Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 1

Selección de frases do libro La Emigración en Galicia 2019

Galicia III
Juan López Montoya

- “Hay sangrías que son necesarias para la conservación de la salud” Páx. 18.
Referíndose ao fenómeno de emigración como un mal necesario que trouxo
prosperidade a Galicia, dándolle unha volta de rosca a visión tópica do que supuxo e
supón a emigración, esta é: familias rotas, desestructuradas e pobres con tódolas
emocións que desencadea estes adxetivos. A súa visión renova o vínculo familiar na
distancia, aportando os emigrantes sustento económico cando estén fora,
alfabetizándose, culturalizándose e cando volten, traerán novas formas de pensar,
coñecementos múltiples, novas maneiras de organizarse ante os problemas en Galicia e
a misión pola que marcharon solventada.
- “Los emigrantes españoles a la Argentina van más cultos que los de las demás
naciones de Europa” Páx. 57.
Esta afirmación ven casi a rachar un tópico e impoñer un debate; O nivel cultural
dos emigrantes.
Deixa ver que os emigrantes españois, sendo galegos en gran parte, son xente
inculta, algo que está en calquer discurso cando se fala da emigración, pero o que non se
di neses relatos é que os españois son da xente máis aculturada que emigra con respecto
ao continente europeo, o que abre un novo tema discusión, se son xente culta: emigra
quen quere ou quen pode? Xa que tradicionalmente pénsase que os que emigraban era
xente analfabeta que tiña que valerse das súas mans debido a que intelectualmente non
podían.
- “España en aquellas lejanas tierras, tratando siempre al indio con cristiana
benignidad; al revés de lo que hacían las demás naciones colonizadores, que de
lo que menos se ocupaba era de la civilización e ilustración de los indios” Pax.
117.
Nesta frase de Ramón Castro apréciase o que podería ser o discurso principal ou
xustificación do nacional-catolicismo con respecto a colonización de América
naquela época: Os españois foron a salvar ós pobos indíxenas mediante a
evanxelización, e unha vez convertidos foron tratados de igual a igual, tendo o
mismo valor un indíxena recen convertido que unha persoa que formase parte das
tropas españolas. Por outro lado, adxudica a España a única evanxelización que se
produciu no continente, sendo as demás nacións un grupo de bárbaros centrados nas
riquezas que se albergaban naqueles territorios. O discurso é do primeiro tercio do
século XX pero chama a atención que podería ser actual.

You might also like