Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 10

XEOGRAFÍA E HISTORIA ESQUEMA-APUNTAMENTOS 3º DA ESO

XEOGRAFÍA E HISTORIA
UNIDADE 6. O SÉCULO XVIII. O SÉCULO DA RAZÓN

1. O ANTIGO RÉXIME
a) Definición de Antigo Réxime
 Termo que se emprega para referirse ao conxunto de elementos que caracterizaban a sociedade, a
economía e política dos reinos europeos nos séculos XVI, XVII e, especialmente no XVIII.

b) Características do Antigo Réxime


 Economía

o Predominio do mundo rural


 Maioría da poboación vivía e traballaba no campo, no que as aldeas e as vilas eran o
centro das súas vidas, realizando escasos desprazamentos a algunha feira e romaría
próxima.
 Existencia de escasas cidades que, polo xeral, eran pequenas e estaban rodeadas de
murallas, e nas que se concentraban as actividades administrativas, militares, relixiosas,
artesanais e comerciais.
 Propiedade da terra por parte dun reducido número de persoas e institucións (reis,
nobres, eclesiásticos, mosteiros…), que normalmente arrendaban as parcelas aos
campesiños a cambio do pago dunha renda, e existencia tamén de terras comunais
(baldíos, pastos, montes…), que eran aproveitados por todos os veciños.
 Produción agrícola e gandeira de subsistencia, destinada ao autoconsumo ou ao pago
das rendas e taxas
 Rendementos e excedentes escasos debido a que os sistemas de cultivo e as
ferramentas que se empregaban eran rudimentarios
 Redución da produción e aparición de períodos de fame debido a calquera
alteración climática continuada (fortes choivas, secas…)

1
o Incremento da artesanía e do comercio
 Elaboración da produción artesanal en pequenos talleres urbanos, nos que se
realizaba un pequeno determinado produto a man, con escasas ferramentas e poucos
traballadores.
 Artesáns agrupados, polo xeral, por oficios en determinadas rúas das cidades, sendo
controlada a súa actividade polo gremio, a asociación da que formaban parte todos os
traballadores do mesmo oficio, e que se encargaba de fixar os prezos e a calidade e a
cantidade dos produtos que se elaboraban.
 Gran importancia do sector téxtil e existencia nalgunhas zonas de Europa de
talleres dedicados á produción de tecidos de luxo que se exportaba aos demais reinos
e a América.
 Incremento do comercio-local e a longa distancia, favorecendo o desenvolvemento
artesanal, comercial e financieiro.
 Formulación da teoría económica do mercantilismo
 Doutrina que defendía que, para fomentar a riqueza dun país, o Estado debía
favorecer o incremento da produción artesanal propia e a exportación comercial,
evitando ou prohibindo a entrada de produtos estranxeiros e a saída de moedas de
ouro e prata.
 Extensión dunha nova mentalidade empresarial e capitalista baseada no afán de lucro e
na busca de máximos beneficios.

 Sociedade

o División da sociedade en tres grupos ou estamentos organizados segundo o nacemento e a


función desempeñada polos individuos que as formaban, posuíndo cada estamento dereitos,
honores e leis específicas, e existindo grandes diferenzas de riqueza dentro de cada estamento.
 Nobreza, que tiña a función de defender á poboación e, xunto co clero, gozaba de
honores e privilexios.
 Clero, que tiña a función de rezar polo resto da poboación, e que tamén gozaba de
honores e privilexios.
 Pobo ou terceiro estamento, que tiña a función de traballar, e que carecía de dereitos e
permanecía sometido aos demais estamentos.

o Crecente protagonismo da burguesía


 Grupo superior do terceiro estamento, que se dedicaba a actividades artesanais,
comerciais e administrativas, e que, a pesar do seu crecente nivel de riqueza e de
coñecementos, socialmente estaba considerado inferior ao estamento dos nobres e
eclesiásticos.

2
o Permanencia do réxime demográfico antigo, baseado na familia extensa e nas elevadas taxas de
natalidade e de mortalidade.
 Moitos fillos e fillas nas familias, que non contaban con métodos de control dos
embarazos, aínda que poucos fillos e fillas sobrevivían, debido ás carencias alimenticias,
ás enfermidades infecciosas e á falta de hixiene.
 Incremento brusco da mortalidade en determinadas épocas a causa da fame e das
epidemias.
 Esperanza de vida moi baixa, pois a metade da poboación non chegaba aos vinte anos.

o Sociedade profundamente relixiosa, intolerante e analfabeta


 Vida da poboación rexida pola doutrina cristiá e seguimento das prácticas relixiosas
con gran fervor
 Cada estado europeo tiña unha relixión oficial que controlaba as crenzas do pobo e
persecución do resto das doutrinas relixiosas, consideradas como herexías.
 Existencia do Tribunal da Inquisición en España e noutras zonas católicas, que
vixiaba as ideas e o comportamento da poboación, impoñendo severos castigos aos
transgresores.

 Política

o Monarquía absoluta
 Definición
 Sistema de goberno no que os reis actuaban como señores e propietarios dos seus
reinos e gobernaban sen limitacións, concentrando nas súas mans o poder lexislativo,
o poder executivo e o poder xudicial, xustificando esta concentración de poderes co
argumento de que procedían directamente de Deus, que os depositaba nas mans
dos reis para gobernar os seus súbditos.

o Monarquías parlamentarias en Inglaterra e Holanda, onde o Parlamento, controlado pola élite do


reino, tiña capacidade para controlar o goberno do rei.

o Mantemento do réxime señorial


 Definición de réxime señorial
 Sistema de organización económica, social e xurídica segundo o cal as terras do reino
estaban integradas en señoríos, é dicir, territorios sometidos á autoridade e xurisdición
directa dunha minoría de persoas, os señores, que eran os reis, os nobres e os
eclesiásticos, os cales, nos seus territorios nomeaban as autoridades, exercían a
xustiza, imponían penas e castigos, esixían todo tipo de taxas e traballos gratuítos e
gozaban de numerosos privilexios e monopolios, como por exemplo en relación coa
caza, coa pesca, co forno, cos muíños ou coa explotación do bosque.

2. A ILUSTRACIÓN
a) Definición de Ilustración
 Movemento ideolóxico e cultural que se desenvolveu durante o século XVIII e que pretendía iluminar
coas luces da razón todos os problemas da vida humana e da sociedade, tratando de acabar coas
supersticións e cos erros da tradición a través dos avances científicos e do coñecemento, para deste
xeito mellorar a sociedade e alcanzar a felicidade dos individuos.

3
b) Características do pensamento ilustrado
 Sistema de valores aplicado a todos os campos da vida
 Reflexión dos pensadores ilustrados sempre acompañada de crítica á situación que vivían,
elaborando propostas de reforma que tiñan a finalidade de mellorar a vida dos seres humanos.
 Aplicación dunha serie de reformas, que deron lugar a un movemento denominado reformismo
ilustrado, que afectaron a todos os ámbitos da actividade humana e que estaban inspiradas no
espírito da Ilustración.

c) Medios de difusión da Ilustración


 Enciclopedia francesa
o Obra literaria colectiva na que se recollen os elementos máis
importantes do pensamento da Ilustración e do coñecemento do
século XVIII, e na participaron numerosos e destacados autores
como Diderot, D`Alembert, Voltaire ou Montesquieu.

 Salóns, que eran lugares de reunión en casas de nobres e ricos


burgueses nos que se discutían as novas ideas, se criticaban as
tradicións e as institucións existentes ou se realizaban lecturas de obras
ilustradas.

 Sociedades e academias, fundadas polos monarcas ilustrados, e


dedicadas ao fomento da ciencia ou a divulgar as reformas ilustradas.

3. O DESPOTISMO ILUSTRADO
a) Definición de despotismo ilustrado
 Sistema político que combinaba o absolutismo con algunhas ideas reformistas da Ilustración e
que estivo vixente en varios reinos europeos durante o século XVIII.

b) Principais monarcas ilustrados


 Moitos reis e príncipes europeos desenvolveron programas de goberno que incluían ideas e
medidas inspiradas na Ilustración e compatibles co mantemento do absolutismo.

o Exercicio do poder de forma absoluta, pois estes reis considerábanse representantes da


vontade divina, e ademais entendían o poder como un medio ao servizo da grandeza da
monarquía e do benestar da poboación.

o Impulso de numerosas reformas para aumentar a riqueza do reino e para lograr a felicidade
do pobo, apoiándose en ministros e conselleiros ilustrados, pero sen contar coa opinión nin coa
participación do pobo, polo que este sistema político pode resumirse na frase “todo para o pobo,
pero sen o pobo”.

o Importancia de monarcas déspotas ilustrados que gobernaron en reinos de economía atrasada e


de escasa presenza da burguesía, polo que estes monarcas asumiron a tarefa de procurar a
modernización do seu reino.
 Federico II de Prusia
 Xosé I de Portugal
 Carlos III de España
4
 Catarina II de Rusia
 Xosé II de Austria

c) Reformas do despotismo ilustrado


 Reforma na administración e na xustiza, reforzando o centralismo, racionalizando e simplificando as
institucións, potenciando a formación de funcionarios técnicos con independencia da súa orixe social
ou simplificando os códigos legais.

 Reforma da educación, ampliando o acceso á educación das clases populares, potenciando o estudo
e a investigación mediante a fundación de academias e de sociedades científicas.

 Reforma da relixión, intentando controlar a Igrexa nos reinos católicos (regalismo), expulsando aos
xesuítas pola súa especial vinculación co Papa (voto de obediencia), e establecendo a tolerancia
relixiosa en reinos como Prusia ou Austria.

 Reforma na organización social e no desenvolvemento económico


o Limitación dos abusos dos privilexiados
o Potenciación da intervención da Coroa nos asuntos económicos
o Creación, financiación e mellora de numerosas infraestruturas, vías de comunicación e obras
públicas
o Recoñecemento do valor do traballo dos artesáns
o Potenciación da liberdade de comercio
o Colonización de novas terras desertas ou pantanosas

4. OS PRIMEIROS MONARCAS BORBÓNS EN ESPAÑA


a) O reinado de Felipe V
 Evolución do reinado
o Felipe V, primeiro monarca Borbón en España
 Chegada ao trono debido á falta de descendentes de Carlos II de Habsburgo
 Cesión do trono ao seu fillo Luis no ano 1724, pero recuperación do trono tras a morte
prematura do seu fillo, reinando ata a súa morte en 1746.

 Guerra de Sucesión española


o Recoñecemento de Felipe V como rei polas Cortes de Castela e por Francia
o Non aceptación deste recoñecemento por parte das potencias europeas e polos reinos da
Coroa de Aragón (Aragón, Cataluña, Valencia e Mallorca), que proclamaron rei ao arquiduque
Carlos de Habsburgo.
o Desenvolvemento dunha guerra internacional que rematou cos tratados de Utrecht e Rastadt,
nos que se chegou a unha serie de acordos.
 Grandes perdas territoriais para a monarquía hispánica
 Cesión de Flandres, Milán, Nápoles e Sardeña a Austria
 Cesión de Sicilia a Savoia
 Cesión de Menorca e Xibraltar a Inglaterra
 Permiso a Inglaterra para comerciar e realizar o tráfico de escravos coas colonias
españolas en América

 Centralismo reformista de Felipe V


o Realización dunha serie de reformas para reforzar o centralismo do reino
 Abolición dos privilexios e das institucións políticas propias dos reinos da Coroa
de Aragón, como castigo pola súa rebelión durante a Guerra de Sucesión, e imposición

5
neses territorios das leis e institucións da Coroa de Castela, a través dos denominados
Decretos de Nova Planta.
o Imposición da Lei Sálica
 Lei que modificou a tradición hispana que permitía reinar e transmitir a Coroa real ás
mulleres, impoñendo a tradición francesa que reservaba o trono en exclusiva para os
homes.
o Reorganización e centralización administrativa
 Redución do número de Consellos consultivos e diminución do papel das Cortes
 Potenciación das Secretarías de despacho, antecedentes dos actuais Ministerios
 Creación do cargo de intendente, coa misión de encargarse do abastecemento dos
exércitos e de fomentar o desenvolvemento económico no seu territorio
o Intento de reincorporar os territorios perdidos en Italia a través de diversas guerras, tanto en
solitario como en alianza con Francia (Pactos de Familia) e recuperación do reino de Nápoles e
Sicilia para o seu fillo, o infante Carlos (futuro Carlos III), e dos ducados de Parma, Plasencia e
Guastalla para o infante Felipe.

b) O reinado de Fernando VI
 Evolución do reinado
o Reinado de Fernando VI entre 1746 e 1759, morrendo sen fillos, e deixando a Coroa ao seu irmán
Carlos.

 Aplicación dunha política caracterizada polo pacifismo


o Busca da paz e da neutralidade na política exterior, asinando tratados con diversas potencias
europeas co obxectivo de manter o equilibrio internacional e tratando de librarse tanto do dominio de
Francia como do de Inglaterra.
o Reorganización da facenda real, mellorando a recadación e o recoñecemento da riqueza
existente, destacando neste sentido o catastro elaborado polo ministro Ensenada.
o Mellora e incremento da Armada real coa construción dos estaleiros de Ferrol e Cartaxena.
o Control sobre a Igrexa católica en España, conseguindo do Papa o dereito de presentación de
candidatos para ser nomeados bispos.

c) O reinado de Carlos III


 Evolución do reinado
o Chegada ao trono despois de ser rei de Nápoles, sucedendo na Coroa de España ao seu irmán
Fernando.

 Formación de gobernos ilustrados


o Configuración de gobernos con persoas de formación ilustrada, excelentes ministros,
conselleiros e intendentes, como Esquilache, Aranda, Floridablanca, Campomanes, Jovellanos ou
Olavide, que puxeron en marcha numerosas reformas coas que pretendían incrementar a riqueza
e o poder da monarquía, así como o progreso e o benestar dos seus habitantes.
o Creación de diversas sociedades ilustradas, como as Sociedades Económicas de Amigos do
País, preocupadas fundamentalmente polo desenvolvemento económico da zona na que se
establecían.
o Aparición de diversas dificultades para a aplicación da política reformista que pretendían
estes gobernos ilustrados
 Motín de Esquilache
 Rebelión que tivo lugar en España durante o reinado de Carlos III, como consecuencia
do decreto do ministro Esquilache que prohibía o uso de sombreiro de aba ancha e
capa longa, ao que se uniu o malestar popular polas medidas aprobadas polos reinados
ilustrados de Carlos III, o que obrigou ao monarca a destituír a este ministro.
 Expulsión dos xesuítas, unha orde sospeitosa de non someterse á política do rei, debido
ao seu voto de obediencia ao Papa, e de ser a promotora do motín de Esquilache
6
 Actuación da Inquisición, que se mativo vixiante sobre as novas ideas e obras da
Ilustración, perseguindo ás que se consideraban máis radicais

 Reformismo ilustrado de Carlos III


o Intento de mellorar a agricultura, fomentando o cultivo de novas terras e favorecendo a
introdución de novas técnicas, mellorando as sementes e a extensión dos regadíos.
o Fomento das actividades artesanais, buscando incentivar e aumentar a súa produción
 Aplicación de medidas proteccionistas para favorecer a produción propia fronte á
estranxeira
 Creación de talleres de manufacturas reais para abastecer de produtos de luxo á
Coroa (tapices, porcelanas, cristais…), de material bélico ao exército e á Armada
(arsenais), así como de produtos de consumo populares (tabacos, panos…)
 Apoio ás actividades que podían ser desenvolvidas polos campesiños nas súas casas,
como os tecidos e os curtidos
o Recoñecemento da honorabilidade dos traballos artesanais, decretando que o traballo artesanal
non só non deshonraba a quen o exercía, senón que era compatible coa nobreza e co
desempeño das funcións públicas.
o Apoio ao comercio, favorecendo a liberdade de circulación de produtos, a mellora da rede viaria e
a creación de compañías comerciais.
 Eliminación do monopolio de Sevilla-Cádiz no comercio con América, dando a
posibilidade de comerciar co continente americano a outros portos de España.
o Fomento da educación, sobre todo da educación de tipo práctico
 Creación de escolas populares para a aprendizaxe dun oficio
 Fundación de novas institucións culturais e científicas, como Academias,
Observatorios astronómicos, Xardíns botánicos…
o Impulso á renovación urbanística, especialmente en Madrid
 Trazado de novas rúas urbanas
 Construción de novos edificios públicos

5. A GALICIA BORBÓNICA
a) O século XVIII en Galicia
 Economía

o Predominio das actividades agrarias


 Arrendamento das terras mediante os foros, uns contratos de longa duración nos que as
rendas eran pagadas en especie e en diñeiro
 Introdución de novos cultivos, como por exemplo o millo e a pataca

7
o Escaso desenvolvemento da artesanía
 Existencia dunha elaboración téxtil de liño e de la, que se facía nas casas dos
campesiños, vendendo despois a mercadoría elaborada aos comerciantes, que eran os
que se encargaban de redistribuíla en feiras e mercados.

 Política

o Reformas dos Borbóns en Galicia


 Creación da Intendencia do Reino de Galicia, con sede en A Coruña, coa función de
ocuparse do abastecemento do exército e de procurar a mellora das fortificacións, das
vilas e das cidades.
 Reforzamento das defensas costeiras coa construción de numerosas baterías e
castelos.
 Construción do estaleiro e arsenal de Ferrol, que se converteu nunha das principais
bases das armadas reais.
 Establecemento do servizo de correo marítimo con América, a través dunha
compañía estatal, con sede en A Coruña, con buques que levaban correspondencia e que
tamén podían levar persoas e mercadorías, e autorización ao porto de A Coruña para
comerciar directamente con América.

 Conflitos ocorridos en Galicia durante o século XVIII

o Ataque angloholandés a Vigo, durante a Guerra de Sucesión, para apoderarse das mercadorías
e dos metais preciosos que os barcos españois traían de América.
 Batalla de Rande, na que a cidade de Vigo, na que se produciu un enfrontamento naval e
na que a cidade de Vigo foi tomada, incendiándose a afundíndose parte dos navíos,
permanecendo desde entón no fondo do mar.
 Ataques ingleses a diversos puntos da costa galega, especialmente a Ferrol,
chegando a ocupar e conquistar algúns territorios, como Vigo, ante os cales reaccionou a
resistencia popular, o que provocou que as tropas inglesas se acabasen retirando.

 Sociedade galega no século XVIII

o Mantemento da sociedade estamental do Antigo Réxime, e consolidación na sociedade de dous


grupos:
 Fidalgos
 Grupo dominante que controlaba o poder municipal e xudicial, que contaba cunha
importante riqueza, procedente do cobro das rendas dos foros, e que exercían como
intermediarios entre os propietarios das terras e as persoas que actuaban como
foreiros, e que tiñan o pazo como símbolo da súa condición social.
 Comerciantes
 Grupo que incrementou a súa forza e o seu número grazas aos beneficios do
comercio con América e á chegada de xentes de fóra de Galicia que puxeron en
marcha diversas iniciativas empresariais.
 Papel destacado de Antonio Raimundo Ibáñez, creador das Reais Fábricas de
Sargadelos, primeiro dedicadas á produción de siderurxia e máis tarde de louza.
 Papel destacado tamén do colectivo de comerciantes cataláns, que introduciron
novas técnicas de pesca e de salgadura da sardiña nas costas galegas.

 Cultura galega no século XVIII. A Ilustración en Galicia

o Difusión das ideas da Ilustración por Galicia grazas a eclesiásticos como Feixóo e Sarmiento e a
algúns fidalgos.

8
 Propostas e preocupacións destes pensadores ilustrados
 Crítica de carácter moderado aos privilexios sociais e económicos da nobreza e
do clero, así como aos obstáculos que impedían o desenvolvemento da sociedade
(miseria dos campesiños, impostos excesivos, malas comunicacións, ignorancia,
superstición, atraso científico…)
 Denuncia da situación das actividades agrarias, defensa dos intereses pesqueiros
de Galicia, potenciación da produción artesanal e da renovación científica como
medio para superar o atraso existente.

o Creación de diversas institucións ilustradas


 Real Consulado, establecido en A Coruña, que realizou unha intensa actividade a favor
do desenvolvemento económico e técnico.
 Sociedades Económicas de Amigos do País de Santiago e de Lugo, que trataron de
fomentar o desenvolvemento económico e técnico desas cidades.

6. AS NOVAS PROPOSTAS POLÍTICAS E ECONÓMICAS


a) Reflexións de diversos pensadores ao longo do século XVIII sobre as características do poder
político e sobre os principios fundamentais do desenvolvemento económico
 Modelos que seguiron

o Réxime parlamentario establecido en Inglaterra no século XVII.

o Ideas formuladas por John Locke, que defendía que o poder político debía basearse na existencia
dun pacto entre gobernantes e gobernados, polo que os gobernados delegan o poder nos
gobernantes, a cambio de que estes se sometan ás leis aprobadas polo Parlamento e de que se
comprometan a defender os dereitos dos gobernados.

 Principais pensadores do século XVIII, que defenderon ideas e propostas sobre as que se
asentou o liberalismo, a nova corrente de pensamento político e económico que xurdiu a partir
de finais de século.

o Charles de Secondat, barón de Montesquieu


 Idea de que o poder non debería recaer nunha mesma persoa ou institución, senón que
debía estar repartido e ser limitado
 Existencia de tres poderes diferentes
 Poder lexislativo, exercido polo Parlamento, que se encarga de elaborar as leis.
 Poder executivo, exercido polo Goberno, que se encarga de executar e de facer
que se cumpran as leis.
 Poder xudicial, exercido polos tribunais, que se encarga de sancionar o
incumprimento das leis.

o Jean Jacques Rousseau


 Idea de que a orixe do poder político reside nun contrato ou pacto social, realizado
entre todos os individuos dunha comunidade.
 Individuos ceden parte dos seus dereitos naturais á comunidade, para que esta os
protexa, pero seguen mantendo a liberdade e o dereito a participar e intervir nos
asuntos públicos.
 Leis deben ser a expresión da vontade xeral e o Goberno debe ser controlado pola
comunidade.

9
o Adam Smith
 Idea de que a liberdade e o interese individual son os principios sobre os que se deben
asentar as actividades económicas.
 Mercado debe estar baseado no libre xogo da oferta e da demanda e o Estado non
debe intervir nos asuntos económicos, limitándose a defender a sociedade, a manter a
seguridade, a administrar xustiza e a garantir a liberdade económica.

10

You might also like