1.as Irmandades Da Fala

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

AS IRMANDADES DA FALA

A principio do S.XX a literatura galega vivía un momento problemático, aínda que o número de obras non deixaba
de incrementarse, a calidade dos textos era inferior á lograda polos grandes autores do Rexurdimento. Haberá que
esperar ata a metade do S.XX para atopar outro autor que se achegase a súa calidade poética. Ese foi Ramón
Cabanillas, destacou como escritor aos vinte anos cando volveu de Cuba onde coñeceu de primeira man o
movemento agrario. Durante a súa traxectoria permitida pola súa lonxevidade (83 anos) foi adoptando diversas
fases creativas polas que pasou a súa vida. A primeira delas, a fase pregaleguista, na que publica “ No desterro” e
“Vento mareiro”.As composicións teñen forma e temática do rexurdimento pero con influencias métricas e
estilísticas do Modernismo, ao igual que a influencia do Agrarismo e personaxes como Basilio Álvarez.

A obra clave da segunda fase (galeguista) é “Da terra asoballada” onde Cabanillas asume o papel de poeta civil e o
ideario das Irmandades da Fala, Galicia pasa a ser o suxeito da súa poesía.

Na terceira etapa (mítica), destaca a obra considerada a máis importante e innovadora polos críticos actuais: “Na
noite estrelecida” formada por tres sagas (“A espada Escalibor”, “ O cabaleiro do Sant-Grial” e “ O sono do rei
Artur”). Nela emprende unha actualización da materia de Bretaña para converter a lenda medieval nunha mensaxe
patriótica e cristiá cargada de miticismo. Nesta etapa segue os postulados da Xeración Nós: construír un pasado
nacional baseado nos momentos gloriosos do pasado.

Na súa cuarta etapa ( a de posguerra) ten moita importancia o seu papel na recuperación da cultura galega despois
do 1950. Os seus últimos libros “Da miña zanfona” e “Samos” están cheos de desenganos, morriña e un desexo de
paz.

Características:

• Influencia modernista: versos alexandrinos de arte menor


• Efectos coloristas
• Sensualismo ou alusións sensorias (roseiras cubríanse de rosas)
• Musicalidade e ritmo
• Referencias relixiosas, o cristianismo é a unidade da comunidade
• Elementos xeográficos identificadores de Galicia ( O Miño, a cruz vermella)
• Léxico rural e mariñeiro
• Motivos folclóricos
• Finalidade concienciadora

Estamos pois, ante un autor comprometido con Galicia xa que participou en numerosas empresas galeguizadoras
do momento: as Irmandades da Fala, na Liga de Acción Gallega, na editorial Galaxia ou nas publicacións da revista
Nós. Tras o Réxime tivo un papel clave na recuperación do idioma e da cultura galega moi lonxe doutos movementos
culturais posteriores.

AUTORES:

• Antonio Noriega Varela: Montañesa que pasa a chamarse Do ermo


• Gonzalo López Abente: Nemancos
• Vitoriano Taibo: Da miña roseira, Abrente, Da agra aberta

You might also like