Examen 3 Evaluación Historia

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

EXAMEN 3ª EVALUACIÓN HISTORIA

● A PREHISTORIA: é o período transcurrido entre a aparición dos primeiros


homínidos, hai 5 millóns de anos, e a invención da escritura hai 5.000 anos.

- Os primeiros seres humanos: os seres humanos somos produto da


hominización, un longo proceso a través do cal os antepasados foron
adquirindo características que nos diferencian dos outros primates.
Estas son:
- Bipedismo: capacidade de camiñar sobre os dous pés sen
axuda das mans. Permitiu ampliar o campo de visión e liberar
as mans para poder utilizalas en diversas tarefas.
- O desenvolvemento do polgar opoñibl e. Favoreceu o uso das
mans como unha pinza de gran precisión para manipular
obxectos e elaborar ferramentas.
- O incremento do tamaño e da complexidade do cerebro.
Posiblitou o desenvolvemento da linguaxe.

- As etapas da prehistoria: adoita dividirse nestas tres etapas:


- Paleolítico: transcorre desde a aparición dos nosos
antepasados ata o descubrimento da agricultura e da gandaría.
- Neolítico: transcorre desde o descubrimento da agricultura e da
gandaría ata a elaboración das primeiras ferramentas de metal.
- Idade dos Metais: transcorre desde a realizacióndos primeiros
obxectos de metal ata a invención da escritura.

- O proceso de hominización: non foi un proceso lineal, pois algunhas


especies conviviron e outras estinguíronse. A medida que se
descobren restos arqueolóxicos e avanza na súa análise, obtéñense
novas conclusións. Por iso, o proceso de hominización está en
constante revisión.

● O PALEOLÍTICO: no paleolítico, os seres humanos vivían da recolección, da


caza e da pesca. Máis da metade dos alimentos que consumían procedían
da recolección de froitos e raíces. A caza tamén era fundamental. Con axuda
de lanzas, cazaban mamuts, bisontes, cervos… pero tamén apresaban
animais pequenos, como ratos e paxaros. Usaban a carne como alimento e
coas peles elaboraban roupa e calzado para abrigarse. Pescaban nos ríos e
na beira do mar. Polo xeral eran nómadas, é dicir, que estaban movéndose
sempre dun lado a outro, normalmente asentábanse xunto a un río ou lago,
para así poder ter auga cerca.
- As primeiras ferramentas: os seres humanos do paleolítico, inventaron
as ferramentas.
- As primeiras eran moi bastas; tratábase de simples cantos
traballados, é dicir, pedras que se partían ao golpealas con
outras, deixando un fío cortante.
- Máis adiante, empregaron pedras moi duras, como o sílex, para
elaborar bifaces ou machados de man, que cortaban polas dúas
caras. Cando golpeaban o sílex, desprendíanse pequenas
lascas, coas que fabricaban puntas de frecha e lanzas,
rascadeiras (raspar peles) e burís (facer grabados).
- As agullas para coser as peles, os arpóns e os anzois para
pescar realizábanse con ósos e hastas de animais.

- A organización en tribos e clans: no paleolítico os seres humanos


vivían agrupados en tribos de vinte a corenta individuos, formadas por
varias familias. Varias tribos do mesmo grupo formaban un clan.
- As tribos próximas mantiñan relacións entre elas. Organizaban
partidas de caza conxuntas para repartir despois a presa ou
intercambiaban ferramentas, cunchas, esculturas e outros
obxectos. Pero, en ocasións tamén chegaban a enfrontarse de
forma violenta polo control dun territorio no que vivir e
alimentarse.

● O NEOLÍTICO:

- Aparición da agricultura e gandaría: hai 10.000 anos, aprendemos a


cultivar plantas e a domesticar animais, isto transformou a forma de
vida. As primeiras especies cultivadas foron o trigo, a cebada, o centeo
e o millo miúdo, despois, o arroz, o millo e a pataca. As primeiras
especies domesticadas foron o can, a cabra, a ovella e o boi.

- O comezo da vida sedentaria: Os grupos humanos tiñan que vivir preto


das terras de cultivo que traballaban. Por isto fixéronse sedentarios,
establecéronse de forma permanente nun lugar. Así formáronse as
primeiras aldeas ou poboados.
- Nas aldeas, as persoas fóronse especializando en distintos
traballos.
- Algúns membros do poboado acumularon terras e gando, así
desenvolveuse a propiedade privada. Isto deu lugar a
desigualdades sociais.
- Avances técnicos no neolítico: se inventan varios obxectos, estes son
os principais e as súas funcións, todos son traballados a man por
diferentes persoas da aldea.
- Fouciños: para segar. Comeza a utilizarse a pedra pulida para
elaborar machados para cortar, sachos para arar ou muíños de
man para moer gran.
- Tecidos: elabóranse en teares.
- Cerámica: se modelaba a man, así realizanse vasillas e cuncas.

● A IDADE DOS METAIS: hai 7.000 anos, aprendemos a traballar os metais.

- O primeiro metal utilizado foi o cobre, máis adiante, mezclaron cobre


con estaño, isto formaba o bronce, por último, aprenderon a traballar o
ferro. Con metais elaboraban armas, ferramentas e adornos.

- As novas formas de vida: os metais obtéñense da natureza, non


abundan en todas as rexións, a necesidade de adquirilos desenvolve o
comercio.
- Os poboados que se encontraban nas rutas comerciais
aumentaron a súa riqueza, creceron e convertironse en
pequenas cidades con miles de habitantes.
- Aumentaron as loitas polo control das zonas máis ricas e uns
pobos dominaron outros.

- Aparecen novas ocupacións, guerreiros, sacerdotes e comerciantes.


As diferencias sociais incrementáronse.

- Hai 5.000 anos producíronse tres grandes inventos:


- A roda.
- O arado.
- A vela.

● OBEXCTOS DA PREHISTORIA:

- Paleolítico:
- Canto traballado.
- Biface de pedra.
- Rascadeira de pedra.
- Buril de pedra.
- Punta de frecha de pedra.
- Agulla de óso.
- Arpón de óso.
- Neolítico:
- Machado de pedra puída.
- Fouce con dentes de sílex.
- Muíño de man de pedra puída.
- Vasilla de cerámica.

- Idade dos metais:


- Colar de bronce.
- Espada de ouro e bronce.
- Escudo de bronce.
- Puntas de lanza de bronce.
- Fouce de ferro.

You might also like