despois mediante
outra instrución, volvendo a establecer a necesidade de sentencia xudicial para determinar
a filiación dos menores nos casos de XS.
En relación a estas instrucións en concreto, e a todas as da DXRN en xeral, resulta
obrigado precisar que a DXRN é un órgano administrativo que non crea Dereito nin pode
substituír a labor do lexislador. As súas instrucións son importantes pero son unha
interpretación da lei e están sometidas a fiscalización xudicial, e un tema como a xestación
por substitución non pode quedar supeditado á vontade dun órgano político meramente
administrativo62.
En resumo, ao carecer a DXRN de facultades normativas, non ten potestade para
deixar sen contido a nulidade do contrato de XS nin tampouco para actuar en contra da
doutrina do TS63.

62
ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Nuevas y viejas reflexiones sobre la gestación por sustitución”, cita páx.
10
63
SALAS CARCELLER, A., “Gestación subrogada. Hacia una ley reguladora”, en Revista Aranzadi
Doctrinal, núm. 10 (2017), páxs. 1-4.

20
3. POSTURA DO TRIBUNAL EUROPEO DE DEREITOS HUMANOS
O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos 64 é a máxima autoridade xudicial para
a garantía dos dereitos humanos e das liberdades fundamentais en Europa, xa que a súa
interpretación do CEDH é de gran relevancia65. Non obstante, os Estados membros do
CEDH teñen liberdade para regular a filiación en supostos de XS no seu ordenamento
interno, e dito convenio non establece obriga de modificar as leis que regulen esta materia.
Nesta liberdade de regulación son só nove dos corenta e tres Estados membros do
Consello de Europa os que permiten explicitamente acordos de XS, fronte a unha maioría
de países que non os teñen prohibidos implícita ou explicitamente, polo que rematan por
toleralos na práctica. Segundo os datos aportados polo propio TEDH no seu Ditame de
19 de abril de 2019: trinta e un países (nos cales se inclúen doce dos que prohiben este
tipo de contratos) permiten que o pai comitente que sexa tamén o pai biolóxico acredite
a súa paternidade respecto a un neno nacido por XS e en dezanove países (incluída
España) é posible que a nai comitente acredite a maternidade respecto do menor aínda
cando non estea xeneticamente vinculada.
A pesar de todas as trabas legais que poida haber en moitos dos Estados Membros
do CE, sigue habendo pais que aceptan os riscos legais aos que se enfrontarán ao retornar
ao seu país despois de acudir ao estranxeiro para ver cumprido o seu desexo de
paternidade mediante acordos de XS. Neste contexto é cando hai litixios que son
formulados ante o TEDH por posible vulneración de dereitos fundamentais, que serán
resoltos á luz da interpretación que este tribunal efectúe do CEDH, en virtude das
circunstancias concretas do caso, e cuxas decisións “xogarán un papel determinante sobre
as posibles solucións xurídicas a esta problemática común”66.
A continuación farase unha relación das relevantes decisións do TEDH nesta
materia.

64
En diante TEDH. Tamén denominado como Tribunal de Estrasburgo e Corte Europea de Dereitos
Humanos.
65
Para os países adheridos en base ás competencias que lle son atribuídas polos artigos 32 e 46 do citado
Convenio, e para España máis concretamente polo disposto no artigo 10.2 da Constitución Española.
66
GUTIÉRREZ-SOLANA JOURNOUD, A. y LAZCOZ MORATINOS, G., “La invisible situación
jurídica de las mujeres para el TEDH ante la maternidad subrogada en la primera opinión consultiva del
protocolo nº16”, cita páx. 676.

21
3.1. Casos Mennesson67 e Labassee68 contra Francia de 24 de xuño de 2014
Resolve o TEDH sobre os casos de dous matrimonios que se desprazaron dende
Francia a EEUU, onde mediante un contrato de XS naceron dúas nenas xemelgas (caso
Labassee) e unha nena (caso Mennesson), vinculadas en cada caso xeneticamente co
varón da parella e sen vinculación xenética coa nai xestante (os óvulos foron aportados
por doante). Os matrimonios obtiveron sendas sentenzas xudiciais en EEUU nas que se
determinaba a filiación das nenas ao seu favor, e en virtude das mesmas instaron a
inscrición da filiación no Rexistro Civil Francés. A Cour de Casation francesa rexeitou
recoñecer as mencionadas sentenzas baseándose na nulidade radical 69 do contrato de XS,
por considerar o mesmo contrario á orde pública francesa baseándose na imposibilidade
de que o corpo humano sexa obxecto de contrato. As parellas recorreron as decisións ante
o TEDH, que resolveu de forma conxunta. Actuaron como demandantes tanto os
matrimonios como os nenos nacidos por XS, sendo esta a primeira ocasión na que o
tribunal europeo se pronunciaba sobre os dereitos que asisten aos menores nacidos por
XS.
A resolución do caso centrouse esencialmente na análise dunha posible
vulneración do dereito a vida privada e familiar dos recorrentes, recollido no art. 8
CEDH70. En canto ao dereito á vida familiar de todos os recorrentes, en ambos casos o
tribunal considerou que non se vulneraba tal dereito xa que lles fora posible vivir en
Francia como unha familia.
Respecto da vulneración do dereito á vida privada, neste caso só en relación ao
dos menores, si considerou o TEDH infrinxido tal dereito porque a máxima aplicada pola
xurisprudencia francesa fraus omnia corrumpit71 deixaba aos fillos sen a posibilidade de

67
Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. Caso Mennesson contra Francia. Sentenza de 24 de xuño de
2014, as. 65192/11
68
Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. Caso Labassee contra Francia. Sentenza de 24 de xuño de 2014,
as. 65941/11
69
Arts. 16.7 e 16.9 do CC francés.
70
“Artículo 8. Derecho al respeto a la vida privada y familiar
1. Toda persona tiene derecho al respeto de su vida privada y familiar, de su domicilio y de su
correspondencia.
2. No podrá haber injerencia de la autoridad pública en el ejercicio de este derecho sino en tanto en cuanto
esta injerencia esté prevista por la ley y constituya una medida que, en una sociedad democrática, sea
necesaria para la seguridad nacional, la seguridad pública, el bienestar económico del país, la defensa
del orden y la prevención de las infracciones penales, la protección de la salud o de la moral, o la
protección de los derechos y las libertades de los demás.”
71
“O fraude víciao todo”, polo que a filiación derivada de XS non poderá ser recoñecida no ordenamento
francés por ningunha vía.

22
determinar a súa verdadeira identidade 72, na que se inclúen as relacións paterno filiais,
polo que este dereito se vira “substancialmente afectado”. Foi especialmente relevante o
feito de que os pais comitentes fosen tamén os pais biolóxicos dos nenos, afirmando que
non pode rexeitarse o recoñecemento da súa filiación biolóxica en aras do seu interese,
xa que iso suporía a negación dun importante elemento da súa identidade. Ademais, ben
é certo que o art. 8 non garante o dereito a adquirir unha nacionalidade determinada, pero
a nacionalidade forma parte da identidade dunha persoa, polo que se viron prexudicados
respecto da obtención da nacionalidade francesa, o que podía repercutir negativamente
sobre os seus dereitos sucesorios73.
En relación coa falta de recoñecemento da relación dos menores coas nais
intencionais, consideraron que este era prexudicial para os nenos, por situalos nunha
situación de inseguridade xurídica. A solución que se aportou respecto á relación
materno-filial, foi que no caso de que as nais comitentes sexan cónxuxes dos pais
biolóxicos, poderán adoptar ao neno de cumprirse as condicións legais e que fose
favorable para o interese superior do menor.
En relación ás inferencias en xeral nos dereitos consagrados no art. 8 CEDH, tales
inxerencias das autoridades públicas deben cumprir os requisitos establecidos no apartado
2º do citado artigo de legalidade, finalidade lexítima e necesidade. Respecto á necesidade
da inxerencia determinou o tribunal que non pode considerarse cumprido xa que existiu
un “desequilibrio inxustificado” entre os fins de persuasión buscados polo Estado francés
(de que os seus nacionais acudan á XS no estranxeiro) e a intromisión que sufriron os
menores nos seu dereito á identidade. Polo tanto, conclúese que Francia desbordou a súa
marxe de libre apreciación ao vulnerar o dereito á vida privada dos menores.
Polo tanto, mediante estas dúas sentenzas o TEDH establece que non recoñecer a
filiación dos menores nacidos mediante XS por ningunha vía cando exista vinculación
xenética co pai comitente é contrario ao art. 8 CEDH e vulnera o interese superior do

72
ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Luces y sombras en el primer dictamen del TEDH sobre la gestación por
sustitución”, en PÉREZ VERA, E., FERNÁNDEZ ROZAS, J.C., GUZMÁN ZAPATER, M.,
FERNÁNDEZ PÉREZ, A. y GUZMÁN PECES, M. (Eds.), El derecho internacional privado entre la
tradición y la innovación: libro homenaje al profesor doctor José María Espinar Vicente, Marcial Pons,
Madrid, 2020, páxs. 101-121, accesible en:
https://www.academia.edu/44112930/Luces_y_sombras_en_el_primer_dictamen_del_TEDH_sobre_la_g
estaci%C3%B3n_por_sustituci%C3%B3n , cita páx. 103.
73
JIMÉNEZ MUÑOZ, F.J., “Una aproximación a la posición del Tribunal Europeo de Derechos Humanos
sobre la gestación subrogada”, en Revista de Derecho, Empresa y Sociedad (REDS), núm. 12 (2018), páxs.
42-54, cita páx. 48.

23
menor, e impedir tal recoñecemento apelando ao respecto á orde pública internacional
desborda a marxe de apreciación dos Estados parte 74.
Posteriormente o TEDH ratificou a doutrina establecida nos Casos Mennesson e
Labassee ao resolver sobre outros recursos presentados contra o Estado francés nos Casos
Foulon e Bouvet de 27 de agosto de 2016 75 e no Caso Laborie de 19 de xaneiro de 2017 76.

O pronunciamento do TEDH en relación ao caso francés tivo transcendencia en


supostos internos resoltos polos tribunais federais alemás e suízos e pola corte de casación
italiana que, dando solucións diferentes, respectaron as esixencias europeas.
A Sentenza do BGH de 10 de decembro de 2014 resolve sobre o recoñecemento
dunha filiación determinada mediante sentenza xudicial californiana dun neno que nacera
por XS (prohibida no país xermánico) a favor dunha parella de dous varóns alemás.
Considerou o tribunal alemá que non se vulneraba a orde pública ao recoñecer vínculos
de filiación en casos de maternidade subrogada cando existe vinculación xenética cun dos
pais intencionais, nin ao recoñecela tamén a favor da parella do pai xenético. Tivo en
conta o BGH que non existía vinculación xenética coa muller xestante e que esta prestara
o seu consentimento tanto ex ante como ex post, o que excluía a vulneración da súa
dignidade como ser humano 77. O argumento forte da sentencia foi que os efectos do
recoñecemento serían equivalentes ao que o Dereito alemá podería proveer no caso
concreto mediante o recoñecemento do pai biolóxico e a adopción pola súa parella, polo
que quizais esta non sería a resposta en ausencia do Caso Mennesson e Labbasse78.
Respecto a Sentenza do Tribunal Federal Suizo de 21 de maio de 2015, debe terse
en conta no caso do país suízo a XS está prohibida constitucionalmente, resolve un caso
similar ao alemá sobre recoñecemento dunha filiación dun nacido no estranxeiro
mediante XS. O tribunal federal respectou a xurisprudencia emanada do Caso Mennesson
e Labassee ao considerar na súa decisión que non se pode empregar a excepción de orde
pública para rexeitar recoñecer a filiación a favor do pai intencional que é a súa vez o pai

74
HERNÁNDEZ LLINÁS, L., “Gestación por sustitución internacional e interés superior del menor:
doctrina del TEDH y respuesta de las autoridades españolas”, cita páx. 189.
75
Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. Casos Foulon e Bouvet contra Francia. Sentenza de 27 de
agosto de 2016.
76
Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. Caso Laborie. Sentenza de 19 de xaneiro de 2017.
77
GARCÍA RUBIO, M.P. y HERRERO OVIEDO, M., “Maternidad subrogada: dilemas éticos y
aproximación a su respuesta jurídica”, en Anales de la Cátedra Francisco Suárez, núm. 52 (2018), páxs.
67-89, cita páx. 79
78
ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Luces y sombras en el primer dictamen del TEDH sobre la gestación por
sustitución”, cita páx. 106.

24
xenético do neno. Non obstante, si rexeitou recoñecer a filiación determinada a favor do
proxenitor intencional que non tiña vinculación biolóxica co menor.
En canto a Sentenza da Corte de Casación de Italia de 8 de maio de 2019, a Corte
denega o recoñecemento da filiación a favor do comitente non vinculado xeneticamente
por contrariedade ca orde pública italiana, apelando concretamente á dignidade da muller
xestante e a institución da adopción. Malia denegar dito recoñecemento, o tribunal
italiano estableceu a posibilidade de acudir á vía da adopción para o membro da parella
que non sexa proxenitor xenético.
En conclusión, á luz da doutrina do TEDH e a recepción desta pode extraerse unha
conclusión: o non recoñecemento (ou outra forma de admisión no sistema) da filiación
derivada da XS cando exista un vínculo biolóxico cos pais de intención que o reclaman
contraría o dereito fundamental á vida persoal e familiar do neno no que, a súa vez, se
integra o dereito á propia identidade79.

3.2. Caso Paradiso e Campanelli contra Italia de 27 de xaneiro de 2015 e de 24 de


xaneiro de 2017
Este caso trata sobre unha parella italiana que, tras multitude de intentos de ter un
fillo mediante o sometemento da muller a TRHA sen éxito, acudiron a Rusia onde levaron
a cabo un acordo de XS comercial e onde o neno nacido foi considerado legalmente como
seu fillo. Foi unha XS xestacional e por erro os gametos empregados non foron os do
varón da parella, polo que entre o menor e os pais comitentes non existía ningunha
vinculación xenética. Cando retornaron ao seu país, tras 6 meses de convivencia en Rusia,
as autoridades italianas retiráronlles a custodia do bebé que foi considerado legalmente
en situación de desamparo, foi dado en acollemento e iniciouse un proceso de adopción,
do que quedou excluída a parella. O Tribunal de menores italiano considerou que non se
lle causaba ao menor ningún prexuízo irreparable ao separalo dos pais comitentes, pola
súa corta idade e polo corto período de tempo que pasara con eles, e que tal medida se
instaba para protexer o seu interese. Durante máis dun ano que estivo en acollida o bebé
foi privado de ter unha identidade porque as autoridades italianas querían impedir que a
parella o localizase, xa que estiveron recorrendo por vías internas as medidas adoptadas
en relación ao menor sen obter froitos ningúns.

79
GARCÍA RUBIO, M.P. y HERRERO OVIEDO, M., “Maternidad subrogada: dilemas éticos y
aproximación a su respuesta jurídica”, cita páx. 81.

25
O matrimonio decidiu entón recorrer ante o TEDH. Resolveu a Sección 2ª, ditando
sentenza o 27 de xaneiro de 2015 80, e examinando principalmente a posible vulneración
do art. 8 CEDH que protexe a vida privada e familiar. Foron desestimadas as pretensións
que solicitaran no nome do menor porque a parella non podía ostentar a súa
representación legal.
En relación as pretensións presentadas no seu propio nome, o tribunal considerou
que o dereito á súa vida familiar tutelada polo art. 8 CEDH fora vulnerado, debido a que
houbera “vida familiar” (máis de medio ano de convivencia co neno) sobre a que o Estado
italiano levara a cabo unha inxerencia desproporcionada e innecesaria ao adoptar unha
medida extrema, a separación drástica do menor, que é un último recurso a adoptar
soamente en situacións de perigo extremo para o mesmo, o cal non se daba no presente
suposto. O Tribunal de Estrasburgo sempre mantivo que o dereito ao respecto da vida
familiar non protexe vínculos de iure, senón de facto, e entre estes e o menor nacido en
Rusia existía xa unha vida en común merecedora de protección 81. Así condenouse ao
Estado italiano a indemnizar aos pais comitentes, aínda que o menor quedou na familia
na que fora adoptado, xa que unha nova separación sería daniña para el. Con
posterioridade, o TEDH nun comunicado de prensa aclarou que para tomar esta decisión
se basearan na separación do neno dunha familia que xa existía de facto e a súa dación en
acollemento, e non sobre a materia de xestación subrogada en si.
Esta sentencia foi recorrida polo Goberno italiano e a Gran Cámara ditou unha
nova sentenza contraditoria82 o 24 de xaneiro de 2017, considerando que as autoridades
italianas non vulneraran o art. 8 CEDH, por once votos contra seis.
No que incumbe ao dereito á vida familiar dos recorrentes, considerou que non
fora vulnerado por non existir unha vida familiar como tal no “sentido do precepto”, que
segundo a súa doutrina se corresponde cunha existencia real e efectiva de relacións
persoais estreitas83. Para xustificalo, a Gran Sala (aínda admitindo que non pode
establecerse un período mínimo de convivencia) considerou que a convivencia co menor

80
Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (Sección 2ª). Caso Paradiso e Campanelli contra Italia. Sentenza
de 27 de xaneiro de 2015.
81
HERNÁNDEZ LLINÁS, L., “Gestación por sustitución internacional e interés superior del menor:
doctrina del TEDH y respuesta de las autoridades españolas”, cita páx. 193.
82
Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (Gran Sala). Caso Paradiso e Campanelli contra Italia. Sentenza
de 24 de xaneiro de 2017.
83
FARNÓS AMORÓS, E., “Paradiso y Campanelli c. Italia (II): los casos difíciles crean mal derecho (I)”,
en Revista de Bioética y Derecho, núm. 40 (2017), accesible en:
https://scielo.isciii.es/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S1886-58872017000200017 , (consultado por
última vez a 07.06.2021).

26
fora breve (oito meses), a inseguridade xurídica que crearan os pais comitentes por levar
a cabo condutas claramente contrarias ao ordenamento xurídico de Italia e pola ausencia
de vinculación xenética entre eles e o menor.
Respecto do dereito á vida privada dos pais comitentes, analizou se a inxerencia
das autoridades italianas se axustaba aos requisitos do apartado 2º do art. 8 CEDH.
Determinou a Gran Sala que tal inxerencia estaba xustificada, porque recoñecer a súa
pretensión “resultaría equivalente a legalizar unha situación que estes crearon en contra
de importantes normas de Dereito italiano” e que, polo tanto, as decisións adoptadas tiñan
unha finalidade lexítima (protexer os dereitos e liberdades doutras persoas cos que se fixo
unha ponderación), foran proporcionadas e atopábanse dentro da marxe de libre
apreciación dos Estados. Na súa xustificación volveu a apelar a ausencia de vinculación
xenética e a vulneración de leis de adopción italianas.
Formularon voto particular cinco maxistrados que discreparon do criterio
maioritario. Sostiveron que a ausencia de vinculación xenética non implica por si mesma
a ausencia de vida familiar e que o período de convivencia fora breve pero suficiente para
a existencia de vida familiar real.
É necesario puntualizar as diferenzas existentes entre este asunto e Caso Menesson
e Labassee: o obxecto deste proceso era a declaración de desamparo do menor e non
decidir sobre recoñecemento da filiación; non existía vinculación xenética entre o menor
e os pais comitentes; e, especialmente, que non foron obxecto de exame as posibles
vulneracións dos dereitos que asistían ao menor ao negar a lexitimación activa para
protexelos aos pais comitentes, polo que o menor non foi parte do proceso, o que
probablemente houbera modificado o contido do fallo. En palabras de Hernández Llinás
“existían razóns suficientes para apostar por unha interpretación máis flexible das
esixencias da lexitimación activa, en pro da máxima eficacia dos dereitos humanos; ao
fin e o cabo, impedir aos comitentes a representación do menor, na práctica, deixaba aos
intereses de este por completo desprotexidos” 84.
Para finalizar, nin a sentenza estimatoria inicial nin a absolutoria final se
fundamentaron na cuestión concreta da XS, polo que “converter estes casos en fitos

84
HERNÁNDEZ LLINÁS, L., “Gestación por sustitución internacional e interés superior del menor:
doctrina del TEDH y respuesta de las autoridades españolas”, cita páx. 194.

27
xurídicos da xestación por substitución é algo a todas luces extravagante e alleo a
realidade, pero aí quedaron para a historia”85.

3.3. O Ditame “consultivo” do TEDH de 10 de abril de 2019 86


En virtude do Protocolo nº16 ao CEDH87 creouse un mecanismo de diálogo
interxudicial que habilita aos altos tribunais dos Estados parte 88 a solicitarlle ao TEDH a
emisión dunha opinión consultiva sobre “cuestións fundamentais relativas á
interpretación ou aplicación dos dereitos e liberdades definidos no Convenio ou nos seus
protocolos”89 que xurdan no contexto dun caso incoado ante o alto tribunal do que se
trate90. Dita opinión será motivada e non vinculante 91, e respectará o principio de
subsidariedade. Malia a que os ditames non teñan forza vinculante, no Informe
explicativo do Protocolo disponse que “a interpretación do Convenio e dos seus
protocolos contida nestes ditames consultivos é análoga nos seus efectos aos elementos
interpretativos establecidos polo Tribunal nas súas sentenzas e decisións”, polo que serán
de notoria relevancia. Este procedemento “rompería a dinámica ordinaria de demanda,
sanción/absolución, e promovería unha especie de diálogo entre os tribunais e reforzaría
a función do TEDH”92.
No marco do Protocolo nº16 a Cour de cassation francesa solicitaba ao TEDH, en
outubro de 2018, a emisión dunha opinión consultiva sobre un litixio relacionado co Caso
Menneson, (que máis que a emisión de dita opinión semellaba buscar unha ratificación
do que xa decidira), e formulaba as seguintes cuestións: 1. Ao negarse a inscribir no
rexistro de nacementos, matrimonios e defuncións os detalles do certificado de nacemento
dun neno nacido no estranxeiro como resultado dun acordo de xestación subrogada, na
medida na que o certificado designa á “nai comitente” como “nai lexítima”, ao tempo que
acepta a inscrición na medida na que o certificado designa ao “pai comitente”, que é o pai
biolóxico do neno, ¿o Estado extralimítase na súa marxe de discrecionalidade en virtude
do artigo 8 do Convenio Europeo para a Protección dos Dereitos Humanos e das

85
ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Luces y sombras en el primer dictamen del TEDH sobre la gestación por
sustitución”, cita páx. 103
86
Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (Gran Sala). Ditame Consultivo de 10 de abril de 2019..
87
A súa entrada en vigor data do 1 de agosto de 2018.
88
Só dez Estados manifestaron o seu consentimento de obrigarse, entre os que non se atopa España e si
Francia.
89
Artigo 1.1. do Protocolo nº1
90
Artigo 1.2. do Protocolo nº16
91
Artigos 4 e 5 do Protocolo nº16
92
ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Luces y sombras en el primer dictamen del TEDH sobre la gestación por
sustitución”, cita páx. 108.

28
Liberdades Fundamentais? A este respecto, ¿debe facerse unha distinción dependendo
que o neno fose concibido empregando os óvulos da “nai comitente”? 2. No caso de
resposta afirmativa a calquera das dúas preguntas anteriores, ¿a posibilidade de que a nai
comitente adopte ao fillo do seu cónxuxe, o pai biolóxico, como medio para establecer a
relación xurídica marterno-filial, garantiría o cumprimento dos requisitos do artigo 7 do
Convenio?93.
As cuestións expostas tiñan por obxectivo concretar o ámbito e alcance do artigo
8 CEDH, en relación coas inscricións de menores nacidos mediante XS que, a raíz da
recente doutrina do TEDH, estaban sendo inscritos como fillos dos pais comitentes
incluso en países nos que dita práctica é considerada ilícita, nula ou directamente está
prohibida94.
En canto á primeira cuestión, partimos da base de que cando existe vinculación
biolóxica do neno co pai comitente, esta relación paterno-filial ten que recoñecerse porque
non facelo sería contrario ao dereito do neno á súa vida privada e identidade (art. 8
CEDH). Entón para determinar si en virtude do mesmo artigo se esixe que se recoñeza
tamén a filiación coa nai intencional o TEDH tivo en conta esencialmente o interese
superior do neno e o alcance da marxe de discrecionalidade dos Estados parte do
Convenio. O TEDH considera non recoñecer o vínculo de filiación entre este e a nai
intencional pode ter consecuencias negativas en aspectos da vida privada do menor:
incerteza sobre a súa identidade na sociedade, non poder acceder á nacionalidade da nai
comitente, posibles problemas de estranxeiría, situación vulnerable en situacións de crisis
matrimoniais, entre outros. Por estes inconvenientes, que para o TEDH prevalecen sobre
os riscos de abuso en torno á XS ou sobre o dereito a coñecer os propios orixes, debe terse
“identificado xuridicamente ás persoas responsables do menor en canto á súa educación,
satisfacción de necesidades e de garantía do seu benestar, e da posibilidade de que creza
e se desenvolva nun entorno estable”, persoas dentro das cales se atopa a nai comitente.
Así o TEDH afirma que “a imposibilidade xeral e absoluta de obter o recoñecemento da
relación entre un neno nacido por medio dun contrato de xestación subrogada no

93
Tradución propia realizada a partir da tradución elaborada polo equipo de traducición da subdireción
xeral de constitucional e dereitos humanos do Ministerio de Xustiza de España, accesible en:
https://www.mjusticia.gob.es/es/AreaInternacional/TribunalEuropeo/Documents/1292429190384-
Dictamen_de_10_de_abril_de_2019_en_relacion_con_el_reconocimiento_en_el_Derecho_interno_de_un
a_rela.PDF (Consultada por última vez a 01/05/2021).
94
GUTIÉRREZ-SOLANA JOURNOUD, A. y LAZCOZ MORATINOS, G., “La invisible situación
jurídica de las mujeres para el TEDH ante la maternidad subrogada en la primera opinión consultiva del
protocolo nº16”, cita páx. 681.

29
estranxeiro e a nai comitente é incompatible co interese superior do neno, que esixe, como
mínimo, que cada situación sexa examinada á vista das circunstancias particulares do
caso”. Polo que haberá que recoñecer a filiación coa nai intencional, parella do pai
biolóxico, á luz das circunstancias concretas do caso que se trate.
Por outra banda, o TEDH evadiu responder que ocorrería sobre o recoñecemento
dun vinculo de filiación materna establecido a favor da nai comitente cando fose tamén a
nai xenética, xa que no caso polo que estaba sendo preguntado a nai intencional non tiña
vinculación xenética cas menores.
Para resumir, a resposta outorgada polo tribunal europeo fundaméntase
basicamente no interese superior do menor, en virtude do cal parece xustificada calquera
solución aínda que contraveñan as lexislacións nacionais. “Trasladar este tipo de
razoamento a cada un dos aspectos xurídicos nos que está involucrado un menor acabaría
coa liberdade dos Estados en todo o que incumbe aos nenos. (...) Pasando os supremos
intérpretes dos seus respectivos dereitos humanos a ocupar o posto de lexisladores”95.
En relación a segunda das preguntas formuladas pola Cour de Cassation, a Gran
Sala deixa dentro da marxe de apreciación dos Estados á vía que se empregue para
recoñecer a relación materno-filial coa nai intencional, sempre que sexan mecanismos
que respondan ao interese do menor de maneira axeitada, eficaz e con celeridade. Malia
deixar á libre apreciación dos Estados a escolla da maneira de recoñecer o vínculo de
filiación coa nai comitente, os requisitos esixidos implican que a marxe de libre
apreciación sexa reducida na práctica. O interese do neno esixe que a incerteza respecto
da súa identidade sexa o máis breve posible polo que o recoñecemento desa relación
materno-filial deberá producirse como máximo cando esta sexa unha realidade práctica96.
O crucial será que o menor non se atope nunha situación de inseguridade xurídica de
forma prolongada no tempo.
Finalmente o TEDH, consciente da dificultade co caso, apela aos traballos que se
están realizando na Conferencia da Haya sobre Dereito Internacional Privado para
intentar acadar solucións mediante un convenio internacional que logre ordenar os
dereitos, os principios e os intereses que se manifestan na xestación por substitución 97.

95
ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Luces y sombras en el primer dictamen del TEDH sobre la gestación por
sustitución”, cita páx. 114.
96
LÓPEZ CASTILLO, A. y POLAKIEWICZ, J., “De la cuestión prejudicial de la convencionalidad en
marcha”, en Teoría y Realidad Constitucional, núm. 44 (2019), páxs. 485-500.
97
DURÁN AYAGO, A., “Protocolo nº16 al Convenio Europeo de Derechos Humanos y gestación por
sustitución: primera consulta planteada por la Corte de Casación francesa y primera respuesta para seguir
sin desbrozar del todo el camino”, Revista General de Derecho Europeo, núm. 48 (2019), páxs. 133-149,

30
3.4. Caso D. contra Francia de 16 de xullo de 2020
É o suposto máis recente sobre XS que tivo que resolver o TEDH 98. Trátase dun
matrimonio francés que acode a Ucraína, onde nace unha nena mediante XS e en cuxa
partida de nacemento figuraban os pais comitentes como os pais legais, sen mención da
muller que dera luz ao bebé e designando como nai legal a muller comitente. A parella
solicitou a inscrición do nacemento no rexistro francés e esta foi denegada respecto da
nai intencional, pero concedida respecto do pai comitente porque esa era “a única relación
recoñecida legalmente establecida no país de nacemento”. Decidiron recorrer a decisión
que foi ratificada pola Cour de Cassation, apelando á indispoñibilidade do estado civil
das persoas e á contrariedade coa orde pública francesa.
Esgotada a vía interna, o matrimonio francés interpuxo unha demanda no seu
nome e en representación da nena ante o TEDH, afirmando que foran vulnerados polas
autoridades francesas o art. 8 CEDH e o art. 14 CEDH 99, alegando que a nena fora
discriminada por motivos de nacemento en relación ao seu dereito do respecto á vida
privada. Os recorrentes afirmaron que houbo infracción desproporcionada no dereito
citado ao denegar a inscrición de nacemento respecto da nai comitente xa que esta tamén
é a nai xenética. Fronte a esta alegación, os maxistrados do TEDH denegan que tal
vulneración se produza xa que o dereito á vida privada dos menores non inclúe que a
filiación coa nai comitente teña que ser establecida especificamente polo medio que
esixían os recorrentes, senón que poden ser determinada por outros medios (sempre que
estes sexan suficientes e rápidos) que decidan os propios Estados, sen que isto supoña
unha inxerencia desproporcionada no citado dereito, como xa manifestara no ditame
consultivo comentado. Podería considerarse isto unha diferenza de tratamento entre o pai
biolóxico comitente e a nai xenética comitente á hora de establecer os vínculos de
filiación, o que podería resultar discriminatorio en conformidade co art. 14 CEDH. A
resposta do TEDH fronte a isto foi que os recorrentes non reclamaron polos seus dereitos

accesible en:
https://www.academia.edu/39322376/Protocolo_no_16_al_Convenio_Europeo_de_Derechos_Humanos_
y_Gestaci%C3%B3n_por_sustituci%C3%B3n_primera_consulta_planteada_por_la_Corte_de_Casaci%C
3%B3n_francesa_y_primera_respuesta_para_seguir_sin_desbrozar_del_todo_el_camino ,cita páx. 145.
98
Tribunal Europeo de Dereitos Humanos . Caso D. contra Francia. Sentenza de 16 de xullo de 2020.
99
Artículo 14. Prohibición de discriminación. “El goce de los derechos y libertades reconocidos en el
presente Convenio ha de ser asegurado sin distinción alguna, especialmente por razones de sexo, raza,
color, lengua, religión, opiniones políticas u otras, origen nacional o social, pertenencia a una minoría
nacional, fortuna, nacimiento o cualquier otra situación.”

31
á luz da Convención, senón que o fixeron só en relación aos dereitos do neno nacido por
XS.
Si alegaron a infracción do art. 14 CEDH en relación ao menor, que consideraron
que estaba sendo discriminado por motivo de nacemento. O TEDH resolve que non se tal
infracción non se produce, porque a diferenza de trato entre os nenos franceses nacidos
mediante XS no estranxeiro e os demais franceses nacidos tamén no estranxeiro respecto
aos medios de recoñecemento da filiación coa nai biolóxica ten neste caso unha
xustificación obxectiva e razoable100.
Polo tanto, en casos de XS cando a nai intencional é tamén a nai xenética, o
vínculo de filiación materno debe ser recoñecido porque o contrario vulneraría o dereito
dos menores á súa vida privada, pero queda á libre marxe de apreciación dos Estados a
vía para establecer tal filiación.

100
ABOGACÍA ESPAÑOLA, Consejo General., “La negativa a registrar a un niño nacido en el extranjero
a través de gestación subrogada no infringe el derecho al respeto de la vida privada y familiar”, Abogacía
Española: Consejo General, 16.07.2020, https://www.abogacia.es/conocenos/bruselas/sentencias/tedh/la-
negativa-a-registrar-los-datos-de-nacimiento-de-un-nino-nacido-en-el-extranjero-a-traves-de-gestacion-
subrogada-no-infringe-el-derecho-al-respeto-de-la-vida-privada-y-familiar/#:~:text=en%20el%
(consultada por última vez o 31.05.2021).

32
4. DEREITOS DOS SUXEITOS IMPLICADOS
“Á luz dos valores e principios que vertebran o noso sistema xurídico, hai que
cuestionarse se estes son conciliables coa pretensión de situar, no marco dun contrato de
XS, determinados dereitos fundamentais”101. Estes dereitos son o punto chave á hora de
preguntarse se a XS debe regularse e de como debería facerse en caso de resposta
afirmativa, cuestionándonos isto en termos de debate xurídico e intentando fuxir de
valoracións baseadas nun moralismo simplista nos que se defende un todo ou nada que
non é eficiente en relación coas situacións internacionais102, que son as maioritarias. É
neste contexto supranacional onde as lexislacións nacionais restritivas con esta práctica
se poden ver abocadas a desempeñar un papel simbólico, e optar por mantelas porque é
posible acceder a dita práctica fora do país no que se restrinxe é algo dunha “neutralidade
moral intolerable dende un punto de vista bioético” 103.
Os detractores desta práctica apelan á ilicitude do obxecto do contrato (art. 1271
CC) que identifican co bebé nacido 104 (polo que se trataría dunha materia res extra
comercium) e incluso ao tráfico de nenos; apélase tamén á ilicitude da causa (art. 1275
CC), á indispoñibilidade do estado civil e aos límites da autonomía da vontade; á
vulneración da dignidade da muller e da mercantilización do seu corpo, as consecuencias
psicolóxicas negativas para esta derivadas de desprenderse dun neno ao que dou a luz, á
explotación de mulleres en países subdesenvolvidos, etc.
Fronte a estes argumentos álzanse outros como a defensa da dignidade e
autonomía, en xeral e procreativa en particular, das mulleres xestantes, da súa capacidade
de decidir de forma libre e informada, a identificación do obxecto do contrato como unha
prestación de servizos pola muller xestante ou como unha cesión de útero; o dereito a
procrear de quen acode a esta práctica; a dignidade dun neno desexado que foi concibido
para ser querido, entre outros 105.

101
JORQUI AZOFRA, M., “La difícil conciliación de la gestación por sustitución en nuestro ordenamiento
jurídico con los derechos fundamentales involucrados”, en Derecho Privado y Constitución, núm. 37
(2020), páxs. 381-426, cita páx. 381.
102
ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Nuevas y viejas reflexiones sobre la gestación por sustitución”, cita páx.
3
103
FARNÓS AMORÓS, E., “¿Debe permitirse la gestación por sustitución en España? Estado de la
cuestión y algunas reflexiones”, cita páx. 221.
104
VAQUERO PINTO, M.J., “¿Debe admitirse y regularse la gestación por sustitución?”, en BARBER
CÁRCAMO, R., QUICIOS MOLINA, S. y VERDERA SERVER, R. (Coords.), Retos Actuales de la
Filiación, Tecnos, Madrid, 2018, páxs. 229-268.
105
Sitúanse nesta liña autores como M. Atienza e E. Lamm.

33
O que está claro é que “asumir que a XS per se, altruísta ou comercial, contravén
dereitos humanos fundamentais, en prexuízo de todos os participantes no proceso,
prescinde de analizar o caso concreto e todos os intereses en xogo” 106.

4.1. Os pais intencionais: desexo ou dereito a procrear


Como se expuxo anteriormente, a disparidade de regulación existente na materia
de XS ten por consecuencia que as persoas que desexan ser pais fuxan de ordenamentos
restritivos con estas prácticas a países onde esta se permite, e que se enfrontarán en moitos
casos a unha situación de incerteza legal cando retornen ao seu país de orixe. Esta é a
problemática que se presenta nunha perspectiva ex post, cando hai un neno xa nacido e
onde cobra capital relevancia o seu superior interese, e cuxas solucións outorgadas polo
Tribunal Supremo e polo Tribunal Europeo de Dereitos Humanos xa foron analizadas.
Porén, este apartado centrarase na análise da problemática ex ante dende a perspectiva
dos pais intencionais, na existencia ou non do dereito a procrear e das accións disuasorias
dos Estados para evitar que se leven a cabo contratos de XS e/ou que os seus cidadáns
acudan á reprodución transfronteiriza.
Algúns defensores destra práctica avogan polo presunto dereito á procreación,
conectado coa autonomía da vontade, de quen acode a este tipo de prácticas para poder
ter fillos, dereito ao que incluso apelaron os maxistrados do TS que formularon voto
particular na coñecida sentenza de 6 de febreiro de 2014. Pero este dereito non figura de
forma expresa nin na CE, nin no CEDH ou outros instrumentos internacionais de dereitos
humanos vinculantes. Respecto á súa existencia, un sector da doutrina entende que este
dereito se derivada ou vinculada a outros dereitos, como o dereito a fundar unha familia
e a protección desta (artigos 12 CEDH e 39.1 CE) e dereito a vida privada e familiar
(artigos 8 CEDH e 18 CE), dereito ao libre desenvolvemento da personalidade 107 (artigo
10.1 CE), dereito á liberdade persoal (artigo 17.1 CE) ou o valor superior da liberdade en
si mesma (art. 1.1 CE)108. En relación ao dereito a fundar unha familia e a vida privada e
familiar, segundo o propio TEDH, o art. 8 CEDH inclúe o “dereito a que se respecte a
decisión de converterse en pai en sentido xenético”, interpretación que fixo no Caso

106
FARNÓS AMORÓS, E., “Paradiso y Campanelli c. Italia (II): los casos difíciles crean mal derecho (I)”,
cita apartado 1º.
107
VALPUESTA FERNÁNDEZ, M.R., “Reflexiones sobre el Derecho de Familia”, en Revista de
Pensamiento Jurídico, núm 2 (2007), páxs. 75-97.
108
LAMM, E., Gestación por sustitución. Ni maternidad subrogada ni alquiler de vientres, cita páx. 66.

34
Evans contra Reino Unido109 sobre un caso de fertilización in vitro. Tamén no Caso S.H.
e outros contra Austria110 interpretou este artigo afirmando que o dereito dunha parella a
ter un fillo e facer uso da reprodución asistida é expresión da vida privada e familiar.
Hai quen critica que se legalice a XS argumentando que é unha práctica que
responde a un desexo, e que a función do Dereito non é dar resposta aos mesmos. Fronte
a isto, cabe recordar que o Dereito é un “instrumento dinámico que debe intentar dar
resposta ás demandas sociais lexítimas, estean baseadas en dereitos ou desexos” 111 e un
desexo só pode estar prohibido polo ordenamento xurídico se existe unha boa razón112, e
que esta exista ou non dependerá da ponderación cos demais dereitos, intereses, principios
e valores en conflito. Referirse pois ao termo “desexo” resulta idóneo na medida que a
paternidade ou maternidade non depende de forma exclusiva dos propios suxeitos, senón
que dependerá en gran medida de factores biolóxicos, e tamén porque resulta difícil
xustificar que a procreación satisfaga necesidades básicas 113. Aínda así, os feitos
demostran que a XS é unha demanda social real e efectiva, que esixe unha resposta
eficiente por parte do noso lexislador.
Por outra parte, algúns autores consideran que a xestación por substitución actúa
en prexuízo da adopción, institución que xa permite a posibilidade de ter fillos e formar
unha familia, afirmando así a inmoralidade de quen acode á XS para satisfacer o seu
desexo de paternidade e maternidade cando xa existen nenos sen familia que necesitan un
entorno onde crecer e educarse. Non obstante, parecen non xulgar da mesma maneira que
as persoas que si poden ter fillos de forma natural non acudan a adopción, porque como
teñen a capacidade de telos por eles mesmos xa non teñen a obriga moral de adoptar a
nenos con necesidades que si se impón a quen non ten tal capacidade114. Por iso considero
que tal argumento mostra un dobre raseiro moral e resulta certamente discriminatorio para
as persoas infértiles ou con incapacidade estrutural para xestar, ademais de ignorar todas

109
Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (Gran Sala). Caso Evans contra Reino Unido. Sentenza de 10
de abril de 2007.
110
Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (Gran Sala). Caso S.H. e outros contra Austria. Sentenza de 3
de novembro de 2011.
111
FARNÓS AMORÓS, E., “Entre prohibir y permitir, ¿qué es más feminista? Un análisis de la gestación
por sustitución desde la perspectiva de las mujeres gestantes”, en BENAVENTE MOREDA, P., Mujeres y
derechos. Una discusión jurídica sobre reproducción, sexualidad y género, Marcial Pons,
Madrid/Barcelona/Buenos Aires/Sao Paulo, 2020, páxs. 96-134, cita páx. 100.
112
ATIENZA RODRÍGUEZ, M., “Propuestas para regulación de la gestación subrogada”, en Boletín
Maternidad Subrogada - Juezas y Jueces para la Democracia, 2018, páxs. 18-21, cita páx. 19.
113
FARNÓS AMORÓS, E., “¿Debe permitirse la gestación por sustitución en España? Estado de la
cuestión y algunas reflexiones”, cit.
114
CAMACHO, J.M., “Maternidad subrogada: una práctica moralmente aceptable. Análisis crítico de las
argumentaciones de sus detractores”, cita páx. 14.

35
as trabas legais que teñen os procedementos de adopción. Pese as diferenzas existentes
entre ambas figuras (principalmente que a adopción está orientada a satisfacer un interese
público), moitos dos mecanismos garantistas que se empregan na adopción poderían
extrapolarse á XS, para salvagardar o interese superior do menor 115. Ambas figuras tamén
teñen entre si algunha similitude, como a renuncia á filiación por parte nai que da a luz
ao neno previa a adopción deste.
En canto ás accións disuasorias que poden adoptar os Estados nesta materia, os
Estados parte no CEDH teñen liberdade para empregar a tal fin as medidas que consideren
pertinentes nos seus ordenamentos xurídicos internos. Como pode deducirse, a liberdade
dos Estados de levar a cabo este tipo de medidas restritivas é moito maior na perspectiva
ex ante do problema, xa que manter unha “vontade de castigo” aos pais intencionais nunha
perspectiva ex post suporía estender ditas consecuencias negativas aos menores nacidos
mediante esta práctica, que nin sequera formaron parte de tales contratos, e cuxos dereitos
non deberían verse afectados 116. Incluso algún autor afirma que “en ningún caso son os
menores os que deben pagar o prezo das consecuencias dos actos dos adultos, aínda que
estes actos resulten contrarios aos principios esenciais do Dereito civil” 117.
En resumo, non existe como tal un dereito a procrear, aínda que pode ter cabida
noutros dereitos consagrados na CE e no CEDH. Exista ou non, o certo é que a XS é un
fenómeno global e hai unha demanda real por un determinado sector da sociedade
mundial e da española en particular que vai en aumento.
As opcións neste punto son dúas. A primeira é seguir considerando que a XS é
unha práctica inmoral, condenar aos que acoden a ela e defender que se manteña a
regulación vixente ou que sexa incluso máis restritiva coas consecuencias que isto ten na
práctica: que a XS se leva a cabo no estranxeiro onde non podemos controlar o proceso
nin garantir os dereitos das mulleres xestantes e que haxa menores que se poidan ver
abocados a un limbo xurídico prexudicial para os seus dereitos. A segunda é regular esta
práctica e dar resposta a dita demanda e así conxugar todos os intereses en xogo.

115
JORQUI AZOFRA, M., “La difícil conciliación de la gestación por sustitución en nuestro ordenamiento
jurídico con los derechos fundamentales involucrados”, cita páx. 386.
116
HERNÁNDEZ LLINÁS, L., “Gestación por sustitución internacional e interés superior del menor:
doctrina del TEDH y respuesta de las autoridades españolas”, cita páx. 202.
117
CALVO CARAVACA, A-L. y CARRASCOSA GONZÁLEZ, J., “Gestación por sustitución y Derecho
Internacional Privado. Más allá del Tribunal Supremo y del Tribunal Europeo de Derechos Humanos”,
parafraseando a Gouittenoire (accesible en: www.blog.dalloz.fr ), cita páx. 91.

36
4.2. A muller xestante
Seguindo cun exame da situación ex ante da problemática, abórdase neste
apartado a posición que ocupan as mulleres xestantes na xestación por substitución, que
é un dos puntos que maior controversia política e xurídica suscita en torno ao debate da
materia, que toma así unha perspectiva de xénero con posturas moi dispares entre si,
incluso entre sectores feministas. Porén, a continuación expoñeranse os principais
argumentos a favor e en contra de regular a XS dende a óptica dos dereitos que asisten as
mulleres que xestan para outros, tratando de facelo dende un punto de vista neutro e
fuxindo de realizar afirmacións categóricas. A este respecto considero oportuno
reproducir as palabras de Manuel Atienza, cuxa opinión neste punto comparto, cando que
afirma que “parece que haxa que estar completamente en contra da maternidade
subrogada ou un convértese nun neoliberal furibundo defensor do mercado e cousas polo
estilo. A veces a verdade está no termo medio e este é un dos casos”118.
A modo introdutorio, os partidarios dunha regulación que permita esta práctica
apelan principalmente á autonomía das mulleres xestantes e á súa capacidade de
autogoberno, en especial relación coa propia dignidade e libre desenvolvemento da
personalidade (art. 10.1 CE) e coa inviolabilidade da súa integridade física e moral (art.
15 CE)119. Os mesmos argumentos serven para os detractores da figura, que aluden a que
a XS é unha práctica que atenta contra a dignidade da muller xestante, apelando á
cousificación e mercantilización do seu corpo, á vulneración da súa integridade e ao gran
impacto emocional negativo que poden sufrir neste proceso.

4.2.1. Implicacións psicolóxicas da xestación por substitución nas mulleres xestantes


Quen considera que na XS as mulleres nunca poderán prestar un consentimento
verdadeiramente libre apelan ás fortes consecuencias psicolóxicas negativas que sufrirá a
muller que xeste para outros e ao dano moral e físico que lle provocará desprenderse dun
fillo120. Pero isto non é máis que un mito, de índole paternalista, que “exalta as
experiencias da xestación e o parto por encima da formación de decisións e expectativas

118
ATIENZA RODRÍGUEZ, M., “Propuestas para regulación de la gestación subrogada”, cita páx. 19.
119
JORQUI AZOFRA, M., “La difícil conciliación de la gestación por sustitución en nuestro ordenamiento
jurídico con los derechos fundamentales involucrados”, cita páx. 389.
120
GARCÍA RUBIO, M.P. y HERRERO OVIEDO, M., “Maternidad subrogada: dilemas éticos y
aproximación a su respuesta jurídica” en referencia a opinión de certo sector da doutrina e ao Informe do
Comité de Bioética de España de 2017 sobre aspectos éticos e xurídicos da maternidade subrogada, cita
páx. 82.

37
emocionais, intelectuais e interpersoais por parte das mulleres” 121. Os estudios existentes
ata a fecha, realizados principalmente en Reino Unido, avalan a tese de que a xestación
por substitución non é prexudicial para a saúde psíquica das xestantes e que as
experiencias vividas por as mesmas son en xeral positivas122. En concordancia cos citados
estudos, concluíron o mesmo outros realizados en países como Canadá, Australia e
Estados Unidos123. Dos citados estudos, todos eles realizados en países con sistemas
democráticos e socio-políticos similares a España, desprendeuse que boa parte das
mulleres xestantes non son mulleres en situación de vulnerabilidade económica ou
social124, aínda que é certo que a situación pode ser diferente en países subdesenvolvidos.
En relación aos vínculos que poida establecer a nai co feto dependerá de cada caso
concreto, pero da experiencia clínica extráese que o embarazo non fai á nai e que
desprenderse do nacido non comporta necesariamente un dano 125.
En canto á entrega do neno nacido, certos estudios suxiren que non é o habitual
que as mulleres xestantes se boten atrás 126. A este respecto é menos habitual que se dean
este tipo de problemas cando non existe vinculación xenética entre a muller xestante e o
neno nacido, por iso a xestación por substitución xestacional é moito máis empregada que
a tradicional.

4.2.2. A dignidade e autonomía das mulleres xestantes


O concepto de dignidade humana da CE que empregamos correspóndese coa
noción kantiana da dignidade, que implica que o ser humano non pode ser tratado
unicamente como un instrumento e que debe ser recoñecido como un fin en si mesmo127.
Extrapolando isto á xestación por substitución, podemos afirmar que esta práctica non
atenta per se necesariamente contra a dignidade da muller xestante, sempre que a mesma
non sexa unicamente concibida como un medio para satisfacer os desexos de paternidade
doutros. Como sostén Santiago Álvarez “non vexo por ningún lado afectada a dignidade

121
FARNÓS AMORÓS, E., “Entre prohibir y permitir, ¿qué es más feminista? Un análisis de la gestación
por sustitución desde la perspectiva de las mujeres gestantes”, cita páx. 98.
122
HORSEY, K., “Surrogacy in the UK: Myth busting and reform. Report of the Surrogacy UK Working
Group on Surrogacy Law Reform.”, accesible en https://www.familylaw.co.uk/docs/pdf-
files/Surrogacy_in_the_UK_report.pdf, consultado por última vez o 07.06.2021.
123
ERIN, N., Law, Policy and Reproductive Autonomy, Hart, Londres, 2014.
124
FARNÓS AMORÓS, E., “Entre prohibir y permitir, ¿qué es más feminista? Un análisis de la gestación
por sustitución desde la perspectiva de las mujeres gestantes”, cita páx. 103.
125
LAMM, E., Gestación por sustitución. Ni maternidad subrogada ni alquiler de vientres, cita páx. 236.
126
JADVA, V., MURRAY, C., LYCETT, E., MACCAULLUM, F., GOLOMBOK, S., “Surrogacy: the
experiences of surrogate mothers”, en Human Reproduction, núm 18 (2003), páxs. 2196-2204.
127
ATIENZA RODRÍGUEZ, M., “Propuestas para regulación de la gestación subrogada”, cita páx. 19.

38
de quen libre e voluntariamente pide a unha muller que leve no seu ventre quen no futuro
será o seu fillo, nin de que a muller que libre e voluntariamente acepta esa petición. Por
suposto, non vexo en que medida pode verse afectada a dignidade do nacido” 128. Haberá
que analizar entón cada caso concreto se dignidade da muller xestante pode estar sendo
vulnerada ou non, tendo en conta principalmente a súa autonomía encadrada na propia
dignidade e na integridade física e moral, plasmada nun consentimento realmente libre e
informado. Prohibir sen máis o contrato de XS implica negar a liberdade de decisión das
mulleres que queren xestar para outros129, ademais de asumir que o consentimento de esta
non pode ser en ningún caso informado130, manter tal postura é “paternalista e pouco
respectuoso coa liberdade da muller” 131. Entón a solución neste punto sería garantir un
consentimento pleno das mulleres xestantes, o que implicaría que esta contase con
información suficiente sobre todo o proceso (que incluiría un asesoramento legal e
médico que lle permitise comprender as consecuencias psicolóxicas, físicas e legais do
mesmo), que a súa decisión fose tomada de forma totalmente voluntaria e que a
manifestase estando en pleno uso das súas facultades cognitivas e volitivas 132.
Para asegurarse de que as nais xestantes gozan de autonomía en sentido amplo
poderían incluírse na regulación da materia requisitos tales como: revogabilidade do
consentimento; unha idade mínima que asegure unha suficiente madurez; que tiveran un
fillo a efectos de que comprendan de primeira man o que implica un embarazo e de
minimizar os riscos de que cambien de opinión se se trata do seu primeiro fillo, ou
constatar que poden xestar e parir sen riscos de saúde para elas ou para o bebé; establecer
un número máximo de veces (por exemplo dúas) nas que unha mesma muller pode levar
a cabo a XS para evitar casos de explotación, entre outros requisitos133.
De permitirse este tipo de contratos habería que debater sobre a posibilidade de
permitir a imposición de cláusulas que limitasen a liberdade da muller xestante como as

128
ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Jurisprudencia española y comunitaria en Derecho Internacional
Privado” (2012), cita páx. 215.
129
GARCÍA RUBIO, M.P. y HERRERO OVIEDO, M., “Maternidad subrogada: dilemas éticos y
aproximación a su respuesta jurídica”, cita páx. 85.
130
FARNÓS AMORÓS, E., “Entre prohibir y permitir, ¿qué es más feminista? Un análisis de la gestación
por sustitución desde la perspectiva de las mujeres gestantes”, cita páx. 103.
131
GARCÍA RUBIO, M.P. y HERRERO OVIEDO, M., “Maternidad subrogada: dilemas éticos y
aproximación a su respuesta jurídica”, cita páx. 86.
132
JORQUI AZOFRA, M., “La difícil conciliación de la gestación por sustitución en nuestro ordenamiento
jurídico con los derechos fundamentales involucrados”, cita páx. 413.
133
Para unha análise máis pormenorizada de tales requisitos consultar: FARNÓS AMORÓS, E., “Entre
prohibir y permitir, ¿qué es más feminista? Un análisis de la gestación por sustitución desde la perspectiva
de las mujeres gestantes”.

39
relativas á restrición do consumo de determinadas sustancias (drogas, alcohol,
determinados alimentos, etc) ou as que limitan a súa liberdade de movemento (como a
realización de actividades físicas ou acudir a determinados lugares como parques de
atraccións ou similares) que poden entenderse xustificadas en conformidade coa natureza
dun contrato de xestación por substitución. Non obstante, algunhas destas cláusulas poden
chegar a limitar fortemente a liberdade e autonomía destas mulleres polo que sendo así,
non deben ser impostas, e de impoñerse deberán ser consideradas nulas e terse por non
postas134. Este sería, por exemplo, o caso dunha cláusula que restrinxise o dereito da
muller a abortar dentro dos prazos legais.
Mención específica merece a revogabilidade do consentimento a entregar o neno
por parte da muller xestante, para o que certo sector da doutrina considera pertinente un
prazo de seis semanas posteriores ao parto. Os estudos realizados demostran que cando
existe un consentimento realmente informado non adoita producirse a revogabilidade do
mesmo pola muller xestante e ditos acordos adoitan cumprirse nunha gran maioría135.
Respecto á consideración de que todo acordo de XS é explotador 136, a realidade
extraída da experiencia en países garantistas en xeral cos dereitos humanos, e que regulan
esta práctica de forma controlada, é que moitas das mulleres que xestan para outros fano
por altruísmo e a maior parte delas non son mulleres pobres ou en situación de
vulnerabilidade ao servizo de persoas con maior capacidade económica 137, ao contrario
do que podería pensarse e como sosteñen certos sectores feministas. A situación pode ser
diferente en países menos desenvolvidos, máis aínda así a realidade é que non regular a
XS “incentiva o florecemento dun mercado negro inaceptable neste ámbito por cuestións
de saúde e igualdade”138.
En canto ao pago que deben recibir as nais xestantes existe un debate sobre os que
son partidarios da XS altruísta e os que non ven problema en que esta sexa comercial.
Comparto neste punto o modelo proposto por Esther Farnós, que avoga pola idea de
“compensación razoable”, que inclúa gastos como indemnizacións por lucro cesante e
todos os gastos derivados especificamente da xestación.

134
FARNÓS AMORÓS, E., “Entre prohibir y permitir, ¿qué es más feminista? Un análisis de la gestación
por sustitución desde la perspectiva de las mujeres gestantes”, cita páx. 118.
135
FARNÓS AMORÓS, E., “Entre prohibir y permitir, ¿qué es más feminista? Un análisis de la gestación
por sustitución desde la perspectiva de las mujeres gestantes”, cita páx. 120.
136
Afirmado polo TS na sentenza de 6 de febreiro de 2014.
137
FARNÓS AMORÓS, E., “Entre prohibir y permitir, ¿qué es más feminista? Un análisis de la gestación
por sustitución desde la perspectiva de las mujeres gestantes”, cita páx. 103.
138
FARNÓS AMORÓS, E., “¿Debe permitirse la gestación por sustitución en España? Estado de la
cuestión y algunas reflexiones”, cita páx. 225.

40
Sexa unha práctica altruísta ou comercial, ese aspecto non é o que determina a
ética do mesmo, senón que esta depende directa e principalmente de que se protexan os
dereitos en xogo, en especial os da xestante139, xa que esta é a persoa máis vulnerable ou
máis necesitada de protección pola posición que ocupa en todo o proceso 140. Resulta
pertinente a estes efectos unha adecuada regulación que garanta especialmente tales
dereitos e que posibilite un consentimento íntegro, emitido sen presións (incluídas as
económicas) e suficientemente informado 141.

4.3. O neno: interese superior do menor


O interese superior do menor é un punto crucial a ter en conta á hora de tomar
calquera decisión que afecte aos menores nacidos por XS, en conformidade co consagrado
no artigo 3 da CDN142 e nas leis españolas, e como se mostrou na análise da postura da
xurisprudencia española e europea. Ademais, o art. 39 da Constitución Española establece
a obriga dos poderes públicos de asegurar a protección social, económica e xurídica da
familia, en especial dos menores de idade, en conformidade cos convenios internacionais
que tutelan os seus dereitos, dentro dos que destaca o CEDH e a propia CDN. No apartado
2º do citado artigo establécese a igualdade dos fillos con independencia da súa filiación
(que podería incluírse tamén no principio xeral de igualdade establecido polo art. 14 CE).
Situámonos neste intre na perspectiva ex post do problema, cando xa existe un
neno que posúe unha serie de dereitos concretos e individualizados 143. Entre estes dereitos
destacan o dereito á vida privada e familiar do menor (art. 8 CE e art.18.1 CE), o dereito

139
GARCÍA RUBIO, M.P. y HERRERO OVIEDO, M., “Maternidad subrogada: dilemas éticos y
aproximación a su respuesta jurídica”, cita páx. 86.
140
ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Nuevas y viejas reflexiones sobre la gestación por sustitución”, cita páx.
5.
141
GARCÍA RUBIO, M.P. y HERRERO OVIEDO, M., “Maternidad subrogada: dilemas éticos y
aproximación a su respuesta jurídica”, cita páx. 85.
142
“1. En todas las medidas concernientes a los niños que tomen las instituciones públicas o privadas de
bienestar social, los tribunales, las autoridades administrativas o los órganos legislativos, una
consideración primordial a que se atenderá será el interés superior del niño. 2. Los Estados Partes se
comprometen a asegurar al niño la protección y el cuidado que sean necesarios para su bienestar, teniendo
en cuenta los derechos y deberes de sus padres, tutores u otras personas responsables de él ante la ley y,
con ese fin, tomarán todas las medidas legislativas y administrativas adecuadas. 3. Los Estados Partes se
asegurarán de que las instituciones, servicios y establecimientos encargados del cuidado o la protección
de los niños cumplan las normas establecidas por las autoridades competentes, especialmente en materia
de seguridad, sanidad, número y competencia de su personal, así como en relación con la existencia de
una supervisión adecuada.”
143
Como se extrae da xurisprudencia do TEDH e como se defendeu no voto particular da sentenza do TS
de 6 de febreiro de 2014.

41
á dignidade (art. 10.1 CE) e o dereito a adquirir un nome e unha nacionalidade dende o
nacemento (art. 7.1 CDN144).
A xurisprudencia do TEDH obxecto de análise no apartado 3º deste traballo
mostra a crucial importancia do dereito á vida privada e familiar consagrado no artigo 8
CEDH, no que só poderá haber inxerencia polas autoridades públicas dos Estados cando
se cumpran os requisitos do artigo 8.2 CEDH. O Caso Mennesson e Labassee fixou a
vital relevancia da vinculación biolóxica do pai comitente co menor, xa que neste caso
non recoñecer o vínculo de filiación existente vulnera o dereito á vida privada e familiar
do menor e desborda a marxe de libre apreciación dos Estados. Aínda que en ningún
momento se chega a falar dunha identidade única do menor, nin de erradicar a orde
pública como obstáculo ao recoñecemento, a interpretación do art. 8 CEDH que fixo o
Tribunal de Estrasburgo fai que se superpoña practicamente aos sistemas de Dereito
Internacional Privado dos Estados 145, que se verán obrigados a recoñecer a filiación
biolóxica co pai comitente dos menores nacidos por XS. Do Caso D. contra Francia de
16 de xullo de 2020 extráese que cando exista vinculación biolóxica coa nai comitente,
por ser esta nai xenética, deberá recoñecerse en pro deste dereito dos menores a filiación
determinada coa mesma no estranxeiro, aínda que o mecanismo para establecela sexa
decisión de cada Estado. Finalmente, da doutrina do TEDH pode concluírse que non
prever algunha vía para se estableza a filiación biolóxica dos menores é contrario aos seus
dereitos fundamentais 146 e ao seu superior interese.
Por outra parte, o TS na sentenza de 6 de febreiro de 2014 empregou a orde pública
como caixón de xastre para denegar o recoñecemento en prexuízo do interese superior do
menor, considerando que a XS é contraría en todo caso á OP. Advirte o TEDH neste
punto que na aplicación da excepción da orde pública os xuíces nacionais teñen que
procurar un equilibrio entre o interese común e o interese superior do menor 147. O que
fixo o TS foi proporcionar unha solución máis dilatada no tempo e, en consecuencia, máis
prexudicial para os dereitos dos menores. É un sen sentido pois que, podendo optar entre
dúas solucións que levan a igual camiño, se elixa a solución máis prexudicial para os

144
“El niño será inscripto inmediatamente después de su nacimiento y tendrá derecho desde que nace a un
nombre, a adquirir una nacionalidad y, en la medida de lo posible, a conocer a sus padres y a ser cuidado
por ellos.”
145
ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Gestación por sustitución y orden público”, cita páx. 177.
146
ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Luces y sombras en el primer dictamen del TEDH sobre la gestación por
sustitución”, cita páx. 107.
147
JORQUI AZOFRA, M., “La difícil conciliación de la gestación por sustitución en nuestro ordenamiento
jurídico con los derechos fundamentales involucrados”, cita páx. 396.

42
menores, sobre os que nunca deberían recaer as consecuencias da vontade de castigo
existente cara os pais comitentes. Pola súa parte, o TEDH e a DXRN sitúanse na postura
contraria, ao considerar que a filiación derivada de xestación por substitución non vulnera
per se a orde pública internacional, ademais de que habitualmente o recoñecemento da
mesma se esixe para salvagardar o interese superior do menor 148.
En síntese, o interese superior do menor é un principio xurídico de esencial
relevancia na materia da xestación subrogada e que debe ser aplicado tendo en conta un
menor concreto e individualizado, e non nunha análise en abstracto da problemática,
porque esa será a única maneira de tutelar eficazmente os dereitos dos menores
implicados.

148
CALVO CARAVACA, A-L. y CARRASCOSA GONZÁLEZ, J., “Gestación por sustitución y Derecho
Internacional Privado. Más allá del Tribunal Supremo y del Tribunal Europeo de Derechos Humanos”, cita
páx. 67.

43
5. CONCLUSIÓNS: NECESIDADE DUNHA ADECUADA REGULACIÓN
Como se analizou neste traballo, a xestación por substitución é un asunto que
suscita gran controversia por todos os problemas éticos que implica, pero tratar de reducir
este asunto a termos morais fai que se poida esquecer o verdadeiramente relevante do
asunto: a protección dos dereitos humanos en xogo. Por iso tratar de resolver a
problemática existente con afirmacións categóricas é algo que se torna insatisfactorio
cunha realidade práctica que desborda a regulación existente na actualidade. Negar sen
máis no noso ordenamento interno este tipo de acordos é unha solución insuficiente por
parte do noso lexislador. Considero necesaria unha adecuada regulación nesta materia,
porque é a única maneira de protexer de forma suficiente e eficiente todos os dereitos e
intereses que concorren na xestación subrogada, así:
En relación aos pais intencionais, a regulación é pertinente á hora de satisfacer
unha demanda social lexítima de quen non pode ter fillos por si mesmos, ademais de que
seguir mantendo unha “vontade de castigo” sobre eles repercute negativamente nos
dereitos dos menores nacidos mediante esta práctica. Os avances da ciencia están aí para
mellorar a vida humana e este é un dos casos, iso si, sempre que ditos avances non
repercutan negativamente nos dereitos fundamentais doutros seres humanos, e é a misión
do lexislador garantir que así sexa.
Respecto ás mulleres xestantes, a regulación é a única vía posible para protexer á
que é a parte máis vulnerable neste tipo de contratos e asegurar que se respecten os seus
dereitos e a súa dignidade e autonomía, mediante o establecemento duns parámetros
legais que lles permitan a estas mulleres prestar un consentimento verdadeiramente libre
e informado, impedir a imposición de cláusulas restritivas dos seus dereitos, que se lles
proporcione un asesoramento legal, médico e psicolóxico durante todo o proceso, e que
se garanta a súa idoneidade psíquica e física para levar a cabo o embarazo sen riscos para
a súa saúde nin para a do neno que poida nacer.
En canto aos menores nacidos por xestación por substitución, o seu superior
interese álzase como un argumento de gran peso para instar a que se regule esta materia
dunha maneira que se evite a vulneración dos dereitos destes suxeitos necesitados de
especial protección. Haxa vinculación xenética ou non entre o neno nacido e os pais
intencionais, a realidade é que os novos modelos de familia que xorden nunha sociedade
en constante evolución exceden ao mantemento duns criterios de filiación baseados
exclusivamente nunha veracidade biolóxica que está sendo superada pola realidade socio-
afectiva, onde a autonomía da vontade cobra protagonismo.

44
O Dereito non cambia a realidade, senón que a realidade cambia ao Dereito.

45
BIBLIOGRAFÍA
Artículos de revista, libros e capítulos:
ALKORTA IDIAKEZ, I., “Surrogacy in Spain: Vindication of the Mater Semper Certa
Est Rule”, en The New Bioethics, núm 26 (2020), páxs. 1-16.
ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Efectos en España de la gestación por sustitución llevada
a cabo en el extranjero”, en Anuario Español de Derecho Internacional Privado, núm 10
(2010), páxs. 339-377, accesible en:
https://www.academia.edu/1969093/Efectos_en_Espa%C3%B1a_de_la_gestaci%C3%
B3n_por_sustituci%C3%B3n_llevada_a_cabo_en_el_extranjero?auto=download

ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Gestación por sustitución y orden público”, en Revista


para el análisis del Derecho, núm. 2 (2017), páxs. 166-200, accesible en:
https://www.academia.edu/32768784/Gestaci%C3%B3n_por_sustituci%C3%B3n_y_or
den_p%C3%BAblico

ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Jurisprudencia de Derecho internacional privado”, en


Revista Española de Derecho Internacional, núm. 65 (2015), páxs. 1-3, accesible en
https://www.academia.edu/15567649/Maternidad_Subrogada_Tribunal_Supremo_2015

ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Jurisprudencia española y comunitaria en Derecho


Internacional Privado”, en Revista Española de Derecho Internacional, núm. 64 (2012),
páxs. 213-216, accesible en:
http://bibliotecaculturajuridica.com/biblioteca/arxius/PDF/REDI_VOL_XIV_1_2012/06
_Jurisprudencia_espan__ola_y_comunitaria_de_Derecho_internacional_privado_digital
.pdf

ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Jurisprudencia española y comunitaria en Derecho


Internacional Privado”, en Revista Española de Derecho Internacional, núm. 66 (2014),
accesible en: http://bibliotecaculturajuridica.com/EDIT/1293/jurisprudencia-
espa%C3%B1ola-y-comunitaria-de-derecho-internacional-privado.html/

ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Luces y sombras en el primer dictamen del TEDH sobre
la gestación por sustitución”, en PÉREZ VERA, E., FERNÁNDEZ ROZAS, J.C.,
GUZMÁN ZAPATER, M., FERNÁNDEZ PÉREZ, A. y GUZMÁN PECES, M. (Eds.),

46
El derecho internacional privado entre la tradición y la innovación: libro homenaje al
profesor doctor José María Espinar Vicente, Marcial Pons, Madrid, 2020, páxs. 101-121,
accesible en:
https://www.academia.edu/44112930/Luces_y_sombras_en_el_primer_dictamen_del_T
EDH_sobre_la_gestaci%C3%B3n_por_sustituci%C3%B3n

ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Luces y sombras en el primer dictamen del TEDH sobre
la gestación por sustitución”, en PÉREZ VERA, E., FERNÁNDEZ ROZAS, J.C.,
GUZMÁN ZAPATER, M., FERNÁNDEZ PÉREZ, A. y GUZMÁN PECES, M. (Eds.),
El derecho internacional privado entre la tradición y la innovación: libro homenaje al
profesor doctor José María Espinar Vicente, Marcial Pons, Madrid, 2020, páxs. 101-121,
accesible en:
https://www.academia.edu/44112930/Luces_y_sombras_en_el_primer_dictamen_del_T
EDH_sobre_la_gestaci%C3%B3n_por_sustituci%C3%B3n

ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Nuevas y viejas reflexiones sobre la gestación por


sustitución”, en GARCÍA RUBIO, M.P., (Directora), Mujer, maternidad y Derecho, V
Congreso sobre la feminización del Derecho Privado. Carmona V, Tirant lo Blanch,
Valencia, 2019, accesible en:
https://www.academia.edu/38377619/Nuevas_y_viejas_reflexiones_sobre_la_gestaci%
C3%B3n_por_sustituci%C3%B3n

ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Reconocimiento de la filiación derivada de gestación por


sustitución”, en FORNER I DELAYGUA, J.J., GONZÁLEZ BEILFUSS, C. y VIÑAS
FARRÉ, R. (Coords.), Estudios sobre la unificación internacional y regional del Derecho
internacional privado. Liber amicorum Alegría Borrás, Marcial Pons, España, 2013,
páxs. 77-90, accesible en:
https://www.academia.edu/4494552/Reconocimiento_de_la_filiaci%C3%B3n_derivada
_de_gestaci%C3%B3n_por_sustituci%C3%B3n

ÁLVAREZ GONZÁLEZ, S., “Surrogacy: balance de cuatro años de práctica judicial y


administrativa”, accesible en:
https://www.academia.edu/4799115/Surrogacy_balance_de_cuatro_a%C3%B1os_de_p
r%C3%A1ctica_judicial_y_administrativa

47
ÁLVAREZ RODRÍGUEZ, A. y CARRIZO AGUADO, D., “Tratamiento legal del
contrato de gestación por sustitución en el Derecho Internacional Privado español a la luz
de la STS de 6 de febrero de 2014. Dime niño, ¿de quién eres…?”, en La notaria, núm. 2
(2014), páxs. 59-75.

ATIENZA RODRÍGUEZ, M., “Propuestas para regulación de la gestación subrogada”,


en Boletín Maternidad Subrogada - Juezas y Jueces para la Democracia, 2018, páxs. 18-
21, accesible en: http://www.juecesdemocracia.es/2018/04/16/boletin-tematico-jornadas-
maternidad-s/

CALVO CARAVACA, A-L. y CARRASCOSA GONZÁLEZ, J., “Gestación por


sustitución y Derecho Internacional Privado. Más allá del Tribunal Supremo y del
Tribunal Europeo de Derechos Humanos”, Cuadernos de Derecho Transnacional, núm.
2 (2015), páxs. 45-113, accesible en: https://e-
revistas.uc3m.es/index.php/CDT/article/view/2780/1558

CAMACHO, J.M., “Maternidad subrogada: una práctica moralmente aceptable. Análisis


crítico de las argumentaciones de sus detractores”, accesible en:
https://www.fundacionforo.com.ar/pdfs/maternidadsubrogada.pdf

CASTILLO MARTÍNEZ, C., “La gestación por sustitución y el problema de su acceso


al Registro Civil español”, LEFEBVRE, 11.06.2020, https://elderecho.com/la-gestacion-
por-sustitucion-y-el-problema-de-su-acceso-al-registro-civil-espanol

DÍAZ ROMERO, M., “La gestación por sustitución en nuestro ordenamiento jurídico”,
en Diario La Ley, nº 7527 (2010), páxs. 1-15.

DURÁN AYAGO, A., “Los trabajos en el seno de la Conferencia de la Haya de Derecho


Internacional Privado sobre gestación por sustitución”, Revista de Derecho
Constitucional, núm. 31 (2020), páxs. 2-51, accesible en:
https://www.academia.edu/41844266/LOS_TRABAJOS_EN_EL_SENO_DE_LA_CO

48
NFERENCIA_DE_LA_HAYA_DE_DERECHO_INTERNACIONAL_PRIVADO_SO
BRE_GESTACI%C3%93N_POR_SUSTITUCI%C3%93N

DURÁN AYAGO, A., “Protocolo nº16 al Convenio Europeo de Derechos Humanos y


gestación por sustitución: primera consulta planteada por la Corte de Casación francesa
y primera respuesta para seguir sin desbrozar del todo el camino”, Revista General de
Derecho Europeo, núm. 48 (2019), páxs. 133-149, accesible en:
https://www.academia.edu/39322376/Protocolo_no_16_al_Convenio_Europeo_de_Der
echos_Humanos_y_Gestaci%C3%B3n_por_sustituci%C3%B3n_primera_consulta_pla
nteada_por_la_Corte_de_Casaci%C3%B3n_francesa_y_primera_respuesta_para_seguir
_sin_desbrozar_del_todo_el_camino

ERIN, N., Law, Policy and Reproductive Autonomy, Hart, Londres, 2014.

FARNÓS AMORÓS, E., “¿Debe permitirse la gestación por sustitución en España?


Estado de la cuestión y algunas reflexiones”, en CASADO, M. (Coord.), De la
solidaridad al mercado. El cuerpo humano y el comercio biotecnológico, Fontamara SA,
México, 2016, páxs. 193-231.

FARNÓS AMORÓS, E., “Entre prohibir y permitir, ¿qué es más feminista? Un análisis
de la gestación por sustitución desde la perspectiva de las mujeres gestantes”, en
BENAVENTE MOREDA, P., Mujeres y derechos. Una discusión jurídica sobre
reproducción, sexualidad y género, Marcial Pons, Madrid/Barcelona/Buenos Aires/Sao
Paulo, 2020, páxs. 96-134.

FARNÓS AMORÓS, E., “La gestación por sustitución celebrada en el extranjero: una
mirada crítica desde la experiencia española.”, en Nexo Jurídico, núm. 26 (2015), páxs.
4-9.

FARNÓS AMORÓS, E., “Paradiso y Campanelli c. Italia (II): los casos difíciles crean
mal derecho (I)”, en Revista de Bioética y Derecho, núm. 40 (2017), disponible en:
https://scielo.isciii.es/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S1886-58872017000200017 ,
consultado por última vez a 07.06.2021.

49
FARNÓS AMORÓS, E., “Surrogacy arrangements in a global world: the case of Spain”,
en Internacional Family Law, 2013, páxs. 68-72.

FARNÓS AMORÓS, E., “Surrogacy in Spain”, en SCHERPE, J.M., FENTON-GLYNN,


C. y KAAN, T. (Eds), Easter and Western Perspectives on Surrogacy, Intersentia,
Londres, 2019, páxs. 59-82.

GARCÍA RUBIO, M.P. y HERRERO OVIEDO, M., “Maternidad subrogada: dilemas


éticos y aproximación a su respuesta jurídica”, en Anales de la Cátedra Francisco
Suárez, núm. 52 (2018), páxs. 67-89, accesible en:
https://revistaseug.ugr.es/index.php/acfs/article/view/6551/5672

GARCÍA RUBIO, M.P., “¿Qué es y para qué sirve el interés superior del menor?”,
Actualidad Jurídica Iberoamericana, núm. 13 (2020), páxs. 14-19, accesible en:
http://www.revista-aji.com/wp-
content/uploads/2020/09/1._M%C3%82%C2%AA._Paz_Garc%C3%83_a_Rubio_pp._
14-49.pdf

GUTIÉRREZ-SOLANA JOURNOUD, A. y LAZCOZ MORATINOS, G., “La invisible


situación jurídica de las mujeres para el TEDH ante la maternidad subrogada en la primera
opinión consultiva del protocolo nº16”, en Cuadernos de Derecho Transnacional, núm.
2 (2019), páxs. 673-692, accesible en: https://e-
revistas.uc3m.es/index.php/CDT/article/view/5012/3495

HERNÁNDEZ LLINÁS, L., “Gestación por sustitución internacional e interés superior


del menor: doctrina del TEDH y respuesta de las autoridades españolas”, en Revista de
Derecho Político, núm. 107 (2020), páxs. 181-210, accessible en:
https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=7326073

HORSEY, K., “Surrogacy in the UK: Myth busting and reform. Report of the Surrogacy
UK Working Group on Surrogacy Law Reform.”, accesible en:
https://www.familylaw.co.uk/docs/pdf-files/Surrogacy_in_the_UK_report.pdf

50
JADVA, V., MURRAY, C., LYCETT, E., MACCAULLUM, F., GOLOMBOK, S.,
“Surrogacy: the experiences of surrogate mothers”, en Human Reproduction, núm 18
(2003), páxs. 2196-2204.

JIMÉNEZ MUÑOZ, F.J., “Una aproximación a la posición del Tribunal Europeo de


Derechos Humanos sobre la gestación subrogada”, en Revista de Derecho, Empresa y
Sociedad (REDS), núm. 12 (2018), páxs. 42-54, accesible en:
https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=6596390

JORQUI AZOFRA, M., “La difícil conciliación de la gestación por sustitución en nuestro
ordenamiento jurídico con los derechos fundamentales involucrados”, en Derecho
Privado y Constitución, núm. 37 (2020), páxs. 381-426,

LAMM, E., Gestación por sustitución. Ni maternidad subrogada ni alquiler de vientres,


Publicacions i Edicions de la Universitat de Barcelona, Barcelona, 2013, accesible en:
http://www.bioeticayderecho.ub.edu/sites/default/files/libro_gestacion_por_sustitucion.
pdf

LÓPEZ CASTILLO, A. y POLAKIEWICZ, J., “De la cuestión prejudicial de la


convencionalidad en marcha”, en Teoría y Realidad Constitucional, núm. 44 (2019),
páxs. 485-500.

Oficina Permanente de la Conferencia de la Haya de Derecho Internacional Privado,


“Estudio sobre la filiación legal y problemas derivados de los acuerdos internacionales de
maternidad subrogada”, Documento preliminar núm 3C, 2014.

PÉREZ MONGE, M., “Cuestiones actuales de la maternidad subrogada en España:


regulación versus realidad”, en Revista de Derecho Privad, núm. 94 (2010), páxs. 41-64.

PÉREZ MONGE, M., La filiación derivada de técnicas de reproducción asistida, Centro


de Estudios Registrales, Madrid, 2002.

SALAS CARCELLER, A., “Gestación subrogada. Hacia una ley reguladora”, en Revista
Aranzadi Doctrinal, núm. 10 (2017), páxs. 1-4.

51
TAMAYO HAYA, S., “Hacia un nuevo modelo de filiación basado en la voluntad en las
sociedades contemporáneas” en Revista Digital Facultad de Derecho, núm. 6 (2013),
páxs 261-316, accesible en:
http://portal.uned.es/pls/portal/docs/PAGE/UNED_MAIN/LAUNIVERSIDAD/UBICA
CIONES/06/PUBLICACIONES/REVISTA%20DIGITAL%20FACULTAD%20DE%2
0DERECHO/NUMEROS%20PUBLICADOS/NUMERO%20VI/NUEVOMODELODE
FILIACION.PDF

VALPUESTA FERNÁNDEZ, M.R., “Reflexiones sobre el Derecho de Familia”, en


Revista de Pensamiento Jurídico, núm 2 (2007), páxs. 75-97.

VAQUERO PINTO, M.J., “¿Debe admitirse y regularse la gestación por sustitución?”,


en BARBER CÁRCAMO, R., QUICIOS MOLINA, S. y VERDERA SERVER, R.
(Coords.), Retos Actuales de la Filiación, Tecnos, Madrid, 2018, páxs. 229-268.
VEITTOREL, A., “Internacional Surrogacy Arrangements: Recent Developments and
Ongoing Problems”, en Rivista di diritto internazionale privato e processuale, núm 3
(2015), páxs. 523-540.

VELA SÁNCHEZ, A.J., “La gestación de sustitución o maternidad subrogada: El


derecho a recurrir a las madres de alquiler”, en Diario la Ley, núm. 7608 (2011), páxs. 1-
15.

VICENZO BARBA, G., “Gestación por sustitución y orden público internacional en el


ordenamiento jurídico italiano: La última decisión de Pleno de la Corte de Casación y sus
consecuencias”, en Revista de Derecho Civil, núm. 1 (2020), páxs. 69-101.

Documentos web:
Artículo de presa de RTVE: https://www.rtve.es/noticias/20140801/preguntas-
respuestas-sobre-gestacion-subrogada-vientres-alquiler/976260.shtml

“La negativa a registrar a un niño nacido en el extranjero a través de gestación subrogada


no infringe el derecho al respeto de la vida privada y familiar”, do Consello Xeral da
Avogacía Española, 16.07.2020,

52
https://www.abogacia.es/conocenos/bruselas/sentencias/tedh/la-negativa-a-registrar-los-
datos-de-nacimiento-de-un-nino-nacido-en-el-extranjero-a-traves-de-gestacion-
subrogada-no-infringe-el-derecho-al-respeto-de-la-vida-privada-y-
familiar/#:~:text=en%20el%

Sentenzas e instrucións:
Resolución da Dirección Xeral do Rexistro e do Notariado de 18 de febreiro de 2009,
(RJ/2009/1735).

Instrución da Dirección Xeral do Rexistro e do Notariado de 5 de outubro de 2010, sobre


o réximen rexistral da filiación dos nados mediante xestación por sustitución.

Instrucción da Dirección Xeral do Rexistro e do Notariado de 14 de febreiro de 2019,


sobre actualización do réxime rexistral da filiación dos nados mediante xestación por
sustitución.

Instrucción da Dirección Xeral do Rexistro e do Notariado de 18 de febreiro de 2019,


sobre actualización do réxime rexistral da filiación dos nados mediante xestación por
sustitución.

Sentenza do Xulgado de Primeira Instancia de Valencia nº15, núm. 193/10, de 15 de


setembro de 2010.

Sentenza da Audiencia Provincial de Valencia (Sala do Civil, Sección 10ª), núm.


949/2011, de 23 de novembro de 2011.

Sentenza do Tribunal Supremo (Sala do Civil), núm. 835/2013, de 6 de febrero de 2014.

Auto do Tribunal Supremo (Sala do Civil, Pleno), núm. 335/2015, de 2 de febreiro de


2015.

Sentenza do BGH alemá de 10 de decembro de 2014

Sentenza do Tribunal Federal Suizo de 21 de maio de 2015

53
Sentenza da Corte Suprema de Casación Italiana de 8 de maio de 2019

Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. Caso Evans contra Reino Unido. Sentenza de
10 de abril de 2007.

Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. Caso S.H. e outros contra Austria. Sentenza de
3 de novembro de 2011.

Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. Caso Mennesson contra Francia. Sentenza de 24


de xuño de 2014.

Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. Caso Labassee contra Francia. Sentenza de 24 de


xuño de 2014

Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. Caso Paradiso e Campanelli contra Italia.


Sentenza de 27 de xaneiro de 2015

Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. Caso Paradiso e Campanelli contra Italia.


Sentenza de 24 de xaneiro de 2017.

Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. Casos Foulon e Bouvet contra Francia. Sentenza
de 27 de agosto de 2016.

Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. Caso Laborie. Sentenza de 19 de xaneiro de 2017.

Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. Ditame Consultivo de 10 de abril de 2019.

Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. Caso D. contra Francia. Sentenza de 16 de xullo


de 2020.

54
Textos legais:
Código Civil

Constitución Española

Convención de Dereitos do Neno, adoptada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas o
20 de novembro de 1989.

Convenio para a Protección dos Dereitos Humanos e das Liberdades Fundamentais do


Consello de Europa, feito en Roma o 4 de novembro de 1950.

Lei 14/2006, sobre técnicas de reprodución humana asistida, de 26 de maio.

Lei de 8 de xuño de 1957 sobre o Rexistro Civil.

Regulamento da Lei de Rexistro Civil de 1958.

55

You might also like