Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 4

BIOLOXÍA BLOQUE 4: BASE MOLECULAR E FISIOQUÍMICA DA VIDA

Biomoléculas inorgánicas. Estrutura e propiedades da auga. Funcións das sales minerais


AUGA

A auga é a biomolécula inorgánica máis abundante en todos os seres vivos, constituíndo entre o 50-95% do peso do
ser vivo. O contido en auga depende da especie, do tecido u órgano ou da idade do individuo, pois canto máis activas
sexan as células, máis auga van necesitar.

Tamén é o hábitat de moitos seres unicelulares e organismos acuáticos.

ESTRUTURA QUÍMICA DA AUGA

A molécula de auga está formada por dous átomos de hidróxeno e un de osíxeno unidos mediante enlaces
covalentes. Estes enlaces forman un ángulo de 104,5º.

Aínda que presenta carga neta neutra, como o osíxeno atrae hacia sí os electróns do enlace covalente, a molécula
ten un exceso de carga negativa ao redor do átomo de osíxeno, e un exceso de carga positiva nos átomos de
hidróxeno, polo que a molécula é un dipolo eléctrico.

Ao ser as moléculas de auga dipolos eléctricos, establécense pontes de hidróxeno entre o átomo de osíxeno dunha
molécula e os átomos de hidróxeno das moléculas veciñas, orixinando na auga líquida unha estrutura reticular que
presenta unha gran cohesión interna. Esta cohesividade é responsable das propiedades especiais que presenta a
auga.

PROPIEDADES DA AUGA E AS SÚAS FUNCIÓNS BIOLÓXICAS

GRAN PODER DISOLVENTE

A auga é o disolvente universal porque é capaz de disolver máis substancias que calquera outro líquido coñecido.

Isto é debido a que a auga é unha substancia polar que establece enlaces de hidróxeno con calquera composto
iónico e con moléculas que presentan grupos polares. Estas substancias denomínanse hidrófilas. Exemplos: sal
común, azucre de mesa.

As substancias que repelen a auga son hidrófobas. Aquelas substancias orgánicas que teñen unha elevada
proporción de hidróxeno e poucos átomos de osíxeno son pouco solubles en auga, como as graxas e outras
substancias no polares.

Algunhas substancias teñen unha parte hidrófila e outra hidrófoba e dícese que son anfipáticas.

Funcións biolóxicas derivadas de esta propiedade:

• A auga é o medio de transporte de substancias no interior dos seres vivos.

• É o medio onde transcorren moitas reaccións do metabolismo.

ELEVADA CALOR DE VAPORIZACIÓN

A calor de vaporizacion é a cantidade de calor necesaria para evaporar un gramo de auga.

Na auga é moi elevada xa que para pasar de estado líquido a gasoso é necesario romper os enlaces de hidróxeno.

A principal función biolóxica é que a auga ao evaporarse exerce unha acción refrixerante que axuda a regular a
temperatura corporal dos seres vivos.

A evaporación da auga na superficie dunha planta ou a suor na pel elimina o exceso de calor e estabiliza a
temperatura.

ELEVADA CALOR ESPECÍFICA

A calor específica é a cantidade de calor necesaria para elevar a temperatura de unha certa masa de auga. Isto fai
que almacene ou libere gran cantidade de calor ao quentarse ou arrefriarse, o que fai que a auga actúe como
amortecedor térmico, evitando bruscas alteracións de temperatura.
ELEVADOS PUNTOS DE FUSIÓN E EBULICIÓN

Outras substancias de masas moleculares parecidas son gasosas a temperaturas as que a auga está líquida.

Isto posibilitou o desenrolo da vida no noso planeta xa que a auga é líquida na súa maior parte nas temperaturas do
planeta.

COHESIÓN-ADHESIÓN

A cohesividade permite fenómenos como a capilaridade que fan que a savia ascenda polos condutos leñosos da
planta.

Tamén é responsable de que a auga sexa un líquido practicamente incomprensible capaz de dar volume por
turxencia a moitos seres vivos e é responsable do esqueleto hidrostático das plantas.

REACTIVIDADE QUÍMICA

A auga é un potente reactivo químico grazas a súa capacidade para disociarse en ións H3O+ (ión hidronio) e OH- (ión
hidroxilo).

A consecuencia biolóxica é a hidrólise ou ruptura de enlaces moleculares pola auga, pola adición de H e OH aos
átomos que están unidos entre sí.

MAIOR DENSIDADE EN ESTADO LÍQUIDO QUE NO XEO

No xeo, cada molécula de auga establece 4 pontes de hidróxeno coas moléculas veciñas, orixinando unha estrutura
reticular aberta na que as moléculas atópanse máis separadas que en estado líquido, polo que é menos denso e flota
sobre a auga líquida.

Isto evita a conxelación das zonas profundas de mares e lagos e permite o desenvolvemento da vida baixo a
superficie xeada.

SALES MINERAIS

Podemos atopalos disolvidos nos medios celulares internos ou externos, precipitados en ósos e caparazóns e
asociados a moléculas orgánicas.

Cando están disolvidos atópanse disociados en catións e anións:

Catións: Na+, K+, Ca2+ e Mg2+

Anións: Cl-, SO42-, PO43-, CO32-, HCO3- e NO3-

FUNCIÓNS DOS SALES MINERAIS EN DISOLUCIÓN

o Estabilizar as disolucións, actuando como tampón, controlando as variacións do pH e mantendo o equilibrio


osmótico.

o Específicas como movemento muscular, impulso nervioso, activación de encimas...

FUNCIÓNS DOS SALES MINERAIS EN FORMA SÓLIDA

o O CaCO3 participa na formación de esqueletos de moluscos, corais, crustáceos e vertebrados.

o O fosfato cálcico (Ca3(PO4)2) endurece os ósos dos vertebrados.

o A sílice (SiO2) forma a cuncha dalgúns microorganismos como as diatomeas e espiñas de esponxas.

FUNCIÓNS DOS SALES MINERAIS ASOCIADOS A MOLECÚLAS ORGÁNICAS

o Soen atoparse asociados a proteínas (fosfoproteínas), a lípidos (fosfolípidos) e a glícidos (agar-agar).

o A hemoglobina e capaz de transportar osíxeno porque está unida a un ión Fe2+.


o A clorofila capta a enerxía luminosa por ter Mg2+ na súa estrutura.

You might also like