Info Inicio Curso FP BASICA

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 11

1º CICLO BÁSICO ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA

MÓDULO COMUNICACIÓN E SOCIEDADE I


COMUNICACIÓN EN LINGUA INGLESA I

Información útil para o curso 2023 - 2024

Departamento de Inglés do IES Punta Candieira


Profesora: Raquel Fernández Lozano
MATERIAIS

• Caderno (ou similares) para levar a cabo tarefas escritas na clase.

• Carpeta ou funda plástica (ou similares) para clasificar e guardar apropiadamente fotocopias ou outros
documentos da materia.

• Bolígrafos de distintas cores para a autocorrección.

• Acceso ó espazo da materia no Aula Virtual do centro.

• Acceso á rede e a procesador de texto para a búsqueda e recopilación de recursos e datos e para a realización
e entrega de distintas tarefas e traballos individuais ou grupais.
RECURSOS DIDÁCTICOS
• Pizarra dixital
• Material dixital da editorial que se proxectará na pizarra
• Fichas e videos/audios
• Libros de texto e outras actividades obtidas da rede
• Recursos orixinais creados pola profesora
• Aula virtual
• Outros
AVALIACIÓN INICIAL
• Observación directa na aula durante as actividades das primeiras
semanas do curso
• Tarefa obxectiva non avaliable do punto de partida do alumnado no
seguinte (activación de coñecementos previos):
• Comprensión escrita
• Comprensión oral
• Expresión escrita
• Coñecementos lexico gramaticais
1ª, 2ª e 3ª AVALIACIÓN
• Probas obxectivas escritas e orales nas que se reflectirá o progreso do
alumnado no seguinte:
• Comprensión de información xeral e de información detallada en
textos escritos de extensión variada e tipoloxía diversa.
• Produción de textos escritos de extensión e tipoloxía variada. A
limpeza, organización espacial do texto e o respeto dos marxes
tamén será avaliable, non só o contido.
• Comprensión de información xeral e de información detallada en
textos orais reproducidos con medios técnicos. Os audios serán
reproducidos 3 veces.
• Produción de textos orais de extensión e tipoloxía variada, de
maneira individual ou grupal, interaccionando entre dúas ou máis
persoas e/ou recreando situacións comunicativas do día a día.
1ª, 2ª e 3ª AVALIACIÓN

• Coñecemento e correcto uso do léxico e da súa escritura, da


gramática, da ortografía e da pronunciación do idioma.
• Tarefas individuais e/ou grupais
AVALIACIÓN FINAL
• Debido ao carácter acumulativo do aprendizaxe dunha lingua, a
avaliación da materia é unha AVALIACIÓN CONTINUA
• Por iso mesmo, non haberá probas de recuperación se a 1ª e/ou a 2ª
avaliación están suspensas.
• No caso de suspenso na 3ª avaliación, farase unha proba escrita de
recuperación nas últimas semanas do curso.

• A calificación da avaliación final será a calificación obtida na 3ª


avaliación.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Peso na
Elemento a avaliar
cualificación
PROBAS OBXECTIVAS, ESCRITAS E ORAIS 60%
Comprensión escrita (Reading) 10%
Comprensión oral (Listening) 10%
Expresión escrita (Writing) 10%
Expresión oral (Speaking) 10%
Contidos lexicogramaticais (Use of English) 20%
TAREFAS, PARTICIPACIÓN E USO DA LINGUA 40%
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
REDONDEO

• Á hora de obter a nota numérica que figurará no boletín das avaliacións,


redondearase ó alza a partir dun 0,5.
6.49 = 6
6.50 = 7

Para aplicar o redondeo é IMPRESCINDIBLE ter unha calificación de 5 ou


superior
NORMAS E INSTRUCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO
DAS PROBAS ESCRITAS
• Cando toque o timbre, todo o alumnado deberá estar xa sentado na súa mesa e coa
superficie desta despexada, coas filas de mesas ben aliñadas e deixando espazo
suficiente entre mesas.
• Non se entregarán as follas do exame ata que todo o alumnado esté correctamente
colocado dentro da aula.
• Todos os exames terán que estar entregados cando toque o timbre que marca o
cambio de clase da seguinte hora.
• O tempo do que disporá o alumnado dependerá de cómo cumpran os dous
primeiros puntos desta diapositiva.
• Calquera intento de copiar será penalizado coa retirada inmediata do exame, unha
falta de coducta grave no xade, e notificación á familia.
NORMAS E INSTRUCIÓNS PARA O
DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS ESCRITAS
• As respostas escritas deben ser CLARAS e LEXIBLES. Calquera resposta ambigua ou
non lexible non será tida en conta na calificación dese exercicio.
• Deberá responderse ás preguntas cun bolígrafo azul ou negro. Calquera cousa
escrita con lapis ou bolígrafo de cores non será tido en conta na calificación dese
exercicio.
• Non se poderá usar cinta correctora nin bolígrafos de tinta borrable.
• O alumnado que o necesite disporá dun folio BORRADOR entregado pola profesora,
que terá que ser entregado obrigatoriamente xunto co exame. O que esté escrito
nesta folla borrador non será calificado EN NINGÚN CASO.
• As palabras escritas en galego ou en castelán penalizarán cunha puntuación de 0
nesa resposta.

You might also like