Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 21

A poesía galega

do 1º terzo do século XX

A poesía das Irmandades da Fala (pp. 12-15)


- Ramón Cabanillas e Noriega Varela
A poesía de vangarda (pp. 69-75)
- Amado Carballo, Álvaro Cunqueiro, Bouza Brey e Manuel Antonio
01
A poesía das
Irmandades
da Fala
Ramón Cabanillas
(Cambados, 1876 – 1959)
Sobre Cabanillas
Coñecido como o “Poeta da Raza”

Destaca como poeta social

Emigrou a Cuba entre 1910 e 1915

Colaborou co agrarismo e coas


Irmandades de Fala (galeguismo)

Cultivou poesía e teatro


Principais influencias
Mestres do
Rexurdimento Modernismo
De Rosalía toma o seu Preferencia polo
intimismo e realismo, de sensual, polas cores,
Pondal o seu celtimo polos ambientes
(materia de Bretaña) e de exóticos (no pasado
Curros a súa poesía cívica e ou noutras culturas) e
combativa. pola musicalidade.
Liñas poéticas
Poesía Poesía
lírica narrativa

Poesía cívica Poesía intimista Poesía mítica


(Influencia de Curros) (Influencia de Rosalía) (Influencia de Pondal)
Textos de denuncia Trata temas referidos Recrea un pasado
social que seguen os ao amor, á natureza e á mítico cheo de
postulados agraristas e recreación de esplendor e augura un
o nacionalismo das vivencias do seu futuro esperanzador
Irmandades da Fala. pasado. para Galicia.
Obras máis destacadas
No desterro Predominan os temas intimistas (amor, nostalxia da terra...),
(1913) pero destacan os sociais ou reivindicativos, na liña agrarista
(denuncia a miseria dos labregos e o abuso dos caciques e
Vento fidalgos, incita aos primeiros a loitar e pide a supresión dos
mareiro (1915) foros e doutros atrancos).
Poesía
Da terra lírica Poesía cívica influída polo nacionalismo das Irmandades da
asoballada Fala na que se loita polos intereses de Galicia, terra oprimida
(1917) por Castela (o seu opresor).

A rosa de cen De carácter intimista, ten como tema único o amor, coas súas
follas (1927) diferentes caras (alegrías e amarguras).

Na noite Poesía Extenso poema dividido en tres partes (sagas) onde Cabanillas
estrelecida narrativa adapta e galeguiza a materia de Bretaña (lendas do Rei Artur e
(1926) dos cabaleiros da Táboa Redonda e busca do Santo Grial).
Texto 1. A Basilio Álvarez Textos
¡Sementador! O trigo dos beirales
mostra as espigas mestas e douradas, Texto 2. “Irmáns! Irmáns galegos”
e as segadoras fouces, afiadas, (Himno da Acción Gallega, Vento mareiro,
teñen tráxico brillo de puñales. 1915) (páx. 14, texto 2)
O teu verbo, estalante nos pinales, Texto 3. “Lume no pazo”
troca, ó chegar ás chouzas das valgadas, (Vento mareiro, 1915) (páx. 36)
os salaios das gorxas abafadas
en ruxidos guerreiros e triunfales.
A aldea érguese co claror da aurora
agardando o sinal, e non sosega
en anxo de loita vingadora.
¡Xa a luz do sol do mediodía cega,
sementador! ¡Sementador, xa é hora
de da-lo berro e comenza-la sega!
No desterro (1913)
Textos
Texto 4. ¡En pé!
¡Irmáns! En pé, sereos, Validos de treidores
a limpa frente erguida, a noite da Frouseira
envoltos na brancura a patria escravizaron
da luz que cai de riba, uns reises de Castela.
o corazón aberto Comestas polo tempo,
a toda verba amiga, xa afloxan as cadeas...
e nunha man a fouce ¡irmáns asoballados
e noutra man a oliva, de xentes estranxeiras,
arredor da bandeira azul e branca, ergámo-la bandeira azul e branca!
arredor da bandeira de Galicia, ¡E ó pé da enseña da nazón galega
¡cantémo-lo dereito cantémo-lo dereito
a libre nova vida! a libertar a Terra!
Da terra asoballada (1917)
Noriega Varela
(Mondoñedo, 1869 – Viveiro, 1947)
Catro datos de Noriega Varela
Coñecido como Escribiu dúas obras: Montañesas
o “Poeta da (1904) e Do ermo (1920), que é
montaña” unha reelaboración do libro
anterior

A súa primeira poesía é


costumista e ruralista: Posteriormente cultiva unha
descrición da paisaxe da poesía intimista arredor da
montaña e da vida difícil soidade da montaña,
dos campesiños recreando as pequenas e
(costumes e tradicións) humildes cousas da
natureza
02
A poesía de
vangarda
Introdución
A vangarda
Fai referencia aos creadores situados á cabeza
Termo debido á súa innovación estética.
Rexeitar calquera forma estética anterior.
Obxectivos Proclamar a liberdade e a modernidade na creación
artística, sen regras.
Futurismo, cubismo, surrealismo e creacionismo
Principais ismos (ideario difundido en manifestos provocadores).
Distorsión da realidade, dificultade de
comprensión, uso de caligramas, supresión da
Características puntuación, ruptura da orde lóxica sintáctica,
metáforas e imaxes atrevidas, verso libre...
As vangardas en Galicia
Os movementos de vangarda en Galicia non son tan
rupturistas como os europeos: os ismos galegos combinan a
modernidade coa propia tradición.

Vangarda Vangarda
matizada plena

Hilozoísmo Neotrobadorismo Creacionismo


Amado Carballo Álvaro Cunqueiro Manuel Antonio
Fermín Bouza Brey
Hilozoísmo
Amado Carballo
Hilozoísmo ou imaxinismo
Luís Amado Proel (1927) e O galo (1928).
Carballo
● Natureza humanizada (viva).
● Sucesión de imaxes
Características innovadoras de carácter
sensual (con palabras que
denotan movemento, son e
cromatismo).
● Moldes tradicionais (rima e
medida).

Texto 1 “O galo” (O galo, páx. 75)


Neotrobadorismo
Fermín Bouza Brey
Álvaro Cunqueiro
Neotrobadorismo
Séguese a lírica trobadoresca:
métrica, rima, recursos (refrán,
Características
paralelismo e leixaprén), temas e
léxico, pero actualizado.
Cantiga nova que se chama riveira (1933).
Álvaro Usa recursos paralelísticos, léxico
Cunqueiro medievalizante, imaxes vangardistas...
(Texto 2. “No niño novo do vento”, páx. 73,
texto 6).
Nao senlleira (1933). Toma das cantigas o refrán,
Bouza o paralelismo, a ambientación e o léxico. Son
Brey trazos vangardistas o son, a sintaxe caótica...
(Texto 3. “Gándara”, páx. 72, texto 5).
Creacionismo
Manuel Antonio
(Rianxo, 1900 – 1930)
Manuel Antonio (Creacionismo)
Figura máis innovadora, rupturista e avanzada das vangardas.
Obra destacada De catro a catro (1928).

● Relátase unha viaxe por mar que cambia ao eu poético.


● Está formado por 19 poemas cunha estrutura circular: saída do porto,
navegación, paradas e regreso á terra (“Adeus”).
● Temas: pesimismo existencial, soidade, paso do tempo..., case sempre
nun ambiente nocturno.
● Trazos innovadores: disposición tipográfica, ausencia de rima, medida e
puntuación, sucesión de imaxes irracionais, metáforas atrevidas, uso de
estranxeirismos, neoloxismos e hiperenxebrismos, linguaxe técnica
marítima, imprecisión temporal e espacial...
Texto 4 “SOS” (páx. 72, texto 4) Texto 5 “Adeus” (páx. 74)

You might also like