Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 6

UNIDADE 4.

CULTURA E LINGUAXE: A ANTROPOLOXÍA LINGÜÍSTICA

1. A IMPORTANCIA DA LINGUAXE NA DEFINICIÓN DA CULTURA


·A capacidade lingüística ou a capacidade simbólica é a que fai do ser humano un ser cultural. Esta
capacidade para crear linguaxe e cultura é a principal característica que diferencia ao home do resto de
especies animais. Esta capacidade posibilita compartir experiencias entre os membros dun grupo e
transmitir creacións ós novos membros da comunidade.
·A linguaxe é un sistema de comunicación simbólico; só os seres humanos teñen a capacidade de
realizar abstraccións e formar combinacións simbólicas complexas en forma estruturada.
·O ser humano aprende a linguaxe do mesmo modo que aprende a cultura. O especialista que trata de
entender e resolver todas estas cuestións é o antropólogo lingüístico (ou lingüista antropolóxico), que
interésanse pola forma en que se relacionan a linguaxe e a cultura.
·Algúns dos primeiros antropólogos lingüistas foron Franz Boas, o seu alumno Edward Sapir (que á súa
vez será profesor de Benjamin Lee Whorf), e Leonard Bloomfield.

1.1. A orixe da linguaxe


·A linguaxe ten as súa orixe nunha etapa moi temperá da historia da humanidade (hai 12mil-1m de anos)
·O ser humano non ten unhas facultades específicas que lle permitan desenvolver a linguaxe, a maioría
dos mamíferos poden emitir sons e teñen os mesmos órganos que o home, nos seres humanos estes
órganos están combinados de tal forma que poden producir os sons propios da linguaxe.
·Por que é o home entre todas as especies animais o único que pode falar? A resposta consiste na propia
configuración do seu cerebro.
·En canto ás orixes da linguaxe, non dispoñemos de evidencia do seu nacemento ou desenvolvemento.
·Parece ser que a linguaxe desenvolveuse a partir dun sistema de berros semellante ao que se dá hoxe
día entre algúns simios.
·Unha linguaxe non é simplemente un conxunto de berros. Ao coñecer unha lingua, o que facemos é
aprender un conxunto de normas que serven para regular secuencias nas que empregamos xuntos
diversos fonemas para construír expresións con significado propio.

2. O SER HUMANO DEFINIDO COMO ANIMAL SIMBÓLICO


·A linguaxe sitúanos nun plano simbólico. Engade ao plano físico unha nova dimensión da realidade. É
esta capacidade simbólica a que permite chamar ó se humano «animal simbólico».
·A definición de ser humano como «animal social» non é axeitada, xa que outros animais teñen tamén un
comportamento social. Tamén é pouco axeitada a definición de «animal intelixente», pois moitas
especies animais demostran ter capacidade que recolle o concepto xeral de intelixencia. O ser humano
tampouco é o único animal con linguaxe ou capacidade comunicativa. Pero si podemos dicir que vese
modificada pola simboloxía: a capacidade que temos de crear e interpretar símbolos.
·A capacidade simbólica do ser humano pode definirse entón como a capacidade de referirse mediante
substitutivos a algo que está ausente, a algo que está afastado temporal ou espacialmente.
·A linguaxe supón o primeiro sistema de simbolización do home, pois resultaba un requisito fundamental
para as súas relacións. A diferenza doutros sistemas de comunicación, a linguaxe oral permite que o
home poida utilizar as súas mans noutras actividades mentres está comunicándose.

3. COMUNICACIÓN HUMANA E NON-HUMANA

3.1. A comunicación vexetal


·As plantas transmiten información dun emisor a un receptor mediante un código. O principal método de
comunicación é a alelopatía, proceso polo cal unha planta produce distintos compostos bioquímicos que
afectan ao crecemento, reprodución e supervivencia de organismos cercanos a ela.
3.2. A comunicación animal
·Dende a psicoloxía e a zooloxía téñense realizado experimentos buscando a diferenza cualitativa entre
a comunicación humana e a doutos animais. Karl Von Frisch en 1948, estudando o comportamento das
abellasb observou: cando unha abella descubría un botín, esta volvía á súa colmea e informaba ás súas
compañeiras do descubrimento, que de seguido dirixíanse con precisión ó lugar que a primeira abella
tiña descuberto. É evidente que nese momento se producira unha comunicación complexa e rigorosa.
·Hai moitos outros exemplos de comunicación animal con sinais de tipos moi variados.
a. Comunicación química: prodúcese mediante feromonas, que son substancias químicas
liberadas ao ambiente co obxectivo de activar unha resposta noutro individuos.
b. Comunicación auditiva: importante nas aves, que empregan o son para transmitirse
advertencias, para defender territorios e coordinarse, para cortexar… Un caso particular é o dos
golfiños, que producen diversos sonidos organizados en complexos patróns.
c. Comunicación visual: consiste en sinais que poden verse, como son os xestos, as expresións
faciais, as posturas corporais ou a coloración.
d. Comunación táctil: é máis limitada porque os organismos deben estar próximos entre si para
tocarse, tódalas especies se benefician do tacto para comunicarse.
·Asúmese que os elementos da linguaxe non-humana non foron creados socialmente, senón que son
herdados xeneticamente, e o máis importante: son códigos que non permiten a creación de novas
mensaxes ou interpretacións polisémicas.
·Estas características serían propias da linguaxe simbólica. O caso dos golfiños é especial xa que os sons
que elaboran son producidos voluntariamente e cunha frecuencia determinada, o que indica que teñen
unha linguaxe simbólica. Outros casos son máis controvertidos son os dos grandes simios, que poden
aprender linguaxe humana certamente complexa, e incluso chegar a elaborar formas novas de expresar
certos conceptos a partir das palabras que xa coñecen. Casos coma o da chimpancé Washoe e a gorila
Koko, pero a validez das conclusións destes experimentos foi posta en entredito.

3.3. A comunicación humana


·Só podemos falar con propiedade de linguaxe por referencia á linguaxe humana e só en sentido
metafórico das «linguaxes animais», ás que cabería denominar «códigos de comunicación animal». Hai
que recoñecer o elevado grao de complexidade que poden chegar, a pesar diso, tódolos sistemas ou
códigos de comunicación animal son limitados e pechados.
·Fronte a iso a linguaxe humana é ilimitada e aberta, non está restrinxida a un número de mensaxes e
serve para desenvolverse en situacións novas.

3.3.1. Semiótica
·A Semiótica é a ciencia que se encarga do estudo dos signos no seo da vida social. E dado que a linguaxe
é un organizado e estruturado sistema de signos, será tamén obxecto de estudo da Semiótica.
·A Semiótica xorde co filósofo Charles Sanders Peirce, mentres que simultaneamente a Semioloxía
xorde grazas a Ferdinand de Saussure, outro filósofo e lingüista. A comezos do s.XX os dous destacaron
que o obxecto último da linguaxe e do pensamento era o mesmo: o sentido e o signo.
·Segundo Charles S. Peirce o signo é unha substitución material dos obxectos, fenómenos ou conceptos.
Ese obxecto ao que representa o signo chámase referente. Por unha relación convencional ou de
semellanza, o signo evoca nun interpretante unha realidade determinada.
·Ferdinand de Saussure propón entender o signo comparandóo coas caras dunha moeda: unha delas é o
significado (o concepto ou substancia á que refire a outra cara) e o significante (a imaxe acústica da
palabra que nomea ese concepto).
·Seguindo a Peirce, os signos subdivídense en tres categorías:
- As iconas: signos que representan algo polas súas características propias.
- Os índices: signos entre os cales pode establecerse unha relación causal co representado.
- Os símbolos: signos que representan algo de maneira arbitraria e convencional.
·O signo lingüístico é caracterizado por Saussure como arbitrario, lineal e inmutable sincronicamente e
mutable diacronicamente
·Hai que engadir o que André Martinet denominou dobre articulación:
- a 1ª articulación está constituída polos monemas
- a2ª polos fonemas.
·Esta propiedade é a que lle confire as súas particulares riqueza e flexibilidade, xa que cun número
reducido de unidades mínimas pódense construír infinitas mensaxes.

3.3.2. Fonética
·Todas as estruturas lingüísticas teñen estes dous aspectos: o fonético e o gramatical. Cada lingua
presenta no seu código un número limitado de fonemas (menor unidade sonora sen significación).
·Para chegar a describir o aspecto fonético dunha lingua, temos que establecer e describir
a. o conxunto dos fonemas propios da lingua.
b. as regras que rexen as secuencias destes fonemas.
·Todos os seres humanos poden emitir o mesmo tipo de sons, sen embargo que utilicen uns e non outros
dependerá dos patróns lingüísticos que se usen dentro do seu propio grupo social. Desta forma,
entendemos que as linguaxes son sistemas determinados culturalmente.

3.3.3. Gramática
·A Gramática é a parte da Lingüística que estuda a estrutura das palabras, así como a maneira en que se
combinan para formar oracións. Para estudiar a gramática dunha lingua temos que establecer e describir
a. as súas unidades, as secuencias de fonemas con significado propio que denominamos monemas,
b. as regras que rexen as secuencias dos monemas.
·A unidade mínima con significado da morfoloxía é o monema, que non é divisible.
·Entre os monemas temos:
- Lexemas ou morfemas léxicos: tamén chamados raíces, teñen significado léxico completo.
- Morfemas: os que non son léxicos, poden ser derivativos, gramaticais ou flexivo-desinenciais.
·Estas unidades seguen un ordenamento, deso encárgase a sintaxe.
·Toda lingua está configurada estruturalmente nestes 3 puntos básicos:
1. Fonemas (sons) limitados en número e con regras que os combinan.
2. Monemas en elevado número que forman o léxico e compóñense combinando os fonemas.
3. Número limitado de colocacións en que os monemas se combinan.
·Existe dous enfoques do estudo da lingua: a sincrónica ou estructural e a diacrónico ou histórico.

3.3.4. A escritura e a linguaxe


·A linguaxe e a escritura son distintas. A linguaxe pode ser descrita como un complexo de normas que
rexen a fala, a escritura podémola definir como técnicas capaces de representar a fala gráficamente.
·A escritura comezou cando se asociaron símbolos gráficos aos sons, isto sucedeu en dúas ocasións.
- A primeira foi hai uns 5000 anos no próximo Oriente, polos exipcios na Idade de Bronce. O
sistema de xeroglíficos exipcios do Sinaí serviu de base para o primeiro alfabeto sobre o 2000 a.
C., que difundiuse cara o norte dando lugar aos sistemas de escritura occidentais. O alfabeto
fenicio, derivado daquel, foi o punto de partida de un gran número de alfabetos:
Catro máis representativos de occidente descenden do abjad fenicio: o hebreo, o grego, o latino
e o árabe. Ademais, o alfabeto grego deu lugar a outros, como os itálicos. Toda a escritura
europea provén do alfabeto grego e comparte a base simbólica para representar as letras.
- A segunda invención, máis recente, levouse a cabo en América polos mayas. Porén, este tipo de
escritura maya non deu lugar a ningún sistema actuaal e non se puido descifrar completamente.
4. A LINGUAXE EN RELACIÓN COA CULTURA
·Os lingüistas do século XIX defendían unha orde xerárquica entre as linguas do mundo, outorgándolle
ao latín o lugar privilexiado. A partir do estudo das linguas nativas americanas, os lingüistas de
orientación antropolóxica descartaron a superioridade dunhas linguas sobre outras.
·Cada linguaxe é unha maneira de nomear o mundo.Cada cultura constitúe a súa propia realidade.

4.1. O simbólico como mediación: Ernst Cassirer


·O filósofo alemán Ernst Cassirer (1874–1945); acuñou a expresión de «animal simbólico» e insistiu na
capacidade simbólica como o elemento especificamente humano sinalando que é por medio desta que o
ser humano se adapta ó ambiente.
·Podemos dicir que tódalas nosas condutas e experiencias son simbólicas, porque teñen un significado,
expresan algo que vai máis alá da propia conduta ou experiencia e tamén porque presupoñen
significados socialmente atribuídos a todo o que as rodea.
·A análise desta capacidade simbólica permite entender como as diferentes comunidades humanas
constrúen realidades culturais diversas. Permite entender tamén o proceso de enculturación, aquel
polo que un individuo asume os códigos e pautas culturais da comunidade na que nace.

4.2. Linguaxe, pensamento e cultura


·Segundo a hipótese Sapir-Whorf (por Edward Sapir e Benjamin Whorf) os sistemas lingüísticos
radicalmente distintos indican que os seus falantes viven en mundos conceptualmente diferentes.
- Edward Sapir (1884–1939) foi o primeiro autor en traballar sobre como a lingua afecta no
pensamento, pero a súa postura non adoitaba ser moi radical; concibíao como unha influencia.
- O seu alumno Benjamin Lee Whorf (1897–1941) si adoptou unha postura de determinismo
lingüístico máis radical.
·Estas posturas radicais triunfaron a mediados do s. XX, pero foron sendo abandoados cara finais do
século. Sen embargo, ultimamente está gañando atención de novo dende un enfoque xa non tan ríxido,
abandonouse o determinismo lingüístico en favor dun relativismo lingüístico.
·Hai unha terceira postura que defende que a lingua non inflúe no pensamento, que se denomina
pensamento autónomo, tamén parece certo que ningún concepto comprensible para unha mente
humana pode ser imposible de entender para outra.

4.3. A Gramática Universal: Noam Chomsky


·O lingüista e filósofo estadounidense Noam Chomsky (1928) revolucionou o campo da lingüística
teórica coa publicación da súa obra Estruturas sintácticas (1957). Postulou a existencia dun aparello
cerebral innato, o «órgano da linguaxe», que permite aprender e empregar a linguaxe instintivamente.
·Chomsky comprobou que os principios xerais abstractos da gramática son universais na especie
humana, polo que postulou a existencia dunha Gramática Universal, asegurando que o fundamento
común das linguas humanas é a súa recursividade, que se refire á construción realizada a partir dun
mesmo tipo de elementos autodefinidos.

UNIDADE 5. A CULTURA COMO ORDE SIMBÓLICA: MITOS, RITOS E RELIXIÓNS

1. A CULTURA COMO ACCIÓN SIMBÓLICA


·As ideas e os valores [...] exprésanse mediante símbolos e polo tanto pódese describir a cultura coma un
sistema simbólico. A cultura, segundo a define o antropólogo estadounidense Clifford Geertz no seu
libro A interpretación das culturas (1973), é un “sistema de concepcións expresadas en formas simbólicas
por medio das cales a xente se comunica, perpetúa e desenvolve o seu coñecemento sobre as actitudes
cara a vida.” A función da cultura é dotar de sentido ao mundo e facelo comprensible.
·Hai certos aspectos da cultura que son observatorio da conduta simbólica pola potencia e a extensión
dos símbolos que crean. Contos, lendas, chistes... As culturas están incrustadas en narracións.
1.1. Os relatos
As narracións coas que se transmite o sistema cultural dun pobo poden ser de varios tipos:
- Os contos: falan das aventuras de personaxes que superan obstáculos.
- As lendas: tratan de importantes figuras do pasado e as súas fazañas.
- Os pequenos textos ou aforismos como, refráns, ditos, máximas, chistes, adiviñanzas...

1.1.1. Os mitos
·Os mitos son un tipo especial de relato que tenta dar resposta ás principais preguntas do ser humano.
·O antropólogo que máis se ocupou dos mitos nas diferentes culturas, foi Claude Lévi-Strauss
(1908–2009). Segundo este autor, se prescindimos da historia concreta que narra cada mito, podemos
observar que existen grandes similitudes entre case tódalas culturas do mundo. Lévi-Strauss concluíu
que a estrutura dos mitos é similar en tódalas culturas: a forma de pensamento binaria é universal.
·As conclusións de Levi-Strauss, amósannos que os mitos teñen os seguintes compoñentes:
- O seu contido: ás cuestións últimas que afectan ao ser humano.
- A súa función: proporcionar valores e darlle sentido á vida humana.
- O seu contexto: que adoita ser no ámbito do ritual, en épocas e situacións específicas.
- A súa estrutura.
- A súa forma: pode ser múltiple, xa que pode narrarse en forma de relato, pero tamén de danza…
-
1.1.2. O monomito: a viaxe do heroe
O monomito ou mito único, coñecido como viaxe ou periplo do heroe, é un termo acuñado polo
antropólogo e mitólogo estadounidense Joseph Campbell (1904–1987) para definir unha especie de
modelo básico ou estrutura profunda común a moitos relatos épicos de diferentes culturas.
·Campbell describe 17 etapas ou pasos ao longo desta viaxe, pero moi poucos cumpren todas. Aínda que
a estrutura básica máis común é a división en tres seccións: «saída», «iniciación» e «retorno», as 17
etapas son estas:
- A saída: A chamada da aventura, O rexeitamento da chamada, A axuda sobrenatural, O cruce do
primeiro limiar e O ventre da balea (a separación final do eu e do mundo coñecidos).
- A iniciación: As distintas probas, O encontro coa deusa, A muller como tentadora, A
reconciliación co pai, A apoteose e O don final: é o logro do obxectivo da misión.
- O regreso: A negativa a regresar, O voo máxico, O rescate do exterior, O cruce do limiar de
retorno., O mestre dos dous mundos (pode significar o logro dun equilibrio entre o material e o
espiritual) e A liberdade para vivir.

1.2. Os ritos
·Os ritos son cerimonias que se repiten invariablemente. Un ritual é a execución ou a renovación dun
mito, é un drama representado que representa o relato dun mito e ten un carácter simbólico.
·Nas relixións comunitarias como a cristiá ou a islámica, os ritos son representados por un sacerdote que
é o representante da igrexa. Non obstante, en relixións individualistas como a esquimó, o rito é
representado por calquera persoa. O diferentes tipos de ritos teñen que ver coa súa función, polo que
podemos distinguir entre ritos: De purificación, De expiación, De sangue, Exorcismos, De acción de
grazas, Relativos a fenómenos naturais, De consagración, De conmemoración, De iniciación, De
tránsito ou de paso, De consenso e De confrontación.
·O ritual distínguese doutros comportamentos en que:
a. Son formais, e repítense sempre da mesma forma.
b. Realízanse en lugares e momentos especiais («sagrados»).
c. Son actos sociais.
1.2.1. Os ritos de solidariedade
A participación nestos ritos ten como fin primordial realizar e destacar o sentido de identidade e
unidade do grupo social. Danse frecuentemente entre clans e liñaxes. Os grupos adoitan ter emblemas
e nomes distintos que os distinguen. Os obxectos que identifican e representan ao grupo son os
chamados tótems e é o contraste destes con outros o que os fai útiles como sistema de identificación.

1.2.2. Os ritos de paso


·A función dos ritos de paso é indicar o movemento social dos individuos ao entrar, saír ou cambiar de
status ou de posición no seu grupo. Xeralmente, os ritos de paso seguen unha orde parecida nas
diferentes culturas: 1. illamento dos individuos, 2. fases e rituais simbólicos, 3. individuo renace.
·Moitos destes ritos de paso danse no período que marca a transición da adolescencia a madurez.

2. A RELIXIÓN
·Un dos aspectos fundamentais no estudo da Antropoloxía é a relixión. A concepción do mundo e a
relixión sempre estiveron estreitamente ligadas, supoñen unha preocupación humana e social.
·Que é a relixión? A relixión é unha parte inseparable da cultura. Aínda que as formas de
comportamento relixioso varían moito dunha sociedade a outra.
·As primeiras teorías da relixión xurdiron a finais do s. XIX e, como a de Edward Burnett Tylor, eran de
carácter psicolóxico. Tentábanse explicar as orixes da relixión como respostas mentais a aqueles
aspectos misteriosos da vida do home a través dos soños e da morte. Esta perspectiva psicoloxista,
coñecida como teoría animista, dominou o pensamento antropolóxico, ata a aparición da teoría
sociolóxica de Émile Durkheim (1858– 1917).
·Para os antropólogos a relixión é un sistema de símbolos que permite crear vínculos entre os seres
humanos ao formular unha concepción do mundo compartida. A relixión relaciona as persoas cun ser
superior do cal se recoñecen dependentes. A aceptación desa dependencia fai que tódolos actos do
crente se ven modificados por esa crenza.

2.1. As dimensións do fenómeno relixioso


Hai catro dimensións fundamentais de calquera fenómeno relixioso que teñen influencia na sociedade:
- O sistema de crenzas: as crenzas son a base da vida relixiosa.
- A práctica relixiosa: os ritos, que poden ter tres funcións básicas: a expresión do sentimento
relixioso, servir de mediador e instrumento na comunicación coa divindade e potenciar o
sentido de comunidade e a percepción de pertenza a un grupo.
- O aspecto comunitario: a adhesión e o compromiso do individuo coa comunidade.
- A dimensión ética: valores e fins que constitúen un proxecto de ser humano e modelo social.

2.2. Animismo
·E. B. Tylor propuxo que a relixión pasara na súa evolución polas etapas de animismo, politeísmo e
monoteísmo, da forma menos abstracta á máis abstracta. Para el, a esencia da crenza relixiosa era a idea
de “deus”, e tentou poñer de relevo que esta idea era unha elaboración do concepto de alma.
·O animismo considera que dentro de todo corpo tanxible e visible hai un ente invisible e intanxible, que
é a alma. Consideraba, así, que a orixe do animismo achábase nos fenómenos do soño e da morte.
·Pola súa banda, os pobos primitivos consideran que o individuo ten dúas partes: o corpo, de carne e
mortal, e a alma, a súa parte espiritual e inmortal.

2.3. Maná e animatismo


·O antropólogo Robert Ranulph Marett (1866-1943), adoptou o termo animatismo para designar a
crenza nas forzas sobrenaturais que non son almas, e o termo maná para designar esa forma
concentrada de poder animatista. Os xefes destes pobos considerábanse tan cargados de mana que o
contacto con eles podía ser perigoso.

You might also like