Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 2

Pita do Monte e Acivro

-Pita do Monte:
A pita do monte é unha especie de ave galiforme da familia dos faisánidos. Habita a Europa boreal, é dicir,
Escandinavia, Rusia, e a rexión báltica. Tamén habita en pequenas rexións da cornisa cantábrica, os
Pireneos e os Alpes.
A súa plumaxe é de cor negra, con tons verde oscuros e marróns, no caso dos machos. Sendo femias, as
pitas de monte contan cun plumaxe moito máis claro, dun color pardo con detalles blancos. Os machos
tamén contan cunha característica liña vermella xusto enriba dos ollos.
Os machos diferéncianse das femias non só polas súas plumas, tamén contan cunha gran diferencia no
tamaño, estes alcanzan entre 70 centímetros a máis dun metro de longo, cunha envergadura de ata 1,2
metros, pesando entre 3 kilos e 7. As femias pola contra, pesan a metade que os machos
aproximadamente, pesando entre un kilo e medio e dous kilos e medio.
Outra cousa que os diferencia, é que os machos poden desplegar as plumas da súa cola, facéndose ver
máis grandes. Isto pode servir para intimidar aos depredadores, pero principalmente serve para o
apareamento.
No ano 1979, instaurouse unha lei que prohíbe a súa caza, e dende o 1986, é considerada unha especie
protexida. A súa situación actual non é a mellor, xa que a súa poboación apenas aumentou nos últimos
anos. Esta especie é unha reliquia da era glaciar, xa que case todos os seus exemplares desplazáronse ás
rexións máis frías de Europa, quedando moi poucos na Península Ibérica.

-Acivro:
O acivro é un arbusto da familia das Aquifoliáceas. Pode chegar a medir uns vinte metros de altura e vivir
séculos enteiros. Conta cun tronco recto, cunha copa densa e ramosa dende a base. A súa corteza é lisa, e
a súa cor varía dependendo da idade, no primeiro ano conta cun ton verdoso, para no segundo ou tercer
ano pasar a un tono gris escuro definitivo.
As súas follas son dunha forma ovalada cun borde espinoso, sobre todo as follas máis baixas. Estas follas
duran uns cinco anos e son de cor verde moi brillante. As súas flores adoitan ser dunha cor branca ou
rosada, ás veces con manchas violetas.
O acivro é unha especie protexida tamén como a pita de monte. No 1984 foi decretada a prohibición do
arranque, recollida ou corta deste especie, incluidas as súas sementes.

-Relación:
As pitas de monte e os acivros manteñen unha estreita relación de simbiose. A pita aliméntase das
sementes de arbustos en xeral, entre elas as do acivro, as cales pasan polo seu sistema dixestivo sen ser
dixeridas completamente, e cando a pita defeca, estas crecen alonxadas doutras árbores. Isto é moi
importante para a reprodución do acivro, xa que esta especie non permite que ningunha outra creza baixo
as súas follas, por iso as pitas realizan o traballo de transporte a unha zona na que poidan crecer alonxados
doutros acivros.
Debido á desaparición das pitas pola destrución do seu hábitat e o aumento de depredadores, os acivros
tamén reduciron moito o seu número de exemplares, estando agora mesmo ambas especies nunha
situación de perigo de extinción.

You might also like