Combinacións Vocálicas

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

FONÉTICA E FONOLOXÍA: AS COMBINACIÓNS VOCÁLICAS

As vogais poden sucederse na cadea falada de dous modos: como sons que contrastan na palabra
formando parte de sílabas diferentes; ou ben como constituíntes dunha mesma sílaba. No primeiro
caso falaremos de hiatos; no segundo de ditongos e tritongos.

Hiatos: Ma-rí-a po-e-ta mu-í-ño a-é-re-o trá-que-a

Ditongos e tritongos: pei-xe ou-tro cien-cia biei-tei-ro a-cuí-fe-ro

OS DITONGOS

Para que exista ditongo é precisa a combinación dunha vogal forte (de abertura máxima ou media) e
unha vogal feble (de abertura mínima) nunha mesma sílaba. A vogal forte constituirá o núcleo
silábico e a febre a marxe silábica explosiva ou implosiva, dando lugar a ditongos crecentes e
decrecentes.

ditongos crecentes ditongos decrecentes

a
[j] [j]
+ e +
[w] [w]
o
Os ditongos crecentes son os menos
Son ditongos crecentes aqueles que teñan na marxe explosiva ou característicos do galego e atopámolos
con frecuencia nos cultismos. Son
prenuclear calquera das vogais i ou u, denominadas nestes casos relativamente inestables, o que favorece
semiconsoantes. A abertura nos ditongos crecentes vai de menos a máis: a súa ruptura, sobre todo cando se
ambiente, consecuente, miolos, neuralxia, fatuo, suavidade,… encontran en sílaba átona.

Sen dúbida os máis frecuentes e característicos do galego son os ditongos decrecentes. Neles a marxe
implosiva ou posnuclear é unha vogal feble (i ou u) que recibe o nome de semivogal. A abertura vai de
máis a menos: caixa, causa, leira, deus, moito, souto,…

Ademais destes tipos de ditongos aínda é posible considerar as


combinacións vocálicas formadas por dúas vogais de abertura mínima (i, Os ditongos homoxéneos cando se dan
en posición átona (na que, polo tanto
u). Dado que a abertura da vogal nuclear e a da marxe non varía (ó seren as non hai vogal tónica) compórtanse
dúas de abertura mínima) falamos nestes casos de ditongos homoxéneos como os ditongos crecentes, isto é,
(ui, iu). Realmente, se prescindimos das P3 dos perfectos dos verbos da vacilan entre a realización como
ditongo ou como hiato:
CIII, son escasos os exemplos: cuspiu, partiu, puido,… rui-do-so / ru-i-do-so
miu-de-za / mi-u-de-za
Debemos ter en conta que con frecuencia as combinacións destas dúas vogais
vacilan entre o ditongo e o hiato: se a primeira vogal é tónica –como nos exemplos anteriores– teremos ditongo,
pero se a tónica é a segunda, entón estamos ante un hiato (xesuíta, miúda, diúrno, ruído,…). Así e todo, aínda
sendo tónica a segunda vogal da secuencia ui, constitúe ditongo, en contra do que se afirma, se vai precedidas de
/k/ ou /g/: acuífero, bilingüismo,…

OS TRITONGOS

O tritongo é a realización nunha mesma sílaba da secuencia formada por unha vogal débil, unha forte
e outra débil. Son moi raros no galego, que tende a rompelos en dúas sílabas (vogal+ditongo
decrecente): biei-tei-ro / bi-ei-tei-ro, fiei-to / fi-ei-to.
Unicamente nas formas verbais e nalgúns poucos casos máis nos que a combinación vén precedida polos
fonemas /k/ ou /g/ podemos falar de tritongo: averigüou, adecuei, Paraguai,...
Lembremos que:
 As vogais de grao medio (E, e, O, o) dos ditongos, tanto crecentes como decrecentes, aparecen
neutralizadas mesmo en posición tónica. Aínda que presentan realizacións abertas e pechadas,
estas só teñen valor fonolóxico nun escaso número de parellas de localización dialectal.
 Pola súa banda, as vogais que ocupan as marxes silábicas explosiva e implosiva desde un punto de
vista articulatorio están a medio camiño entre as vogais e as consoantes. Representámolas cos
signos [ j ] e [w].
 Nunca formarán ditongo dúas vogais de abertura media ou máxima, pero si poden formalo dúas
vogais de abertura mínima.
 Repara en que na escrita as grafías qu-, gu- corresponden ós fonemas /k/ e /g/, e que, polo tanto,
en guerra e querer, por exemplo, non hai ditongo.

ACTIVIDADES

1. Sinala no seguinte texto todos os ditongos e hiatos. No caso dos primeiros clasifícaos:
Por aquel labirinto Amin movíase con seguridade, voltando a vista atrás de cando en vez para cerciorarse de
que o seguían. Finalmente, chegados a unha casoupa idéntica a centos doutras, petou tres veces na porta, que
se abriu de inmediato.
A maior parte da habitación estaba ocupada por unha gran mesa cuberta cun mantel de hule que representaba
un mapa de Europa cunha distribución de fronteiras moi anticuada. Sobre a mesa un quinqué de petróleo
constituía a única fonte de luz.
Varias persoas encontrábanse xa sentadas á mesa, e unha rápida ollada confirmou a Helena que, bardantes
eles tres, todos eran mourazos.
(…)
Marilar Aleixandre: Tránsito dos gramáticos.

2. Nas seguintes palabras: viviu, ciumes, Maria, coita, substituir, proido, muiñeira, constituia, restituan,
lingua, coio, actuas, despois, viu, veu, moese, acuaticas, pau, maior, saida, bebeu, Xabier, socioloxia,
muiño, xuizo e averigüei.

 Segmenta as súas sílabas constituíntes.


 Pon til nas palabras que o precisen e explica o teu proceder.

3. Demostra con exemplos como o que se che dá que os ditongos non son unidades monofonemáticas, pois son
conmutables as glides (tamén se lles chama así ás semiconsoantes e semivogais) por consoantes.
Exemplo: cautos cantos, castos, cartos, …

Tomado e adaptado de Doiro Taboada, Miguel: A gramática, Ed. Galaxia, Vigo, 2002.

You might also like