Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 4

Tema 3. A filosofía como racionalidade teórica.

1. A filosofía como saber racional.

A racionalidade é a característica específica que distingue aos seres humanos do resto dos animais.
Consiste en facer posible que os humanos coñezan e actúen baseándose en razóns apropiadas, firmes e
seguras.

Existen diversos niveis de racionalidade. Estes niveis pódense descubrir mediante indicadores.

 Intencionalidade: os seres humanos teñen a capacidade de facer plans.


 Adaptalidade ao medio: o ser humano non só ten a capacidade de adaptarse ao medio, senón que
tamén axusta o medio as súas necesidades
 Capacidade de razoar: a racionalidade implica a capacidade de inventar símbolos abstractos e
establecer relacións entre eles para representar a realidade. Elabóranse hipóteses e teorías
científicas
 Previsión de futuro: anticipar o futuro, a previsión científica baséabase nas relacións que existen
entre as causas e os seus efectos, algo que está suxeito a demostración empírica
1.1. En torno ao coñecemento.

Coñecer implica establecer unha relación representativa entre un suxeito e un obxecto que é coñecido. O
suxeito é toda persoa que teña a capacidade de advertir experiencias internas ou fenómenos externos a si
mesma. O obxecto é totalidade das cousas das que se poden dar conta os seres humanos. O coñecemento
pódese producir de forma inmediata cando os datos que lle proporcionan directamente os sentidos.
Tamén se pode alcanzar de forma mediata cando o suxeito elabora conceptos ou ideas a partir de
percepcións. O coñecemento que nos proporcionan directamente os sentidos denomínase “coñecemento
sensible”. O coñecemento que transcende o ámbito dos sentidos chámase “coñecemento racional” ou
“intelixible”.

Os órganos do coñecemento son os sentidos e a razón. Os sentidos son as facultades que nos permiten
percibir os obxectos concretos. A razón é a facultade que nos permite solucionar problemas e crear
símbolos.

1.2. A razón e os sentidos nos procesos cognitivos

Desde os inicios da filosofía discútese qué funcións cumpren a razón e os sentidos.

 Platón: distingue entre “opinión” e “ciencia”. A opinión é un coñecemento superficial e relativo


cuxa fonte son os sentidos. O obxecto da opinión son as aparencias. A ciencia é o coñecemento da
esencia eterna e inmutable da realidade que son as Ides e que só se pode alcanzar mediante a
razón.
 Aristóteles: distingue entre coñecemento sensible e coñecemento racional. A través do
coñecemento sensible percíbese a través dos sentidos o singular ou o concreto. A través do
coñecemento racional (a través da razón) cáptanse as esencias universais das cousas concretas
 Durante o século XVII temos o racionalismo (Descartes) sestén que os sentidos non son fontes
fiables de coñecemento obxectivo. A razón , ao prescindir dos sentidos e concentrarse sobre si
mesma, pode chegar a descubrir no seu interior verdades innatas. O empirismo afirma que o
coñecemento humano non pode traspasar os límites da experiencia sensible. Para os empiristas
non existen as ideas innatas, a única realidade que se pode coñecer é a realidade empírica.
 Durante o século Kant presenta a súa teoría do coñecemento. Distingue dúas fontes de
coñecemento, a sensibilidade e a razón ou entendemento. Kant considera que a sensibilidade é
pasiva e limítase a recibir impresións do exterior. O entendemento é activo pois produce
espontaneamente certos conceptos, sen derivalos da experiencia. A conxunción da razón e os
sentidos é o que fai posible o coñecemento obxectivo.

2. Coñecemento sensible.

O coñecemento sensible é o coñecemento que se alcanza mediante os sentidos. Os sensibles son as


facultades que fan posible a percepción ou coñecemento dos obxectos. A información adquirida deste
xeito utilízase para dotar de significado ás cousas e adaptase ao medio.

2.1. As sensacións

As sensacións constitúen a materia prima do coñecemento. AS sensacións son fenómenos psicofísicos que
se orixinan cando os órganos dos sentidos son excitados por estímulos externos ou internos. AS
características das sensacións son as seguintes:

 Son cualitativas: cada sentido reacciona sempre da mesma forma


 Son selectivas: tan só uns poucos poden producir sensacións
 Non son unha copia exacta dos estímulos
 Non representan o primeiro nivel do coñecemento

Proceso psicofísico da sensación: AS sensacións prodúcense en tres fases:

 Primeira fase: a excitación: prodúcese pola acción dos estímulos sobre as terminacións
nerviosas dos órganos dos sentidos. Os estímulos son realidades físicos Químicas. Os
estímulos poden ser externos (os sentidos) ou internos (o sentido cenestésico, cinésico ou do
equilibrio)
 Segunda fase: a condución a excitación dos órganos sensoriais convértese en corrente
nerviosa que as neuronas conducen ata o cerebro. Alí a información descodifícase e manda
ordes aos órganos executores
 Terceira fase: a resposta. OS estímulos que proceden dos receptores sensoriais chegan aos
centros cerebrais. Saen outros impulsos en forma de ordes cara aos órganos efectores.
2.2. Percepción.

A percepción representa a forma máis elemental e primaria de coñecer. A percepción é a aprehensión dos
obxectos sensibles que constitúen o noso mundo e estimulan os nosos sentidos.

Mecanismos da percepción: segunda teoría de Gestalt, cada persoa organiza o campo percepcitivo

perceptivo de acordo cuns principios xerais e coa propia existencia. A facultade organizar o percibido en
estruturas significativas réxese por unha serie de leis ou principios. Estas leis son:

 Lei da primacía: os todos son primarios e percíbense con prioridade ás súas partes
 Lei da pregnancia: as figuras tenden a articularse da forma máis completa
 Lei da constancia: dentro de certos límites, a percepción dun obxecto mantense constante no seu
tamaño
 Lei do contexto ou contraste: un mesmo elemento pode percibirse con maior ou menor tamaño
segundo sexa a súa relación coas demais partes do conxunto.

3. Coñecemento intelixible

Tanto no comportamento animal como no humano existen formas de conduta ríxidas que consisten en
reaccións mecánicas a determinadas estímulos. Tamén existen formas de conduta plásticas onde os
estímulos non desencadean respostas automáticas senón respostas que requiren un certo grao e
conciencia:

 Conciencia directa: é o simple feito de darse conta


 Conciencia reflexa: é a capacidade de darse conta de que nos damos conta.
3.1. A intelixencia

É a capacidade que permite ao ser humano adaptarse a situacións novas de xeito voluntario, ademais de
crear, comprender e formar relacións con símbolos abstractos. A función práctica é a capacidade de
solucionar problemas con fins de adaptación ao medio, mentres que a función teórica é a capacidade de
crear abstractos e establecer relacións entre eles.

3.2. Formas do pensamento abstracto.

Sen embargo, desde un punto de vista máis específico, o pensamento abastracto é a capacidade de
formar conceptos e establecer relacións entre eles mediante xuízos e razoamentos.

 Conceptos: Aristóteles foi o primeiro en sinalar que un concepto é a representación mental dunha
cousa que se forma a partir da abstracción da información que nos proporcionan os sentidos. Os
conceptos significan o esencial das cousas e prescinden das súas particularidades accidentais.
Os conceptos posúen dúas características fundamentais: son universais e abstractos. Universais
porque se poden aplicar a todos e cada un dos elementos que pertencen a unha mesma clase, e
abstractos porque representan as cousas prescindindo das súas características individuais. O
conxunto de características representadas cun concepto constitúen a súa comprensión, e o
conxunto de elementos aos que se poden aplicar ditas características, a súa extensión.
 Xuízos: Son operacións mentais nas que se afirma ou se nega algo dun suxeito. E un composto de
suxeito, predicado e verbo. Desde un punto de vista lóxico, os xuízos indican relacións de
conveniencia ou non conveniencia entre conceptos. A expresión verbal dos xuízos realízase a
través de oracións enunciativas. É nos atemos ao enunciado nos xuízos, estes poden ser:
 Xuízos verdadeiros: cando un enunciado se corresponde coa realidade dos feitos
 Xuízos falsos: cando o enunciado non se corresponde coa realidade dos feitos,cando o
predicado non convén ao suxeito
 Xuízos analíticos: expresan contidos cuxa verdade ou falsidade se poder determinar sen ter
que recorrer á experiencia, polo que son xuízos a priori.
 Xuízos sintéticos: expresan contidos propios do ámbito da experiencia. A súa verdade ou
falsidade determínase ao comprobar empiricamente se o que di o suízo sucede ou non
sucede na realidade, polo que son xuízos a posterior. A relación entre o suxeito e o predicado
non é unha relación necesidade senón unha relación de continxencia.
 Razoamentos: don procesos onde se parte de xuízos coñecidos para concluír con outro xuízo que
se deriva dos anteriores. Poden ser d e dous tipos
 Dedutivos: consiste en inferir un xuízo denominado “conclusión” a partir doutro
denominados premisas
 Indutivos: consiste en chegar a unha explicación xeral partindo da análise concreta dalgún
fenómeno d o mesmo tipo. É un procedemento experimental

4. Coñecemento e verdade

You might also like