Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2023 Páx.

56052

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2023 pola que se convoca unha xornada


de presentación da nova Lei 3/2023, do 4 de xullo, reguladora dos xogos de
Galicia.

O artigo 27 do Estatuto de autonomía de Galicia sinala como competencia exclusiva


da Comunidade Autónoma, entre outras, a ordenación dos casinos, xogos e apostas, con
exclusión das apostas mutuas deportivo-benéficas. De acordo con iso e como resultado
do Acordo Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, ditouse o Real decreto 228/1985, do
6 de febreiro, polo que se concretan as competencias exclusivas e concorrentes do Estado
e da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de xogo.

En virtude desa competencia, aprobouse a Lei 3/2023, do 4 de xullo, reguladora dos


xogos de Galicia. A dita lei introduce numerosas novidades en materia de xogo e apostas
que deben aplicar os/as operadores/as de xogo, as persoas usuarias dos xogos, o persoal
funcionario das distintas administracións e as forzas e corpos de seguridade que realizan
as funcións de inspección e control.

Coa finalidade de dar a coñecer a nova normativa de xogo a todos os sectores e colec-
tivos afectados, convócase unha xornada de presentación desta lei conforme as seguintes
bases:

1. Datos da actividade.
CVE-DOG: kynwyfx8-qw87-ihy7-wyn7-6h1es9j8pmn4

Denominación: Xornada de presentación da nova Lei 3/2023, do 4 de xullo, reguladora


dos xogos de Galicia.

Horas lectivas: 5 horas.

Modalidade: presencial.

Data: 24 de outubro de 2023.

2. Persoas destinatarias.

Persoal das forzas e corpos de seguridade, xudicatura, Ministerio Fiscal, persoal da Ad-
ministración autonómica e local, empresas de xogo e demais persoas interesadas.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2023 Páx. 56053

3. Prazas ofertadas: sen límite.

4. Programa.

10.00 a 10.30: presentación.

10.30 a 12.00: obxecto e ámbito de aplicación da nova lei, políticas de xogo responsa-
ble, réxime de publicidade, control de acceso, xogos permitidos e prohibidos.

12.30 a 14.00: establecementos de xogo, réxime de autorización, empresas de xogo,


réxime sancionador, homologación de material de xogo.

14.00 a 15.00: charla coloquio.

5. Solicitudes de participación.

a) O persoal que desexe participar no curso convocado nesta resolución deberá cubrir o
formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.gal

Non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

b) A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes


dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de parti-
cipar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que
se detecte o feito.
CVE-DOG: kynwyfx8-qw87-ihy7-wyn7-6h1es9j8pmn4

c) É obrigatorio consignar no formulario de solicitude un número de teléfono móbil e un


correo electrónico co fin de poder realizar as notificacións necesarias.

d) Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correc-
tamente os datos necesarios para realizar o proceso selectivo do alumnado, que non se
axusten ao formulario de solicitude ou que sexan presentadas fóra de prazo.

e) Prazo para presentar as solicitudes.

O prazo de inscrición e presentación de solicitudes de participación rematará o día


20 de outubro de 2023.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2023 Páx. 56054

6. Formulario normalizado de solicitude.

a) O formulario de solicitude a que se refire a base anterior deberá cubrilo a persoa


solicitante necesariamente a través da páxina web da Academia Galega de Seguridade
Pública, dispoñible no enderezo da internet http://agasp.xunta.gal

b) Para cubrir correctamente o formulario de solicitude, no citado enderezo da internet


disporase de instrucións de axuda, que deberán observar en todo momento as persoas
solicitantes.

c) O formulario de solicitude poderá ser cuberto ata as 14.00 horas da data de finaliza-
ción do prazo de presentación de solicitudes.

d) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, as per-


soas interesadas poderán dirixirse á Agasp a través do número de teléfono 886 20 61 10 ou
do enderezo de correo electrónico formacion.agasp@xunta.gal, que adoptará as medidas
necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

A Agasp publicará diariamente a listaxe de persoas admitidas desde o día 18 de outubro


de 2023 no sitio web agasp.xunta.gal

7. Obrigas das persoas admitidas.

As persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemen-


to da actividade, agás que comuniquen a súa imposibilidade de asistencia con 48 horas
como mínimo de antelación ao comezo desta. Esta renuncia deberáselle comunicar por
escrito á Agasp, a través do correo electrónico, ao enderezo formacion.agasp@xunta.gal

En caso contrario, serán excluídas automaticamente da selección para as dez seguintes


CVE-DOG: kynwyfx8-qw87-ihy7-wyn7-6h1es9j8pmn4

actividades que se convoquen para as cales reúnan os requisitos exixidos de participación


(artigos 18 e 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp, en relación co artigo 46 do
Decreto 243/2008, do 16 de outubro).

8. Modificacións e incidencias.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento nor-


mal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que
poidan xurdir.

A Estrada, 27 de setembro de 2023

Santiago Villanueva Álvarez


Director da Academia Galega de Seguridade Pública

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like