Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

ACTIVIDADES DE REFORZO E AMPLIACIÓN (páxinas 34 e 35): solucións

1.
– «En pé!»: poesía lírica de temática cívica na que se expresa unha idea de Galicia como unidade
colectiva e faise unha chamada á rebelión.
– «A rosa que sangra»: poesía lírica de temática intimista na que se expresan sentimentos
sobre o carácter da alma que pode sentir penas e alegrías.
– «Na noite estrelecida»: poesía narrativa. Nárrase a entrada de Galahaz e descríbese o seu aspecto.

2.
– Editorial: Texto sen firma onde se comenta algún tema de actualidade e se toma postura
sobre el.
– Columna: Texto breve cun espazo fixo que expresa a opinión de quen asina.
– Artigo de opinión: Texto periódico de actualidade asinado por alguén alleo á redacción do
medio de comunicación no que expresa a súa opinión.

3. Actividade de resposta aberta.

4. Actividade de resposta aberta.

5. Actividade de resposta aberta. Os seguintes enunciados poden servir de exemplo:


– Recuperei a bagaxe con todas as miñas pertenzas.
– O voo adiado con destino Lisboa está previsto para dentro de dúas horas.
– O avión terá que aterrar noutro aeroporto por causa do mal tempo.
– O tren de Vigo sae da plataforma número dous.
– As embarcacións deportivas non poden atracar no lugar reservado para os barcos de pesca.
– Neste peirao embarcaron moitas persoas que emigraron a América.

6. No período denominado Rexurdimento, o galego comezara a empregarse na escrita, mais


fundamentalmente en textos poéticos. No primeiro terzo do século XX, os autores do Grupo Nós
inauguran a novela moderna en galego e cultivan outros xéneros como o teatro e o ensaio,
ademais de empregar o galego nos seus discursos públicos, cousa que non acontecía entre os
membros do Rexurdimento.

7.
Cláusula complexa: Vive alí no parque onde acaba a rúa das árbores altas.
– Cláusula principal: Vive alí
– Cláusula subordinada adxectiva: onde acaba a rúa das árbores altas

Frases:
– Frase adverbial: alí
– Frase preposicionais: no parque; das árbores altas
– Frase nominal: a rúa das árbores altas

Palabras: Vive (verbo); alí (adverbio); no (preposición + artigo); parque (substantivo); onde
(pronome relativo); acaba (verbo); a (artigo); rúa (substantivo); das (preposición + artigo);
árbores (substantivo); altas (adxectivo).

8.
– As nenas gañaron o concurso.
SUXEITO: As nenas
PREDICADO: gañaron
CD: o concurso

– O amor entre eles parece moi tenro.


SUXEITO: O amor entre eles
PREDICADO: parece
ATRIBUTO: moi tenro

– Todos os días xantan peixe da ría de Muros.


CCT: Todos os días
PREDICADO: xantan
CD: peixe da ría de Muros

– Fala con moito interese da xeografía.


PREDICADO: Fala
CCM: con moito interese
SUPLEMENTO: da xeografía

– Os seus traballos son dos mellores.


SUXEITO: Os seus traballos
PREDICADO: son
ATRIBUTO: dos mellores

– Deulle tarefas con tempo.


PREDICADO: Deu
CI: lle
CD: tarefas
CCM: con tempo

9.
– Insistiu en falar do lixo televisivo.
Insistiu en falar: interdependencia
do lixo televisivo: interdependencia
lixo televisivo: subordinación
– Sempre me di que todo vai saír ben: subordinación
– Chocolate con arandos: subordinación
– Lémbrase do seu tío acotío: interdependencia
– Comeu e marchou: coordinación

10.
– A líder do grupo, que era a máis atrevida, foi a primeira en dar un paso adiante.
– Marta, atende, que levas toda a clase falando coa colega.
– Fun comprar ovos, tomates, leituga e pementos caseiros, pero ovos xa non quedaban.
– O mar, xa se sabe, limpa todo.
– As lentellas, aínda que non me gustan moito, cominas todas.

Páxina 35
1.
«A rosa que sangra» é unha metáfora da alma como elemento vivo, que experimenta alegrías
e penas.
• Comparacións:
Verso 7: «como espigas do trigo os cabelos doirados»: ten o cabelo dourado como a cor do
trigo.
Verso 8: «a cor como de rosas»: a cor da súa pel é saudable, rosada, como a cor das rosas.
Verso 9: «vermella como aberta ferida»: a cruz é vermella como a cor do sangue dunha ferida
aberta.

• O modo do enunciado que aparece na segunda estrofa do poema é a descrición.

2.
Fomos á tenda e compramos o que tiñamos na listaxe. Pagamos na caixa lenta porque a rápida
estaba estragada. Despois fomos á axencia de viaxes por termos tempo libre e preguntamos
por unha viaxe a Xapón, que é un destino moi atractivo. Como todo era moi caro, enredamos
pouco e entramos nunha floraría, xa que á miña nai gústanlle moito as flores. Así ficaría contenta
connosco ao acordarnos dela.

3.
Hipérbatos:
• Versos 3 e 4:
«e abatéronse as portas e apareceu no estrado,
onde o asento baleiro, Galahaz, o Esperado»
– A orde lóxica dos elementos sería: «e as portas abatéronse e Galahaz, o Esperado, apareceu no
estrado, onde o asento baleiro.
Os posibles motivos do uso do hipérbato son destacar o elemento desprazado da súa
posición normal (Galahaz, o Esperado) e facilitar a rima (estrado / Esperado).
• Verso 7:
«como espigas do trigo os cabelos doirados»
– A orde lóxica dos elementos sería: «os cabelos doirados como espigas do trigo».
Os posibles motivos do uso do hipérbato son destacar o significado do elemento desprazado da súa
posición normal (os cabelos doirados) e facilitar a rima (doirados / azuados).
• Verso 10:
«sobre o peito garnida»
– A orde lóxica dos elementos sería: «garnida sobre o peito».
O uso do hipérbato é por motivos de rima (ferida / garnida).

4. Resposta aberta.

5. No primeiro terzo do século xx, a lingua galega continúa o proceso paulatino de perda de falantes
debido aos prexuízos que pesan sobre esta, así como pola súa escasa ou nula presenza
en ámbitos como o ensino, a Administración, a Igrexa ou o comercio. Porén, no interior das
clases letradas xorden grupos de grande importancia cultural que reivindican o valor do galego
utilizándoo en ámbitos formais e públicos e nos seus escritos, o cal supón un avance no proceso de
normalización da lingua galega.

6. Actividade de resposta aberta.


Moitas mulleres estaban asociadas ás Irmandades e participaron de distintas iniciativas xurdidas
arredor destas: as que formaron parte dos coros e agrupacións teatrais; as sociais ou protectoras do
Seminario de Estudos Galegos; as militantes do Partido Galeguista; as que traballaron na
Agrupación Republicana Feminina; as integrantes do Grupo Feminino do Partido Galeguista de
Ourense ou as colaboradoras de A Nosa Terra. Case todas estas mulleres foron esquecidas na
celebración, no 2016, do centenario da fundación das Irmandades. Algúns nomes: María
Miramontes, Elvira Bao, Josefa Vázquez, Micaela Chao Maciñeira, Teresa Chao Maciñeira, Carme
Chao Maciñeira, Amalia Álvarez Gallego, Avelina Sardina, Olimpia Valencia López, Mercedes
Vieito Bouza, Rosa Martínez, Ermitas López Verdes, Genoveva Casal ou Antonia Pardo Méndez.

7.
Oración: André voa todas as semanas cara a París porque traballa nunha empresa aeronáutica
de alí dende hai tempo.

EFECTO (cláusula): André voa todas as semanas cara a París


– SUXEITO: André (frase substantiva)
– PREDICADO: voa (verbo)
– CCT: todas as semanas (frase nominal)
– CCL: cara a París (frase preposicional)
NEXO: porque
CAUSA (cláusula): traballa nunha empresa aeronáutica de alí dende hai tempo.
– PREDICADO: traballa (verbo)
– CCL: nunha empresa aeronáutica de alí (frase preposicional)
– CCT: dende hai tempo (frase preposicional)

8. «¡En pé!» constitúe unha frase preposicional formada por un RELATOR (prep.: en) e un TERMO
(substantivo: pé).

9.
Desde reis ou raíñas ata os máis humildes humanos fixeron uso dos poderes do corno de Alicornio.
Para picadas e velenos; para mordeduras e feridas; contra o mal de ollo, epilepsia, lepra,
gangrena; para rexuvenecer e ata para cambiar de sexo. Como amuleto contra meigallos, para
os males da cabeza, contra «soños de vulto» (cando ademais de ver, apalpas o que soñas), en
fin… serve tanto para persoas como para animais, contra case todos os males e a favor de case
todas as venturas.

You might also like