Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 7

CIENCIAS NATURAIS

TEMA 4 AS PLANTAS

“ As partes das plantas”

A raíz
É a parte da planta que non se adoita ver, porque medra debaixo da terra.

Ten dúas función principais:

▪ Suxeitar a planta ao terreo.


▪ Absorver da terra auga e otras substancias.

O talo
É a parte da planta que se encarga de sostela e de transportar auga e outras
substancias a todas as súas partes e adóitase dividir en ramas.

As follas
Nacen do talo ou das ramas e son de cor verde. Nelas as plantas fabrican o seu
alimento.

Teñen dúas partes:

▪ O peciolo que é a parte pola que a folla se


une ao talo.
▪ O limbo que é a parte larga e plana.
“ Os grupos de plantas”
▪ As plantas poden clasificarse en dous grandes grupos:
As plantas con flores e as plantas sen flores.

As plantas con flores


As plantas con flores reprodúcense mediante sementes.

Estas plantas non teñen flores todo o ano, só nalgunhas épocas, normalmente na
primavera ou no verán.

Son moi abundantes e variadas e podémolas clasificar en dous grandes grupos: as


anxiospermas e as ximnospermas.

➢ As anxiospermas
. As anxiospermas teñen flores que poden ser grandes e vistosas,
coma as rosas, ou moi pequenas, coma as das aciñeiras.
. Ademais, producen froitos que conteñen as sementes.
. Son moi variadas, poden ser árbores, arbustos ou herbas.
Algúns exemplos son o castiñeiro, a maceira, a lavanda, o trigo…

➢ As ximnospermas
. As ximnospermas teñen flores pouco vistosas, sen cáliz nin corola.
. Non producen froitos e as súas sementes fórmanse en piñas.
. Son árbores e arbustos, a maioría de folla perenne.
. As follas adoitan ter forma de agulla.
Algúns exemplos son o ciprés, o abeto, o piñeiro, o teixo…
As plantas sen flores
Non producen flores nin sementes. Clasifícanse en dous grupos principais:

Os musgos e os fentos.

➢ Os musgos ( ou mofos)
. Os musgos son plantas moi pequenas e simples.
. Viven sobre as rochas, nos troncos das árbores e no chan.
. Teñen unhas folliñas diminutas, un pequeno talo e agárranse ao chan
por medio duns pelos ou raiciñas.

➢ Os fentos
. Os fentos viven en lugares húmidos, como as beiras dos ríos e os
bosques.
. Teñen un talo subterráneo do que saen as raíces e as follas, que
poden ser bastante grandes.
“ A nutrición das plantas”
▪ As plantas realizan a función de nutrición dun xeito diferente aos animais

As plantas fabrican os alimentos


As plantas diferéncianse dos animais en que non necesitan tomar alimentos
para realizar a función de nutrición, posto que son capaces de fabricar os
seus propios alimentos.

Para elaboralos só necesitan auga, sales minerais, dióxido de carbono e luz.

As plantas respiran
As plantas necesitan respirar para vivir. Ao facelo, igual ca nós, toman
osíxeno do aire e desprenden dióxido de carbono.

As plantas respiran tanto de día coma de noite, de modo que durante o día
realizan a fotosíntese e a respiración; e pola noite, en cambio, realizan só a
respiración, pois non hai luz solar.

A fotosíntese é o proceso que as plantas levan a cabo para fabricar os seus


propios alimentos a partir de varios elementos que atopan no seu entorno:

a luz, o sol, o dióxido de carbono e a auga.

A importancia da fotosíntese
➢ A fotosíntese é vital para as plantas, pois permítelles fabricar os
seus alimentos, pero tamén é fundamental para os animais, que non
poderían existir sen elas:
➢ . Todos os alimentos dos animais proceden das plantas: os animais
herbívoros comen plantas e os carnívoros aliméntanse dos
herbívoros.
➢ O osíxeno do aire, que é necesario para os animais, prodúcese na
fotosíntese.
“ A reprodución das plantas”
A reprodución nas plantas pode ser de dous tipos: sexual e asexual.

➢ A reproducción sexual
Na reprodución sexual interveñen dúas plantas. Lévase a cabo grazas ás flores,
que constan de varias partes:
➢ A reproducción asexual
Na reprodución asexual intervén unha soa planta, que dá orixe a outra planta a
partir dunha das súas partes.

Os principais tipos de reprodución asexual son:

You might also like