Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

Rabelais.

O outro momento recollido por Bajtin no que a literatura manténdose dentro do paradigma da
poética de Aristóteles porén entre en xogo con ela buscando os límites.
Texto pax 11. Principio. Todos estos ritos y espectáculos....
ofrecen una visión del mundo diferente no oficial. Constrúen un segundo mundo y unha segunda
vida.
(parte itálicas) creaban unha dualidade do mundo.
Ese segundo mundo. Non é un novo paradigma poético. É o mesmo paradigma de Aristóteles pero
doutro modo.
Está a dar una visión da realidade. Pero unha realidade dual a idea é que hai dous mundos. Bajtin o
que di é que a obra de Rabelais, cando se interpreta o antroido como un desafogo una necesidade de
contrariar para manter a orde establecida. Isto é unha forma moderna de entendelo. No caso do
renacemento non é así. Rabelais non é así. Hai que eliminar ese esquema. O contexto de Rabelais, o
antroido non é un poder relativamente o cuestionador neutralizado polo stauts do poder. O cuestiona
o antroido, si ten capacidade de cuestionar , no paradigma de Rabelais. Si se cuestiona a orde do
mundo. Se pon de manifesto que hai dous mundos. Non é un cuestionamento aparente como o que
sucede despois na modernidade, coa formas modernas do cómico. O xurdimento das formas
codificadas do cómico sarcasmo, humor.... entran dentro dese proceso de neutralización.
Confiscación do poder cuestionador do cómico. Que mellor que conservar o cuestionador
integrándoo dentro do sistema. Este é o modo moderno.
Pero isto non é así. O que se fai aquí é construír unha segunda vida un segundo mundo facer ver
unha dualidade do mundo. É unha lóxica diferente. Adoitase a malinterpretar a concepción do
cómico que describe Bajtim que é entender esa dualidade como a de contrapoñer outra orde do
mundo que pretende desautorizar un deles. Lóxica da substitución. A segunda que se crea quere
substituír á outra forma. Agoora xa non manda o rei. Xa non hai autoridade eclesiástica. Pero non é
iso iso sería unha mala interpretación. Porque se observamos un antroido deste tipo, a misa do asno
por exemplo, que o asno rebuznara, na igrexa. Non se está a propoñer cambiar as cousa, propoñer
que o asno sabe máis que o cura. O que fai é ofrecer un segundo mundo pero non como se fora o bo.
Non é contrapoñer e substituír polo novo, non é desafogar. O que se fai é propoñer un segundo
mundo que se fai valer da mesma forma que durante o resto do ano se fai valer o primeiro. A mesma
xente está presente nos dous momentos e a forma de facer se valer da mesma maneira. Non se
substitúe para cuestionar o anterior. A proposta é cómica, o que fai valer ese outro mundo é que non
hai unha única orde das cousas. Antes había unha e agora hai outra. O que hai non é unha forma
única. O que hai é un permanente conflito. Non hai una lóxica senón unha dialóxica. Como sucedía
con Dostoievski. A polifonía de voces onde todas estaba ó mesmo nivel. Incluída a do propio autor.
O mesmo sucede na cultura popular do renacemento. O antorido non é un movemento
revolucionario. Non. Bajtin di que non. Porque iso o que sería manter a lóxica única das cousas. O
que hai é un dualismo, só pode entender ese segundo mundo se teño presente a lóxica do outro
mundo. A vivencia do cómico se centra no corporal e esa vivencia do cómico só se pode ter se
coñezo e teño presente ese outro mundo, que hai dous. Ambos se manteñen pola mesma lóxica o
que se fai presente é a dualidade do mundo. O que define a lóxica do antroido é que durante uns
días se mostra a verdadeira realidade do mundo a variabilidade, o feito de que hai outro mundos
posibles. E iso so se pode ver se se ten presente ambos ordenes do mundo.
(nota o que pasa nos funerais que son serios pero hai humor).
O dialéctico busca unha resolución o dialóxico non busca unha resolución. Os dous mundos teñen
unha relación oficial.
Durante o resto do ano hai tamén todo o cómico da cultura popular. Están sempre presentes. E
sempre teñen ese valor de facer ver que hai outro mundo.
O antroido medieval e renacentista non se trata de rebelarse. Se cuestiona o poder pero non quen
está no poder. En ese sentido non é rebelde. O pobo non vai poder tomar o poder e son eles os que
poñen de manifesto esa maneira de ser da cousa Se impón unha forma e podería ser outra. O cómico
fai presente esa idea de que podería ser outra. Non se cuestiona o poder. O que se fai e facer ver
que hai un dualismo. Que hoxe mandan estes e maña poden mandar outros. Bajtin insiste en que
para aproximarnos á literatura de Rabelais hai que ter en conta eso. Ese contexto.
Pax. 12.
espectáculo teatral.
Recordemos que Dostoiesvki presenta diálogos abertos e incorporando a propia voz do autor ó
diálogo. Se presentara un diálogo acabado non teriamos un diálogo senón a imaxe dun diálogo. Pero
o que Dostoiesvki presenta é o diálogo non a imaxe do diálogo.
Tamén no carnavalesco non presenta artisticamente algo de espectáculo. O que fai está no limiar
entre a arte e a vida non é tanto unha creación artística. Que se poida ver dende a distancia do
espectador. Apela á propia vida nos implica directamente.

You might also like