Literatura 3Â Av

You might also like

Download as odp, pdf, or txt
Download as odp, pdf, or txt
You are on page 1of 18

A LITERATURA GALEGA DO XVI-

XVIII
Carente de mecenas e do prestixio dunha
corte propia, a literatura galega entra nun
período de crise que vai durar arredor de
300 anos, a etapa que tradicionalmente
se coñece como Séculos Escuros. Por iso
o legado literario vai ser escaso.
A LITERATURA GALEGA DO XVI-
XVIII
Poesía:

Cantigas e romances populares.

Romances sobre feitos históricos e sociais.

Sonetos renacentistas e barrocos.

Poemas das Festas Minervais.
A LITERATURA GALEGA DO XVI-
XVIII
Prosa:

Contos e lendas populares.
Teatro:

O entremés famoso sobre a pesca no río Miño, de
Gabriel Feixóo de Araúxo (1671), que trata dos
conflitos entre os pescadores galegos e
portugueses.
A LITERATURA GALEGA DO XVIII
Os Ilustrados formularán propostas para sacar Galicia do atraso
económico, mellorar a educación e dignificar o idioma propio. Non
se produce un aumento dos textos publicados en galego, pero van
aparecer distintas sociedades para o estudo da realidade galega.
Analízase a Historia de Galicia e mais as orixes da nosa lingua.
Preparan o camiño para escritores e historiadores do XIX.
A LITERATURA GALEGA DO XVIII
DIEGO ANTONIO DE CERNADAS

Foi un poeta moi popular no seu tempo. A loanza de


Galicia e do mundo rural son algúns dos temas dos seus
poemas. Combate a mala imaxe que se viña dando da
Terra.
A LITERATURA GALEGA DO XVIII
XOSÉ ANDRÉS CORNIDE

Economista, historiador e antropólogo; sobresae entre as


composicións que deixou en galego o soneto
prerromántico “A Filida”.
A LITERATURA GALEGA DO XVIII
MARTIÑO SARMIENTO

Destacou na defensa e reivindicación da lingua ao reclamar o


seu uso en todos os eidos, demandar o seu ensino e o seu
emprego como lingua vehicular. Ademais cos seus estudos
converteuse no precursor da filoloxía galega.
A LITERATURA GALEGA DO XVIII
MARTIÑO SARMIENTO

O interese dos seus escritos non radica tanto na calidade literaria como nos
contidos e os datos que nos deixou. A súa principal obra literaria en lingua
galega é o Coloquio de 24 gallegos rústicos, a camiño entre o teatro e a
poesía satírica, e que influíu na obra de Xoán Manuel Pintos e en Cantares
gallegos polo diloxismo e o lirismo popular.
A LITERATURA GALEGA DO XIX
Ao longo do século XIX vaise recuperando o noso idioma como lingua
escrita e, por tanto, tamén a literatura galega.

Distínguense dúas etapas:

1) O Prerrexurdimento (1808-1863).

2) O Rexurdimento (1863-1916)
A LITERATURA GALEGA DO XIX
1) O PRERREXURDIMENTO (1808-1863)

-Primeiros textos.

Nas primeiras décadas do século XIX van aparecendo textos en galego,


publicados na prensa ou incluso distribuídos en follas soltas. Caracterízanse
polo seu carácter propagandístico e por centrárense en dous temas: textos
contra a invasión francesa, coa finalidade de recrutar soldados, e textos en
defensa das ideas liberais e da Constitución de 1812 e contra a Inquisición.
A LITERATURA GALEGA DO XIX
1) O PRERREXURDIMENTO (1808-1863)

-Primeiros textos.

Nestes primeiros anos destacan por presentar unha maior calidade a obra de
teatro A casamenteira (1812-1842), de Antonio Benito Fandiño, que desenvolve o
tema das vodas de conveniencia, e os poemas en galego “Alborada” e a “Égloga
de Belmiro e Benigno” do viveirense Nicomedes Pastor Díaz, nos cales xa
incorpora algúns trazos románticos na visión da natureza e na temática amorosa.
A LITERATURA GALEGA DO XIX
1) O PRERREXURDIMENTO (1808-1863)

-OS PRECURSORES.

Cara á metade do século, xorden os Precursores do Rexurdimento, con trazos comúns como:

-o compromiso na defensa e a recuperación da cultura galega,

-a pertenza ao movemento galeguista coñecido como Provincialismo,

-a publicación das súas obras nos xornais da época ou en volumes colectivos, como Álbum
de la Caridad (1861).
A LITERATURA GALEGA DO XIX
OS PRECURSORES

Os temas principais da súa literatura son os seguintes:

-A exaltación da paisaxe galega.

-A defensa do idioma.

-A denuncia dos males que padece Galicia: o atraso económico, a emigración, entre
outros.

-A defensa de Galicia e as súas xentes fronte aos ataques e desprezos que sofren.
A LITERATURA GALEGA DO XIX
OS PRECURSORES

Os autores máis sobranceiros foron Francisco Añón e Xoán Manuel Pintos.

Francisco Añón publicou en revistas e xornais da época un bo número de


poemas de temática costumista (exalta a beleza da paisaxe galega…) e
reivindicativa (a preocupación pola situación de Galicia, as críticas á Igrexa, a
esperanza no progreso…). Esta última, social e satírica, serviu de inspiración á
poética de Curros Enríquez.
A LITERATURA GALEGA DO XIX
OS PRECURSORES: Xoán Manuel Pintos.

Ademais de xuíz e fiscal, foi tamén o autor da obra A gaita gallega (1853), o primeiro libro escrito
en galego. Este consta de 7 “foliadas”, en prosa e verso, con fragmentos tamén en castelán e
latín. O eixe da obra é o diálogo entre Cristus, un vello gaiteiro pontevedrés, e o tamborileiro
castelán Pedro Luces ao que o primeiro lle vai ensinando a lingua galega coas súas
características, pero achámonos ante unha verdadeira enciclopedia arredor de Galicia, pois
vanse engadindo outros aspectos dela, como os costumes, a paisaxe, as referencias a diversos
lugares, a situación socioeconómica...

.
A LITERATURA GALEGA DO XIX
OS PRECURSORES: Xoán Manuel Pintos.

É evidente que A gaita gallega (1853) posúe finalidade didáctica ao


presentarse como un método de aprendizaxe para falar, ler e escribir en
galego, que incluso inclúe vocabularios; pero ademais é unha obra
reivindicativa, non só pola defensa da lingua e da cultura galega, senón
tamén pola denuncia nalgúns poemas das problemáticas de Galicia: a
fame, a emigración, as aldraxes ás súas xentes, entre outras.
A LITERATURA GALEGA DO XIX
OS PRECURSORES: Xoán Manuel Pintos.

Entre as outras obras de Xoán Manuel Pintos destaca o longo poema


narrativo Contos de aldea, a historia duns amores tráxicos. Así como o
Coloquio de 24 gallegos rústicos de Sarmiento influíu na obra de Pintos,
á súa vez a obra deste vai deixar pegadas na de Curros Enríquez e en
Cantares gallegos de Rosalía, que van dende o uso dun galego e uns
recursos populares ata a temática.
A LITERATURA GALEGA DO XIX
OS PRECURSORES:

Outros autores desta época foron Alberto Camino, creador de poemas


amorosos e elexíacos, e o berciano Antonio Fernández Morales coa obra
Ensaios poéticos en dialecto berciano (1861), o segundo libro escrito en
galego, que consta de dezaseis poemas, non exentos de denuncia social,
onde ofrece un cadro cultural do Bierzo popular, cos costumes, coas
paisaxes, as formas de vida e as paixóns cotiás.

You might also like