Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

A HIDROGRAFÍA DE ESPAÑA

Introdución
Os ríos son correntes continuas de auga que nacen nas montañas e desembocan no mar,
nun lago ou noutro río. Ao longo do seu percorrido podemos distinguir tres elementos:
curso, caudal e réxime.
O curso é o percorrido que realiza un río desde o seu nacemento ata a súa
desembocadura. Podemos distinguir tres tramos: curso alto, curso medio, curso baixo.
O caudal é a cantidade de auga que leva un río.
O réxime é a variación de caudal que sofre un río ao longo do ano. Este réxime é regular
cando a variación de caudal non é moi grande e irregular cando o seu caudal depende
das distintas estacións do ano, de chuvias irregulares, desxeos, etc.

Os factores que determinan o curso, o caudal e o réxime dos ríos son o relevo e o clima.
A influenza do relevo condiciona a súa lonxitude e tamén a velocidade das augas do río.
Si as montañas están preto do mar os ríos serán curtos e rápidos; pola contra se as
montañas están lonxe do mar os ríos serán máis longos e o caudal máis lento.
A influenza do clima determina o caudal e o réxime xa que os ríos de climas chuviosos
son máis caudalosos e de réxime regular, mentres que os que discorren por zonas de
clima seco son pouco caudalosos e de réxime irregular.

As tres vertentes da península ibérica.

Debemos recordar que un río principal é o río que desembosca directamente no mar. Un
afluente é o río que desemboca noutro río; a conca fluvial é o territorio que percorre un río
e os seus afluentes e unha vertente hidrográfica é o conxunto de territorio cuxas augas
van verter ao mesmo mar.
Ten claro estes conceptos previos, os ríos da península ibérica desembocan en tres
vertentes:
A vertente cantábrica (ao norte de España).
A vertente atlántica (ao oeste e suroeste de España).
A vertente mediterránea (ao sueste e este de España).

Vertente cantábrica
Está formada polos ríos que desembocan desde o golfo de Biscaia ata cabo Ortegal e
teñen as seguintes características:
• Son ríos curtos e con moita pendente. Nacen na cordilleira Cantábrica.
• O seu caudal é abundante e regular debido ás chuvias frecuentes e ao desxeo da
zona.
Destacan o Bidasoa, o Nalón e o Nervión.

Vertente atlántica
Está constituída polos ríos que desembocan desde cabo Ortegal ata o estreito de
Xibraltar. As súas características son:
• No norte, os ríos galegos son curtos e caudalosos debido á regularidade das
chuvias. Os máis destacados son o Tambre, o Ulla e o Miño.
• No centro, percorrendo a Meseta, os ríos son longos e moi caudalosos.
Sobresaen o Douro, o Texo e o Guadiana.
• No sur, os ríos son curtos e pouco caudalosos, excepto o Guadalquivir.
Destacan tamén o Tinto e o Guadalete.

Vertente mediterránea
Está composta polos ríos que desembocan desde o estreito de Xibraltar ata o cabo de
Creus e ten as seguintes características:
• Son ríos curtos con pouco caudal. Agás o Ebro.
• Sofren períodos de seca no verán e grandes crecidas por chuvias no outono e
na primavera.
Destacan o Segura, o Xúcar, o Turia, o Llobregat e o Ter, e sobre todo, o río Ebro: o
máis caudaloso de España, que nace na cordilleira Cantábrica.

Tamén hai que facer uns estudo dos ríos da illas Baleares e Canarias.

Nas illas non hai ríos, debido á escaseza de precipitacións. En cambio, si se forman
correntes de auga nas épocas de chuvia que reciben diferentes nomes segundo a zona:
• Nas illas Baleares denomínanse torrentes. Destacan o de Pareis, en Mallorca, e o
de Santa Eulalia, en Eivisa.
• Nas illas Canarias denomínanse barrancos. O máis coñecido é o da Angustias, na
Palma.
Traballo de caderno

7. Cal é o río máis próximo á localidade na que vives? De que río é afluente? A que
vertente pertence? Cal é o seu estado de conservación?

8. Debuxa, nun mapa de España, todos os ríos que aprendiches e escribe os seus
nomes.
9. Cal destes río ten o percorrido máis longo: o Ebro, O Texo ou o Douro?

10. Confecciona un esquema coas características principais de cada unha das


vertentes hidrográficas.

11. INVESTIGA: Elabora unha táboa cos seguintes datos sobre cada un dos
principais ríos de cada vertente (Observa o mapa adxunto): lugar exacto do seu
nacemento e a súa desembocadura, principais cidades polas que pasa e lonxitude.
Utiliza este exemplo como modelo
Nome Nacemento Desembocadura / Cidades polas que Distancia
do río vertente pasa
Miño Pedregal de Irimia A Guarda (Pontevedra) Lugo, Ourense, 315 km
(Meira-Lugo) Vertente atlántica Ribadavia, Tui, A
Guarda.

You might also like