Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

FONEMA LETRA MODO LUGAR SONORIDADE FONEMA LETRA ABERTURA PNT ARTICULACIÓN

Grafía: representación dos fonemas na escritura, as letras.


fala.
Son: realización concreta dos fonemas pronunciados por cada individuo en calquera acto de
Permiten distinguir palabras. Son abstractos, non se corresponde a ningún son concreto.
Fonema: é o elemento mínimo distintivo, non se poden dividir en unidades menores.
/b/ b, v oclusiva bilabial sonora /a/ a aberta central
/k/ cqk *
oclusiva velar xorda /e/ e semipechada anterior-palatal
/d/ d oclusiva dental sonora /Ɛ/ e semiaberta anterior-palatal
/f/ f fricativa labiodental xorda /i/ i pechada anterior-palatal
/g/ g, gu* oclusiva velar sonora /o/ o semipechada posterior-velar
/l/ l lateral alveolar sonora /ᴐ/ o semiaberta posterior-velar
/ʎ/ ll lateral palatal sonora /u/ u pechada posterior-velar
/m/ m nasal bilabial sonora
/n/ n nasal alveolar xorda SEMIABERTAS SEMIPECHADAS
/ɲ/ ñ nasal palatal sonora Acento diacrítico Infinitivos
/ŋ/ nh nasal velar sonora Perfecto do verbo ir
Formas verbais do perfecto
/p/ p oclusiva bilabial xorda Perfecto regular
be, ce, gue, pe, que,
/r/ R, rr vibrante m alveolar sonora e, efe, ele, eme, ene, eñe, erre, ese, o
te, ceta
Palabras rematadas
c r vibrante s alveolar sonora en -edo, -eo, eza, -ón,
Substantivos rematados en -el, -ol e -or, -oso
/s/ s fricativa alveolar xorda os seus plurais. Ditongo -ou-
+ palabras rematadas
/t/ t oclusiva dental xorda
en -és.
Vb 1ª cnx: -e- ou -o-
Nas 2ª persoas do Presente de
/tʃ/ ch africada palatal xorda seguido de -i- ou
Indicativo, da 2ª/3ª conxugación,
consonantes palatiais.
con vogal radical -e-, -o- e
Vbs rematados en -
/ʃ/ x fricativa palatal xorda alternancia vogalica.
ear, -oar.
Non, hoxe, agora, con,
/θ/ z, c* fricativa interdental xorda Sempre, onte, ben, é, e
sen, por
ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO

APROXIMACIÓN BIOGRÁFICA
Home polifacético, foi un extraordinario debuxante, un escritor orixinal e un bo coñecedor da
psicoloxía do pobo que fica reflectida na súa obra con comprensión e humanidade.
A diferenza do resto do Grupo Nós, Castelao nace nunha familia mariñeira e vive a experiencia da
emigración con tan só 10 anos, que lle deixa unha fonda pegada. Á volta licénciase en medicina,
apenas exercerá.
Achégase ao nacionalismo e ás Irmandades da Fala, ingresa na RAG no 1934 e vinculado ao GN,
asume a dirección artística da Revista Nós. Na II República é deputado polo PG e participa no
Estatuto de Autonomía.
No 1936 exiliase e instálase en Bos Aires, segue escribindo, protagoniza actividades galeguistas...
LITERATURA PREVIA
Antes de publicar a súa propia obra, Castelao xa había estreando a súa faceta narrativa na
revista “A Nosa Terra”, onde publicou breves relatos.
ÁLBUM NÓS (1918)
Trátase de 50 imaxes onde o autor reflicte a totalidade da problemática galega.
UN OLLO DE VIDRO. MEMORIAS DUN ESQUELETE (1922)
Un relato breve de tema macabro no que o protagonista é un esqueleto é enterrado cun ollo de
vidro que levaba cando vivía, e grazas a el pode ver o mundo dos mortos.
Neste relato destaca a ironía e o humor negro, detrás da descrición do mundo de ultratumba hai
unha crítica á sociedade do seu tempo.
COUSAS (1926)
O autor preséntanos 44 narracións líricas, que simbolizan unha crítica á sociedade: a miseria, a
emigración, a soidade dun vello, a traxedia do mar, acompañadas sempre cunha ilustración.
Ademais dun limiar que leva o nome “Á carón da natureza”
RETRINCOS (1934)
Esta obra componse de cinco relatos, inspirados en sucesos da súa biografía.
Os dous primeiros relatos “O Inglés” e “O Segredo”, están inspirados na súa primeira emigración
a Arxentina cando era un neno. “Peito de lobo”, está inspirada en Santiago, na súa adolescencia,
son as súas aventuras de estudante. “Sabela” ten un tema máis crítico, sobre a defensa das
mulleres, fala da mocidade festeira. E por último, “O retrato”, está ambientado en Pontevedra,
cando a morte do seu fillo e o seu desprendemento de retina.
OS DOUS DE SEMPRE (1934)
É a única novela que escribiu Castelao. Os protagonistas son dous personaxes contrapostos:
Rañolas e Pedriño. Cada un deles representa unha postura distinta sobre a vida. Rañolas nace na
miseria e cunha malformación física, é loitador e idealista. Pedriño, pola contra, é corpulento e
lambón, cunha postura máis pasiva e conformista.
OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE (1976)
Á única obra teatral do autor, representada por primeira vez na Praza da Quintana no 1976.
Consta de tres actos, que tratan os matrimonios de “vellos” e nenas, os tres actos tratan do
mesmo pero con historias diferentes. Os antagonistas son os mozos da idade das nenas.
Para que a obra fose máis fiel ao papel, Castelao decidiu facer el mesmo os traxes e poñerlle
caretas aos actores para que non houbese diferencia entre as expresións dos personaxes ficticios
e os reais.
SEMPRE EN GALIZA
Á súa gran obra de ensaio, reúne todo o pensamento galeguista e é considerada “a Biblia do
Galeguismo”.
ALBA DE GLORIA (1948)
Discurso interpretado en Bos Aires, no Centro Galego, no que expresa a morriña ou saudade dos
emigrantes, fai unha metáfora cos galegos inmigrantes e a Santa Compaña.
AS CRUCES DE PEDRA NA BRETAÑA (1930)
É un estudo histórico e descritivo dos cruceiros na Bretaña francesa.
AS CRUCES DE PEDRA NA GALIZA (1950)
É un estudo histórico e descritivo dos cruceiros en Galiza.
ÁLBUMS DE GUERRA
Castelao, na súa obra, publicou un total de tres álbums de guerra: Galiza mártir (1937), Atila en
Galicia (1937) e Milicianos (1938). Os tres, son parte da súa obra gráfica, son un conxunto de
estampas que critica o fascismo e reivindica a República.

RAFAEL DIESTE
APROXIMACIÓN BIOGRÁFICA
Tamén naceu en Rianxo, igual que Castelao, emigrou a Bos Aires, México e finalmente a
Inglaterra. Ten unha obra non moi extensa pero culta e innovadora, baseada na literatura
popular. Os seus contos teñen unha temática relacionada coa morte, o misterio e a maxia, é
común que mesture elementos fantásticos con elementos realistas. Ademais son historias moi
breves e condensadas que concentran a intensidade ata o final.
DOS ARQUIVOS DO TRASNO (1926)
É un libro de relatos parecidos ás cousas, publicados previamente no xornal Galicia na sección
“Domingos literarios en Galicia”, precedidos dunha introdución na que o autor expón as súas
ideas de como debería ser un conto.
A FIESTRA VALDEIRA (1927)
É unha obra de teatro ambientada en Rianxo, a súa vila natal, no salón da casa de Don Miguel
que dende a fiestra vese mar. A acción consiste nun encargo dun retrato no que de fondo hai un
porto mariñeiro visto dende a fiestra. Ten 3 actos que seguen a estrutura de presentación, nó,
desenlace.

VARIACIÓNS LINGÜISTICAS
DIACRÓNICA
Dependendo da época, o galego non ten as mesmas normas, polo que hai cambios na fala.

ÉPOCA SÉCULOS GALEGO


Idade Media IX/XV Galego antigo
Séculos Escuros XVI/XVIII Galego moderno
Gal. Rexurdimento
Rexurdimento XIX/XXI Gal. Primeiro terzo Século XX
Gal. Posguerra

DIATÓPICA
Dependendo do lugar onde nos encontremos, falase galego dunha forma diferente. Ex. Na parte
oriental da comunidade din “pantalois” en vez de “pantalóns”.
SOCIOCULTURAL
Dependendo de quen fale tamén hai variacións. Non é o mesmo que te fale unha persoa con
estudios superiores que outra analfabeta.

SITUACIONAL
O oínte tamén ten que ver nas variacións da lingua, non falas igual co teu pai que coa túa mellor
amiga que coa profesora de galego. Existen dous rexistros:

FORMAL INFORMAL
Situacións solemnes e formais Situacións de confianza e familiares
Conferencias, exames, entrevistas Conversas con amigos, mds
Vocabulario cotiá e xeral (aquelar)
Vocabulario coidado e preciso
Frases feitas
Corrección lingüística
Trazos dialectais
Pronuncia coidada

You might also like