Composición Nº1

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

Composición Nº1 - “A crise da monarquía absoluta: abdicacións e ocupación

napoleónica”
O reinado de Carlos IV
Carlos IV accedeu ao trono Español no 1788 e viuse desbordado pola complexa situación creada pola
revolución francesa (1789). O medo a expansión da revolución conxelou as reformas do reinado de
Carlos III, apartou do goberno aos ministro ilustrados, nomeou a Manuel Godoy secretario de estado
e pechou a fronteira francesa.

O protagonismo das clases populares da revolución francesa, o carácter radical, a morte en guillotina
do rei de Francia, levaron a unirse a coalición militar europea en guerra contra Francia. Esta guerra
acaba coa derrota das tropas Españolas, xerando elevados custos económicos e a firma da Paz de
Basilea (1795) a cal subordina España aos intereses Franceses.

Dende o ascenso de Napoleón España oscilou entre o medio a Francia e o intento de pactar con ela
para evitar o enfrontamento contra o seu exercito (o exercito napoleónico).

Finalmente Godoy aliase con Francia o que deriva a unha guerra contra Gran Bretaña que remata
coa derrota franco-española en Trafalgar. O que supón a perda de case toda o frota Española. Para
solucionar isto e conseguir recursos Godoy recorre ao endebedamento, aumento de impostos,
desamortización de terras eclesiásticas, redución da actividade e poder da Inquisición e promoción
das Sociedades económicas de Amigos de pais. Isto provocou unha ampla oposición sobre todo na
nobreza e na igrexa e o seu poder provocou o rexeitamento de Fernando ( fillo de Carlos IV). Por
outro bando tamén xeraron descontento nas clases populares a causa dos impostos, que se viñan
incrementando polas epidermes, a fame e a escaseza. A incapacidade de Godoy para resolver a
situación de crise alimentou roubos e revoltas.

No ano 1807 o deterioro empeorou cando Godoy co permiso de Carlos IV asina con Napoleón o
Tratado de Fontainebleau que autorizaba o paso dos exércitos Franceses por España para invadir
Portugal, e a cambio dun reparto de Portugal e un principado solo para Godoy.

O 18 de marzo de 1808 estalou o motín de Aranjuez (cidade onde estaban os reis) que perseguía a
destitución de Godoy e a abdicación de Carlos IV no sou fillo (Fernando). Carlos VI escribe a
Napoleón pedindo axuda para recuperar o trono que fora arrebatado polo seu fillo. Napoleón ve a
debilidade de España e invade ocupando o trono e anexionando o territorio a Francia.

Napoleón obriga a Calos IV e a Fernando VII a abdicar ,en Baiona, o seu poder en Napoleón. Nomeou
ao seu irmán (Xosé) rei de España. Convoca as cortes en Baiona e ofrece o Estatuto ( carta
outorgada) ao pais, o cal considerase mellor que o réxime Borbónico xa que recoñece a igualdade
ante a lei, os impostos e o acceso aos cargos públicos. Xosé non tivo moito apoio nin popular nin da
administración borbónica. Propúxose introducir unha serie de reformas para acabar co antigo
réxime: desamortización de terras eclesiásticas, desvinculación dos morgados e das terras de mans
mortas e lexislación de final de réxime; tamén houbo reformas na administración e aboliuse a
inquisición.
A guerra da independencia
Mentres se desenvolvía todo en Baiona en España iniciáronse alzamentos populares contra a
presenza Francesa xa que pensaban que Fernando VII fora secuestrado. O primeiro levantamento foi
en Madrid e aínda que foi reprimido polas tropas de xeneral Murat, o exemplo expandiuse e a
poboación revelouse contra Francia o que creou un movemento de resistencia popular freou o
avanza das tropas Francesas.

Galicia y Andalucía entre outros organizaron as Xuntas de Armamento e Defensa que organizaban a
defensa contra a invasión; isto era unha reacción a incapacidade das clases privilexiadas de mobilizar
o pais ante o baleiro de poder. As xuntas pasaron de ser locais a provinciais para reclamar a acción
das autoridades e a reunión dunha Xunta xeral que coordinase todo. O exercito Español era
insuficiente para opoñerse pero puideron impedir o avance.

Desenvolvemento da guerra:

→ Resistencia popular: As previsión de invasión rápida de Napoleón víronse afectadas pola


resistencia que freo o avance e causou a derrota Francesa en Bailén o que impediu a toma
de Andalucía.
→ Ocupación Francesa: no 1808 Napoleón despregou aos seus homes na península para a
toma de Madrid. A partir desde momento a única forza eran as guerrillas.
→ Derrota Napoleónica: No 1812 Napoleón iniciou unha campaña en Rusia o que obrigou a
retirada de efectivos da península. Ante isto as tropas Españolas apoiadas polas británicas
(ao mando xeral de Wellington) conseguiron a vitoria de Arapiles. Coa toma de Madrid por
Wellington, Napoleón vese incapaz de manter as dúas frontes e finaliza o conflito con
España, permitindo o regreso de Fernando VIII . (Tratado de Valençay)

Diversas posturas ante a ocupación Francesa:

→ Os afrancesados ⇢ Eran unha minoría de intelectuais, altos funcionarios e parte da alta


nobreza. Aceptaban a Xosé coma rei. Procedentes ( a súa maioría) do despotismo ilustrado,
gustáballes o programa reformista Napoleónico. A maioría tiveron que exiliarse tras a
derrota do imperio Francés.
→ Os patriotas ⇢ Eran a maioría da poboación. 4 posición diferentes:
1. Clero e nobreza: Resistían a o invasor e dirixían a resistencia, buscaban a volta ao
absolutismo con Fernando VII.
2. Sectores ilustrados: Especialmente liberais que vían a posibilidade de realizar
reformas por parte de Fernando VII mantendo a monarquía pero con certas
reformas.
3. A burguesía: Viron a situación da guerra ideal para transformar o antigo réxime nun
sistema liberal-parlamentario. Aspiraban a soberanía nacional, a división de poderes,
a promulgación dunha constitución, e a abolición dos privilexios.
4. Gran parte da poboación: A marxe das ideoloxías, afrontaron a guerra como un
movemento de defensa cotra a invasión dun estranxeiro, e querían o regreso de
Fernando VII.

A guerra foi longa e moi destrutiva, a causa das guerrillas as autoridades Francesas aplicaron novos
impostos. A mortalidade aumentou e a consecuencia disto a natalidade diminuíu. Na economía os
campos de cultivo quedaron desbastados e a produción agraria diminuíu notablemente, a industria
colapsou (sectores como o da la ( en Castela) desapareceron) e o comezo paralizouse. A suma de
todo isto xerou unha débeda publica inasumible.

You might also like