1.2. A Economã - A Urbana Preindustrial

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 33

(G3061107) Historia Económica Mundial

(1º Economía)

CAP. 1: Economías agrarias e


procesos de industrialización (1750-1870)
(grupos expositivos 1 e 2)

Adrián Dios Vicente


M. Carmen Espido Bello
(G3061107) Historia Económica Mundial
(1º Economía)

CAP. 1: Economías agrarias e procesos de


industrialización (1750-1870)
Índice:
1- Poboación e agricultura nas economías preindustriais
(Cap. 1 manual Feliu e Sudrià)
2- A economía urbana preindustrial (Cap. 2 manual Feliu e
Sudrià)
3- A Revolución industrial (Cap. 3 manual Feliu e Sudrià)
4- Crecemento económico moderno e proceso de
industrialización (Caps. 4 e 5 manual Feliu e Sudrià)
A economía urbana preindustrial

 Se ben as economías preindustriais eran fundamentalmente


rurais, a medida que se asentaba o sistema feudal, tamén se
ía recuperando parte da actividade urbana que
desaparecera trala caída do Imperio Romano. Este proceso
tivo dúas vertentes fundamentais:
 Recuperación da actividade nas antigas cidades romanas.
 Aparición de cidades novas.
 O crecemento urbán viuse favorecido por:
 Aumento dos rendementos e da produción agraria
(aumento de excedentes para vender no mercado).
 Crecemento demográfico.
 Recuperación do comercio a longa distancia.
A economía urbana preindustrial

 No mundo feudal campo e cidade vivían en


simbiose:
 O crecemento das cidades nutríase do excedente de
poboación no campo.
 A cidade aproveitaba e transformaba os produtos
alimenticios e as materias primas do campo.
 A cidade vendía produtos e servizos urbanos ao mundo
rural.
 O crecemento das cidades dinamizaba a economía e
impulsaba a especialización.
A economía urbana preindustrial

 O mercado era o punto de conexión entre o mundo


rural e o mundo urbano.
 O tamaño das cidades tiña o límite na cantidade de
excedentes de alimentos, rendas e materias primas que
podía xerar o campo.
 Nese sentido os intercambios campo-cidade eran
fundamentais para o mantemento e o crecemento das
cidades.
 Non obstante, os impulsos ao crecemento urbano
viñeron sobre todo do crecemento do comercio a longa
distancia.
A economía urbana preindustrial

 O comercio a longa distancia:


 Ata ben avanzada a Idade Media era escaso e estaba
dominado pola oferta: había que comprar cando chegaban
os comerciantes cos produtos.
 A Europa traíanse, sobre todo, produtos de luxo (xoias,
especias, perfumes, tecidos, azucre…) procedentes de
Oriente e, a cambio, vendíanse a Oriente metais, panos,
peles, escravos (fundamentalmente dos Balcáns), viño…
 A escaseza de infraestruturas e medios de transporte, a súa
lentitude e a inseguridade actuaban como limitadores do
comercio.
A economía urbana preindustrial

 O comercio a longa distancia:


 A pesar das dificultades, a partir do século XII o
crecemento do comercio a longa distancia acelerouse
(melloras de camiños, construción de pontes, creación de
lugares para hospedaxe dos comerciantes, barcos máis
grandes, melloras nas velas e nos timóns, invención da
brúxula…).
 Dende o século XII o comercio no Mediterráneo íase
facendo dominante e Europa foi impoñendo o seu dominio
no comercio mundial, dominio que antes tiveran chinos,
bizantinos e musulmáns.
A economía urbana preindustrial

 O comercio a longa distancia:


 A crecente produción de tecidos de lá en Flandes → aumento
das exportacións dos mesmos polos portos italianos para
Oriente. Foise constituíndo así un importante eixo comercial:
Flandes-Italia-Oriente, que se iría transformando co paso do
tempo:
 A creación dunha ruta marítima directa entre Italia e o Mar do
Norte permitiu que portos como Barcelona, Mallorca ou
Florencia medraran en importancia a partir do século XIII.
 O crecemento de cidades de tamaño medio en Flandes dinamizou
tamén o comercio a través do Báltico e do Danubio.
 A ruta da seda aumentou a súa extensión polo interior de Asia,
conectando China con Europa.
A economía urbana preindustrial

 O comercio a longa distancia:


 Durante toda a Idade Media os portos italianos (Xénova,
Venecia, Pisa, Florencia...) e Flandes (con Bruxas á
cabeza) eran os grandes centros comerciais.
 Pero, a partir da crise do século XIV (a Peste Negra) foron
aparecendo novos centros comerciais. Destacan algunhas
cidades de Inglaterra, as cidades da Hansa xermánica
(centro-norte de Alemaña), outras da Alemaña do sur e
tamén algunhas cidades da P. Ibérica como Sevilla ou
Lisboa.
 Inglaterra, que tradicionalmente exportaba la e pescado
salgado, pasou a exportar cada vez máis tecidos baratos e
os seus mariñeiros convertéronse en transportistas.
A economía urbana preindustrial

 O comercio a longa distancia:


 A Hansa:
 Era unha agrupación de cidades mercantís, case todas ubicadas
entre o centro e norte de Alemaña. As cidades máis importantes
da Hansa eran Hamburgo, Lübeck e Colonia.
 A rede de cidades da Hansa e os seus comerciantes dominaban o
comercio no Báltico (cereais, peles, madeira a cambio de viño,
sal, produtos de luxo...).
 Algunhas cidades do sur de Alemaña (Augsburgo,
Nüremberg, Ravensburgo...) medraron grazas a estar nun
punto intermedio entre Flandes, as rutas do Báltico
dominadas pola Hansa e as rutas do Mediterráneo e tamén
grazas ao aumento da súa produción de prata.
Liga Hanseática en 1400
A economía urbana preindustrial

 O comercio a longa distancia:


 No sur de Europa, cidades como Sevilla ou Lisboa servían
de contacto entre o Mediterráneo e o Atlántico e de punta
de lanza para a penetración no Atlántico (América,
India…).
 Todo isto levou ao aumento do comercio e a unha
organización do mesmo a escala mundial dende finais da
Idade Media, medrando principalmente a través dos mares
e océanos e de xeito máis irregular polo interior dos
continentes.
 Dende finais da Idade Media vaise entrando así nunha fase
de expansión europea e de crecente dominio do comercio a
longa distancia por parte de Europa.
A economía urbana preindustrial

 O comercio a longa distancia:


 O proceso de expansión europea viuse favorecido por
varios factores:
 A superioridade tecnolóxica: mellores barcos, velas e
instrumentos de navegación, mellores armas para
defenderse/atacar.
 A iniciativa comercial dos propios comerciantes e o impulso dos
poderes públicos.
 O saldo da balanza comercial europea tendía a ser
deficitario.
 A iniciativa no proceso de expansión correspondeu a:
 Castela e Portugal dende o século XV.
 Holanda, Gran Bretaña e Francia dende o século XVII.
A economía urbana preindustrial

 O comercio a longa distancia:


 A expansión de Castela en América:
 En América non había unha vida comercial
organizada cando chegaron os casteláns.
 Nunha primeira etapa ocupouse o territorio e
saqueáronse os bens existentes dos imperios azteca
(México) e inca (Perú).
 Nunha segunda etapa organizouse o sistema
produtivo, especialmente a explotación da mineiría da
prata (Bolivia-Potosí e México).
A economía urbana preindustrial

 O comercio a longa distancia:


 A expansión portuguesa na India:
 A explotación colonial organizouse aquí como unha empresa
comercial para traer especias, tecidos ou xoias a Europa de forma
directa evitando así os intermediarios do Oriente Próximo.
 Para conseguir o control directo os portugueses foron
establecendo enclaves (factorías) ao longo das costas de África e
Asia ata a India. Dende eses enclaves comerciaban cos indíxenas.
 Como en Europa se elaboraban poucos produtos que resultasen
atractivos para os asiáticos, os produtos comprados en Asia había
que pagalos con metais (ouro e prata). Estes metais obtivéronse
ou do saqueo ou, sobre todo, do desenvolvemento da mineiría en
América.
A economía urbana preindustrial

 O comercio a longa distancia:


 A expansión portuguesa na India:
 A chegada de ouro e prata dende América a Europa foi o que
permitiu conseguir ese financiamento definitivo suficiente para o
comercio con Asia e axudou a seguir incrementando o comercio
mundial.
 O ouro e prata chegaban a Sevilla e con eles:
✓ Pagábanse os gastos exteriores da monarquía.
✓ Cubríase o déficit derivado das importacións de especias e produtos
asiáticos (envíos de metais a Lisboa). Financiábase así o comercio
con Oriente.
✓ Cubríase tamén o déficit derivado da compra de manufacturas a
Flandes.
A economía urbana preindustrial

 O comercio a longa distancia:


 Os circuítos de comercio a finais do século XVI:
 O circuíto básico estaba constituído polo triángulo
Sevilla-Lisboa-Flandes e as rutas dende Sevilla a
América e dende Lisboa a Asia. Os centros principais
estaban en Flandes: Bruxas, Amberes e Amsterdam.
 Había tamén algúns circuítos secundarios:
✓ O comercio no Mediterráneo: rutas dende as cidades italianas
(Venecia, Pisa…) ata Oriente Próximo (Exipto) e ata Alemaña do
sur. Orientado sobre todo a produtos de alto valor unitario.
✓ O comercio no Báltico no que principalmente se intercambiaban
alimentos e materias primas con demanda alta e en aumento.
Cereais, madeira, etc. a cambio de sal, viño, especias, manufacturas
e outros produtos de luxo.
A economía urbana preindustrial

 O comercio a longa distancia:


 Dende comezos do século XVII o comercio europeo
foi cambiando e a primacía europea foise desprazando
cara o noroeste do continente.
 Xa dende o século XV os Países Baixos e Inglaterra viñan tendo
taxas de crecemento económico máis altas que o resto de Europa,
xeraban innovacións, aumentaba a especialización e eran cada
vez máis competitivos.
 Estas vantaxes permitíronlles atacar en varias ocasións as
posesións españolas e portuguesas en Asia e América e ir
rompendo os monopolios comerciais dos países ibéricos.
 Paralelamente, a explotación das colonias ía sendo cada vez máis
un asunto en mans das grandes compañías comerciais
privilexiadas e estendíase o sistema de plantacións.
A economía urbana preindustrial

 O comercio a longa distancia:


 O sistema de plantacións:
 O sistema de plantacións converteuse na principal forma de
organización da produción nas colonias. Eran grandes
explotacións dedicadas ao monocultivo de produtos que
tiñan elevada demanda en Europa [azucre, cacao, índigo
(añil), tabaco, algodón…].
 As plantacións implantáronse primeiro en América e algo
máis tarde en Asia.
 As plantacións eran traballadas con man de obra escrava
(africanos capturados, en parte debido á diminución de
man de obra indíxena) e estaban orientadas á exportación.
A economía urbana preindustrial

 O comercio a longa distancia:


 A hexemonía holandesa no século XVII:
 Predominio no comercio con Asia.
 Control case absoluto do comercio no Báltico.
 Penetración crecente no comercio no Mediterráneo.
 Dominio no transporte marítimo.
 Centro principal de intercambios.
 Grande centro financeiro.
 A partir do último cuarto do século XVII Francia e
Inglaterra aplicaron políticas mercantilistas cada vez máis
hostís con Holanda e foron minando a supremacía desta.
A importancia do mercantilismo
A economía urbana preindustrial

 O comercio a longa distancia:


 Superioridade comercial e supremacía británica dende
finais do século XVII:
 As Actas de Navegación británicas prexudicaron ao
transporte holandés e limitaron aos estranxeiros o
comercio directo coas colonias inglesas.
 As medidas francesas, aumentando os impostos aos
barcos holandeses, sen ser tan restritivas como as
británicas, tamén prexudicaron a Holanda.
A economía urbana preindustrial

 O comercio a longa distancia:


 Superioridade comercial e supremacía británica dende
finais do século XVII. Factores que contribuíron:
 O uso da lexislación mercantilista e, cando era necesario,
da violencia.
 A alianza con Portugal a partir da axuda británica á
independencia portuguesa en conxunción co descubrimento
de ouro en Brasil (1693). Isto permitiulle a Portugal
comprar manufacturas inglesas a cambio de ouro de Brasil.
 A ocupación da India e o dominio en Asia.
 O papel desempeñado pola produción de manufacturas
como produtos de exportación cos que financiar
importacións e reexportacións.
A economía urbana preindustrial

 O comercio a longa distancia:


 O crecemento do comercio requiría novas institucións,
instrumentos mercantís, técnicas, e formas de
organización. Neste sentido foron importantes:
 A acuñación de moeda de prata e ouro por parte dos europeos
(grossos, floríns, ducados, reais…) reflectindo o dominio
europeo do comercio.
 O aumento do número e da importancia de mercados e feiras.
 A aparición e o crecemento do crédito comercial e a aparición da
banca. Negocio bancario: cambio → depósito → anotación de
posicións debedoras e acredoras → concesión de crédito a
cambio de xuros.
 Compañías comerciais, de seguros e outras formas de asociación
mercantil (compañía, comanda, empresa filial, sucursal,
corresponsalía, sociedades capitalistas…).
A economía urbana preindustrial

 A produción artesá: recuperación e crecemento


 O crecemento da poboación urbana xunto co
crecemento do comercio a longa distancia impulsaron
a recuperación da produción artesá.
 Os sectores artesanais máis importantes eran os
relacionados coa produción de bens de consumo:
téxtiles, calzado, alimentación...
 O crecemento artesanal estaba limitado polos baixos
ingresos da maioría da poboación.
A economía urbana preindustrial

 A produción artesá: recuperación e crecemento


 A industria téxtil:
 Era o sector industrial máis importante e Flandes a principal rexión
europea na produción de téxtiles na Etapa Moderna.
 No sector da la empezáronse a elaborar panos máis lixeiros e baratos.
Coñécese como a nova pañería, iniciada en Flandes pero axiña
difundida a Inglaterra e Francia.
 No sector da seda, Italia destacaba na exportación de fío de seda e Lyon
na produción de tecidos ata o século XIX.
 O liño e o algodón ata o século XVII non tiveron grande importancia.
Pero, debido, en parte, ao seu desenvolvemento no marco da industria
rural doméstica e, en parte, á demanda colonial, dende entón van
experimentar un importante crecemento.
A economía urbana preindustrial

 A produción artesá: recuperación e crecemento


 A industria téxtil:
 No liño os principais produtores eran; Flandes, Bretaña e Normandía,
Irlanda e Escocia, Baviera e Silesia.
 No algodón a produción concentrouse especialmente en Inglaterra, se
ben outras zonas como o val do Rin ou Cataluña tamén destacaron na
produción de fío e tecidos de algodón.
 A minería e a industria metalúrxica:
 Prata, mineral de ferro e, en menor medida, ouro foron os minerais de
maior relevancia en Europa na Idade Moderna.
 As principais innovacións foron; máquinas para extraer auga e subir o
mineral dende as minas, martinetes (martelos movidos por enerxía
hidráulica), o forno baixo (aproveitaba a enerxía dun salto de auga para
conseguir maiores temperaturas) e o alto forno.
A economía urbana preindustrial

 A produción artesá: recuperación e crecemento


 Producíronse tamén melloras no aproveitamento
da enerxía:
 No caso da enerxía hidráulica melloráronse os muíños para adaptalos ás
dispoñibilidades de auga e aos usos.
 Na eólica, destaca a difusión do muíño de vento e as melloras na
navegación a vela, que permitiron ir construíndo barcos cada vez máis
grandes, favorecendo o comercio a longa distancia.
 Foi importante tamén o aumento da extracción de carbón mineral,
principalmente en Gran Bretaña, aínda que nos séculos modernos non se
utilizou na siderurxia, que será o gran consumidor de carbón mineral
despois da Revolución industrial.
A economía urbana preindustrial

 A produción artesá: recuperación e crecemento


 Na construción:
 Melloraron as técnicas construtivas.
 Destacan os avances nos estaleiros e a construción naval (industria
intensiva en capital).
 Outros avances: imprenta, reloxos, xoguetes,
instrumentos de navegación, etc.
 Na organización da produción artesanal os gremios
xogaron un papel destacado.
A economía urbana preindustrial

 A produción artesá: recuperación e crecemento


 Os gremios:
 Concepto: asociacións de mestres dun mesmo oficio.
Indirectamente incluían tamén a aprendices e oficiais.
 Finalidades/funcións:
✓ Control da actividade.
✓ Control da calidade.
✓ Monopolio.
✓ Representación do oficio diante dos poderes públicos.
✓ Axuda mutua entre os agremiados.
 Co aumento do comercio a longa distancia a produción foi pouco
a pouco escapando ao control dos mestres gremiais.
A economía urbana preindustrial

 A produción artesá: recuperación e crecemento


 O camiño entre os gremios e a fábrica:
 Putting out System ou Verlag System: os
comerciantes/empresarios en contacto cos mercados son os que
marcan as características dos produtos e encárganllos aos
mestres, indicando tamén os prazos de entrega. Nace no marco
gremial pero difúndese en maior medida no mundo rural (escapa
ao control gremial, aproveita materias primas dispoñibles e man
de obra máis barata). Os campesiños completan ingresos
adicando parte do seu tempo á actividade artesanal.
 Protoindustrialización: nalgunhas zonas de Europa a industria
rural pasou a ser a principal fonte de ingresos para moitas
familias, converténdose para elas o traballo na agricultura en
secundario. É o que se coñece como protoindustrialización ou
fase previa a industrialización.
A economía urbana preindustrial
 A transición do feudalismo ao capitalismo:
 Foi un proceso longo: feudalismo e capitalismo
conviviron durante moito tempo.
 Comportou cambios económicos, sociais e políticos.
 O ascenso económico da burguesía levou ao aumento
da súa influencia sociopolítica ata chegar á
implantación do Estado burgués.
 Monarquía e burguesía fóronse impoñendo aos
señores feudais, creando os primeiros Estados
modernos e deseñando políticas económicas
(mercantilismo, liberalismo…) que reforzaban o poder
dos monarcas e dos burgueses.
A economía urbana preindustrial

 O papel de Europa no mundo preindustrial:


 Dende o século XVI ata a 1ª GM Europa liderou o
comercio mundial e dominou numerosos territorios de
fóra de Europa. O cambio decisivo representouno a
Revolución industrial.
 Hai explicacións variadas sobre os motivos do
salto/diverxencia que representa a Rev. Industrial:
 Pomeranz atribúeo a factores accidentais favorables a G. Bretaña
(dispoñibilidade de carbón e imperio colonial).
 Van Zanden atribúeo a factores estruturais presentes en Europa e
favorecedores do crecemento económico (marco institucional, modelo
demográfico).
 Sudrià e Feliu: acumulación de capital humano, urbanización,
diferencias nos ámbitos político e social máis que no económico.

You might also like