Download as odt, pdf, or txt
Download as odt, pdf, or txt
You are on page 1of 10

Tema 47: Ecoloxía.

Poboacións, comunidades e
ecosistemas. Dinámica das poboacións. Interaccións no
ecosistema. Relacións intra e interespecíficas.

1. Índice
Índice
1. Índice.............................................................................................................................................. 1
2. Introdución..................................................................................................................................... 1
3. Ecoloxía......................................................................................................................................... 1
4. Poboación, comunidade e ecosistema...........................................................................................2
Poboación...................................................................................................................................... 2
Comunidade.................................................................................................................................. 3
5. Dinámica de poboacións................................................................................................................3
6. Interaccións no ecosistema............................................................................................................ 4
7. Relacións intra e interespecíficas...................................................................................................7

2. Introdución
Todos os seres vivos deste planeta preséntanse en formas
dependentes da súa relación co tipo de medio ambiente no que viven,
a relación dos seres vivos co ambiente, incluindo outros seres vivos,
xera a diversidade de comunidades que poboan o planeta.

3. Ecoloxía
O prefixo Eco fai referencia á casa, fogar, polo que se entende que a ecoloxía é o
estudo do medio ambiente nativo dos organismos. A primeira definición de
ecoloxía foi probablemente escrita por Ernst Haeckel no 1869, e ven a dicir que a
ecoloxía é o estudo das relacións dos organismos co ambiente e con outros seres
vivos.
A ecoloxía pódese dividir en varias ramas, por un lado está a autoecoloxía, que
estuda as relacións dun individuo, especie e poboación co seu medio ambiente, por
outro lado está a sinecoloxía que estuda as interrelacións entre comunidades e
ecosistemas.
Debido á amplitude de factores que a ecoloxía ten que considerar, esta apóiase en
campos diversos, como a climatoloxía, a hidroloxía, a oceanografía, a física, a
química, a xeoloxía…
Os conceptos fundamentais da ecoloxía son os seguintes:
- A biocenose: está formado polo conxunto formado por todas as poboacións
de seres vivos que habitan un mesmo lugar e polas relacións bióticas que
entre eles se forman.
- O biotopo: está formado pola parte abiótica dun determinado lugar. O medio
é o fluido que envolve aos organismos, o sustrato é a superficie de
desprazamento, e os factores abióticos son os factores físico-químicos dados
nun determinado lugar.
- O ecosistema está constituído polo biotopo e a biocenose
- A biosfera é a cuberta de vida no planeta, a área ocupada por materia viva.
É equivalente á biocenose planetaria.
- O ecotono é a zona de interacción entre ecosistemas colindantes.

4. Poboación, comunidade e ecosistemas


Poboación
A poboación é o conxunto de individuos dunha mesma especie que viven
nunha área concreta nun período de tempo determinado. Os parámetros
principais para estudar unha poboación son a densidade, as tasas de
natalidade e mortalidade, a emigración e inmigración, o crecemento, a
dispersión, a distribución espacial e a distribución por idades.
Respecto á densidade, esta é o número de individuos ou biomasa por
unidade de superficie (en ecosistemas terrestres) ou espacio (en
ecosistemas mariños).
Pódese estudar en xeral como densidade bruta, sen máis consideracións,
ou densidade ecolóxica se só consideramos o espazo de hábitat no que
pode vivir a especie.
Frecuentemente, ademáis de saber o número e a densidade de individuos nunha
área, os ecólogos tamén queren saber a súa distribución espacial. Os patróns de
dispersión, ou patróns de distribución, das especies refírense a cómo se distribúen
os individuos dunha poboación no espazo nun momento determinado. Os
organismos individuais que compoñen unha poboación poden estar espaciados de
maneira máis ou menos uniforme, dispersos aleatoriamente sen ningún patrón
predecible, ou formando grupos. Estes patróns de dispersión coñécense como
uniforme, aleatorio e agrupado, respectivamente.

- Uniforme: os individuos dunha poboación atópanse espaciados entre sí de


maneira máis ou menos regular. Un exemplo son as plantas que liberan
toxinas para inhibir o crecemento de individuos nas cercanías, fenómeno
coñecido como alelopatía.
- Aleatoria: os individuos distribúense ao chou, sen un patrón predecible. Por
exemplo o dente de león e outras plantas cuxas semillas son dispersadas
polo vento.
- Agrupada: os individuos forman grupos. Pode verse nas plantas que deixan
caer as súas sementes directamente ao solo, como os carballos, ou as
manadas de elefantes.
Cada distribución ten as súas vantaxes e inconvintes, a distribución en agregados
por exemplo favorece a protección mutua pero tamén aumenta a competencia
intraespecífica polos recursos.

Comunidade
Constitue a biocenose do ecosistema e o seu estudo parte dunha serie de parámetros:
A abundancia refíerese a proporción entre o número de individuos da especie en relación
ao número total de individuos da comunidade.
A diversidade: refírese á proporción entre o número de especies presentes e o número
total de individuos da comunidade. Unha maneira de calculala é por medio do índice de
Shannon-Weaver: H=Σpi x Log2 pi
A dominancia: é a influencia determinante que exerce unha especie (a especie
dominante) na comunidade. Esta especie soe influir notablemente na biocenosie en xeral.
Como o coello europeo (Oryctolagus cuniculus)
Estratificación: é a distribución das poboacións en capas superpostas. Dáse debido a
unha gradación nunha condición ambiental. Por exemplo as plantas competindo pola luz.

5. Dinámica de poboacións
Respecto da tasa de natalidade e mortalidade, estas marcan a tendencia que presenta a
poboación ao longo do tempo. A natalidade é a capacidade dunha poboación para
aumentar o número dos seus individuos. A natalidade teórica é aquela que se
produce en condicións ideais, sen factores limitantes. A natalidade real é aquela
que se da nas condicións reais do ecosistema, que pode presentar algúns
factores limitantes.
A tasa de natalidade é a produción de novos individuos na poboación por
unidade de tempo, respecto ao total da poboación.
A mortalidade funciona á inversa que a natalidade, é o número de individuos que falecen
na poboación ao longo do tempo. Hai unha mínima teórica,
cando todos os individuos falecen por envellecemento, e outra
real ou ecolóxica. Se a poboación se mantén en equilibrio a
tasa de mortalidade é equivalente á tasa de natalidade.

O índice de suprevivenca calcúlase como 1-m sendo m a


tasa de mortalidade.
A tasa de mortalidade varía coa idade, pódese estudar ao longo do ciclo vital. Unha
maneira visual de representar esta variación son as curvas de supervivencia, onde se
observa o descenso no número de superviventes segundo avanzamos no tempo.

Unha curva de supervivencia convexa indica que a mayoría dos indivivuos alcanzan á
idade adulta, é propia de especies con esperanzas de vida altas, coma os ser humano. As
curvas cóncavas indican o contrario, a maioría dos novos individuos morren nos primeiros
estadíos de vida, por exemplo as árbores. Nunha curva rectilinea dáse unha situación
intermedia, donde os individuos teñen a mesma probabilidade de sobrevivir ao longo dos
anos, coma as aves.

Ademais de natalidade e mortalidade o número de individuos vése influido


pola emigración e inmigración. Á hora de establecer un cambio no tempo
da poboación, habería que ter en conta estes 4 factores. A suma da tasa de
natalidade e inmigración menos a tasa de mortalidade e emigración danos a
tasa de cambio na poboación, tamén coñecido como potencial biótico, que
multiplicado polo número de individuos iniciais, danos a variación total de
individuos.
A tasa de crecemento teórica practicamente en todos os seres vivos segue
un modelo exponencial tendendo no tempo a aumentar ata un número de
individuos inabarcable.
Seguindo a seguinte ecuación: Nt (número de individuos en t)=N 0 (dos que
se parte) x etempo x potencial biótico
Fronte a esa situación pola cal a poboación podería chegar ao infinito,
as poboacións reais teñen curvas de crecemento que se aproximan á
curva sigmoidal, isto ocorre porque no ambiente os recursos non son
infinitos e hai limitacións ao crecemento. O punto onde a adición de
individuos se equilibra coa perda dos mesmos coñécese como K
(capacidade de carga).
As especies en equilibrio co medio tenden a flucutar ao redor da
capacidade de carga, hai que ter en conta que esta deriva dunha
suma de recursos que tamén é variable no tempo, polo que as
fluctuacións da poboación poden ser moito maiores do que predí o
modelo, que plantexa unha capacidade de carga fixa. Así por exemplo
a relación entre depredador e presa fan que ningunha das dúas
poboacións se atope estable no tempo.
Algúns organismos, os máis oportunistas, tenden a presentar grandes fluctuacións no seu
crecemento, superando con moito a capaciade de carga do medio e posteriormente
morrendo en masa, isto fai que presenten a curva de supervivencia cóncava antes
mencionada, outros tenden a oscilar moi pouco ao redor da capacidade de carga,
relacionándose pola súa parte coa curva convexa.
Estes e outros factores diferencian aos denominados estrategas da R e
da K. Polo xa mencionado, os da R están adaptados a un desenrolo
biótico rápido e a un ciclo de vida curto, destacando pola súa
productividade, pero presentando pouca competencia intraespecífica, todo o contrario dos
estrategas da K, que destacan pola súa lonxevidade e eficacia.
Un último punto importante a destacar da dinámica de poboacións é a
dispersión, é dicir, a capacidade de trasladarse dun punto a outro, de
colonizar ou migrar. As especies presentan adaptacións variadas isto,
nos animais destacan as formas activas de dispersión, como
mecanismo conductual. En plantas distínguense distintas estratexias de
dispersión, dende a anemocoria (vento) a hidrocoria (auga), destacando
a zoocoria como método dominante nas plantas con flor.

6. Interaccións no ecosistema
O biotopo como xa foi mencionado é a parte abiótica do ecosistema, está constituído polo
medio, o substrato e os factores físico-químicos do ambiente.
O medio é o fluído que rodea aos seres vivos, no planeta terra
distínguense o medio acuático e aéreo. O medio acuático reúne
tanto augas doces como salgadas e ocupa o 70% da superficie
terrestre. O medio aéreo está formado por unha mezcla de gases
atmosféricos, dominando o nitróxeno e o osíxeno, tamén hai certa
humidade pero dominan os seres vivos adaptados á sequedad.
O substrato é a superficie na que se fixan apoian e desplazan
os seres vivos, estos son o chan, a auga e outros seres vivos.
O máis importante no medio terrestre, e tamén importante no
medio mariño é o solo, formado pola alteración das rochas en
combinación coa materia orgánica, unha capa complexa
derivada da interacción entre moitos procesos. A auga é o
substrato propio dos seres mariños peláxicos. Hai varios
exemplos de simbiose ou parasitismo no que o substrato é
outro organismo.
Os factores ambientais abióticos son as variables físico-químicas do medio, os principais
son a temperatura, a luz, a humidade, a presión, a precipitación, a salinidade e as
correntes.
As especies presentan límites de tolerancia para cada factor ambiental, dentro dos cales
se pode desenvolver, cando un factor non chega ao límite de tolerancia inferior convértese
nun factor limitante. Cando a amplitude de tolerancia é grande para un factor ambiental,
ás especies denomínaselles eurioicas, se é pequena denonínaselles estenoicas.
Cando un organismo é eurioico para moitos
factores este tende a poder presentarse en moitos
ambientes distintos, nestes casos dise que a
especie ten unha valencia ecolóxica grande.
Para calquera factor ambinental dentro dos límites
de tolerancia téndese a distinguir unha zona
central na que a especie se pode reproducir e
crecer de forma óptima, dúas zonas laterais onde
pro exceso ou defecto impobilítase reproducción pero sí hai crecemento individual, logo
dúas zonas de pura supervivencia e finalmente sáese do límite de tolerancia, ata a zona
letal.
A temperatura
A temperatura en superficie varía estacionalmente, latitudinalmente e altitudinalmente,
subir 1000 metros en altitude equivale a subir 1000 km en latitude, o que fai que se
correlacione a flora neste sentido (atopar coníferas en alta
montaña de latitudes medias e ao nivel do mar en
latitudes altas por exemplo). Aproximadamente a
temperatura diminúe medio grao cada 100 m de altura ou
un grao de latitude. No cambio de temperatura por razóns
estacionais como latitudinais o ángulo de incidencia co
que inciden os raios de sol é o factor clave. A amplitude
térmica pode ser moito maior en zonas secas que en
zonas con vapor de auga abundatne, xa que este
funciona como amortiguador térmico.
En mares e océnaos as oscilacións de temperatura son menores, oscilan entre os -2ºC e
os 30ºC polo xeral, o elevado calor específico da auga e os calores latentes de fusión e
evaporación contribúen á regulación desta temperatura.
Os seres vivos poden permanecer activos en temperaturas que oscilan de
algúns graos baixo cero aos 50ºC cando as enzimas empezan a
desnaturalizarse. Unha adaptación ás baixas
temperaturas é a capacidade de desecarse ou a
capacidade de presentar anticonxelantes celulares.
Respecto ás altas temperaturas os organismos
adaptados tenden a presentar proteínas máis resistentes
e encimas de reparación contra a desnaturalización
(chaperonas).
Atendendo aos distintos mecanismos para regular a temperatura corporal pódense
distinguir estenotermos, que soportan unha variación de temperaturas moi baixa, e
euritermos, que soportan un rango amplo de temperaturas. Tamén se pode disntinguir
entre os aniamais que son capaces de manter unha temperatura corporal
constante, os homeotermos, e os que non, os pioquilotermos.
Os homeotermos teñen adaptacións coa fin de evitar perdas de calor co
exterior en ambientes fríos, como unha capa sebacea, pelos, plumas… e
mecansimos para liberar calor en ambientes de alta temperatura, como a
sudoración. Os poiquilotermos debido á súa falta de regulación teñen que
presentar mecanismos para sobrevivir en momentos de baixa temperatura, como a
hibernación/letargo ou as formas de resistencia.
A forma corporal dos animais relacionarse
notablemente coa temperatura, así a regra de
Bergmann indicanos que para animais homeotermos,
os tamaños corporais tenden a ser mairoes segundo as
temperaturas son tan baixas, esto ocorre porque así
pola relación superficie/volumen, está menos proporción corporal en contacto co exterior.
Segundo a regra de Allen, tamén referida a homeotermos, obsérvase que as
extremidades e protuberancias tenden a volverse máis pequenas en climas fríos, por este
mesmo motivo.
A luz
A radiación solar que chega a terra comprende un espectro que vai
dende o utlravioleta ate a radiación infravermella pasando pola visible. A
radiación ultravioleta (lonxitude de onda menor a 360 nm) é moi
enerxética e provoca danos moleculares, a radiación visible é a
aproveitada nos ecosistemas e a infravermella so é aproveitada como
fonte de calor.
Como xa adiamos a luz incide máis directamente no ecuador e máis oblicuamente nos
polos, o que inflúe notablemente na temperatura e na luz dispoñible para os ecosistemas.
O proceso de fotosíntese, que aproveita a enerxía lumínica e a
transforma en enerxía química, só aprovieta ao redor do 2% da enerxía
irradiada. As plantas que máis insolación requiren son denominadas
fotófilas, outras máis adaptadas a zonas sombreadas denomínanse
esciófilas. A tendencia de orientarse cara a luz denomínase
fototropismo.
Nos ecosistemas acuáticos a luz vai diminuíndo ate chegar á escuridade total
aos 200m de profundidade. A zona por enriba desa liña denomínase capa
fótica, e nela domina o fitoplancton e as algas verdes en superficie, pardas en
profundidades medias, e vermellas en profundidade. Na capa afótica non
ocorre a fotosíntese e as cadeas subsisten dos restos orgánicos que precipintan
dende as zonas fóticas.
Os animais tamén presentan adaptacións á luz, principalmente a visión. A
coloración dos animais é unha adaptación contra depredadores, con coloracións
crípticas do medio, aposemáticas como ameaza (serpiente de coral) ou
miméticas, de especies inofensivas para semellarse a especies perigosas.
Por outro lado moitos dos mamíferos son nocturnos e isto fai que presenten órganos
especiais como o tapetum lucidum, en zonas escuras algúns seres vivos presentan
bioluminiscencia.

A humidade do aire
Depende do vapor de auga e sóese considerar de forma relativa ao total de gases. A auga
é esencial apra os seres vivos e en situacións de sequedade os organismos presentan
adaptacións.
En condicións de moita humidade os organismos poden presentar un tegumento
transpirable como en anfibios, segundo aumenta a sequedad o tegumento vólvese máis
illante para evitar perdas de auga, as zonas de intercambio gaseoso localízanse nun
tegumento especializado, sempre húmido e en cámaras en contacto co exterior.
As plantas pónsense distinguir respecto á humidade como hidrófilas
(acuáticas), higrófilas (zonas moi húmedas), xerófilas (zonas secas) e
mesófilas (intermedio). Parte do impulso que levou á diferenciación en
raíz talo e follas foi a adaptación á sequedade, un bo sistema radicular
axuda a obter auga, e unha transpiración moi localizada en estomas
(abribles e pechables) evita perdas excesivas dda mesma, ademáis as
plantas soen secretar cubertas impermeables.
Ademaís de temperatura, luz e humidade hai moitos outro factores que
inflúen nos seres vivos, así por exemplo para calcular a presión e
adaptarse á profundidade do medio algúns peixes posúen unha vexiga
natatoria Respecto ao vento e ás correntes mariñas, estas requirne
órganos de suxección ao terreo, á vez que serven de apoio á dispersión da
proxenie e da migración propia.

7. Relacións intra e interespecíficas


As relacións bióticas son as que se dan entre organismos, pódense distinguir as que se
dan entre organismos da mesma especie e entre organismos de especcies distintas.
As relacións intraespecíficas son provocadas pola competición por un recurso ou pola
necesidade de apoio mutuo, polo tanto poden ser perxudiciais ou favorables se nos
centramos nos individuos que as sufren. Froito das relacións intraespecíficas de
competencia xorde o mecanismo que Darwin catalogou como selección natural, o cal é
fundamental para que os individuso se adapten ao medio.
As relacións de coopreación danse cando se realizan función vitais irrealizables con
individuos illados. Destaca a protección mutua, a reproducción, a busca de alimento, a
orientación e a distribución do traballo. Segundo a función individual que favorece o
agrupamento distínguense:
- Asociacións familiares: marcadas polo parentesco, disntínguense a
parental, a matriarcal, a filial, a monógama, a polígama, a poliándrica…
-
- Asociacións coloniais: os individuos están unidos físicamente tras un proceso de
reproducción asexual. Cando os individuos son iguais a colonia é homomorfa, cando
son distintos, con distintas funcións, son heteromorfas.
- Asociacións gregarias: vida común para a defensa e a busca de alimento
-
- Asociacións estatais: unha xerarquía e a división do traballo moi
marcada, propia de insectos sociais.
- Territorialidad: sentido de pertenza a un área que é protexida en
conxutno polos indivivuos dunaha especie.
Ademais de relacións de cooperación, como se mencionou existen as relacións de
competencia intraespecífica.
Respecto ás relacións interespecíficas, estas inflúen na distribución e abundancia das
especies que se ven involucradas, podendo verse favorecidas (+), perxudicadas (-) ou non
afectadas (0).
(-)(-)
Na competenica interespecífica, da mesma maneira que na intraespecífica os individuos
de ambas especies vense desfavorecidas, podendo, se loitan exactamente polo mesmo
recurso, darse o caso de excluír unha a outra polo principio de exclusión competitiva.
Este caso é extremo, normalmente dase a coexistencia.
(+)(-)
Na depredación un organismo é o recurso doutro, un vese beneficiado da relación e o outro
perxudicado. Pódense diferenciar depredadores verdadeiros, que cazan e matan ás
presas con rápidez, e os ramoneadores que consumen alimento sesis, como plantas, e
non soen matar as presas no proceso.
No parasitismo de novo o parásito vese beneficiado e o hospedador (parasitado)
perxudicado. É unha das relacións máis extendidas, o parásito obtén recursos de forma
non letal, prolongando a vida do hospedador para aproveitarse del o máximo período
posible, dinstínguense endoparásitos e ectoparásitos, así como micro e macroparásitos.
Tamén se pode diferenciar parásitos facultativos ou obrigados.
Outro caso do mesmo tipo é o da explotación que se dá cando unha especie se aproveita
da actividade biolóxica doutra.
(+)(0)
No caso do comensalismo un comensal aliméntase dos restos deixados por un
hospedador, neste caso a relación é neutra para o hospedador e positiva para o que se
alimenta.
No inquilinismo, que é cando unha especie busca refuxio en ocos deixados por outra, un
de novo se beneficia mentres que para outro a relación e neutra.
Na tanatocresis dase un aproveitamento das excreción doutra especie pero sen
usalos de alimento.

Na foresia unha especie é transportada pasivamente por outra.


De maneira semellante na epibiose un organismo vive sobre outro.
(+)(+)
No mutualismo dous ou máis individuos de especies distintas chamadas consortes
beneficiarse mutuamente, aumentando a valencia ecolóxcia de ambos. Cando o
mutualismo vólvese obligado pásase a falar dunha simbiose. Trátase dunha explotación
mutua con beneficio mutuo. Hai múltiples exemplos, como o das micorrizas e as plantas
superiores, nalgúns casos a relación é tan estreita que se produce unha endosimbiose
dunhas células en outras, segundo a teoría endosimbiótica de Lynn Margulis así se tería
producido cos cloroplastos, mitocondrias, cilios e flaxelos.

8. Conclusión
La ecología nos brinda las herramientas y los conocimientos necesarios para tomar
decisiones informadas y promover un enfoque más sostenible en nuestras
actividades humanas. Al comprender las complejas redes de interacciones
ecológicas, podemos trabajar hacia soluciones que equilibren la conservación de la
naturaleza con el desarrollo humano. Podemos construir un futuro más equilibrado y
sostenible para las generaciones venideras

Bibliografía
https://es.khanacademy.org/science/biology/ecology/population-ecology/a/
population-size-density-and-dispersal

You might also like