C.histÓRICA-Marco García Fuster

You might also like

Download as odt, pdf, or txt
Download as odt, pdf, or txt
You are on page 1of 2

Marco García Fuster

Composición histórica:
Estos documentos pódense ubicar no contexto da guerra da independencia no marco das guerras
napoleónicas (1808-1814) tras a crise da monarquía Española e as abdicacións de baiona, de vital
importancia no marco histórico e político de España xa que supoñen a cesión dos dereitos territoriais
Españois a Napoleón Bonaparte pola parte de Carlos IV e o seu fillo Fernando VII, obrigados a
abdicar ademáis de impoñer por parte de Napoleón, ao seu irmán Xosé I como rei de España.
Nun primeiro momento, en 1806, Napoleón decretou o bloqueo continental ao comercio inglés, co
obxectivo de afundir a súa economía. A negativa de Portugal de cumprilo, levou o emperador francés
a planificar a súa conquista contando co apolo de España. Apremiado por Napoleón, o goberno
español dirixido por Godoy, secretario de Estado de Carlos IV, autorizou o paso por España de tropas
francesas; acordando tamén o mutuo reparto de Portugal e as súas colonias e a creación dun reino dos
Algarves para Godoy (Tratado de Fontainebleau, 1807).
A acumulación crecente de poderes e títulos por Godoy, e a súa influencia absoluta sobre os reis,
xerou un forte resentimento no seu fillo Fernando, príncipe de Asturias. Temeroso de ver limitadas as
súas posibilidades de gobernar, foi creando un grupo opositor dentro da Corte formado,
fundamentalmente, por aristocratas. Este partido fernandino recorreu á conspiración para desprazar a
Godoy do goberno e forzar a abdicación de Carlos IV. A posibilidade de que Godoy fose rei dos
Algarves acelerou os plans subversivos de Fernando, pero estes foron descubertos e abortados en
outubro de 1807 (Conxura do Escorial).
En 1808, a entrada e presenza das tropas francesas en España causou un forte malestar popular. O
traslado dos reis a Aranjuez incrementou os temores populares. que foron aproveitados polos
partidarios do príncipe Fernando para continuaren conspirando. En marzo, os conspiradores
protagonizaron o Motin de Aranxuez. Grupos de alborotadores, contando co apoio dos gardas e dos
nobres partidarios de Fernando, asaltaron o pazo real e obrigaron a Carlos IV a abdicar no seu fillo
Fernando (reflexado na protesta de Carlos IV o 21 de marzo de 1808 no que citaba ``Protesto e
declaro que o meu decreto do 19 de marzo, no que abdiquei a Coroa en favor do meu fillo, foi un acto
ao que me vin obrigado contra a miña vontade´´ correspondente ao documento I), que foi recoñecido
como rei de España (19- 3-1808). Temeroso da evolución dos acontecementos, Carlos IV pediu axuda
a Napoleón manifestado no documento dous nunha carta (correspondente ao documento II datado do
23 de marzo de 1808) na que Carlos lle citaba a Napoleón o seguinte: ``Dirixo a VM unha protesta
contra os sucesos de Aranxuez e contra a miña abdicación. Entrégome e enteiramente confío no
corazón e amizade da VM´´.VM como vosa Maxestade.
Os sucesos de Aranxuez foron para Napoleón un claro testemuño da crise política e da decadencia da
monarquía española. Coa escusa de mediar nas súas disputas, reuniu en Baiona (Francia) os membros
da familia real española. Ali, Fernando foi obrigado a devolver a coroa a seu pai Carlos quen, a súa
vez, cedeu os seus dereitos a Napoleón; a cambio, ambos foron recompensados con cuantiosas
posesións, rendas e privilexios en Francia. Despois, Napoleón nomeou o seu irmán Xosé, daquela rei
de Nápoles, como rei de España. Todas estas reformas reflexadas nos últimos tres documentos
baseados en convenios entre Napoleón e as figuras monárquicas Españolas. Acerca a obrigación de
Carlos I de ceder os seus dereitos territoriais a Napoleón o que aparece reflictido no convenio entre
Carlos IV e Napoleón asinado o 5 de maio de 1808 no que se cita ``SM o rei Carlos, que non tivo en
toda a súa vida outra mira que a felicidade dos seus vasalos [...] resolveu ceder, como cede pola
presente, todos os seus dereitos ao trono das Españas e das Indias á SM o emperador Napoleón´´ con
certas condicións citadas posteriormente: ``1. A integridade do reino será mantida [...] 2. A relixión
católica, apostólica e romana será a única de España [...]´´.
Posteriormente lle tocaría ao fillo de Carlos IV, o príncipe de Asturias a asinar o convenio entre
Fernando e Napoleón pero esta vez o 10 de maio de 1808 no que renuncia aos seus dereitos como
gobernador e son cedidos a Napoleón tal e como e citado no documento 4: ``O príncipe de Asturias
Marco García Fuster

adhírese á cesión feita polo rei Carlos dos seus dereitos ao trono de España e das Indias a favor da SM
o Emperador dos franceses, rei de Italia e Protector da Confederación do Rin e renuncia a todos os
dereitos que posúe como príncipe de Asturias á Coroa de España´´.
E xa por último nomear por parte de Napoleón ao seu irmán Xosé I que nese momento recibia o título
de Nápoles e Sicilia e lle esperaba o do Español como se ve reflectido no documento 5 no que se
produce o decreto de cesión da Coroa española realizado por Napoleón o 6 de xuño de 1808 no que se
cita:`` resolvemos proclamar rei das Españas e das Indias ao noso moi amado irmán Xosé Napoleón,
actual rei de Nápoles e Sicilia´´.
Coa finalidade de conseguir partidarios, Napoleón convocou en Baiona unha Asemblea ou xunta de
deputados españois representantes dos tres estamentos tradicionais. Despois de xurar fidelidade ao
novo rei, Xosé I Bonaparte, a Asemblea de Baiona aprobou unha lei na que se regulamentaban as
relacións entre o novo rei e os seus súbditos.
Ainda que se trataba dunha lei fundamental do Reino, non era propiamente unha Constitución, xa que
non foi obra da Asemblea de Baiona, senón do propio rei; tiña, pois, o carácter dunha Carta
Outorgada na que Xosé I se autolimitaba no exercicio dos seus poderes. Esencialmente conservadora,
establecía unha monarquía na que o rei seguía sendo o centro de todo o sistema:
Recollía unha certa separación e limitación de poderes coa creación dun Senado, encargado de vixiar
as liberdades básicas, e unhas Cortes divididas nos tres estamentos tradicionais, con competencias nos
asuntos fiscais e orzamentarios.
Quedaban garantidas a oficialidade da relixión católica, a responsabilidade dos ministros, a unidade
lexislativa para todo o reino, a igualdade contributiva, a supresión de certos privilexios e a defensa de
certas liberdades individuais.
En resumo, era unha mestura de trazos tradicionais e novidosos que, aínda que non tiveron unha
aplicación práctica na súa totalidade debido ás cir- cunstancias bélicas polas que atravesaba o país,
supuxeron unha ruptura coa tradición política do Antigo Réxime.

Xosé I intentou gobernar en España animado de boas intencións de cambio e renovación. Pero o país
libraba unha guerra contra os intentos de Napoleón de conquistar España, de modo que tivo que sufrir
o desprezo da poboación que o satirizou con numerosos alcumes (Pepe Botella, Rei Pepino, Rei de
naipes...). Nas súas tarefas de goberno Xosé I Bonaparte estivo apoiado por un reducido grupo de
españois, os afrancesados, convencidos de que o reformismo autoritario era o único medio para lograr
a renovación e o cambio en España.

You might also like