Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

Recensión crítica Martina Martínez Soto

No texto Desarrollo (local) ¿De qué estamos hablando?, de Sergio Boisier o autor
reflexiona sobre o concepto de desenvolvemento e pídenos que nós o consideremos,
poñendo especial énfase na perspectiva local, expoñendo e cuestionando as definicións e
nocións clásicas que se teñen do termo.

Considerando a nosa visión académica examinarase o seu enfoque teórico e as


contribucións que pode ofrecer. Esta análise ten como obxectivo estudar o documento
cunha perspectiva crítica, mostrando as súas fortalezas e inconvenientes.

Na primeira parte do escrito preséntanos o concepto de desenvolvemento, como xorde e


móstranos a súa evolución a medida que se vai profundando nel. O termo inicia cunha
visión ligada ao económico, onde unha das formas de contabilizalo era a través do PIB
per cápita. Co paso do tempo, esa asociación de crecemento económico e
desenvolvemento vaise diluíndo coa introdución do factor humano, tendo en conta máis
cuestións como a lonxevidade ou nivel de estudos das poboacións. Unha das achegas máis
relevantes ao concepto, segundo o meu punto de vista, é a de Boutros-Gali (1995) que lle
adhire un carácter moito máis multidisciplinar onde ideas como a paz, a xustiza social ou
o medio ambiente tamén se ven reflectidas. Isto consegue unha definición máis rica e
acertada do que significa desenvolvemento porque considera aspectos máis amplos que
son de igual importancia para o crecemento e benestar das sociedades. Pola contra
expóñense as ideas de Güell (1998) onde o autor comenta que a toma de decisión non
pode ser tecnocrática, idea coa que non estou de acordo completamente, posto que á hora
de tomar decisión que requiran un nivel alto de coñecemento técnico deberían ser
determinadas en base a análise de datos e evidencias científicas. Para que non exista a
incerteza que menciona no texto ten que ser combinado coa participación cidadá para
poder lograr un equilibrio entre a parte técnica e as consideracións políticas e populares.

Despois de presentar a materia, Boisier comeza a explorar as distintas implicacións que


se poden asociar ao concepto de desenvolvemento, dependendo do contexto ao que se
refira. Introduce o desenvolvemento territorial, endóxeno, rexional e local, entre outros,
centrándose especialmente neste último. O texto enfócase en resaltar os desafíos que
xorden ao tratar de definir o desenvolvemento local e como se entrelaza de maneira difusa
co desenvolvemento rexional. Neste punto, unha das claves que nos permite entender o
desenvolvemento local é a escala, tanto territorial (localización xeográfica) como
funcional (actividades e funcións que se realizan, sen ter tanto en conta os límites
xeográficos). Por exemplo, se se quere avaliar a escala funcional dunha área xeográfica
Recensión crítica Martina Martínez Soto

na que unha das actividades predominantes é a forestal. Necesítase examinar o seu


impacto na economía local, ver como é a distribución dos produtos resultantes, identificar
a localización das infraestruturas vinculadas e a súa influencia na cultura da zona. Tamén
se expón de maneira acertada que a connotación de local só pode ter sentido se se fai
desde unha dimensión superior, como di o texto “desde fóra e desde arriba”. Outra
consideración fundamental é a singularidade de cada rexión; isto implica que as solucións
efectivas a nivel local nunha zona non necesariamente serán aplicables noutra, xa que é
neste punto onde entran en xogo as características únicas de cada lugar. Por último,
gustaríame recalcar a perspectiva de Arocena (1997; 91) onde aproxima o local ao global,
visto que o desenvolvemento local non deixa de ser un reflexo dunha situación que ocorre
de xeito máis amplo, pero que se ve modelada polas características propias do territorio.

Para concluír, exponse que o desenvolvemento se estende gradualmente, comezando


desde niveis locais como un proceso endóxeno e descentralizado, e logo desprégase cara
a unha escala máis ampla de xeito similar á capilaridade. Afirmación coa que estou de
acordo porque debido á presenza de recursos característicos a nivel local impúlsase o
crecemento económico e o avance social nesas áreas. Este proceso caracterízase pola súa
natureza endóxena, xa que se orixina e promove desde o interior da comunidade local.
Por outra banda, a descentralización é un factor beneficioso para o desenvolvemento,
debido a que, ó delegar autoridade a niveis inferiores, onde existe un coñecemento máis
profundo e experiencia nas áreas correspondentes, facilítase a posibilidade de realizar
contribucións máis específicas que poden resultar en melloras a nivel local.

A nivel práctico, Boisier recalca a gran importancia das realidades locais e promove a
participación activa destas no proceso de desenvolvemento. Tamén salienta a necesidade
de que o noso enfoque sexa holístico cando se fala do tema, outorgándolle unha visión
máis completa. Polo contrario, todo este proceso non sempre é posible por culpa da falta
de recursos e a negativa que algunhas sociedades poden dar ó cambio.

Para concluír, este texto proporciona unha achega teórica de gran importancia,
caracterizada por unha perspectiva crítica que estimula o pensamento reflexivo e onde
repasa as concepcións clásicas do desenvolvemento. A pesar de todo isto, trátase dun
documento que pode chegar a resultar confuso pola exposición de tantas perspectivas e
opinións, facendo que non teña unha estrutura do todo clara e ordenada, o que pode causar
dificultades de comprensión.

You might also like