Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 2

1

AS CIDADES DA EUROPA MEDIEVAL

1- CALES FORON AS CAUSAS QUE FAVORECERON O RENACER DAS CIDADE NA IDADE


MEDIA?
QUE GRUPO SOCIAL APARECEU NESTA ETAPA?

* A partir do século XII, como consecuencia das (1) melloras na agricultura e do (2)
aumento de poboación, iniciouse en Europa un (3) desenvolvemento económico que
favoreceu o renacer das cidades e da vida urbana.

As cidades pasaron a ser un centro de (4) produción artesanal e (5) de intercambio de


produtos.

Asemade, cesaron (6) as grandes invasión.

* Nelas desenvolveuse un grupo social: a burguesía que se dedicaba ao comercio e que


gobernaba a cidade.

Os reis aproveitaron o crecemento desta burguesía para apoiarse nela e deste xeito
aumentar e afianzar o seu poder sobre a nobreza.

2- CALES FORON AS MELLORAS NA AGRICULTURA?

QUE CONSECUENCIAS PRODUCIRON ESTAS MELLORAS?

A) En Europa Occidental introducíronse unha serie de innovacións técnicas na


agricultura .Os cambios principais foron:

- Novos métodos de cultivo: a rotación trienal e o uso do esterco como


fertilizante.

- Novos instrumentos agrícolas: o arado de veso, o uso de coleira nos animais de


tiro e a utilización de cabalos.

- A utilización de muíños de vento e muíños de auga

B) Gran aumento da productividade. Os agricultores, ao producir máis do que


necesitaban para o seu consumo, xeraron un excedente ou sobrante de materias primas,
que podían vender.
2

3- ESQUEMA DO PROCESO DE CRECEMENTO DAS CIDADES

4- DONDE ADOITABAN SITUARSE AS CIDADES MEDIEVAIS?

As cidades medievais adoitaban estar situadas nunha localización próxima ás


principais vías de comunicación, como as antigas calzadas romanas.

Ademais, adoitaban situarse nun territorio que puidese abastecer as necesidades


máis importantes dos seus habitantes:
- boas terras para o cultivo e o pastoreo,
- abundante auga (ríos, fontes e acuíferos),
- bosques para obter madeira, canteiras para proverse de pedra e minas para
extraer sal e minerais.

5- COMO ERA O ESPAZO URBANO?

As cidades medievais estaban completamente rodeadas por murallas, que se ían


ampliando segundo a cidade medraba. O interior do recinto amurallado era moi
heteroxéneo e o plano urbano, moi irregular:
* No centro da cidade adoitaba haber unha praza, ao redor da cal se situaban os
edificios máis importantes: a casa do concello, o mercado, a lonxa e a catedral.
Os nobres, e en ocasións tamén os monarcas, fixéronse construír luxosos
palacios nos centros urbanos.
A meirande parte do espazo ocupábano as viviendas con patios e hortas, pero
tamén había hospitais, escolas, hospedarías e numerosos edificios relixiosos
(igrexas e conventos).
As casas agrupábanse por barrios, que reunían a poboación en función da súa
procedencia, da súa relixión (xudaría, mouraría) ou a súa actividade artesanal
(gremios).
As rúas eran estreitas, sucias, escasamente empedradas, sen beirarrúas e a
maioría non tiña rede de sumidoiros. A pouca hixiene urbana e a proliferación
das pulgas e das ratas favorecían a difusión de enfermidades.
* Fóra da cidade foron medrando arrabaldes, barrios que agrupaban xente
humilde cando xa non quedaba espazo dentro dos seus muros.

You might also like