Tema 2. A Narración I.

You might also like

Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 12

CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 2: A NARRACIÓN I.
A. TIPO DE TEXTOS
1. A narración.
Consiste en contar uns feitos, reais ou imaxinarios, que lles suceden a uns personaxes nun tempo e nun
espazo concretos. Estes feitos son relatados por un narrador nunha orde cronolóxica determinada desde
unha perspectiva específica.

2. Elementos estruturais dos textos narrativos. (Ampliación no apartado de literatura en lingua española)
En todos os textos narrativos aparecen uns elementos que os caracterizan:
 Acción: o que sucede, é dicir, o desenvolvemento dos fitos.
 Personaxes: quen protagoniza os feitos que se narran.
 Ambiente: lugar e tempo onde se desenvolve a acción.
 Narrador: é a voz que conta os feitos. Pode ser un narrador en 3ª persoa, externo aos feitos, ou pode
ser interno, un dos personaxes en primeira persoa relata baixo o seu punto de vista.

3. Tipos de textos narrativos.


Segundo o punto de vista empregado podemos diferenciar varios tipos de textos narrativos:
 Segundo a canle empregada: oral e escrito.
 Segundo o nivel de formalidade: formal, informal ou coloquial e vulgar.
 Segundo a intención do emisor: informativos, literarios...
 Segundo o ámbito de uso:
o Persoal: carta persoal e diario.
o Laboral: apuntamentos, informes, actas...
o Sociocultural: artigos xornalísticos, obras literarias, bandas deseñadas...

4. O diario.
Trátase dun texto que, de maneira fragmentaria e con rexistro da data, adoita destinarse a unha lectura
ulterior e privada de quen o confeccionou. Chámaselle tamén diario ao libro que o contén.
No diario persoal anótanse feitos, pensamentos, reflexións, así como os feitos máis importantes que se dan
cada día. Utiliza formas de expresión coloquial e pode facer uso das cinco modalidades de elocución:
narrativa, descritiva, argumentativa, expositiva e dialogada.  
Algúns diarios persoais popularizáronse como relatos testemu-
ñais da época que lle tocou vivir a quen o escribiu, como é o
caso do célebre Diario de Ana Frank, relato das experiencias
escritas por Ana Frank, a adolescente xudía que viviu encerrada
coa súa familia na súa casa en Ámsterdam e que morreu nos
campos de concentración do nazismo.
O diario íntimo tamén foi incorporado como unha estratexia
narrativa na literatura, polo cal o lector pode ver o que ocorre
na mente do narrador. Diario de Ana Frank

1 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 2: A NARRACIÓN I.
5. Actividades:
5.1. Escribe un breve texto narrativo no que ti sexas narrador e protagonista.
5.2. Escribe un breve diario durante unha semana relatando os feitos máis salientables de cada día.
5.3. Le a seguinte carta persoal e redacta ti unha seguindo este modelo (os aspectos teóricos están en
lingua española).

DATA

ENCABEZAMENTO

CORPO

B. LÉXICO
1. Sinonimia.
A sinonimia é a relación semántica establecida entre dúas ou máis palabras diferenciadas no significante
que manifestan identidade nos seus significados ao coincidir total ou parcialmente os seus trazos
significativos. Ex. O recluso escapou do presidio/ O preso fuxiu do cárcere.

2 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 2: A NARRACIÓN I.
Só se considerará sinonimia a identidade de significado entre dúas ou máis unidades lexemáticas
pertencentes á mesma clase. Non son, por exemplo, sinónimos dunha palabra as perífrases, locucións ou
definicións que dela se poidan facer, malia que a poidan substituír en determinados contextos. Aínda que
pode haber correspondencia sinonímica non só entre palabras senón, tamén, entre prefixos (a-, i-, etc.),
frases ou expresións, ….etc. Ex. Pór o carro antes cós bois= Comezar a casa polo tellado.

2. Antonimia.
A antonimia é a relación semántica que se establece entre dúas palabras que se opoñen porque os seus
significados son opostos. Segundo a oposición dos significados, diferenciamos tres tipos de antonimia:
 Termos complementarios. Cando a afirmación dun implica a negación do outro. Exemplo: vivo / morto.
 Antónimos ou graduais. Cando entre os termos opostos existe unha gradación. Exemplo: quente / frío.
 Recíprocos. Cando entre eles existe unha relación de interdependencia. Exemplo: mercar / vender.

3. Actividades:
3.1. Identifica os sinónimos que aparecen no seguinte texto:
Entrou o médico na consulta cando o paciente xa levaba alí cinco minutos. O facultativo, como non
esperaba que houbese ninguén, desculpouse pola súa demora e comezou a consultar o enfermo. Nese
momento a porta abriuse e apareceu outro doente que preguntaba polo doutor.

3.2. Cambia a palabra subliñada por outra sinónima:


 Amarra o can que está solto e pode morder a alguén.
 Quedou tan canso que non tiña forza para abrir a boca.
 A riada do ano pasado deixou sen vivenda a moitos veciños.
 A auga que baixaba polas montañas provocou moitas fervenzas.
 A vella escondía os cartos debaixo do colchón.
 O doutor dixo que manifestaba síntomas de desnutrición.
 A postura dos dous irmáns xerou moitos problemas á familia.

3.3. Cambia a palabra subliñada por un termo contrario e indica o tipo:


 Puxéronlle moitos atrancos no banco para emprestarlle os cartos.
 Déronlle mostras de agradecemento pero non se decatou de nada.
 Teu tío non puido soportar aquel cheirume e marchou.
 As autoridades dicían que manterían o estado actual de represión.
 O avance da medicina supuxo un freo para a mortalidade.

3.4. Relaciona cada termo da primeira serie co seu oposto que aparece na segunda serie:
 frío, fácil, baleira, mañá, pouco, bravo, cocida, dereita, enfermo, espir, perdeu, entrou, compra, subir.
 tarde, esquerda, saíu, difícil, san, baixar, chea, crúa, vestir, quente, moito, venda, manso, gañou.

3 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 2: A NARRACIÓN I.
C. ORTOGRAFÍA
1. Ditongo.
Falamos de ditongo cando pronunciamos dúas vogais nunha mesma sílaba. Poden ser de tres tipos
segundo a súa estrutura:
 Crecentes. Unha vogal feble máis unha vogal forte (ia, ie, io, ua, ue, uo). Seguen as normas xerais de
acentuación e o acento gráfico, se teñen que levalo, colócase sobre a vogal forte: muxián, ciencia,
canción, acuático, congruente, suor.
 Decrecentes. Vogal forte máis vogal feble (ai, ei, oi, au, eu, ou). Seguen as normas xerais de acentuación
e o acento gráfico, cando teñen que levalo, colócase sobre a vogal forte, agás cando os ditongos están
en posición aguda (aínda que vaian seguidos de –s): caixa, eira, oito, causa, colléunolo, tróuxonos; pero
comeu, atopou, animais, papeis.
 Homoxéneos. Fórmanos os grupos iu e ui. Seguen as normas de acentuación e o acento gráfico, se
teñen que levalo, colócase sobre a 1ª vogal: pediu, partíullelo. Se os ditongos iu e ui van precedidos
doutra vogal, entón levan acento gráfico: saíu, construíu, baúis.

2. Tritongo.
Falamos de tritongo cando pronunciamos tres vogais na mesma sílaba (feble+forte+feble): vieiro, rueiro. En
posición aguda non levan acento gráfico: materiais.

3. Hiato.
Falamos de hiatos cando dúas vogais consecutivas se pronuncian en sílabas diferentes:
 Dúas vogais febles (iú, uí). Sempre levan acento gráfico na 2ª vogal: miúdo, muíño. Pero, cando van
precedidos de consoante velar, forman ditongo: bilingüismo (non *bilingüísmo). Non seguen as normas
xerais de acentuación.
 Dúas vogais fortes (ae, ao, ea, eo, oa, oe). Seguen as normas xerais de acentuación: caer, caótico,
teares, peor, coala, poético.
 Vogal forte + vogal feble (aí, eí, oí, aú, eú, oú) e vogal feble + vogal forte (ía, íe, ío, úa, úe, úo). Sempre
levan acento gráfico na vogal feble: saída, teísmo, oído, saúde, peúgo; pía, fíen, tío, lúa, posúe, actúo.
Non seguen as normas xerais de acentuación.

4. Actividades:
4.1. Forma con cada par de palabras unha oración:
 saia – saía: ___________________________________________________________________________
 pais – país: ___________________________________________________________________________
 recua – recúa: _________________________________________________________________________
 coido – coído: _________________________________________________________________________
 baía – baia : __________________________________________________________________________
 varias – varías: ________________________________________________________________________

4 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 2: A NARRACIÓN I.
4.2. Analiza estas palabras na seguinte táboa segundo a súa acentuación gráfica:

Levan til?
Palabra Xustificación
si non
despois
falarei
nausea
alegria
moeda
animais
industriais
heroe
caotica
pedíullelas

4.3. Acentúa as seguintes palabras que o precisen.


oistes cantadoira casario ulia cartografia
baul institucionais iguais raiña individuais
vaiña farmacia partiu druida pulmonia
gratuito recluir diurno prexuizo farois
colleu colleunolo Paula raiz fuxiu

4.4. Pon os acentos gráficos que faltan nestas oracións. Todos afectan a ditongos ou hiatos.
 En non queria destruir o teu castelo de area. Foi un accidente. Perdoame.
 O meu tio Luis, que é psiquiatra, está a estudar os efectos terapeuticos dos deportes nauticos.
 Eu non sabia que a raiña de Holanda fose tan ancia.
 O meu amigo Xoan viviu en Suiza moitos anos e despois volveu a Galicia.
 A el doelle a miudo a cabeza por culpa do ruido que sempre hai na sua rua.
 Hai unha grande expectacion na sala onde se celebra o xuizo contra esa estrela do beisbol.

D. GRAMÁTICA
1. Clases de palabras.
Como xa vimos no tema 1, as palabras son un agrupamento de fonemas que levan asociado un significado.
Podemos diferenciar tres grades tipos de palabras atendendo aos seguintes criterios:
 Segundo o significado (semántica):
o Palabras con significado léxico. Son aquelas a través das cales nomeamos un ser, unha calidade, unha
acción, unha circunstancia, etc. Exemplos: neno, simpática, correr, onte...

5 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 2: A NARRACIÓN I.
o Palabras con significado gramatical. Son palabras que carecen de significado léxico e serven para
determinar ou precisar o significado léxico dalgunhas palabras, para relacionar palabras, frases ou oracións
entre si. Exemplos: o, este, moitos, de, pero, etc.
 Segundo a forma (morfoloxía):
o Palabras variables. Son aquelas modifican a súa forma a través de sufixos flexivos. Exemplo: neno /
nena / nenos / nenas; canto, cantaba, cantei, cantarei, etc.
o Palabras invariables. Son aquelas que manteñen sempre a mesma forma e non admiten sufixos flexivos
de ningún tipo. Exemplos: mais, máis, alguén, algo, etc.
 Segundo a función sintáctica (sintaxe).
o Palabras que funcionan como núcleo das frases (sintagmas). Exemplo: a casa de pedra de Luís, neste
caso a palabra “casa” funciona como núcleo da frase substantiva.
o Palabras que funcionan como determinantes e relacionantes. Seguindo o exemplo anterior, “o” sería un
determinante e “de” un relacionante.

Segundo os criterios anteriores, diferenciamos as seguintes categorías de palabras:

Categorías Significado Forma Función sintáctica Exemplos


Nomean persoas, animais, cou- Núcleo das frases nenas, Xabier, aguia,
Substantivos Variables
sas, ideas, sentimentos... substantivas mesas, felicidade...
Designan calidades atribuídas aos Núcleo das frases alto, alta, altos, altas,
Adxectivos Variables
substantivos que acompañan. adxectivas verde, verdes...
Concretan o significado dos o, a, os, as, este, esa,
Determinantes Variables Determinantes
substantivos aos que acompañan. meu, miña, algúns...
Indican accións, procesos ou esta- Núcleo das frases collo, collía, collerei,
Verbos Variables
dos e sitúaos no tempo. verbais collera, collese...
Nomean circunstancias de lugar, Núcleo das frases
Adverbios Invariables aí, agora, así, máis...
tempo, modo, dúbida, cantidade.. adverbiais
Substitúen aos substantivos, a Núcleo das frase o, os, lle, che, nós, ,
Pronomes Variables
frases ou oracións. substantivas. eles, isto, meu...
Elementos de Relacionan entre si palabras ou de, con, para, pero,
Invariables Relacionantes
relación grupos de palabras. porque, daquela...

2. Actividades:
2.1. Indica a categoría á que pertencen as palabras do seguinte texto:
Esas árbores do parque Castelao teñen unhas follas moi pequenas e as pólas demasiado grosas.

2.2. Clasifica as palabras anteriores en variables e invariables.


 Invariables:
 Variables:

6 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 2: A NARRACIÓN I.
E. LINGUA E SOCIEDADE
1. A orixe da lingua galega.
A lingua galega é, en esencia, o resultado das transformacións sufridas polo latín vulgar oral que os
soldados e colonizadores romanos trouxeron ao noroeste da península Ibérica, ao que os propios romanos
denominaban sermus cotidianus, militaris, rusticus… fronte ao sermus eruditus ou urbanus (latín culto).
Pero de igual forma que o pobo galego non é herdeiro dunha soa raza senón o resultado dunha
superposición sucesiva de pobos de orixe e cultura diferentes, tampouco o seu idioma está formado por
unha única compoñente. Antes da chegada do latín á GALLAECIA, podemos supoñer que se falaba neste
territorio un número indeterminado de linguas que se caracterizaban por seren vehículo de comunicación
de pequenas comunidades humanas de cultura castrexa, a maioría delas grupos tribais.
Na formación do galego, amais do latín, hai que ter en conta, pois, as pegadas deixadas polos
asentamentos no noroeste ibérico antes da chegada dos romanos (linguas de substrato) así como as
contribucións dos pobos instalados na Hispania despois da fragmentación do Imperio romano de occidente
(linguas de superestrato). Por outra banda, o galego contén abundantes préstamos léxicos de idiomas
románicos e non románicos cos que está en contacto actualmente (linguas de adstrato).

2. Pobos prerrománicos / Linguas de substrato.


Antes da chegada dos romanos a Galicia existían pobos indoeuropeos. Un deses pobos, os celtas, deixaron
a súa pegada con palabras como beizo, berce, billa, cabana, camiño, carballo, lousa, rodaballo, A Coruña...

3. Os romanos / O latín, lingua de estrato.


Por volta do século I a.C. chegan os romanos a Galicia. Prodúcese, así, a romanización dos “galaicos”,
habitantes da GALLAECIA, que consiste na asunción dos costumes, cultura, lingua (o latín), etc. romanas
por parte dos galaicos. Os galaicos pasan a ser monolingües en latín, lingua da que vai derivar o galego.

4. Xermanos e árabes / Linguas de superestrato.


No século V (ano 476) cae o Imperio romano e fragméntase. En Galicia aséntanse pobos xermánicos como
os suevos e os visigodos. Destes pobos conservamos palabras como albergue, tregua, brando, escuma...;
antropónimos (Branca, Afonso, Álvaro, Alberte...) e topónimos (Allariz, Guitiriz, A Gudiña...).
No século VIII (ano 715) chegan a Galicia os árabes, que nos deixan palabras como aceite, albarda, alcalde,
aldea, alfándega, alforxa, arroz, azucre, cenoria, laranxa...
Durante estes séculos o latín dialectalízase, dando paso paulatinamente a diferentes linguas romances:
aragonés, asturiano, catalán, castelán, galego, francés, italiano, etc.

5. Da Idade Media á actualidade / Linguas de adstrato.


Idade Media. Desde o século IX xa se pode falar de lingua galega e será a empregada por toda a sociedade,
e mesmo lingua literaria e documental, ata o século XV.
Idade Moderna. A partir da centralización dos RR.CC., a lingua castelá comeza a ser usada polas clases
dominantes e converteuse na súa lingua. Así o galego permaneceu como lingua das clases populares

7 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 2: A NARRACIÓN I.
(labregos e mariñeiros) e desapareceu case na súa totalidade como lingua escrita. Este fenómeno coñécese
como castelanización.
Idade Contemporánea. No século XIX o galego comezou a usarse progresivamente como lingua escrita
(principalmente na literatura) e , a partir de 1981, pasa a ser lingua cooficial, xunto co español, en Galicia,
sendo a situación sociolingüística actual de bilingüismo diglósico.
A esta época pertencen palabras que collemos prestadas a outras linguas coas que estamos en contacto:
Anglicismos: bar, fútbol, gol, líder, mitin, recital, revólver, túnel...
Castelanismos: bocadillo, guerrilla, ladrillo, medrar...
Catalanismos: bou, faena, fideo, remolcar, turrón...
Galicismos: baúl, carné, chalé, chofer, hotel, restaurante...
Italianismos: concerto, novela, pallaso, piano, violín...
Xermanismos: cuarzo, níquel, acordeón...

6. Actividades:
6.1. De que lingua provén o galego?
6.2. Que outras linguas interveñen na formación do galego?
6.3. Coa axuda dun dicionario, indica a orixe das seguintes palabras: aceite, alcalde, amorodo, asemade,
ata, bocadillo, carqueixa, cervexa, chofer, cosco, esquerda, fideo, guerra, guerrilla, igrexa, laranxa, ouro,
pallaso, recital, roubar, tortilla, touro, tregua, vasoira, zulo.

F. LITERATURA (A teoría está no tema de lingua española.)


1. Os grandes xéneros literarios: lírico, narrativo e teatral.
2. O xénero narrativo.
3. Elementos estruturais da narración: narrador, personaxes, feitos, espazo e tempo.
4. Subxéneros narrativos: o conto, a fábula, a novela.
5. Actividades:
5.1. Le o seguinte texto narrativo e analiza os seus elementos estruturais.
Era o pasado inverno, nun bosque do nordeste de Francia. A noite caeu dúas horas antes, tan escuro
estaba o ceo. Levaba de guía a un campesiño que marchaba ao meu lado, por un carreiro, baixo unha
bóveda de abetos dos que o vento desencadeado arrincaba ouleos. Tiñamos que cear e durmir na casa
dun garda forestal que tiña unha morada preto de onde estabamos. O guía faloume da xente que estaba
na casa á que iamos. O pai matara a un cazador furtivo había dous anos, e desde entón mostrábase
taciturno, como obsesionado por unha lembranza. Os seus dous fillos, casados, vivían con el.
Guy de Maupassant, O medo

5.2. Indica o tema do texto anterior.

5.3. Resume coas túas palabras o contido do texto anterior.

8 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 2: A NARRACIÓN I.
ACTIVIDADES RESOLTAS
A. TIPO DE TEXTOS
5. Actividades:
5.1. Escribe un breve texto narrativo no que ti sexas narrador e protagonista.
Resposta libre.
5.2. Escribe un breve diario durante unha semana relatando os feitos máis salientables de cada día.
Resposta libre.
5.3. Le a seguinte carta persoal e redacta ti unha seguindo este modelo (os aspectos teóricos están en
lingua española).
Resposta libre.

B. LÉXICO
3. Actividades:
3.1. Identifica os sinónimos que aparecen no seguinte texto:
Entrou o médico na consulta cando o paciente xa levaba alí cinco minutos. O facultativo, como non
esperaba que houbese ninguén, desculpouse pola súa demora e comezou a consultar o enfermo. Nese
momento a porta abriuse e apareceu outro doente que preguntaba polo doutor.
Médico = facultativo = doutor
Paciente = enfermo = doente

3.2. Cambia a palabra subliñada por outra sinónima:


 Amarra o can que está solto e pode morder a alguén. Ata / ceibo / roer
 Quedou tan canso que non tiña forza para abrir a boca. Ficou / cansado – exhausto / azos
 A riada do ano pasado deixou sen vivenda a moitos veciños. Enchente / ddd / fogar - casa
 A auga que baixaba polas montañas provocou moitas fervenzas. Escorregaba / xerou / cascadas
 A vella escondía os cartos debaixo do colchón. Anciá / diñeiro / so (o colchón)
 O doutor dixo que manifestaba síntomas de desnutrición. Médico / presentaba / indicios
 A postura dos dous irmáns xerou moitos problemas á familia. Comportamento / provocou /
inconvenientes
3.3. Cambia a palabra subliñada por un termo contrario e indica o tipo:
 Puxéronlle moitos atrancos no banco para emprestarlle os cartos. Poucas / vantaxes - facilidades
 Déronlle mostras de agradecemento pero non se decatou de nada. Gratitude / todo
 Teu tío non puido soportar aquel cheirume e marchou. Sobriño / arrecendo
 As autoridades dicían que manterían o estado actual de represión. Cambiarían / liberdade
 O avance da medicina supuxo un freo para a mortalidade. Retroceso / natalidade

3.4. Relaciona cada termo da primeira serie co seu oposto que aparece na segunda serie:
 frío, fácil, baleira, mañá, pouco, bravo, cocida, dereita, enfermo, espir, perdeu, entrou, compra, subir.
 tarde, esquerda, saíu, difícil, san, baixar, chea, crúa, vestir, quente, moito, venda, manso, gañou.
Frío-quente fácil-difícil baleira-chea mañá-tarde pouco-moito
Bravo-manso cocida-crúa dereita-esquerda enfermo-san espir-vestir
Perdeu-gañou entrou-saíu compra-venda subir-baixar

9 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 2: A NARRACIÓN I.
C. ORTOGRAFÍA
4. Actividades:
4.2. Forma con cada par de palabras unha oración:
 saia – saía: Nunca saía da casa sen pasarlle o ferro á saia.
 pais – país: Seus pais fóronse vivir a un país europeo cando estalou a guerra aquí.
 recua – recúa: Nunca recúa, aínda que o ameacen cunha recua de advertencias.
 coido – coído: Coido que foi nese coído onde tivo o accidente.
 baía – baia : Na baía atopei unha baia.
 varias – varías: Se varías a ruta, corres o risco de perderte varias veces antes chegares.

4.3. Analiza estas palabras na seguinte táboa segundo a súa acentuación gráfica:

Levan til?
Palabra Xustificación
si non
despois X Porque é aguda e remata en ditongo decrecente + -s.
falarei X Porque é aguda e remata en ditongo decrecente.
náusea X Porque é esdrúxula.
alegría X Para marcar o hiato.
moeda X Porque é grave e remata en vogal.
animais X Porque é aguda e remata en ditongo decrecente + -s.
industriais X Porque é aguda e remata en tritongo.
heroe X Porque é grave e remata en vogal.
caótica X Porque é esdrúxula.
pedíullelas X Porque é esdrúxula.

4.4. Acentúa as seguintes palabras que o precisen.


oÍstes cantadoira casarío ulía cartografía
baúl institucionais iguais raíña individuais
vaíña farmacia partiu druída pulmonía
gratuíto recluír diúrno prexuízo farois
colleu colléunolo Paula raíz fuxiu

4.5. Pon os acentos gráficos que faltan nestas oracións. Todos afectan a ditongos ou hiatos.
 En non quería destruír o teu castelo de area. Foi un accidente. Perdóame.
 O meu tío Luís, que é psiquiatra, está a estudar os efectos terapéuticos dos deportes náuticos.
 Eu non sabía que a raíña de Holanda fose tan anciá.
 O meu amigo Xoán viviu en Suíza moitos anos e despois volveu a Galicia.
 A el dóelle a miúdo a cabeza por culpa do ruído que sempre hai na súa rúa.
 Hai unha grande expectación na sala onde se celebra o xuízo contra esa estrela do béisbol.
D. GRAMÁTICA
10 IES García Barbón-Verín
CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 2: A NARRACIÓN I.
2. Actividades:
2.1. Indica a categoría á que pertencen as palabras do seguinte texto:
Esas árbores do parque Castelao teñen unhas follas moi pequenas e as pólas demasiado grosas.
Esas: DETERMINANTE árbores: SUBSTANTIVO do: de, PREPOSICIÓN + o, ARTIGO
parque: SUBSTANTIVO Castelao: SUBSTANTIVO teñen: VERBO
unhas: DETERMINANTE follas: SUBSTANTIVO moi: ADVERBIO
pequenas: ADXECTIVO e: CONXUNCIÓN as: DETERMINANTE
pólas: SUBSTANTIVO demasiado: ADVERBIO grosas: ADXECTIVO

2.2. Clasifica as palabras anteriores en variables e invariables.


 Invariables: de, moi, e, demasiado.
 Variables: esas, árbores, o, parque, teñen, unhas, follas, pequenas, as, pólas, grosas.
 O substantivo Castelao pódese pluralizar: “Están feitos uns Castelaos” (en sentido figurado).

E. LINGUA E SOCIEDADE
6. Actividades:
6.1. De que lingua provén o galego?
Do latín.

6.2. Que outras linguas interveñen na formación do galego?


As linguas prerromanas, as xermánicas, o árabe, o provenzal e, máis recentemente, o español, o
francés, o italiano, o portugués, o inglés, etc.

6.3. Coa axuda dun dicionario, indica a orixe das seguintes palabras:
aceite (árabe) alcalde (árabe) amorodo (prerrománica) asemade (latina)
ata(árabe) bocadillo (española) carqueixa (prerrománica) cervexa (xermánica)
chofer (francés) cosco (prerrománica) esquerda (éuscaro) fideo (catalán)
guerra (xermánica) guerrilla (español) igrexa (grego) laranxa (árabe)
ouro (latín) pallaso (italiano) recital (italiano) roubar (xermánica)
tortilla (español) touro (latín) tregua (xermánica) vasoira (latín)
zulo (éuscaro)

F. LITERATURA
5. Actividades:
5.1. Le o seguinte texto narrativo e analiza os seus elementos estruturais.
Era o pasado inverno, nun bosque do nordeste de Francia. A noite caeu dúas horas antes, tan escuro estaba
o ceo. Levaba de guía a un campesiño que marchaba ao meu lado, por un carreiro, baixo unha bóveda de
abetos dos que o vento desencadeado arrincaba ouleos. Tiñamos que cear e durmir na casa dun garda
forestal que tiña unha morada preto de onde estabamos. O guía faloume da xente que estaba na casa á
que iamos. O pai matara a un cazador furtivo había dous anos, e desde entón mostrábase taciturno, como
obsesionado por unha lembranza. Os seus dous fillos, casados, vivían con el.
Guy de Maupassant, O medo

11 IES García Barbón-Verín


CURSO

ENSINO SECUNDARIO ADULTOS 2013-2014

ÁMBITO DE COMUNICACIÓN. LINGUA GALEGA.

TEMA 2: A NARRACIÓN I.

ELEMENTOS ESTRUTURAIS DA NARRCIÓN:


Narrador. Primeira persoa e protagonista (“eu protagonista”).
Personaxes: o narrador, o guía-campesiño.
Feitos: a acción que relata o narrador.
Espazo: nun bosque do nordeste de Francia.
Tempo: unha noite do pasado inverno.

5.2. Indica o tema do texto anterior.


A descrición dunha noite de inverno (por exemplo).
Facer fincapé na importancia de que o tema ha de ser curto, unha frase que recolla o significado máis
importante do texto (substantivo abstracto + modificador, principalmente9.

5.3. Resume coas túas palabras o contido do texto anterior.


Libre.

12 IES García Barbón-Verín

You might also like