Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 22

CPI Plurilingüe

Virxe da Cela
Un día un neno moi grande chegou a unha vila que lle pareceu un pouco
especial.
Toda a xente era moi pequena, moito mais pequena que
el. Ao seu lado el parecia un xigante.
O neno, que se chamaba Artai, tiña moita fame e
pediulles de comer.
Como Artai non atopou aos seus pais naquel pobo, deu as grazas pola comida
e cando ía marchar para seguir buscando aos seus pais...

MOITAS
GRAZAS!!!
Dixéronlle que o que comera custaba moito diñeiro e que
tería que pagar por iso. Pero o diñeiro que tiña Artai non valía
para pagar naquel lugar. Así que dixéronlle que tería que
traballar para pagarlles a súa comida.
Artai contestou que el non
sabía traballar porque era un
neno. Contestáronlle que era
demasiado grande para ser
neno e que podía traballar
mellor que ninguén porque
era un xigante.
Así que Artai, que era moi obediente, púxose a traballar
limpando as rúas da vila.
Como traballou moito entroulle moita fame.
E tivo que comer outra vez. E de novo tivo que poñerse a traballar.
O pobre Artai, de tanto traballar,
xa non podía máis
E como estaba tan canso tivo que quedar a durmir alí.
E ao día seguinte tivo que traballar
outra vez para poder pagar a
comida e o aloxamento. Cada día
traballaba máis, cada día tiña máis
fame e cada día tiña que pagar
máis pola comida e a cama. E cada
día estaba máis canso porque era
un neno.
A xente do pobo estaba encantada. Como Artai, o neno xigante, facía
todo o traballo, eles cada día tiñan menos que facer.
En cambio, os nenos estaban moi preocupados: Artai estaba cada
día máis delgado e máis triste.
Todos lle levaban as súas merendas e sóbras de comida das
súas casas; pero aínda así o Artai seguía pasando fame.
E aínda que lle contaron historias marabillosas non se lle
pasaba a tristeza.
Así é que decidiron que, para que o seu amigo puidese
descansar, eles farían o traballo. Pero como eran nenos,
aquel traballo tan duro esgotáballes e ademais, como
estaban sempre traballando non podían xogar, nin ir ao
cine, nin estudar.
Os pais vían que os seus fillos estaban cansos e débiles e un día descubriron
o que ocorría e decidiron que había que castigar a Artai por deixar que os
nenos fixesen o traballo que tiña que facer el.
Pero cando viron chegar aos pais de Artai, que percorrían
o mundo en busca do seu fillo, comprenderon que
estaban equivocados. O xigante era de verdade un neno!
Artai foise cos seus pais, e os maiores daquel lugar tiveron que volver ás
súas tarefas como antes. Xa nunca obrigarían a traballar a un neno,
aínda que fose un neno xigante.

You might also like