Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 4

ANDREA GUERRA GARCÍA

COMENTARIO DE TEXTO “Fundamentación da metafísica das costumes”


Kant naceu e morreu (1724-1804) en Königsberg, Prusia (actual Rusia). A súa nai educouno no pietismo
(credo luterano rigorista) e dedicou a súa vida ó estudo e á filosofía. Foi un home relixioso, metódico e
disciplinado no seu traballo. Foi profesor e catedrático de Lóxica e Metafísica na Universidade de
Königsberg. Tras morrer Federico II de Prusia e acceder ao trono Federico Guillermo II, o ministro de
Ensino e Cultos impuxo unha forte censura, especialmente no relixioso. Kant acababa de publicar A
Relixión dentro dos límites da simple realidade, e recibiu unha advertencia para que non volvese a publicar
nada referente a relixión, a cal cumpriu. Estaba moi impregnado dos ideais ilustrados e simpatizou cos
ideais de independencia americana e da revolución francesa.

A súa obra divídese en dous períodos: o pre-crítico (acepta a filosofía e a metafísica dogmática racionalista
de Leibniz e Wolff) e o período crítico (influenciado por Hume, acepta as teses empiristas e constrúe o
criticismo). As súas obras máis destacables son deste último período: Crítica da razón pura, Prolegómenos
a toda metafísica futura que requira representarse como ciencia, Fundamentación da Metafísica dos
Costumes e Crítica da razón práctica.

Situamos a Kant no século XVIII, tamén chamado Século das Luces ou da Ilustración, pola necesidade de
clarificar todos os ámbitos da vida humana. A ilustración é un movemento cultural que tivo influencia na
actividade artística, literaria, histórica e relixiosa. Preséntase coma unha corrente ideolóxica optimista,
baseada na confianza da razón e na ciencia, e ten como finalidade conseguir un progreso para facilitar a
felicidade dos seres humanos. Foi un factor máis no proceso de loita contra o Antigo Réxime iniciado en
Inglaterra, de onde se estendería a Francia e despois a toda Europa. En Alemaña, a Ilustración foi máis
tardía, pero filósofos coma Kant encargáronse de estender os ideais ilustrados á poboación. En España
presentouse coa forma de «despotismo ilustrado», baixo a figura de Carlos III, quen quería manter o seu
poder absoluto pero introducindo reformas beneficiosas para os gobernados.

A ilustración representa a aparición de novas ideas entre as que destaca a confianza no poder da razón,
dándolle notable importancia á educación para alcanzar un progreso e un liberdade que levaría aos seres
humanos á felicidade.

Kant recolle as ideas da época ilustrada e centra o seu pensamento nunha razón crítica, que non só analiza
os límites do coñecemento (razón teórica), se non que tamén trata de elaborar os principios ou leis
(imperativos) que rexen o noso comportamento moral (razón práctica). Esta crítica da razón teórica e
práctica ten como fin descubrir se a metafísica é posible como ciencia.

Nesta época existían diversas interpretacións sobre este obxectivo: o dogmatismo racionalista ( razón para
coñecer a estrutura da realidade e interpretar o seu sentido); o empirismo (só admite o empiricamente
comprobable) e o irracionalismo (rexeita os discursos racionais e basease no sentimento, fe ou entusiasmo
subxectivo). Polo tanto a crítica debe ser aplicada a todos os ámbitos da razón, posto que a filosofía de
Kant intenta ser unha resposta seria ós problemas filosóficos, culturais e socias destra época. Todo isto é
porque Kant defenden un «novo humanismo», que loita polos dereitos humanos e que pon os
fundamentos da instauración científica dos saberes humanos, que se pretenden afincar sobre as pautas
dos saberes científicos-positivos.

Así, o suxeito será o protagonista da razón teórica e da práctica, el encontra os seus límites no
coñecemento e prolonga máis ala os seus ideais de liberdade e autonomía, dominando os obxectos. Pero
non se conforma con coñecer os obxectos coa razón teórica, se non que precisa coñecementos máis
prácticos. A filosofía abarca entón catro importantes problemas sobre o ser humano, e Kant formúlaos
mediante as preguntas: que podo coñecer? Responde a ela na Crítica da Razón Pura, distingue as
condicións de posibilidade da ciencia e se a metafísica é posible como tal; que debo facer? A resposta está
na Critica da Razón Práctica, e reflexiona sobre o problema da moralidade; que me cabe esperar?
Reflexiona sobre o problema da relixión, estética e historia e que é o ser humano?, na cal relaciona as tres
interrogantes anteriores para chegar só a esta pregunta.

Este fragmento pertence a obra de Kant Fundamentación da metafísica dos costumes, é un dos primeiros
traballos maduros de Kant na filosofía da moral e segue sendo un dos máis influíntes no seu campo. Nesta
obra Kant plantéxase que a razón práctica, para xulgar o valor moral dunha acción ou dunha obra humana
unicamente debe atender á vontade que anima o acto moral. Nada existe bo nin malo no mundo salvo
unha boa ou mala vontade.

Se a razón teórica formulaba xuízos, a razón práctica formula o coñecemento moral en forma de
imperativos, que como ben indica o texto na primeira liña (todos os imperativos ordenan hipotética ou
categóricamente) poden ser hipotéticos ou categóricos.

Os imperativos hipotéticos aos cales Kant se refire a eles no texto como “aqueles” , fan depender as
normas ou deberes morais dunha condición, “representan a necesidade práctica dunha posible acción
como medio para acadar outra cousa que se queira” (por exemplo, se queres que te respecten, respecta ti
ós demais). Por outro lado os imperativos categóricos son nos que os preceptos morais non están os
suxeitos a ningunha condición, ou como ben se di no texto, “aquel que representa unha acción como
obxectivamente necesaria por si mesma, sen relación con ningún outro fin” (por exemplo, se bo, respecta
ós outros).

Kant rexeitou todas as éticas precedentes porque eran todas materiais. A critica a esas éticas materiais
resúmese en tres aspectos. As heterónomas, derivan as normas e deberes morais dende campos alleos á
propia dimensión moral e racional da persoa. As empíricas ou materiais, atenden á materia ou contido dos
actos morais. Non se pode aceptar unha ética que pretenda sacar os seus contidos da experiencia e, o
mesmo tempo, pretenda ser universal. Por último as que formulas os preceptos éticos en Imperativos
éticos en Imperativos hipotéticos, e pode darse o caso que non se acepte a condición, polo tanto se son
condicionais non poden ser universais.

Kant ao fronte a estas éticas, defende unha ética formal ou un formalismo moral, e que, a diferenza de
todas as éticas precedentes que eran materiais, sexa unha ética que teña unhas determinadas
características. Sexa autónomas, porque será unha ética segundo a cal o noso deber non se nos impoña
dende ningún fin real ou ideal, senón que será o propio suxeito o que estableza o principio moral de
actuación, e será o propio suxeito o que decida a súa acción. Tamén debe ser formal, porque os seus
principios non será posible derivalos dende as costumes, dende as prácticas cotiás, nin dende calquera
outro tipo de contido, senón que teñen a súa orixe unicamente na nosa vontade racional. E debe estar
baseada en imperativos categóricos, é dicir, nunha máxima que non só non estableza condicións para o
seu cumprimento, senón que sexa un imperativo universal, de obrigado cumprimento para todos os seres
humanos, e que non varía nin depende das circunstancias (absoluto). E por iso é tamén formal, porque
non ten contido empírico concreto .

Deste modo, nas ultimas liñas do texto dise que , o imperativo convértese nun principio moral formal, que
é unha máxima reguladora de todos os actos de cada ser humano. Así o suxeito terá que decidir en cada
concreto a súa actuación, terá que encher de contido ese principio formal en cada acto. Por iso, para Kant,
só as intencións das vontades son boas ou malas, os contidos e as consecuencias dos nosos actos non
contan.

Neste senso, unha vontade é boa cando intenta cumprir o deber por puro respecto ó deber mesmo. Obrar
por deber é obrar por principios racionais. Kant diferenza tres tipos, a acción contra o deber que sería
moralmente malo; a acción de acordo co deber, que é unha acción legal pero non moralmente boa, e a
acción por respecto ó deber, esta última é a única moralmente boa.

Na “Crítica da Razón Práctica” e na “Fundamentacion da Metafísica das Costumes” plantéxase que a razón
práctica, para xulgar o valor moral dunha acción ou dunha obra humana unicamente debe atender á
vontade que anima o acto moral. Nada existe bo nin malo no mundo salvo unha boa ou mala vontade. Os
actos morais só o son se están animados por unha boa intención, por unha boa vontade do suxeito. Os
actos moralmente bos non son aqueles que realizan unha acción, nin os que conseguen un determinado
obxectivo ou consecuencia. Só serán recoñecidos como actos morais aqueles inspirados polo respecto ó
deber mesmo e que realizan por unha boa vontade. E esa boa vontade do ser humano so pode vir dada
dende a absoluta liberdade dese ser humano.

Como conclusión, a Razón Pura teorética rexeitou a posibilidade do coñecemento metafísico (de Deus, a
alma, a liberdade...); pero Kant non negará todo acceso a esa realidades, só o coñecemento científico, pois
unicamente cabo a ciencia da realidade fenoménica. Pero para Kant hai outra experiencia que pode
vincularnos co metafísico: a experiencia moral. E iso a partir dos chamados postulados da Razón Práctica
ou proposicións que non poden ser demostradas desde a razón teórica, pero que han de ser admitidas si
se quere entender o "feito moral". Estes postulados refírense precisamente á existencia da liberdade, a
inmortalidade do alma, e a existencia de Deus.

Aínda que desde a perspectiva da razón teórica concíbese ao home como sometido á lei da causalidade e
necesidade natural, desde a perspectiva da razón práctica podemos defender a existencia da liberdade
pois a liberdade é a condición de posibilidade da acción moral (unicamente das accións libres podemos
predicar valor e responsabilidade moral); a liberdade é a capacidade dos seres racionais para
determinarse a obrar segundo leis que son dadas pola súa propia razón. Liberdade para Kant equivale a
autonomía da vontade. Co postulado da liberdade, Kant mostra que o home pertence a dous reinos: o
“fenoménico” (ou mundo dos fenómenos), onde todo está sometido á causalidade, e o nóumeno (ou
mundo das esencias) onde rexen as leis morais (a esfera da liberdade).

Nese senso, o concepto de liberdade, a inmortalidade da alma humana e a existencia de Deus, que
resultaban problemáticas para a razón especulativa (non poden ser coñecidas e, por tanto, nin afirmadas
nin negadas) son recuperadas na CR Práctica como esixencias morais. É dicir hai que postular a
inmortalidade da alma e a existencia doutra vida para que a orde moral se cumpra. Polo que se refire á
existencia de Deus, debemos afirmala como unha esixencia da felicidade humana. A moralidade debe
conducirnos á felicidade, pero esta só é posible mediante Deus.

Para Kant, a moral conduce a postular as grandes realidades metafísicas: a liberdade da vontade
autónoma (sen ela non podería darse a conciencia moral); a inmortalidade da alma como proceso
indefinido que nos leva cara a santidade; e a existencia de Deus como principio unificador entre o “ser” e o
“deber ser” que garante a moral e a felicidade.

You might also like