Tema 10 Gallego

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 7

1.

- GALICIA NA IDADE MEDIA: CONTEXTUALIZACIÓN


Idade Media: Dura entre o 476-1453
Alta IM (séc.V-XI) - Baixa IM (séc. XII-XV): Fragmentación Imperio romano de occidente
- caída do imperio romano

SOCIEDADE:
1.- Feudal:

 Nobreza: Feudos = propiedades


 Clero
 Campesiñado= maioría
 Burguesía: aparece na baixa IM
2.- Piramidal:
Cúspide:. REI
Relacións xerárquicas: señor- vasalo

POLÍTICA:
XII: Separación de Galicia e Portugal
Galicia> coroa de Castela
XIV-XV: Loitas sucesorias> Perde a nobreza galega> Consecuencias negativas para
Galicia.

ECONOMÍA:
Basicamente agrícola
XII-XIII: época de desenvolvemento:
 crecemento demográfico
 avances na agricultura
 nacemento das ciudades
XIV: Malas colleitas > Crise ecónomica
XV: Opresión, pobreza > Revoltas Irmandiñas
Revoltas Irmandiñas:

Que son? Levantamento burgués e labrego en contra do poder da nobreza.


Que perseguen? Poñer fin ás inxustizas señoriais. Dedícasen a derrubar as
fortalezas dos nobres , que simboliza esa inxustiza social.
Cando se producen?
1ª: en 1431> Roi Xordo
Última: 1469, Pedro Madruga (Pedro Álvarez de Soutomaior) derrota definitiva

CULTURA:
Descubrimento do sepulcro do Apóstolo (813)> nace a cidade
Santiago de Compostela> Camiño de Santiago>peregrinacións> florecemento cultural.

2.- A LINGUA NA IDADE MEDIA


2.1.- A TRANSFORMACIÓN EN LINGUA ESCRITA
- Existencia do galego/galego-pportugués no séc. XIII
Por que o sabemos: aparecen palabras en textos latinos
-É a lingua de uso oral en todos os estamentos
-Separación de Portugal > afastamento das dúas linguas a fins XII-comezos XIII
-Aparecen as primeiras mostras en textos escritos
-Uso do galego en distintos tipos de textos:
1. Documentos de carácter privado(testamentos, doazóns…)
2. Documentos públicos institucionais (actas, regulamentos…)
3. Documentos xudiciais(querelas, sentenzas…)
4. Documentos eclesiásticos (en conventos; combinábase co uso do latín)
5. Documentos científicos/didácticos (tratado de albeitaría, sobre as enfermidades do
cabalo)
6. Documentos historiográficos
7. Documentos literarios
2.2.- MONOLINGÜISMO SOCIAL ORAL. A CONSIDERACIÓN DE LINGUA
Dende fins XI-XIV: uso oral do galego en todas as clases sociais, incluso os Reis.
Isto exemplifica o ben considerado que estaba o gal-port.
A produción literaria vai máis aló das nosas fronteiras. Razóns:
 Especialización por xéneros (poesía)
 Non “conciencia nacional”
 Proximidade coas outras linguas romances
 A monarquía e nobreza portuguesa potenciaban o seu uso

2.3.- TRAZOS DA LINGUA GALEGO-PORTUGUESA MEDIEVAL


O galego medieval presenta unidade lingüística e ortográfica: é una “KOINÉ” (lingua
convencional entendida por todos)
Características (páx. 224):
 Fonéticas : vogais nasais, hiatos, sibilantes sonoras e xordas
 Morfolóxicas: Substantivos acabados en -OR invariables en xº , “TE” con valor
de CD e CI,formas compostas con “AVER”, pronomes mesoclíticos…
 Sintácticas: posesivo sen artigo, emprego de dobre negación…
 Léxicas: uso de provenzalismos, galicismos e arcaísmos (vegada/vez, eire/onte,
cras/mañá, chus/máis)…

3.- PROCESO DE MINORIZACIÓN DO GALEGO
No séc. XIII (Fernado III e Alfonso X) comézase a usar o castelán nos documentos
Séc. XIV-XV:
LOITAS SUCESORIAS (Xoana a Beltranexa/RR.CC> repercusións na lingua > Uso do
castelán nas institucións e documentación
IGREXA: De usar o galego, vai deixar de usalo paulatinamente

4.- A CONSOLIDACIÓN DAS DÚAS VARIEDADES LINGÜÍSTICAS


Facemos referencia á separación/consolidación do galego e do portugués.

Portugal> Reino independente >Centro cultural:Coimbra> é una lingua


institucionalizada.

Galicia> pasa a formar parte do Reino de Castela >Centro cultural: non o ten > Non é
una ligua institucionalizada
Rasgos distintos entre galego e portugués (páx. 226):

No galego desaparecen as vogais nasais, as sibilantes sonoras, unifícase na pronuncia


b/v, ditongo OI…

II.- LITERATURA GALEGO-PORTUGUESA. CUESTIÓNS XERAIS


1.- AS ORIXES DA POESÍA PORTUGUESA
Ata o séc. XII o latín era a lingua literaria.
Nos séculos centrais (fins XII-mediados do XIV):
 Cantares de xestas e cantares épicos: castelán
 Lírica trobadoresca: galego (É un movemento de ámbito europeo)

2.- CULTURA TROBADORESCA EN EUROPA
A orixe está no sur de Francia.
O foco inicial está en Poitiers (Guillerme IX de Aquitania: primeiro trobador). A lingua
empregada é a lingua d`oc
Nos séc. XII-XIII xorden as escolas autóctonas que compoñen á moda provenzal:
Escolas catalás, italianas, francesa, siciliana,alemá e a galego-portuguesa

3.- ÁMBITO XEOGRÁFICO DA POESÍA GALEGO-PORTUGUESA


A lírica galego-portuguesa é un movemento que sae das nosas fronteiras.
Hai autores galegos, portugueses, casteláns e incluso de fóra das nosas fronteiras.
Razóns:
 Proximidade das linguas romances
 Importancia da nobreza galega: ten moito poder económico e político e isto
conleva prestixio cultural e lingüístico.

3.1.- VÍAS DE PENETRACIÓN DA CULTURA TROBADORESCA


a) Camiño de Santiago:

 É una ruta comercial e cultural.


 Une Santiago con Europa.
 É a ruta de trobadores e xograres.
b)Monxes de Cluny
Non compoñen lírica profana, pero teñen moita importancia no ensino.
c) Contactos nobiliarios
Prodúcense alianzas matimoniais > adaptación dos novos costumes.

4.- ETAPAS NA EVOLUCIÓN DA POESÍA GALEGO-PORTUGUESA

A lírica trobadoresca é o período que vai dende 1196 (data da composición máis antiga
“Ora faz ost`o senhor de Navarra” de Johan Soarez de Pavía, nobre portugués) ata
mediados do séc. XV (inicio da escola galego castelá.

Neste apartado sinalar, simplemente, que as etapas máis importantes son as que
van de 1245 ata 1325.

Coinciden cos reinados de Alfonso X O Sabio en Galicia e Afonso III en Portugal e, a


segunda con D. Dinís (neto de Alfonso X), que son uns grandes difusores da lírica
trovadoresca

5.- O ESPECTÁCULO TROBADORESCO. AUTORES E INTÉRPRETES


Como introdución, comentar que as diversións da sociedade medieval eran as
seguintes: trobar (hai que recordar que as cantigas estaban destinadas a ser cantadas e
non lidas), cartas, exercicios cabaleirescos, monterías.
O estatus social medíase polo número de poetas que os nobres acollían na súa corte.
Intérpretes:
TROBADOR
Orixe nobre (incluso reis).
Ocupan o lugar máis alto na xerarquía social e artística.
É poeta: só compón.

XOGRAR
Artistas ambulantes.
Interpretaban as cantigas
Despois, compuxeron: isto supúxolles fortes críticas (queda reflectido nas cantigas de
escarnio)
Nos Cancioneiros aparecen nomeados ata 36 xograres (Martín Códax, Fernando
Esquío…)

SEGREL
Compón e interpreta.
Pertence á baixa nobreza

XOGRASESAS, CANTADEIRAS,DANZADEIRAS, SOLDADEIRAS


Completaban o espectáculo da interpretación da cantiga (que como xa se dixo, era
para ser cantada) co baile.
Aquí podemos ver a contraposición da visión da muller na lírica trobadoresca:
 Na literatura: a muller estaba idealizada.
 Na realidade: xoga un papel secundario e eran ignoradas nos ámbitos culturais.

6.- TRADICIÓN MANUSCRITA


CANCIONEIRO DE AJUDA ( fins do XIII-XIV)
Está no Palacio de Ajuda.
Consta de 310 cantigas de AMOR.
Aparecen 38 autores.
Pénsase que pertence a un Cancioneiro máis amplo.
Ten miniaturas e notación musical.
CANCIONEIRO DA BIBLIOTECA NACIONAL DE LISBOA ou COLOCCI-BRANCUTI
O nome débese ao lugar onde se conserva (o primeiro) ou ao autor e nobre onde se
atopou (o segundo).
Ten 1647 cantigas de todos os xéneros.
Aparecen 150 autores.
Particularidade: Vai prececido dun tratado de poética, “Arte de Trovar”, que nos
permite saber como se compoñía, como se denominaban os recursos empregados nas
cantigas…
CANCIONEIRO DA BIBLIOTECA VATICANA
Conservado en Roma.
Foi ordenado facer por Colocci.
Ten 1.200 cantigas que son copia do anterior.
Este cancionerio consérvase una copia en Madrid en 1857; perdérase, pero atopouse
na Universidade de Berkeler en 1983.
PERGAMIÑO VINDEL
Foi descuberto polo libreiro Vindel, de aí o seu nome.
Era o forro doutro cancioneiro.
Hoxe está en Nova York.
Contén SETE cantigas de AMIGO de Martín Códax
Importancia:

Contén a notación musical > cantigas destinadas a ser cantadas e por outro lado, estes
pergamiños indican que era a forma de transmitir as cantigas aos xograres para que as
difundiran e as memorizaran.
PERGAMIÑO SHARRER
Descuberto por Sharrer, profesor norteamericano.
Contén SETE cantigas dde AMOR de D. Dinís.
Ten, tamén, a notación musical.

You might also like