Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 5

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA III

RELACIÓN DOS ANIMAIs


A relación nos animais

O SISTEMA NERVIOSO
Función:

O sistema nervioso recolle a información dos órganos sensoriais,


procésaa, cordínaa e elabora ordes que executan os efectores (músculos
ou glándulas).

As rutas que van desde os centros sensitivos aos centros de coordinación


son as vías aferentes ou sensitivas, mentres que as que se dirixen dos
centros nerviosos aos órganos efectores son as vías eferentes ou
motrices.

Estrutura celular:

A unidade funcional do sistema nervioso é a neurona, que está acompañada doutro tipo de células que son as
células gliais ou neuroglia.

Nunha neurona, distínguense:

CORPO CELULAR, SOMA OU CORPO NEURONAL. Contén o núcleo e a maior parte do citoplasma e os
orgánulos.

DENDRITAS. Son prolongacións curtas e ramificadas.

AXÓN. É una prolongación longa que remata nunhas finas ramificacións cuxos extremos están ensanchados e
chámanse botóns terminais. Polo xeral, os axóns están protexidos por unha substancia branca, chamada
mielina.

Os axóns de varias neuronas agrúpanse e forman as fibras


nerviosas, e estas, poden ser mielínicas ou brancas e
amielínicas ou grises.

As fibras nerviosas agrúpanse xunto con vasos sanguíneos


e forman os nervios.

Os corpos neuronais agrúpanse en estruturas que forman os


ganglios do SNP e a substancia gris no SNC.
Tipos de neuronas:

Atendendo ao sentido en que conducen os seus impulsos distínguense tres tipos:

AFERENTES: Conducen os impulsos cara aos centros nerviosos.

INTERNEURONAS: Forman parte do sistema nervioso central e enlazan vías aferentes e eferentes.

EFERENTES: Conducen os impulsos cara os músculos ou glándulas.

Células gliais ou neuroglía

ASTROCITOS. Interveñen na nutrición.


CÉLULAS DE MICROGLÍA. Eliminan restos celulares e productos de refugallo do tecido.
OLIGODENDROCITOS. Forman as vaíñas de mielina das neuronas do sistema nervioso central.
CÉLULAS DE SCHWANN. Forman as vaíñas de mielina das neuronas do sistema nervioso periférico.

Organización das neuronas:

O tecido nervioso pódese subdividir en dous tipos de zonas:

SUBSTANCIA BRANCA. Constituída por fibras formadas por axóns, a maioría recubertos de mielina, o que
permite unha transmisión rápida da información entre zonas alonxadas do sistema nervioso.

SUBSTANCIA GRIS. Integrada polos corpos neuronais e nela prodúcense a maior parte das conexións entre
neuronas. A velocidade de transmisión dos impulsos nerviosos é máis lenta, aínda que as distancias a
percorrer son máis curtas.

No encéfalo, a substancia gris atópase na codia e nalgúns núcleos interiores e a substancia branca no interior; na
medula é ao revés.

Funcionamento das neuronas:

Os estímulos captados polos receptores transfórmanse en impulsos nerviosos


que son mensaxes electroquímicas que son transmitidas polos nervios ata un
centro de coordinación que dita as respostas e as envía aos órganos efectores.

Así,o impulso nervioso é a transmisión da sinal que chega ás neuronas. Pódese


definir como unha especie de corriente eléctrica que se vai transmitindo pola
membrana dunha neurona, e desde esta ata otra neurona, ou entre unha
neurona e unha célula efectora (músculo ou glándula).

Ao longo dunha neurona, o impulso nervioso transmítese mediante un proceso


de despolarización que se pode explicar do seguinte modo:

A membrana da neurona, ao igual que acontece en todas as células, está polarizada. Na parte exterior da membrana
abundan os ións con carga positiva e na parte interior, os de carga negativa. Esta diferenza de carga xera unha
variación no potencial denominado potencial de repouso, que se mantén grazas a bomba de sodio e potasio.

Cando chega un estímulo aumenta a permeabilidade para os ións de sodio, que entran na célula, polo que a
polaridade se inverte nese punto, quedando máis carga positiva no interior nesa zona. Este proceso chámase
despolarización e a diferenza de potencial existente potencial de acción.

Esta despolarización leva á redistribución dos ións, os canais de sodio que están preto ábrense, e tamén
despolarízase a zona contigua, e esta, a súa vez, a da zona que lle segue, nun efecto dominó. Deste modo o impulso
nervioso desprázase ao longo do axón.

Unha vez que o impulso nervioso percorreu todo o axón, en milésimas de segundo, prodúcese a repolarización o
restablecimento das concentracións de ións características do estado de repouso.

O paso do impulso nervioso entre unha neurona e outra célula denomínase SINAPSE.
Nunha sinapse unha neurona libera substancias químicas, chamadas neurotransmisores, que se atopan en pequeñas
vesículas nos botón terminais do axón, a un pequeno espazo sináptico que hai entre a neurona e a outra célula.
Deste modo, os neurotransmisores contactan coa membrana da outra célula e xeran un novo impulso nervioso que
viaxa ata o axón ou, se é unha célula efectora producirase a súa contracción muscular, ou a secreción, se é unha
glândula.

Clasificación:

Segundo un criterio anatómico divídese en :

SISTEMA NERVIOSO CENTRAL. (SNC)

SISTEMA NERVIOSO PERIFÉRICO (SNP)

Sistema nervioso central:


Está formado
ENCÉFALO: Está protexido polo cranio e por tres membranas, as meninxes, polas que por:
circula el líquido cefalorraquídeo, que o protexe dos golpes.

Ten tres partes:


MEDULA
CEREBRO. É a porción máis voluminosa e está constituído por: ENCÉFALO.
ESPIÑAL.

Dous hemisferios separados por unha fenda, que presentan unha superficie
moi repregada formando as circunvolucións ou cisuras. É a área onde
as sensacións se fan conscientes e se elaboran as respostas aos
estímulos. Tamén residen as funcións da memoria, a intelixencia e a
vontade.

Hipotálamo que intervén no control da sede, o sono, o apetito


e outras funcións autónomas.

Hipófise, glándula que controla e regula o resto das glándulas


endócrinas,

Mesencéfalo que se encarga do control de numerosos reflexos visuais e auditivos.

CEREBELO. Situado detrás do cerebro e dividido en dous hemisferios cerebelosos. Controla o equilibrio e os
movementos voluntarios, como camiñar, correr ou montar en bicicleta.

TRONCO ENCEFÁLICO. Consta de varias partes, entre as que destaca o bulbo raquídeo que enlaza o encéfalo
coa medula espiñal, e controla funcións viscerais involuntarias: os movementos da respiración, o ritmo
cardíaco., a deglutición, tose, vómito,...

MEDULA ESPIÑAL: É un cordón nervioso, protexido pola columna vertebral e polas


meninxes, que comunica o encéfalo e o resto do corpo.

Nunha sección transversal da medula obsérvase que presenta un pequeño conduto


central chamado epéndima, cheo de líquido cefelorraquídeo, rodeado de substancia
gris, ao redor da cal se dispón a substancia branca.

FUNCIÓN:

Controla os actos reflexos

Transmite os impulsos nerviosos desde os receptores ao encéfalo e desde este


ata os efectores.
Sistema nervioso periférico:

Está formado polos ganglios situados fóra do eixe que forma o encéfalo e a medula e por trinta e un (31) pares de
nervios que parten da medula, nervios raquídeos ou espiñais, e doce (12) pares de nervios que saen do encéfalo,
nervios craniais.

Os nervios clasifícanse en sensitivos que levan a información dos receptores ao SNC e os motores que transmiten
ordes do SNC aos efectores.

Este SNP divídese en:

SNP SOMÁTICO. Está formado polos nervios sensitivos e motores e controla os movementos voluntarios.,
músculos esqueléticos.

SNP AUTÓNOMO OU VEXETATIVO. Está formado polos nervios motores, que regulan as actividades dos
órganos internos. Controla os movementos involuntarios. Consta de dúas partes:

SIMPÁTICO. Pon en situación de alerta o organismo.

PARASIMPÁTICO. Provoca a relaxación do organismo.

Os dous son antagónicos; é decir, actúan de forma oposta.

Comunica o SNC cos órganos do corpo.

Funcionamento:

Os estímulos que captan os receptores internos e externos chegan ao sistema nervioso central, onde se elabora a
orde adecuada que permite responder aos cambios no medio.

As respostas non sempre acontecen do mesmo xeito; poden ser involuntarias, e dicir, realizarse de forma
inconsciente, como sucede nos actos reflexos, ou conscientes, como acontece nos actos voluntarios.

Os actos reflexos son respostas rápidas, involuntarias e automáticas, controladas pola médula espiñal, que se
producen en situación de emerxencia. Por exemplo cando retiramos a mana o sufrir una picada ou ao tocar unha
superficie quente, estamos actuando sen pensar, realizando un acto inconsciente.

Os actos voluntarios son respostas conscientes, “decididas”, que están coordinadas polo encéfalo.

You might also like