Traballo Trimestral 1 Avaliación 2ºESO

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

PAUTAS TRABALLO TRIMESTRAL 1ª AVALIACIÓN

XEOGRAFÍA E HISTORIA

2ºESO

(ata 1.5 PUNTOS)

Os traballos na primeira avaliación serán individuais.

Cada alumne terá asignados uns contidos (proporcionados pola profesora) cos que terá que
facer unha Presentación Power Point / Genially, unha exposición dos mesmos e elaborar
cinco preguntas sobre os contidos expostos que ao final se farán a distintos membros do
grupo-clase (escollidos pola profesora).

Nun primeiro momento o alumnado terá que facer unha lectura e busca de información sobre
os contidos asignados. Nesta busca xa irá seleccionando os contidos e as imaxes que
trasladará ás diapositivas.

1º AS PRESENTACIÓNS :

As presentacións serán breves e concisas.

Terán 10 diapositivas, onde o texto ten que ser moi breve e as imaxes seleccionadas
deberán ser significativas (ilustrar da mellor maneira posible o que se está a explicar). Para
iso, cada alumne terá que facer buscas en internet.

A primeira diapositiva será a portada, onde aparecerá o título do traballo, o nome de alumne,
xunto cos puntos principais dos que se vai falar (especie de índice). Tamén aparecerá as
fontes que se empregaron para o facer o traballo.
2º A EXPOSICIÓN:

Cada alumne terá que expoñer a súa presentación, non se pode usar guións, só a propia
presentación. Tampouco se poderá ler todo o tempo o que pon as diapositivas, a idea é que a
partir das imaxes da diapositivas se expliquen as ideas principais que se representan.
Ademais, lembra que o texto de cada diapositiva ten que ser moi breve, mellor só conceptos.

3º 4 PREGUNTAS FINAIS:

Cada alumne ten que traer preparadas 4 preguntas sobre os contidos que vai expor, para
unha vez rematada a exposición facer esas preguntas a compañeires da clase.

MODO E DATA DE ENTREGA:


As presentacións deben pasarse a PDF e envialas á profesora a través da Aula Virtual.
Data límite de entrega: 23 de novembro. Aqueles alumnes que queiran entregar antes o
traballo poderán facelo.

As exposicións comezarán o venres 24 de novembro.

PAUTAS PARA FACER O TRABALLO:

CARACTERÍSTICAS DA PRESENTACIÓN
 a presentación constará de 10 diapositivas (incluídas portada, índice e
bibliografía/webgrafía)
 tódalas diapositivas deben levar unha imaxe (as imaxes teñen que ser significativas,
reforzar ou ampliar os contidos alí expostos)
 o texto ten que ser breve (conceptos, frases curtas)
 os contidos deben estar reflectidos dunha maneira sintética pero completa

EXPOSICIÓN PPP
 na exposición só se poderá utilizar de apoio a presentación
 débense dominar os contidos expostos, utilizar un vocabulario axeitado
 débese manter unha actitude expositiva adecuada, mirar cara es compañeires
 proxectar a voz pero sen berrar, para facilitar a atención des compañeires

INDICADORAS DE LOGRO:

 Adecúa o texto ao alumnado ao que vai dirixido.

 Argumenta razoadamente.

 Emprega referencias válidas para ilustrar o argumentario.

 Explica as ideas de forma sinxela e visual

 Emprega imaxes e exemplos adecuados ao alumnado e axeitados para ilustrar o seu


argumentario

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:

PRESENTACIÓN (ata 0.7 puntos)


 ten unha presentación coidada, ben presentado: 0.1
 escolle imaxes adecuadas e pertinentes: 0.1
 o texto está ben escollido: 0.1
 o texto é claro: 0.1
 o traballo recolle tódolos contidos asignados: 0.1
 o texto nas diapositivas é breve e conciso: 0.1
 entrega do traballo en tempo e forma: 0.1

EXPOSICIÓN (ata 0.6 puntos)


 expón mirando aos compañeiros/as: 0.1
 utiliza o vocabulario específico da materia: 0.2
 domina os contidos expostos: 0.1
 transmite as ideas con claridade: 0.1
 adopta unha boa postura: 0.1
PREGUNTAS (ata 0.2 puntos)
 elabora 4 preguntas pertinentes sobre os contidos expostos (entregadas previamente
á profesora)

MOI IMPORTANTE: aqueles alumnes que non fagan o traballo renuncian ao 1.5 puntos do
mesmo, ademais de estar obrigados a ir a exame co tema escollido para traballar con eles. A
data de exame será o venres 15 de decembro. Este exame fará media cos outros dous
exames realizados durante o trimestre.

A profesora irá facendo seguimento do proceso, atendendo e intentando resolver as dúbidas e


problemas que vaian xurdindo.

Moito ánimo a todes!

You might also like