Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 3

INFORME PRACTICA

ESTUDO DAS PROPIEDADES DAS PROTEÍNAS

OBXECTIVO:
O obxectivo da práctica é, como o seu nome indica, estudar as propiedades das proteínas a
través de tres experimentos diferentes. O primeiro é a desnaturalización e coagulación, que
consiste en que mediante o proceso de desnaturalización o leite se pretende coagular, xa que
a coagulación das proteínas é un proceso irreversible e débese á desnaturalización dos
axentes indicados, que ao actuar sobre a proteína, desordenalo destruíndo a súa estrutura
terciaria e cuaternaria. A segunda é a reacción Biuret, coa que se pretende detectar ou
estimular proteínas e péptidos que teñan máis de dous aminoácidos grazas ao sulfato
cúprico. A terceira é a reacción xantoproteica, que consiste en intentar determinar a presenza
de proteínas solubles nunha solución, utilizando ácido nítrico concentrado. A proba dá un
resultado positivo naquelas proteínas con aminoácidos portadores de grupos aromáticos.

MATERIAIS:
● Tubos de ensaio
● Gardilla
● Mecheiro Bunsen
● Pinzas
● Pipeta/Pipeteador
● Rotulador
● Cuentagotas
● Vaso de precipitados

1. Leite
2. Ácido Acético(Vinagre)
3. Xelatina
4. Solución Azucarada
5. Hidróxido sódico
6. Sulfato Cúprico
7. Ácido Nítrico
8. Auga
9. Hidróxido amónico
PROCEDEMENTO:

1.Desnaturalización e coagulación
Primeiro se engaden 3 mL de leite nun tubo de ensaio e quéntase o leite á calor da chama do
chisqueiro de alcol sen quecer demasiado. Despóis se engaden 2 gotas de ácido acético
(vinagre) sobre o leite e axítase o tubo de ensaio durante 1 minuto ata que observemos un
resulatdo.

2.Reacción Biuret
Rotúlanse os 3 tubos de ensaio coas letras LB (leite) e XB (xelatina) e AB (azucre) e
engédense 2 mL de cada (leite, xelatina, azucre) en cada un. Engadir 1 mL de hidróxido
sódico sobre cada un dos tubos de ensaio e despois engadir 5 gotas de sulfato cúprico en
cada tubo de ensaio. Según aparezca o resultado teremos unah reacción positiva ou negativa

3.Reacción xantoproteica
Rotúlanse os 3 tubos de ensaio coas letras LX (leite) e XX(xelatina) e AX (azucre) e
engédense 2 mL de cada (leite, xelatina, azucre) en cada un. Despois se engaden 8 gotas de
ácido nítrico sobre cada tubo de ensaio e se quenta á chama do chisqueiro de alcol ata que
apareza unha cor amarela. A continuación se engade auga nun vaso de precipitados ata a
metade da súa capacidade, aproximadamente e se Introduce os tubos de ensaio en auga fría
durante 1 minuto. Engadir a continuación 5 gotas de hidróxido amónico concentrado.
Obsérvase o resultado, que tamén dependerá.

RESULTADOS:

Como vedes, o leite acabou formando coágulos debido ao


ácido acético, grazas á súa desnaturalización previa, xa que
destruíu a súa estrutura cuaternaria e terciaria.
Na seguinte práctica podemos ver como as substancias do interior dos tubos de ensaio, que
antes eran transparentes, viran as súas respectivas cores:
XB (xelatina) volveuse violeta, polo que a reacción sería positiva, AB (azucre) volveuse azul,
polo que a reacción foi negativa e, finalmente, LB (leite) volveuse violeta, polo que a reacción
foi positiva.

Na última práctica, podemos ver que as substancias dos


tubos de ensaio cambiaron á súa cor correspondente
despois de engadir as substancias necesarias, polo que os
resultados son:
XX, a xelatina, cambiou a ter un ton laranxa, o mesmo
que LX, o leite, polo que ambas reaccións serían
positivas. Mentres tanto, o azucre ou AX, o seu ton
seguía sendo amarelo, polo que a reacción foi negativa.

DISCUSIÓN E CONCLUSIÓNS:

Na miña opinión, a práctica foi sen ningún problema, todas as substancias reaccionaron
como se esperaba, e non houbo ningún inconveniente á hora de facer a práctica, nin material
roto nin nada parecido, ademais puidemos rematalo a tempo. Polo tanto, creo que a hipótese
foi probada de forma correspondente, e polo menos sei que os nosos resultados coinciden
cos doutro grupo, polo que só queda esperar que os resultados sexan correctos.

You might also like