Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 13

Determinantes

e pronomes
Artigos, demostrativos, posesivos, numerais, indefinidos,
interrogativos, exclamativos e relativos
Caracterización
•Dende o punto de vista sintáctico: dúas funcións principais.
Determinante do sintagma nominal Núcleo do sintagma nominal
Acompaña ao substantivo, ao que determina. Substitúe ao substantivo, funcionando como un pronome.

•Dende o punto de vista semántico: posúen unicamente significado gramatical.


•Dende o punto de vista morfolóxico: a maioría das formas presentan flexión
de xénero e número, e unhas poucas tamén de persoa.
O artigo
• Semanticamente: concreta ou limita o significado do substantivo (actualízao).
• Sintacticamente: só pode funcionar como determinante do SN.
• Clasificación:
Artigo determinado Artigo indeterminado
Para referirse a entidades xa coñecidas. Para referirse a entidades novas, non coñecidas.
Primeiras formas: o, a, os, as Formas: un, unha, uns, unhas
Segundas formas: -lo, -la, -los, -las
O artigo: contraccións
• O determinado contrae obrigatoriamente coas preposicións:
a con de en por
ao/ó, aos/ós co, cos do, dos no, nos polo, polos
á, ás coa, coas da, das na, nas pola, polas
Pode contraer ou non coa conxunción comparativa ca (ca o/có, ca a/cá, ca os/cós, ca as/cás).
• O indeterminado coas preposicións: con de en
cun, cuns dun, duns nun, nuns
cunha, cunhas dunha, dunhas nunha, nunhas
Os demostrativos
• Semanticamente: sinala o referente (no espazo, no tempo ou no texto) e indica unha
idea de distancia.
• Sintacticamente: poden funcionar como determinantes ou como pronomes.
• Formas: Proximidade I Proximidade II Proximidade III
este, estes ese, eses aquel, aqueles
esta, estas esa, esas aquela, aquelas
isto iso aquilo
Os demostrativos: contraccións
• Contrae obrigatoriamente coas preposicións:
de en
deste(s), desta(s), disto neste(s), nesta(s), nisto
dese(s), desa(s), diso nese(s), nesa(s), niso
daquel(es), daquela(s), daquilo naquel(es), naquela(s), naquilo
• Tamén pode contraer (opcional) co indefinido outro (estoutro..., esoutro..., aqueloutro...),
agás o neutro (aquilo outro...). Esta forma, á súa vez, contrae coas preposicións de e en
(destoutro, nestoutro...).
Os posesivos
• Semanticamente: expresan idea de posesión ou pertenza.
• Sintacticamente: poden funcionar como determinantes ou como “pronomes” (están
substantivados polo artigo).
• Formas: 1ª PERSOA 2ª PERSOA 3ª PERSOA
Un posuidor meu, meus teu, teus
miña, miñas túa, túas seu, seus
Varios posuidores noso, nosos voso, vosos súa, súas
nosa, nosas vosa, vosas
Os posesivos: usos

•Uso do artigo ante posesivo:


• Obrigatorio: maioría dos casos.
• Opcional: cos nomes de parentesco (A miña nai /miña nai ).
• Non se usa: cos vocativos e exclamacións (Meu pobre! ) ou cando xa leva outro
determinante.
• Forma especial: cadanseu(s), cadansúa(s) ten valor distributivo (Regaleilles ás nenas
cadansúa bicicleta).
Os numerais
• Semanticamente: expresan cantidade exacta (cardinais: un, dous...), orde (ordinais: primeiro/a,
segundo/a...), produto (multiplicativos: dobre, triplo...) ou fracción (partitivos: medio, terzo, cuarto...).
• Sintacticamente: poden ser determinantes ou pronomes.
• Casos dubidosos:
• Cardinais:
• As combinacións de dúas cifras escríbense separadas ( vinte e un, trinta e oito...).
• Un, unha contraen coas preposicións de, en e con. Mais cando son pronomes, só con en e de.
• Ordinais: undécimo/décimo primeiro..., vixésimo..., cuadraxésimo..., quincuaxésimo..., septuaxésimo...
Os indefinidos
• Semanticamente: indican cantidade (moito, pouco, todo, varios, algún, ningún...) ou
identidade (outro, alguén, calquera., propio..) indeterminada, imprecisa.
• Sintacticamente: poden funcionar como determinantes, pronomes e algúns como adverbios
(Gústame moito).
• Contraccións: algún(s)/algunha(s) e outro(s)/outra(s) contraen coas preposicións de e en
(dalgún, noutro); un(s)/unha(s) tamén coa preposición con, agás cando funcionan como
pronomes.
Os interrogativos e exclamativos
• Os interrogativos serven para preguntar pola identidade dunha persoa, dun animal ou
dunha cousa; os exclamativos, para introducir exclamacións.
• Formas:
▪ Que, cal(es) e canto(s) /canta(s) poden ser determinantes ou pronomes: Cantos (rapaces)
viñeron? / Cantos (paxaros) hai!
▪ Quen só pode ser pronome: Quen o fixo? / Quen o diría! Ollo: nunca se usa en plural
(*quenes).
▪ Cando, como, onde e canto funcionan como adverbios: Canto falta? / Cando vén? / Como é?
/ Onde está? / Canto chora! Como corría!
Os relativos
• Formas: son case as mesmas que os interrogativos e exclamativos:
• Pronomes relativos: que, quen, canto(s) / canta(s), cal(es) e cuxo(s) / cuxa(s) (funciona como un posesivo).
• Adverbios relativos: cando, como, onde e canto (invariable).
• Dúas funcións:
• Dentro da oración principal: son nexos subordinantes que introducen unha oración subordinada de relativo
(ou adxectiva). Esta oración subordinada funciona como modificador do substantivo (o seu antecedente).
• Dentro da oración subordinada: son sintagmas que cumpren unha función propia dos pronomes ou dos
adverbios, e nalgúns casos funcionan como determinante. Sempre teñen un antecedente expreso (ao que
substitúen na oración subordinada) ou elidido (que se pode saber polo contexto).
Os relativos: como funcionan
• Os pronomes relativos: A casa que comprei está nesta aldea. O pronome relativo é que, cuxo
antecedente é casa. Dentro do SN (a casa que comprei ), a subordinada funciona como modificador de
casa (‘comprada por min’); dentro da oración subordinada, o relativo funciona como CD: Comprei a
casa. Temos, polo tanto, dúas oracións combinadas: A casa está nesta aldea +Comprei a casa, pero para
non repetir “casa”, substitúese na subordinada por un pronome.
• Os adverbios relativos: A casa onde vivo está nesta aldea. O adverbio relativo é onde, cuxo
antecedente é casa. A diferenza con respecto á oración anterior é que, dentro da subordinada, o
relativo funciona como CC: Vivo na casa (alí = CC de lugar).

You might also like