Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

VOCABULARIO DE DEMOGRAFÍA

1. DEMOGRAFÍA: Ciencia que estuda todo o referido a poboación

2. DENSIDADE DE POBOACIÓN: Expresa o número de habitantes que ten un


territorio por cada kilómetro cuadrado, no suposto de que a poboación se
repartise por igual sobre o devandito territorio.

3. CENSOS: Reconto que se fai cada dez anos para saber o número de habitantes
que hai nun determinado país. O Padrón municipal é un censo por concellos e
faise cada cinco anos.

4. CRECEMENTO NATURAL OU VEXETATIVO: É a diferenza entre o


número de nacementos e defuncións que hai nun territorio determinado ao
longo dun ano.

5. TAXA DE NATALIDADE: É o número de nacementos que hai nun territorio


determinado por cada mil habitantes durante un ano.

6. TAXA DE MORTALIDADE: É o número de defuncións que hai nun


determinado territorio por cada mil habitantes durante un ano.

7. TAXA DE MORTALIDADE INFANTIL: É o número de nenos que morren


nun país durante un ano, por cada mil habitantes, antes de ter cumplido o
primeiro ano de vida.

8. MIGRACIÓNS: Son os desprazamentos de persoas por cambio de lugar de


residencia. A saída de habitantes do seu lugar de orixe chámase emigración, e a
chegada de poboación a un novo lugar de destino chámase inmigración. Deste
xeito as persoas que se van son emigrantes e as que chegan son inmigrantes. A
inmigración pode ser regular (legal) , os que entran nun país con permiso de
residencia e de traballo ou irregular, si se produce o contrario.

9. INTERCULTURALIDADE: É o achegamento e diálogo entre todas as culturas que


habitan nun país, procurando a interrelación entre todas, como fonte de riqueza,
tratando a todos por igual, creando hábitos de cooperación e solidariedade.

10.SALDO MIGRATORIO: É o resultado de restar o número de inmigrantes e


emigrantes que hai nun país. É saldo migratorio positivo cando ese país gaña
poboación, e será negativo cando a perde.
11.PIRÁMIDE DE POBOACIÓN: É un gráfico que permite ver, entender e explicar
moitos dos trazos que ten a poboación dun país.

12.POBOACIÓN ACTIVA: É a poboación que traballa ou está en idade de traballar


aínda que non teña emprego. Inclúe por tanto a poboación ocupada, que recibe un
salario, a poboación en paro e os maiores de dezaseis anos que buscan o seu
primeiro emprego.

13.POBOACIÓN NON ACTIVA: Fórmana os nenos , os xubilados, as persoas


discapacitadas. Tamén se considera poboación non activa aquela que , aínda
realizando unha actividade laboral, non é económicamente produtiva, como no caso
dos estudantes ou amas de casa.

14.SEGURO DE DESEMPREGO: Consiste no pagamento que fai o Estado, dunha


cantidade mensual ás persoas que se atopan en paro laboral.

15.OS SECTORES PRODUTIVOS:

-Sector Primario: Inclúe as actividades cuxa finalidade é obter produtos


directamente da naturaza: agricultura, gandaría, pesca e explotación forestal.
-Sector Secundario: Inclúe as actividades profesionais que transforman os produtos
que se obteñen da natureza en produtos semielaborados e elaborados: industria,
construción, e produción de enerxía.
-Sector Terciario: Agrupa os traballos que lles proporcionan servicios ás persoas:
educación, sanidade, transporte, comercio, etc.

16.ESPERANZA DE VIDA. É o cálculo medio do número de anos que chegan a vivir


as persoas nun determinado país.

17.ECONOMÍA SUMERXIDA: É a resultante de actividades económicas sen


declarar e polo tanto eludindo o pago de impostos polos beneficios obtidos.

18.EXPLOSIÓN DEMOGRÁFICA: É o crecemento acelerado da poboación mundial


nas últimas décadas ata superar os 8.000 millóns de habitantes que hai na
actualidade.

19.PAÍSES DESENVOLVIDOS: Conxunto de países industrializados e cuxa


poboación goza dun elevado nivel de vida. Están situados maioritariamente no
hemisferio norte.

20.PAÍSES SUBDESENVOLVIDOS: Países carentes de tecido industrial e con


dificultades de acceso a bens como a sanidade e a educación; tamén se coñecen
como Terceiro Mundo.

You might also like