Boletin 2.1 5

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 2

Física I – Cinemática do punto 2023/2024

TEMA 2.
Boletín 2.1

1. Un foguete acelera verticalmente, afastándose da superficie terrestre. 1.15 s


despois do despegue, o foguete está a 63 m de altura con respecto do chan, e
despois doutros 4,75 s, está a 1 km de altura. Calcula:
a) A velocidade media do foguete no intervalo de 4,75s,
b) A velocidade media do foguete nos primeiros 5.90s do seu voo.

SOL: a)197 m/s, b) 169 m/s

2. Unha alumna da Universidade de Vigo viaxa normalmente de Vigo a Santiago


pola autopista AP-9 cunha velocidade media de 105 km/h, co que lle leva 50 min
chegar a Santiago. Sen embargo, un venres pola tarde o tráfico obrigaa a
percorrer a mesma distancia cunha velocidade media de 70 km/h. ¿Canto tempo
máis lle leva chegar a Santiago nestas circunstancias?

SOL: 25 min

3. Un coche viaxa en liña recta, de tal xeito que recorre unha distancia x que
#
depende do tempo segundo a ecuación 𝑥(𝑡) = 𝛼𝑡 ! − 𝛽𝑡 " , onde 𝛼 = 1,5 $! e 𝛽 =
#
0,05 $" . Calcula a velocidade media do coche nos primeiros 2s, nos primeiros 4
s e no intervalo entre t = 2s e t = 4s.

SOL: 2,8 m/s, 5,2 m/s, 7,6 m/s

4. Un mesmo coche do exercicio 3, que viaxa en liña recta, recorre neste caso unha
distancia x que tamén depende do tempo pero segundo a ecuación 𝑥(𝑡) = 𝑏𝑡 ! −
# #
𝑐𝑡 " , onde 𝑏 = 2,4 $! e 𝑐 = 0,12 $" . Calcula:
a) A velocidade media do coche no intervalo entre t = 0s e t = 10s,
b) A velocidade instantánea en t = 0s, t = 5s, e t = 10s,
c) ¿Canto tempo despois de arrancar, o coche volverá a estar parado?

SOL: a)12 m/s, b) 0 m/s, 15 m/s, e12 m/s, c) 13,3 s.


Física I – Cinemática do punto 2023/2024

5. Un alumno sae da casa e camiña por unha


beirarrúa, coa intención de asistir a unha clase de
física. A os 5 min, empeza a chover polo que decide
que non paga a pena e volta para casa. A distancia
que percorreu con respecto da súa casa en función
do tempo móstrase na figura da dereita. ¿En que
punto a súa velocidade é 0, constante e positiva,
constante e negativa, de magnitude crecente, e de
magnitude decrecente?

6. A figura da dereita mostra a velocidade dun automóbil


solar en función do tempo. O vehículo inicia o
movemento dende unha posición de referencia
acelerando ata alcanzar os 60 km/h, despois fai un
tramo sen variar a velocidade e por último frea,
deténdose 40 segundos despois de iniciar o
movemento. Calcula:
a) A aceleración media do coche no intervalo:
entre t = 0s e t = 10s, entre t = 30s e t = 40s,
entre t = 10s e t = 30s,e entre t = 0s e t = 40s,
b) A aceleración instantánea en t = 20s, e t = 35s.

SOL: a) 1,67 m/s2, -1,67 m/s2, 0, 0, b) 0, -1,67 m/s2,

7. Un animal traza unha traxectoria como a


que mostra a figura, segundo a cal x
depende de t. Fai un gráfico que mostre
como varía a velocidade e a aceleración do
animal en función do tempo.

8. Nun servicio de Roger Federer, a pelota de tenis sae a 73,14 m/s. Si nese
servicio, a pelota está en contacto coa raqueta 30 ms, parte do repouso e sufre
unha aceleración constante, calcula:
a) A aceleración,
b) A distancia recorrida pola pelota durante o servicio.

SOL: a) 2438 m/s2, b) 1,1 m

You might also like