Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 9

DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2023 Páx.

61609

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL


E UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación


e Innovación Educativa, pola que se establece o Plan xeral da Inspección
Educativa do curso 2023/24.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020,
do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educa-
ción, regula no seu título VII a inspección do sistema educativo e establece que corres-
ponde ás administracións públicas competentes ordenar, regular e exercer a inspección
educativa dentro do respectivo ámbito territorial.

O Decreto 99/2004, do 21 de maio, polo que se regulan a organización e o funciona-


mento da Inspección Educativa e o acceso ao corpo de inspectores de Educación na Co-
munidade Autónoma de Galicia, establece no seu artigo 9 que a consellería competente
en materia de educación fixará periodicamente as liñas e os criterios de actuación da Ins-
pección Educativa.

O Plan xeral da Inspección Educativa é o documento en que se recollen as liñas e os


criterios de actuación da Inspección Educativa no marco das funcións que esta ten enco-
mendadas e de acordo coas prioridades establecidas pola Consellería de Cultura, Edu-
cación, Formación Profesional e Universidades, co obxecto de coordinar globalmente as
actividades de supervisión, asesoramento e avaliación que desenvolven os inspectores e
inspectoras de Educación.
CVE-DOG: f1s4p2a3-iey6-0it3-5532-0da5k3tm7lh1

A partir do Plan xeral e de conformidade co establecido nos artigos 10 e 20 do Decre-


to 99/2004, do 21 de maio, as xefaturas dos servizos territoriais de Inspección Educativa
elaborarán os plans provinciais de actuación da Inspección Educativa aténdose ás liñas
básicas e prioritarias fixadas neste plan, sen prexuízo da marxe de flexibilidade e autono-
mía que a singularidade provincial exixe para adecuar o plan e as actuacións previstas á
realidade educativa da provincia.

Por todo o anterior, ao abeiro do disposto no artigo 9 do Decreto 99/2004, do 21 de


maio, por proposta da persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección e Avaliación do
Sistema Educativo e en virtude das competencias e funcións atribuídas mediante o Decre-

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2023 Páx. 61610

to 119/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de


Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades,

RESOLVO:

Primeiro. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto establecer o Plan xeral da Inspección Educativa no cal
se fixan as liñas e os criterios de actuación da Inspección Educativa para o curso 2023/24.

Segundo. Liñas estratéxicas

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa establece as seguintes liñas


estratéxicas:

1. Desenvolver e reforzar a ordenación do sistema educativo.

2. Avaliar o sistema educativo e contribuír á mellora da súa calidade.

3. Potenciar as linguas estranxeiras e a progresiva internacionalización dos centros edu-


cativos.

4. Desenvolver a Estratexia galega de convivencia escolar Educonvives 2025.

5. Desenvolver a Estratexia galega de inclusión Eduinclusión.

6. Impulsar a dixitalización nos centros educativos e promover a adquisición de compe-


tencias dixitais.
CVE-DOG: f1s4p2a3-iey6-0it3-5532-0da5k3tm7lh1

7. Mellorar a ordenación sobre o funcionamento dos centros educativos que redunde


nunha maior calidade dos procesos de ensino-aprendizaxe que neles se desenvolvan.

8. Desenvolver un proceso de avaliación e mellora do sistema educativo.

Mediante o desenvolvemento do Plan xeral da Inspección Educativa contribuirase ao


logro destas liñas estratéxicas.

Terceiro. Actuacións

A Subdirección Xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo, ademais de


impulsar e coordinar as actuacións dos servizos territoriais de Inspección Educativa, des-

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2023 Páx. 61611

envolverá actuacións encamiñadas a impulsar procesos de mellora e o deseño e desen-


volvemento de ferramentas informáticas que permitan á inspección educativa dispoñer de
información actualizada sobre a xestión dos centros docentes, facilitando así o seu labor
de supervisión e asesoramento. Para iso a Subdirección Xeral de Inspección e Avaliación
do Sistema Educativo desenvolverá as seguintes actuacións:

– Elaborar e implementar protocolos normalizados para o desenvolvemento das actua-


cións da Inspección Educativa.

– Impulsar a utilización dos sistemas informáticos para a xestión dos plans provinciais e
do Plan xeral de actuación da Inspección Educativa.

– Potenciar a formación, actualización e perfeccionamento das inspectoras e inspecto-


res, incidindo na utilización das TIC.

– Crear e coordinar grupos de traballo interprovinciais no ámbito da Inspección Educati-


va en áreas e temas de interese para a mellora da calidade do sistema educativo e para a
mellora do Servizo de Planificación e Coordinación da Inspección Educativa e do Servizo
de Avaliación do Sistema Educativo.

– Manter actualizado o portal dispoñible para a Inspección Educativa, asesorar nos as-
pectos relativos ás súas aplicacións e elaborar recursos para uso da Inspección.

– Facilitar aos servizos territoriais de Inspección Educativa os modelos para a elabora-


ción dos plans provinciais de actuación e das respectivas memorias.
CVE-DOG: f1s4p2a3-iey6-0it3-5532-0da5k3tm7lh1

– Potenciar a obtención de información dos centros docentes mediante ferramentas in-


formáticas vinculadas á aplicación informática XIE.

– Potenciar a informatización dos protocolos escolares mediante a aplicación Protoco-


los educativos.

– Establecer os criterios necesarios que propicien unha actuación coordinada da Ins-


pección Educativa no exercicio das súas funcións e atribucións.

– Dar prioridade ás actuacións da Inspección Educativa en función das necesidades


detectadas, así como dos obxectivos na mellora da calidade programados pola Consellería
de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2023 Páx. 61612

– Consolidar un modelo de planificación e intervención da Inspección Educativa nos


centros educativos que facilite a recollida da información derivada das actuacións realiza-
das no seu exercicio profesional.

– Elaborar un plan de formación anual para a Inspección Educativa atendendo ás nece-


sidades de formación das catro provincias galegas, que inclúa un plan de acollida para os
inspectores/as de novo ingreso ou que se incorporen aos servizos provinciais en comisións
de servizo ou por concurso de traslados.

– Incorporar a Inspección Educativa, en canto que axente de asesoramento e supervi-


sión do sistema educativo, aos programas europeos que desenvolvan os diferentes órga-
nos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

As actuacións dos inspectores e inspectoras para as cales existan protocolos normali-


zados xestionaranse na aplicación informática de xestión da Inspección Educativa (XIE).
A través dela a Subdirección Xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo e os
servizos territoriais de Inspección Educativa realizarán o seu seguimento.

Mediante o desenvolvemento do Plan xeral da Inspección Educativa contribuirase ao


logro destas actuacións.

As actuacións que realizará a Inspección Educativa para o período de vixencia deste


plan desenvolveranse a través de protocolos normalizados achegados pola Dirección Xeral
de Ordenación e Innovación educativa, con especial atención ao calendario de implanta-
ción da LOMLOE, cuxa supervisión constituirá unha das accións prioritarias deste plan.
CVE-DOG: f1s4p2a3-iey6-0it3-5532-0da5k3tm7lh1

Serán tamén actuacións prioritarias:

– Seguimento e avaliación do plan estratéxico e de mellora dos centros incluídos no


programa Proa+.

– Seguimento das persoas responsables das unidades de acompañamento e orienta-


ción familiar (UACO) en coordinación co Servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia.

– Supervisión do correcto funcionamento do programa Acompaña.

– Supervisión e asesoramento aos centros educativos sobre a nova figura do coordina-


dor de benestar e convivencia.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2023 Páx. 61613

– Supervisión e asesoramento das novas funcionalidades en PROENS.

– Supervisión da implantación nos cursos pares do currículo LOMLOE.

– Supervisión da agrupación de áreas en ámbitos en primaria e da agrupación de ma-


terias en ámbitos na ESO.

– Seguimento e supervisión dos protocolos de matriculación nos centros educativos,


con especial incidencia no segundo curso de bacharelato.

– Seguimento e supervisión dos protocolos e programas educativos.

– Deseño dos marcos das avaliacións de diagnóstico e a organización e posta en mar-


cha das probas.

– Supervisión da implantación progresiva da formación profesional dual nos centros


educativos.

– Supervisión e avaliación da función directiva.

– Supervisión e asesoramento sobre as medidas de atención á diversidade nos centros


educativos.

– Asesoramento aos centros que desenvolvan un PFPP nas posibles melloras que afec-
ten o seu deseño e elaboración.

– Seguimento da aplicación nos centros educativos do Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro,


polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da
CVE-DOG: f1s4p2a3-iey6-0it3-5532-0da5k3tm7lh1

comunidade educativa en materia de convivencia escolar.

– Asesoramento no procedemento de validacións nos centros educativos que imparten


ESO e bacharelato, especialmente no que atinxe ás validacións recollidas nos anexos III
e VII da nova Orde do 22 de xuño de 2023 pola que se establecen medidas para a valida-
ción ou a exención de materias da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato e
materias das ensinanzas profesionais de música e de danza ou a condición de deportista
de alto nivel ou de alto rendemento.

Serán obxecto deste plan xeral, en canto que actuacións prioritarias, os programas e li-
ñas de actuación que determine para o curso 2023/24 a Consellería de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2023 Páx. 61614

As actuacións habituais son aquelas que dan resposta a problemas ou situacións que
xorden no sistema educativo que, mesmo sendo previsibles, son de difícil programación.

As actuacións específicas son aquelas que teñen por obxecto a recollida de datos ou a
supervisión en temas que son de especial interese para a política educativa da consellería.

O traballo da Inspección Educativa non se limita á realización das actividades recollidas


nos puntos anteriores. A Inspección intervén nunha multitude de situacións imprevisibles
caracterizadas pola inmediatez, que implican a realización doutras actuacións puntuais e
sobrevindas que, por razóns do servizo, lle son encomendadas no marco das funcións e
competencias que ten atribuídas.

Cuarto. Desenvolvemento do Plan xeral da Inspección Educativa

1. O Plan xeral da Inspección Educativa desenvolverase principalmente mediante as


visitas de inspección establecidas no artigo 6 da Orde do 13 de decembro de 2004 pola
que se desenvolve o Decreto 99/2004, do 21 de maio, polo que se regula o funcionamento
da Inspección Educativa e o acceso ao corpo de inspectores de Educación na Comunidade
Autónoma de Galicia.

2. Cada persoa inspectora deixará rexistro de cada visita a través da aplicación de Xes-
tión da Inspección Educativa, XIE.

3. As actuacións establecidas pola Subdirección Xeral de Inspección e Avaliación do


Sistema Educativo contarán cun procedemento para a súa execución e, de ser o caso, cun
informe específico que deberá quedar rexistrado na aplicación XIE.
CVE-DOG: f1s4p2a3-iey6-0it3-5532-0da5k3tm7lh1

Quinto. Plans provinciais de actuación da Inspección Educativa

1. As xefaturas dos servizos territoriais da Inspección Educativa desenvolverán e con-


cretarán, no ámbito provincial, as actuacións que conforman o Plan xeral da Inspección
Educativa e asegurarán a súa execución na temporalización establecida.

2. As xefaturas dos servizos territoriais da Inspección Educativa trasladarán á Subdirec-


ción Xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo, a través do Servizo de Plani-
ficación e Coordinación da Inspección Educativa, actuacións provinciais que redunden na
mellora do funcionamento dos centros educativos a nivel provincial, conforme os obxecti-
vos propostos polas correspondentes xefaturas territoriais.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2023 Páx. 61615

Sexto. Grupos de traballo interprovinciais

1. Crearanse grupos de traballo interprovinciais cunha persoa representante provincial


de cada área de traballo estrutural, das establecidas na letra a) do artigo 10 da Orde do 13
de decembro de 2004.

2. A persoa representante provincial será proposta pola xefatura do Servizo Territorial de


Inspección Educativa correspondente.

3. Os grupos interprovinciais trasladarán á Subdirección Xeral de Inspección e Avalia-


ción do Sistema Educativo, a través do Servizo de Planificación e Coordinación da Inspec-
ción Educativa, propostas de actuacións que redunden na mellora dos aspectos obxecto
de actuación destas áreas específicas.

4. As propostas deberán conter un procedemento común para toda a Inspección Edu-


cativa, así como a documentación anexa que permita que as actuacións sexan eficientes
e executivas.

Sétimo. Actividades de formación

Para a formación e perfeccionamento, así como a actualización, en todo o que se refire


ás competencias e atribucións dos inspectores e inspectoras de educación, a Consellería
de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades organiza actividades tales
como cursos, encontros, xornadas e outras modalidades de formación. Igualmente, fomen-
ta a súa participación en convocatorias formativas, nas cales se reservan prazas para os
CVE-DOG: f1s4p2a3-iey6-0it3-5532-0da5k3tm7lh1

membros da Inspección Educativa.

Organizaranse xornadas periódicas que terán lugar ao longo do curso. Nelas trataranse
temas de interese para a formación da Inspección Educativa e coordinarase a información
das diferentes unidades da consellería.

A formación pode xerar proxectos de interese para a Inspección Educativa permitindo


que esta exerza un liderado pedagóxico que axude ao estudo e desenvolvemento de as-
pectos curriculares. É o caso dos instrumentos de avaliación competencial. A Inspección
Educativa poderá xerar estudos piloto coa colaboración dos docentes e centros educativos
para, cos resultados obtidos, axudar na confección de exames competenciais.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2023 Páx. 61616

Promoverase a Internacionalización da inspección educativa. É de interese para a forma-


ción dos inspectores e inspectoras de Educación a formación e o intercambio de boas prác-
ticas a nivel internacional, de xeito especial no ámbito europeo. Por este motivo, desde a
Subdirección Xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo impulsaranse e apoia-
ranse iniciativas que axuden á internacionalización da inspección educativa e impulsarase
a participación das persoas inspectoras de educación nos programas europeos Erasmus
Plus e iniciaranse os trámites para a incorporación da Inspección Educativa da Comunidade
Autónoma de Galicia ao SICI (Standing International Conference of Inspectorates).

En xeral, os inspectores e as inspectoras poden participar noutras actividades formati-


vas específicas: xornadas, encontros e outras modalidades de formación organizadas pola
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ou ben naque-
las que, sendo recoñecidas por esta, poidan ser útiles para unha posta ao día en aspectos
curriculares, así como nos relativos á organización de centros e do sistema educativo.
Así mesmo, poden participar en modalidades formativas para docentes como estadías
no estranxeiro, programas de aprendizaxe permanente, congresos, xornadas e encontros
promovidos polas administracións educativas ou por asociacións de inspectores.

O Plan de formación da inspección educativa incluirá actividades que contribúan á acre-


ditación da competencia dixital dos inspectores e inspectoras, conforme a Orde do 1 de
xuño de 2023 pola que se regula o procedemento para a acreditación da competencia
dixital docente no ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia.

Oitavo. Seguimento dos plans

1. A Subdirección Xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo fará un segui-


CVE-DOG: f1s4p2a3-iey6-0it3-5532-0da5k3tm7lh1

mento da execución do Plan xeral da Inspección Educativa, como mínimo de xeito trimes-
tral, realizando as correccións e propostas de mellora que considere pertinentes.

2. As xefaturas dos servizos territoriais de Inspección Educativa, ao finalizar o curso


escolar, recollerán nunha memoria anual o desenvolvemento do plan provincial de actua-
ción e trasladarán as propostas de mellora á Subdirección Xeral Inspección e Avaliación do
Sistema Educativo.

3. A Subdirección Xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo recollerá


nunha memoria anual as conclusións máis relevantes da execución do Plan xeral de
inspección.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 213 Xoves, 9 de novembro de 2023 Páx. 61617

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial
de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2023

Judith Fernández Novoa


Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa
CVE-DOG: f1s4p2a3-iey6-0it3-5532-0da5k3tm7lh1

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like