Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

TEMA 8: A POBOACIÓN E POBOAMENTO EN ESPAÑA E GALICIA

1. Tipos de políticas demográficas.


Natalistas: a favor da natalidade, con medidas como favorecer a redución das horas de traballo
nos primeiros meses para que os pais podan atender e educar os fillos, crear escolas infantís,
reducir a fiscalidade ás parellas con máis dun fillo.
Antinatalistas: en contra da natalidade: sancións aos que teñan máis fillos dos permitidos,
estirilizacións forzosas, fomento do uso de anticonceptivos, limitar a presión de grupos relixiosos
máis tradicionais sobre as mulleres e as familias…

2. Describe as fases dos modelos demográficos


1. Modelo demográfico antigo. Ata o século XVIII o crecemento demográfico foi moi lento
porque, aínda que as taxas de natalidade eran moi elevadas, as de mortalidade, sobre todo a
infantil, tamén o eran polas epidemias, guerras, fame…e falta de medidas de hixiene e
sanitarias.

2. Modelo demográfico de transición. Xurdiu no século XIX. A natalidade continuaba alta, pero a
mortalidade diminuíu grazas ás melloras hixiénicas, sanitarias e alimentarias. Isto supuxo un
crecemento natural alto e un aumento da poboación.

3. Modelo demográfico moderno. Durante o século XX, as taxas de natalidade e mortalidade


descenderon debido ás medidas de control da natalidade, aos avances médicos e á
alimentación, entre outros aspectos. Esas taxas dan lugar a un crecemento natural baixo, unha
esperanza de vida alta e un envellecemento da poboación.

3. Características demográficas dos países desenvolvidos.


Teñen un réxime demográfico moderno, caracterizado por unha poboación envellecida, que é o
resultado dunha natalidade e mortalidade baixas e un saldo migratorio xeralmente positivo
(aínda que nalgúns países debido ás crises económicas tamén teñen saldos migratorios
negativos); ademais, foméntanse políticas de apoio á natalidade.

4. Como foi a evolución da poboación española?


 Ata o século XIX tivo un lento crecemento natural polas altas taxas de natalidade e
mortalidade.
 Na segunda metade do XIX tivo un importante crecemento pola diminución da
mortalidade e da natalidade. En 1900 tiña 19 millóns de habitantes.
 O crecemento acelerouse no século XX. Houbo unha caída demográfica coincidindo coa
guerra civil.
 Nos anos 60 experimentou un elevado crecemento demográfico pola subida da natalidade
e o descenso da mortalidade que se mantivo nos anos 70.
 No último cuarto do XX entrou nun crecemento natural moi lento e nalgúns anos cunha
redución.
 A partir de 1995 a chegada de inmigrantes volveu incrementar a poboación. En 2020,
pasaba dos 47 millóns.
5. Como foi a evolución da poboación galega?
En Galicia, o crecemento da poboación xa era moi forte desde o século XVII. A mediados do
século XVIII estaba moi por enriba do millón de habitantes, pero a emigración freou o
crecemento demográfico galego.

Ao longo do século XIX o crecemento demográfico foi lento por mor da crise agrícola, do
desequilibrio entre recursos e poboación e da elevada emigración (500 000 galegos), dirixida,
sobre todo, cara a América do Sur.

Os dous millóns de habitantes non se superaron ate 1900.

No século XX continuaron medrando as cifras da poboación, chegando aos 2 730 000 de


habitantes a finais do século. Esta tendencia de crecemento cesou na década de 1980. Galicia
comezou a perder poboación debido á caída da natalidade, e a envellecer, ao aumentar a
esperanza de vida.

Na primeira década do século XXI, a poboación galega experimentou un feble crecemento


demográfico debido, en parte, á chegada da inmigrantes. Pero nos últimos anos Galicia volve
perder habitantes, sobre todo, polo aumento da emigración.

You might also like