Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 44

DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx.

48013

saudables e sustentables a partir de rutinas que as nenas e os nenos irán integrando nas
súas prácticas cotiás. Ademais, sentan as condicións necesarias para crear comportamen-
tos respectuosos con eles mesmos, cos demais e co medio, que preveñan condutas dis-
criminatorias de calquera tipo.

CE-Competencia emprendedora.

A creación e a innovación son dous factores clave para o desenvolvemento persoal, a


inclusión social e a cidadanía activa ao longo da vida. A educación infantil é unha etapa na
que se estimulan a curiosidade, a iniciativa, a imaxinación e a disposición para indagar e
crear mediante o xogo, as actividades dirixidas ou libres, os proxectos cooperativos e ou-
tras propostas de aprendizaxe, o cal supón unha oportunidade para potenciar a autonomía
e materializar as ideas persoais ou colectivas. Desta maneira, aséntanse as bases tanto do
pensamento estratéxico e creativo coma da resolución de problemas e foméntase a análise
crítica e construtiva desde as primeiras idades.

CCEC-Competencia en conciencia e expresión culturais.

Para que as nenas e os nenos constrúan e enriquezan a súa identidade, foméntase


nesta etapa a expresión creativa de ideas, sentimentos e emocións a través de diversas
linguaxes e distintas formas artísticas. Así mesmo, axúdase ao desenvolvemento da con-
ciencia cultural e do sentido de pertenza á sociedade a través dun primeiro achegamento
ás manifestacións culturais e artísticas.

ANEXO II
Currículo das áreas
CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

1. Comunicación e Representación da Realidade.

1.1. Introdución.

A área de Comunicación e Representación da Realidade pretende promover nas ne-


nas e nos nenos as capacidades que lles permitan comunicarse e interpretar a realidade
a través de diferentes linguaxes e formas de expresión como medio para construír a súa
identidade, representar a realidade e relacionarse coas demais persoas.

Os obxectivos da área relaciónanse coa habilidade de comunicarse eficazmente con


outras persoas de maneira respectuosa, ética, adecuada e creativa. Por unha banda, abór-

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48014

dase unha perspectiva comunicativa e, pola outra, perséguese un enfoque interactivo nun
contexto plurilingüe e intercultural. Os obxectivos ao redor dos que se organizan as apren-
dizaxes desta área están orientados cara a tres aspectos fundamentais da comunicación:
a expresión, a comprensión e a interacción para visibilizar as posibilidades comunicativas
das diferentes linguaxes e formas de expresión, aínda que se lle concede un carácter prio-
ritario ao proceso de adquisición da linguaxe verbal nas dúas linguas cooficiais. Por outra
banda, a comunicación permite interpretar e representar o mundo en que vivimos. Por iso
se inclúe tamén un obxectivo relacionado co achegamento ás manifestacións culturais
asociadas ás diferentes linguaxes que se integran na área, como un primeiro paso cara
ao recoñecemento e á valoración da realidade multicultural e plurilingüe desde a infancia.

Nesta etapa iníciase o desenvolvemento das destrezas comunicativas, que evoluciona-


rán desde as primeiras interaccións a través da emisión de sons e da expresión corporal e
xestual, ligadas basicamente á satisfacción das súas necesidades primarias, ata a adqui-
sición dos códigos de diferentes linguas e linguaxes para producir mensaxes de crecente
complexidade, de maneira eficaz, persoal e creativa. A área recolle a achega de instrumen-
tos tanto na súa dimensión receptiva coma produtiva e incorpora as múltiples maneiras que
ten o ser humano de representar a realidade e de comunicarse.

A oralidade é o instrumento por excelencia para a comunicación; a expresión de viven-


cias, sentimentos, ideas ou emocións; a aprendizaxe e a regulación da conduta. Por iso,
a súa adquisición e desenvolvemento ocupa un lugar de especial relevancia nesta etapa.
Partimos de situacións de descubrimento de sons e de recoñecemento de fontes sonoras
para progresivamente avanzar cara á adquisición da lingua oral, que se estimulará a través
da interacción coas demais persoas, que ofertan modelos e dan significado ás diversas
CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

interaccións, o que favorece o acceso a formas e usos cada vez máis complexos, incluídos
algúns elementos da comunicación non verbal. En calquera caso, a situación central da
comunicación oral non pode ocultar a importancia fundamental que ten tamén nestes pri-
meiros anos a comunicación non verbal.

Será preciso crear un ambiente multialfabetizador rico que comprenda todas as lin-
guaxes posibles e que estableza relacións entre elas, na busca de que o alumnado desen-
volva a capacidade de realizar transferencias. É o caso da linguaxe escrita, un contexto de
interacción con iguais e persoas adultas que exercen como modelos lectores e escritores,
que espertará a curiosidade, o interese e as ganas de explorar e de descubrir o seu signi-
ficado social e cultural. Ese interese incrementarase se se deixan ao seu alcance libros e
outros textos que recollan todo tipo de intereses. Esta primeira aproximación débese pro-

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48015

ducir no quefacer cotián da aula, enmarcada en situacións funcionais e significativas para


as nenas e os nenos, tendo claro que a adquisición do código escrito non é un obxectivo
que se deba alcanzar nesta etapa.

Nesta etapa educativa iníciase tamén o achegamento á literatura infantil como fonte
de gozo e empézase a tecer, desde a escoita das primeiras nanas, arrolos e contos no
contexto cotián, un vínculo emocional e lúdico cos textos literarios. É a etapa da literatura
oral por excelencia. A creación na aula dun espazo cálido e acolledor onde situar a bi-
blioteca favorecerá tamén o achegamento natural á literatura, para construír significados,
espertar a súa imaxinación e fantasía, achegalos a realidades culturais propias e alleas e
presentarlles outros mundos. Así mesmo, debemos favorecer que o alumnado de infantil
coñeza e utilice a biblioteca do centro e que descubra todas as posibilidades que ofrece
para achegarse non só ao mundo literario, senón tamén a ámbitos como o maker, a radio
ou outros.

Así mesmo, debe prestarse especial atención ao desenvolvemento de actitudes positi-


vas e de respecto tanto cara ao repertorio lingüístico persoal como ao das demais persoas,
co fin de espertar a sensibilidade e a curiosidade por coñecer outras linguas e convidando
a explorar outras formas de expresión. E sempre desde a realidade da nosa comunidade,
na que conviven dúas linguas cooficiais que o alumnado debe coñecer, utilizar e valorar
como parte da súa identidade.

As nenas e os nenos atópanse inmersos nunha sociedade na que o dixital afecta a nosa
forma de comunicarnos, de obter información, de aprender ou de relacionarnos. É, polo
tanto, responsabilidade da persoa docente establecer pautas para o desenvolvemento de
CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

hábitos de uso saudables das ferramentas e tecnoloxías dixitais referidos principalmente


aos tempos e aos momentos de uso por parte do alumnado, á diferenciación entre imaxe
e realidade e ao acceso a contidos adecuados. Débese iniciar así un proceso de alfabe-
tización dixital desde as primeiras etapas educativas que se centrará en que o alumnado
comprenda o papel creativo e comunicativo das ferramentas tecnolóxicas, máis alá dun
uso de lecer pasivo e do consumo de contidos.

As linguaxes artísticas, en tanto que sistemas simbólicos, adquiren unha particular re-
levancia nesta etapa. Proporcionan un leito diferente, variado e flexible para expresarse,
mostrar o seu mundo interior e explorar e relacionarse coa contorna con maior liberdade e
axudan a desenvolver a capacidade de construír conceptos, adquirir habilidades manuais
e despregar a imaxinación. A primeira infancia asómbrase constantemente porque nada se

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48016

dá por suposto. A creatividade, tan presente nesta etapa, ten que ver coa curiosidade vital.
A tarefa docente debe ser acompañala e proporcionar as ferramentas para consolidala.

A linguaxe musical é un medio que permite a comunicación cos demais, xa que posibilita
o desenvolvemento de aspectos como a escoita atenta e activa e facilita, en gran maneira,
a adquisición da linguaxe oral, a súa estruturación, ton, ritmo e entoación; a sensibilidade;
a improvisación e o gozo a través da voz, do propio corpo ou dos xogos motores e sonoros.
Da mesma maneira, tamén se aproximarán ao coñecemento de distintas manifestacións
musicais en ambas as linguas cooficiais, así como noutras presentes na contorna, o que
espertará progresivamente a súa conciencia cultural e favorecerá o seu desenvolvemento
artístico.

Con respecto á linguaxe plástica, nesta etapa adquiriranse e desenvolveranse de forma


progresiva desde a descuberta sensorial dos materiais e o gozo polo efecto da pegada,
ata a experimentación con diferentes técnicas e materiais para expresar ideas, emocións e
sentimentos. Pola súa vez, desde unha perspectiva de xénero, poñerá as nenas e os ne-
nos en contacto con diversidade de obras relacionadas con expresións artísticas variadas,
para iniciar así o desenvolvemento do sentido estético e artístico.

Por último, a linguaxe corporal permite o descubrimento de novas e persoais posibilida-


des expresivas que poden utilizarse cunha intención comunicativa, representativa ou esté-
tica e contribuirán ao autocoñecemento e á construción da identidade e ao coñecemento
da realidade.

Esta etapa concíbese como un continuo de aprendizaxe. Desde o seu nacemento, as


CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

experiencias vitais das nenas e dos nenos amplíanse e diversifícanse de maneira progre-
siva. Paralelamente, espertarase o interese e a curiosidade por descubrir e explorar as
posibilidades expresivas das diferentes linguaxes e formas de expresión para comunicarse
de maneira cada vez máis eficaz, persoal e creativa nos distintos contextos cotiáns.

As diferentes linguaxes e formas de expresión que se recollen na área contribúen ao


desenvolvemento integral e harmónico das nenas e dos nenos e deben abordarse de
maneira global e integrada coas outras dúas áreas mediante o deseño de situacións de
aprendizaxe nas que poidan utilizar diferentes formas de comunicación e representación.
E todas elas deben ter cabida nas actividades da aula, xa que ofertan formas de expresión
máis alá da lingua oral e escrita.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48017

1.2. Obxectivos.

Obxectivos da área

OBX1. Manifestar interese por interactuar en situacións cotiás a través da exploración e do uso do seu repertorio
comunicativo para expresar as súas necesidades e intencións e para responder ás esixencias da contorna.

• O desexo ou a necesidade de interactuar coas persoas de apego en primeiro lugar e coa contorna é o motor que
posibilita a evolución das destrezas comunicativas. Para iso é imprescindible experimentar o pracer de comunicarse
mediante as primeiras interaccións ligadas á emoción, que se producen en situacións globais cuxo contexto (sons,
xestos, silencios, prosodia…) facilita a comprensión, a expresión e a integración dos significados das palabras antes de
que a nena ou o neno sexan capaces de usalas. A persoa adulta, como principal interlocutor nas fases iniciais, convértese
no facilitador da experiencia comunicativa de cada nena ou de cada neno a partir de experiencias compartidas.
• Estimular e promover a intención comunicativa favorece o despregamento de diferentes capacidades que lle permitirán
interpretar as mensaxes dos demais e interactuar coa contorna para expresar as súas necesidades, emocións,
sentimentos ou ideas nun clima de benestar e seguridade emocional e afectiva.
• Participar en situacións de comunicación significativas e funcionais nas diferentes linguas cooficiais, desde o respecto
ás diferenzas individuais, permitiralle ao alumnado coñecer e integrar progresivamente ao seu repertorio comunicativo
as diferentes linguaxes (verbal, non verbal, plástica, musical, dixital…) e descubrir as posibilidades expresivas de cada
unha delas para utilizar de maneira axustada e eficaz o máis adecuado en función da súa intención comunicativa, o que
aumenta as súas posibilidades de interactuar coa contorna e de facer as transferencias necesarias entre elas.
• Facer transferencias dunha linguaxe a outra potenciará aínda máis as posibilidades de interacción co medio e, polo
tanto, de aprender e de desenvolver a capacidade cognitiva.
• Estas interaccións comunicativas fomentarán tamén a adquisición progresiva das convencións sociais que rexen
os intercambios comunicativos, así como a curiosidade e a motivación cara á aprendizaxe doutras linguas presentes
na contorna, o que lles permitirá achegarse progresivamente aos significados de distintas mensaxes en contextos de
comunicación coñecidos.

OBX2. Interpretar e comprender mensaxes e representacións apoiándose en coñecementos e recursos da súa propia
experiencia para responder ás demandas da contorna e construír novas aprendizaxes.

• A comprensión supón recibir e procesar información expresada a través de mensaxes variadas (orais, escritas,
multimodais…), representacións e manifestacións persoais, sociais, culturais e artísticas próximas ao interese ou á
necesidade persoal, en distintos ámbitos e formatos.
• A comprensión implica interpretar mensaxes, analizalas e responder aos estímulos percibidos. Para iso, o alumnado
desta etapa adquirirá e activará distintas estratexias para desenvolver a capacidade de realizar anticipacións,
aproximacións e inferencias dunha maneira cada vez máis persoal e creativa. Desta forma, desde unha interpretación
egocéntrica propia do seu momento madurativo, avanzará para comprender con maior exactitude as mensaxes e as
intencións comunicativas doutras persoas e construirá novos significados e aprendizaxes, o que fará que progrese desde
CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

o acompañamento e a mediación cara a un determinado grao de autonomía e coñecemento do mundo.

OBX3. Producir mensaxes de maneira eficaz, persoal e creativa utilizando diferentes linguaxes, descubrindo os
códigos de cada unha delas e explorando as súas posibilidades expresivas para responder a diferentes necesidades
comunicativas.

• Nas primeiras etapas, a produción e a emisión de mensaxes teñen que ver coa necesidade de contacto e coa
satisfacción das necesidades máis básicas e é a linguaxe corporal e a xestual o esencial nese primeiro acto
comunicativo. A linguaxe oral, grazas á interacción coa persoa adulta, convértese no vehículo principal de aprendizaxe,
regulación da conduta e expresión de necesidades, ideas, emocións, sentimentos e vivencias. A prosodia e todos os
aspectos non verbais que acompañan a linguaxe oral cobran agora unha importancia capital.
• Conforme se avanza na etapa, a produción de mensaxes permite tamén representar aspectos da realidade vivida ou
imaxinada dunha forma cada vez máis persoal e mellor axustada aos distintos contextos e situacións comunicativas a
través do uso de diferentes linguaxes desenvolvendo as capacidades de simbolización. O alumnado utilizará diferentes
formas de expresión dunha maneira libre e creativa a partir do seu coñecemento e interpretación da realidade e da
conceptualización e o dominio dos sistemas de simbolización e técnicas requiridas en cada caso (verbais, non verbais,
plásticas, musicais, dixitais...). O alumnado descubrirá, mediante a experimentación e o uso, as posibilidades expresivas
de cada unha das devanditas linguaxes, en función do momento concreto do seu proceso madurativo e de aprendizaxe.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48018

OBX4. Participar por iniciativa propia en actividades relacionadas con textos escritos, mostrando interese e curiosidade
por comprender a súa funcionalidade e algunhas das súas características.

• A etapa da educación infantil é a contorna privilexiada para realizar un achegamento progresivo á linguaxe escrita
como forma de comunicación, coñecemento e gozo. Mediante o achegamento aos textos escritos e a súa exploración
a través de anticipacións e inferencias, así como a través da observación de modelos lectores e escritores de calidade,
espertarase nas nenas e nos nenos a curiosidade por descubrir as súas funcionalidades. Na medida en que avanzan na
comprensión dalgunhas das características e convencións da linguaxe escrita, increméntase a necesidade de descubrir a
información que contén, cunha actitude lúdica e de gozo.
• Sempre desde o respecto á evolución dos diferentes ritmos de desenvolvemento persoal e do coñecemento do
proceso a través do cal nenos e nenas se apropian do sistema de escritura e as hipóteses que utilizan, promoverase
unha aproximación á linguaxe escrita como actividade insere no quefacer cotián da aula, como inicio dun proceso que
deberá consolidarse na educación primaria. As bibliotecas xogarán un papel relevante como espazos onde se poñan
en xogo as ideas infantís sobre o porque e o para que da linguaxe escrita, así como lugar de achegamento ao goce dos
primeiros contactos coa literatura infantil. Do mesmo xeito, a presenza de soportes e útiles de escritura variados, en
lugares accesibles, serán unha invitación para producir mensaxes por pracer e a sentir a emoción de expresar os seus
pensamentos, vivencias ou sentimentos de maneira espontánea.

OBX5. Valorar a diversidade lingüística e dialectal presente na súa contorna, así como outras manifestacións culturais,
para enriquecer as súas estratexias comunicativas e a súa bagaxe cultural.

• A riqueza plurilingüe da aula e, se é o caso, a aprendizaxe de linguas estranxeiras, convértese nun elemento de
particular importancia, xa que favorece a exposición a linguas distintas da familiar de cada nena ou de cada neno,
así como unha aproximación a estas a través de interaccións e actividades lúdicas. A partir diso, xorde a necesidade
de educar no respecto e na valoración da bagaxe lingüística e sociocultural propia e allea, entendendo a pluralidade
lingüística e dialectal como un elemento enriquecedor que proporciona as claves para unha maior e mellor comprensión
do mundo. Tamén as manifestacións e representacións socioculturais constitúen un marco privilexiado para a
comunicación. A lingua é un aspecto fundamental da identidade cultural dunha comunidade e por iso é necesario
fomentar o coñecemento e a conservación das particularidades lingüísticas das contornas máis próximas do alumnado.
A pluralidade das súas linguaxes convida a promover o recoñecemento das semellanzas e diferenzas entre os seus
códigos e a desenvolver a sensibilidade cara a distintos referentes culturais, prestando unha especial atención á literatura
infantil oral e escrita, adaptada aos retos do século XXI.
• De todo iso espérase que xurda un diálogo intercultural cheo de matices entre as diferentes linguas e manifestacións
culturais que xerará un amplo abano de coñecementos implícitos. Nese proceso, as palabras e o vocabulario propio de
cada unha das linguas cooficiais actuarán como nexo de unión desde o que enriquecer a bagaxe cultural e desenvolver
a sensibilidade e a creatividade, de xeito que se lle ofrece á infancia, simultaneamente, a chave de acceso a unha
cidadanía crítica, solidaria, igualitaria e comprometida coa sociedade.

1.3. Criterios de avaliación e contidos.


CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

Primeiro ciclo.

Área de Comunicación e Representación da Realidade


Primeiro ciclo
Bloque 1. Intención e elementos da interacción comunicativa
Criterios de avaliación Obxectivos
• CA1.1. Participar con interese en interaccións cotiás utilizando diferentes sistemas
OBX1
comunicativos.
• CA1.2. Identificar a xestualidade e as manifestacións corporais como unha forma de
OBX3
comunicación humana empregándoas de maneira intencional.
• CA1.3. Identificar a intencionalidade comunicativa das persoas construíndo novos
OBX2
significados.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48019

Criterios de avaliación Obxectivos

• CA1.4. Manifestar necesidades, sentimentos e vivencias utilizando estratexias comunicativas


OBX3
e aproveitando as posibilidades que ofrecen as diferentes linguaxes con curiosidade e gozo.

• CA1.5. Participar de forma espontánea en situacións comunicativas adecuando a postura,


OBX1
os xestos e os movementos ás súas intencións.

• CA1.6. Tomar a iniciativa na interacción social gozando das situacións comunicativas cunha
OBX1
actitude respectuosa.

Contidos

• O contacto e o intercambio visual.


• O desexo de comunicarse. A emoción e a proximidade como base do intercambio comunicativo.
• Os obxectos de uso compartido como mediadores nos primeiros contextos de interacción.
• O recoñecemento e a utilización das posibilidades do corpo para comunicar. A expresión facial e corporal:
xestos de intención, necesidade e estado de ánimo, así como as sensacións que os acompañan.
• A vivencia de xestos e movementos como recursos corporais para a expresión e a comunicación e mais
para o intercambio afectivo. As primeiras interaccións tónico-emocionais e posturais. Expresións faciais e
xestuais. O diálogo corporal.
• A adopción de actitudes comunicativas significativas: mirada referencial, atención, escoita activa, quendas
de diálogo e comprensión das expresións emocionais da persoa adulta e reacción ante elas.
• A comunicación interpersoal: empatía e asertividade.
• A linguaxe afectiva. Elementos paralingüísticos.

Bloque 2. As linguas e os seus falantes

Criterios de avaliación Obxectivos

• CA2.1. Participar en situacións de uso de diferentes linguas manifestando interese e


OBX5
curiosidade cara á diversidade de perfís lingüísticos.
CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

• CA2.2. Producir mensaxes ampliando e enriquecendo o seu repertorio comunicativo con


OBX3
seguridade e confianza.

• CA2.3. Identificar e interpretar as normas que rexen os intercambios lingüísticos nas


OBX1
diversas situacións comunicativas habituais.

• CA2.4. Participar en diferentes situacións de uso das dúas linguas cooficiais recoñecendo a
OBX5
importancia de ambas.

• CA2.5. Descubrir e utilizar o vocabulario propio das linguas cooficiais mostrando interese
OBX5
polo seu uso.

• CA2.6. Respectar as particularidades lingüísticas da contorna próxima. OBX5

• CA2.7. Relacionarse con normalidade a través da fala na pluralidade lingüística e cultural da


OBX5
súa contorna manifestando interese por outras linguas, etnias e culturas.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48020

Contidos

• Ampliación do repertorio lingüístico individual.


• Achegamento á realidade lingüística da aula e da contorna.
• Emprego dunha linguaxe rica e libre de estereotipos de xénero.
• Comprensión e utilización de palabras ou expresións que responden ás súas necesidades ou intereses.
• Emprego das dúas linguas cooficiais.
• A diversidade lingüística e cultural da aula e da contorna.

Bloque 3. Comunicación verbal oral. Comprensión-expresión-diálogo

Criterios de avaliación Obxectivos

• CA3.1. Utilizar a linguaxe oral para expresar e compartir necesidades, sentimentos,


desexos, emocións e vivencias, regulando as accións e interactuando en diferentes situacións OBX3
e contextos.

• CA3.2. Participar de forma espontánea en situacións comunicativas adecuando a postura,


OBX1
os xestos e os movementos ás súas intencións.

• CA3.3. Participar na interacción social gozando das situacións comunicativas cunha actitude
OBX1
respectuosa.

• CA3.4. Expresar, a través da linguaxe oral, sensacións, sentimentos e emocións ante


OBX3
distintas representacións e manifestacións artísticas e culturais.

• CA3.5. Explorar as posibilidades expresivas da linguaxe oral. OBX3

• CA3.6. Interpretar as mensaxes orais da contorna reaccionando de maneira adecuada. OBX2

Contidos

• Utilización da linguaxe oral en situacións cotiás: primeiras conversacións con sons, vocalizacións e xogos
de interacción.
• Expresión de necesidades, vivencias e emocións a través da linguaxe oral.
• A linguaxe oral como reguladora da propia conduta.
• Participación de forma oral en conversacións, narracións, anécdotas, xogos colectivos e outros,
enriquecendo o seu repertorio lingüístico.
CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

• Expresión vogal e articulación das palabras. Xogos de imitación, lingüísticos e de percepción auditiva.
• Interpretación de mensaxes orais a través da escoita activa.
• Adquisición e uso preciso de vocabulario para a denominación da realidade, pronuncia clara e
funcionalidade.
• Adquisición de estruturas sintácticas básicas que enriquezan as súas competencias comunicativas
empregándoas coa entoación axeitada.
• Valoración da lingua oral como o instrumento esencial para a comunicación.
• A quenda de diálogo e a alternancia en situacións comunicativas que potencien o respecto e a igualdade.

Bloque 4. Aproximación á linguaxe escrita

Criterios de avaliación Obxectivos

• CA4.1. Explorar as posibilidades expresivas da linguaxe escrita utilizando os medios


OBX4
materiais que lle son propios e outros inespecíficos.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48021

Criterios de avaliación Obxectivos

• CA4.2. Participar activamente en actividades de aproximación á linguaxe escrita. OBX4

• CA4.3. Recorrer a escrituras indeterminadas, espontáneas e non convencionais


OBX4
incorporándoas ás súas producións con intención comunicativa.

• CA4.4. Identificar a linguaxe escrita como instrumento de comunicación diferenciándoa


OBX4
doutras linguaxes gráficas.

Contidos

• Aproximación a formas escritas en diferentes soportes e outros símbolos presentes na contorna.


• Achegamento aos usos da linguaxe escrita.
• Recoñecemento de elementos gráficos propios da linguaxe escrita.
• Iniciación no uso de útiles gráficos específicos ou non.
• Lectura a través de modelos lectores de referencia.

Bloque 5. Aproximación á educación literaria

Criterios de avaliación Obxectivos

• CA5.1. Manifestar interese e gozo cara a actividades individuais ou colectivas relacionadas


OBX4
coa literatura, avanzando nunha actitude participativa.

• CA5.2. Manifestar interese por comunicar interpretacións, sensacións, emocións e opinións


OBX4
provocadas polas producións literarias.

• CA5.3. Vincularse afectivamente coa lingua e coa cultura galega a través da participación en
OBX4
actividades de aproximación á literatura.

• CA5.4. Identificar os elementos que conforman unha narración en distintos soportes. OBX4

• CA5.5. Recorrer á biblioteca como fonte de información e gozo e banco de recursos,


OBX4
respectando as súas normas de uso.

Contidos

• Interese e gozo polos libros.


• Achegamento a textos literarios orais e escritos con contido libre de prexuízos, contribuíndo a desenvolver
CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

valores sobre cultura de paz, dereitos da nena e do neno, igualdade de xénero e diversidade funcional e/ou
étnico-cultural.
• Os contos tradicionais como elemento transmisor de cultura e xerador de debates con relación a
estereotipos de xénero.
• Recoñecemento dos elementos básicos dun relato.
• Situacións de lectura. Vínculos afectivos e lúdicos a través de modelos lectores de referencia.

Bloque 6. Linguaxe e expresión musical

Criterios de avaliación Obxectivos

• CA6.1. Expresar sensacións, sentimentos e emocións a través da vivencia musical. OBX3

• CA6.2. Explorar as posibilidades expresivas da linguaxe musical utilizando os medios


OBX3
materiais propios desta e os inespecíficos.

• CA6.3. Combinar recursos expresivos da linguaxe musical coa expresión da linguaxe


OBX3
corporal.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48022

Criterios de avaliación Obxectivos

• CA6.4. Manifestar interese e gozo cara a actividades individuais ou colectivas relacionadas


OBX1
coas obras musicais, avanzando nunha actitude participativa.

Contidos

• Discriminación auditiva. Sons e silencio, entoación e ritmo.


• Exploración das posibilidades sonoras e expresivas da voz, do corpo, dos obxectos e dos instrumentos.
• Nanas, arrolos e xogos de colo. Cantigas de roda. Contos musicais.
• Recoñecemento, evocación e reprodución de cancións e outras manifestacións musicais. Sentimentos e
emocións que transmiten.
• Ampliación do repertorio musical e o respecto e a valoración das distintas culturas.
• A escoita como descubrimento e gozo da contorna.

Bloque 7. Linguaxe e expresión plástica e visual

Criterios de avaliación Obxectivos

• CA7.1. Explorar as diferentes técnicas expresivas da linguaxe plástica e visual,


OBX3
empregándoas creativamente e gozando da modificación plástica dos distintos materiais.

• CA7.2. Manifestar interese e gozo coas obras colectivas e culturais plásticas e visuais,
OBX1
avanzando nunha actitude participativa e respectuosa.

• CA7.3. Outorgarlles significado ás propias creacións plásticas. OBX2

• CA7.4. Iniciarse na diferenciación entre o feito plástico e audiovisual-tecnolóxico como


un medio de representación e a propia realidade, avanzando nunha actitude crítica e OBX3
respectuosa.

Contidos

• Achegamento a diferentes formatos e soportes de expresión plásticas e visuais.


• Aproximación aos elementos básicos da expresión plástica, técnicas e procedementos.
• Exploración dos materiais e útiles específicos e inespecíficos na creación plástica.
• Interese e gozo pola experimentación e pola creación de obras plásticas.
CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

Bloque 8. Linguaxe e expresión corporal

Criterios de avaliación Obxectivos

• CA8.1. Manifestar necesidades, sentimentos e vivencias utilizando estratexias comunicativas


e aproveitando as posibilidades que ofrecen a linguaxe e a expresión corporal con curiosidade OBX3
e gozo.

• CA8.2. Interpretar os estímulos e as mensaxes da contorna procesando a información de


OBX2
maneira adecuada.

• CA8.3. Expresar sensacións, sentimentos e emocións ante distintas representacións e


OBX3
manifestacións artísticas e culturais.

• CA8.4. Utilizar o xogo simbólico como representación e intercambio de roles en situacións


OBX3
de dramatización.

• CA8.5. Manifestar interese e gozo cara a actividades individuais ou colectivas relacionadas


OBX1
coa danza e coa dramatizacións, avanzando nunha actitude participativa.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48023

Contidos

• Interese e creatividade na utilización do corpo como medio de expresión.


• Achegamento á expresión libre a través do xesto e do movemento no espazo.
• Uso do movemento e da danza como medios de expresión.
• Aproximación aos xogos de imitación a través de marionetas, bonecos ou outros obxectos de
representación espontánea.
• Comprensión e expresión de situacións representadas.

Bloque 9. Alfabetización dixital

Criterios de avaliación Obxectivos

• CA9.1. Interactuar de maneira virtual familiarizándose co uso de diferentes medios e


OBX1
ferramentas dixitais.

• CA9.2. Interpretar as mensaxes transmitidas en formato dixital preguntándose pola


OBX2
intencionalidade do emisor.

• CA9.3. Utilizar intuitivamente diversas ferramentas ou aplicacións dixitais intuitivas e visuais. OBX3

Contidos

• Aproximación ao uso de aplicacións e ferramentas dixitais con distintos fins: comunicación, aprendizaxe e
gozo.
• Uso saudable e responsable das tecnoloxías dixitais.
• Lectura e interpretación crítica de imaxes e información recibida a través de medios dixitais.
• Exploración das funcións dos dispositivos e elementos tecnolóxicos da súa contorna.

Segundo ciclo.

Área de Comunicación e Representación da Realidade


CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

Segundo ciclo

Bloque 1. Intención e interacción comunicativa

Criterios de avaliación Obxectivos

• CA1.1. Participar de maneira activa e axustada, espontánea e respectuosa coas diferenzas


OBX1
individuais en situacións comunicativas de diverso tipo.

• CA1.2. Interpretar as mensaxes transmitidas mediante representacións ou manifestacións


artísticas, tamén en formato dixital, recoñecendo a intencionalidade do emisor e mostrando OBX2
unha actitude curiosa e responsable.

• CA1.3. Expresar emocións, ideas e pensamentos a través de manifestacións artísticas e


OBX5
culturais, gozando do proceso creativo.

• CA1.4. Axustar o seu repertorio comunicativo ás propostas, aos interlocutores e ao contexto,


OBX1
indagando nas posibilidades expresivas das diferentes linguaxes

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48024

Contidos
• Repertorio comunicativo e elementos da comunicación non verbal.
• Comunicación interpersoal: empatía e asertividade.
• Convencións sociais do intercambio lingüístico en situacións comunicativas que potencien o respecto e a
igualdade: atención, escoita activa, quendas de diálogo e alternancia.
Bloque 2. As linguas e os seus falantes
Criterios de avaliación Obxectivos
• CA2.1. Participar en situacións de uso de diferentes linguas mostrando interese, curiosidade
OBX1
e respecto pola diversidade de perfís lingüísticos.
• CA2.2. Participar en diferentes situacións de uso das dúas linguas cooficiais recoñecendo a
OBX3
importancia de ambas as dúas para fomentar a riqueza cultural da nosa comunidade.
• CA2.3. Descubrir e utilizar o vocabulario propio das linguas cooficiais mostrando interese
OBX5
polo seu uso.
• CA2.4. Valorar positivamente as particularidades lingüísticas da contorna próxima. OBX5
• CA2.5. Relacionarse coas demais persoas a través da fala empregando as expresións de
OBX2
convencións sociais básicas que regulan as relacións interpersoais.
• CA2.6. Relacionarse con normalidade a través da fala na pluralidade lingüística e cultural da
OBX5
súa contorna, manifestando interese por outras linguas, etnias e culturas.
• CA2.7. Participar en interaccións comunicativas en lingua estranxeira relacionadas con
OBX5
rutinas e situacións cotiás.
Contidos
• Ampliación do repertorio lingüístico individual.
• Achegamento á realidade lingüística da contorna. Fórmulas ou expresións que responden ás súas
necesidades ou intereses.
• A lingua galega como parte da identidade da nosa comunidade autónoma.
• Emprego de fórmulas ou expresións que responden ás súas necesidades ou intereses.
• Uso do vocabulario das dúas linguas cooficiais.
CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

• Recoñecemento das particularidades lingüísticas da contorna máis próxima.


• Aproximación á lingua estranxeira. Elementos para unha comunicación funcional básica.
• Fórmulas e expresións de convencións sociais básicas que regulan as relacións interpersoais.
Bloque 3. Comunicación verbal oral. Comprensión-expresión-diálogo
Criterios de avaliación Obxectivos
• CA3.1. Percibir, identificar e discriminar sons da lingua aumentando o seu repertorio
OBX1
comunicativo e adquirindo progresivamente unha maior precisión.
• CA3.2. Interpretar de forma eficaz as mensaxes e as intencións comunicativas dos demais. OBX2
• CA3.3. Facer un uso funcional da linguaxe oral aumentando o seu repertorio lingüístico e
construíndo progresivamente un discurso máis eficaz, organizado e coherente en contextos OBX3
formais e informais.
• CA3.4. Utilizar a linguaxe oral como instrumento regulador da acción nas interaccións cos
OBX3
demais con seguridade e confianza.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48025

Criterios de avaliación Obxectivos


• CA3.5. Evocar e expresar espontaneamente ideas a través do relato oral. OBX3
• CA3.6. Expresar oralmente mensaxes facendo transferencias doutras linguaxes (musical,
plástica, gráfica, escrita e corporal) e indagando nas posibilidades comunicativas que ofrece a OBX3
combinación delas.
Contidos
• Utilización da linguaxe oral en situacións cotiás e as súas funcións: conversacións, xogos de interacción
social e expresión de vivencias.
• Creación de textos ou enunciados orais formais e informais.
• Escoita e comprensión de lecturas en voz alta nas dúas linguas cooficiais, como fonte de pracer e
aprendizaxe compartida.
• Interpretación da intención comunicativa das mensaxes.
• Verbalización da secuencia de accións nunha actividade planificada.
• Discriminación auditiva e conciencia fonolóxica.
• Uso progresivo de léxico variado, aumentando a precisión na procura dunha maior estruturación das súas
frases.
Bloque 4. Aproximación á linguaxe escrita
Criterios de avaliación Obxectivos
• CA4.1. Mostrar interese por comunicarse a través de códigos escritos, convencionais ou
OBX4
non, valorando a súa función comunicativa.
• CA4.2. Identificar algunha das características textuais e paratextuais mediante a indagación
OBX4
acompañada en textos de uso social libres de todo tipo de prexuízos e estereotipos.
• CA4.3. Desenvolver as habilidades grafomotrices do alumnado progresando no control e
OBX4
precisión.
• CA4.4. Producir diferentes textos individualmente ou en grupo, con escritura convencional
OBX4
ou non, con propósitos e intencións diferentes: recoller e transmitir información, gozo…
• CA4.5. Elaborar de forma escrita mensaxes expresadas noutras linguaxes (musical,
plástica, gráfica, corporal e oral), indagando nas posibilidades comunicativas que ofrecen as OBX4
transferencias entre elas.
CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

Contidos
• Intención comunicativa e achegamento ás principais características textuais e paratextuais. Primeiras
hipóteses para a interpretación e a compresión.
• Identificación dos usos sociais e das funcións da lectura e da escritura: comunicativa, representativa e
lúdico-creativa.
• Diferenciación entre as formas escritas e outras formas de expresión gráfica.
• Exploración das propiedades do sistema de escritura: hipóteses cuantitativas e cualitativas. Aproximación
ao código escrito desde as escrituras indeterminadas.
• Creación de textos escritos en diferentes soportes. Outros códigos de representación gráfica: imaxes,
símbolos, números…
• Dominio progresivo do trazo a través da grafomotricidade como medio de expresión e comunicación.
• Identificación e representación de palabras e frases escritas moi significativas e usuais.
• Interese pola produción de mensaxes empregando a lingua escrita en situacións contextualizadas.
• Iniciación a estratexias de procura de información, reelaboración e comunicación.
• Situacións de lectura individual ou a través de modelos lectores de referencia.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48026

Bloque 5. Aproximación á educación literaria

Criterios de avaliación Obxectivos

• CA5.1. Identificar algunha das características textuais e paratextuais mediante a indagación


OBX4
acompañada en textos de uso social libres de todo tipo de prexuízos e estereotipos.

• CA5.2. Recorrer á biblioteca como fonte de información e gozo e banco de recursos,


OBX4
respectando as súas normas de uso.

• CA5.3. Gozar compartindo a escoita e a lectura de textos literarios. OBX5

• CA5.4. Participar en actividades de aproximación á literatura infantil, tanto de carácter


individual coma en contextos dialóxicos e participativos, descubrindo, explorando e OBX5
apreciando a beleza da linguaxe literaria.

• CA5.5. Expresar gustos, preferencias e opinións sobre distintas manifestacións artísticas,


OBX5
explicando as emocións que produce o seu gozo.

Contidos

• Achegamento a textos literarios orais e escritos con contido libre de prexuízos, co fin de contribuír a
desenvolver valores sobre cultura de paz, dereitos da nena e do neno, igualdade de xénero e diversidade
funcional e/ou étnico-cultural.
• Os contos tradicionais como elemento transmisor de cultura e xerador de debates con relación a
estereotipos de xénero.
• Memorización e recitado de textos literarios.
• Establecemento de vínculos afectivos e lúdicos cos textos literarios.
• Conversacións e diálogos ao redor de textos literarios libres de prexuízos e estereotipos sexistas.
• A biblioteca de centro e de aula como recurso de aproximación á literatura.
• Escoita atenta de narracións e instrucións lidas por outras persoas.
• Situacións de lectura. Vínculos afectivos e lúdicos a través de modelos lectores de referencia.

Bloque 6. Linguaxe e expresión musical


CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

Criterios de avaliación Obxectivos

• CA6.1. Percibir, identificar e discriminar sons. OBX1

• CA6.2. Interpretar propostas dramáticas e musicais utilizando e explorando diferentes


OBX3
instrumentos, recursos ou técnicas.

• CA6.3. Valorar as producións dos demais de forma crítica, respectuosa e empática. OBX3

• CA6.4. Expresar emocións, ideas e pensamentos a través de manifestacións artísticas e


OBX5
culturais, gozando do proceso creativo.

• CA6.5. Expresar gustos, preferencias e opinións sobre distintas manifestacións artísticas,


OBX5
explicando as emocións que produce o seu gozo.

• CA6.6. Interpretar musicalmente mensaxes expresadas noutras linguaxes (oral, plástica,


gráfica, escrita e corporal), indagando nas posibilidades expresivas que ofrecen as OBX5
transferencias entre elas.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48027

Contidos

• Discriminación de sons e identificación da fonte sonora.


• Exploración das posibilidades sonoras, expresivas e creativas da voz e do corpo.
• Descubrimento das propiedades sonoras dos obxectos cotiáns da súa contorna e dos instrumentos.
• Utilización de sons para a interpretación e a creación musical.
• Achegamento a propostas musicais en distintos formatos: escoitar, cantar, bailar e tocar.
• O código musical: o son, o silencio e as súas calidades.
• Recoñecemento da intención expresiva nas producións musicais e/ou sonoras.
• Aprecio da escoita musical como fonte de gozo.
• Respecto polas producións alleas.
• Identificación das funcións da linguaxe musical: comunicativa, representativa e lúdico-creativa.

Bloque 7. Linguaxe e expresión plástica e visual

Criterios de avaliación Obxectivos

• CA7.1. Interpretar as mensaxes transmitidas mediante representacións ou manifestacións


artísticas, tamén en formato dixital, recoñecendo a intencionalidade do emisor e mostrando OBX2
unha actitude curiosa e responsable.

• CA7.2. Elaborar creacións plásticas explorando e utilizando diferentes materiais e técnicas e


OBX3
participando activamente no traballo en grupo.

• CA7.3. Expresar emocións, ideas e pensamentos a través de manifestacións plásticas,


OBX5
artísticas e culturais, gozando do proceso creativo.

• CA7.4. Expresar gustos, preferencias e opinións sobre distintas manifestacións artísticas,


OBX5
explicando as emocións que produce o seu gozo.

• CA7.5. Valorar as producións dos demais de forma crítica, respectuosa e empática. OBX3

• CA7.6. Elaborar creacións plásticas a partir de mensaxes expresadas noutras linguaxes


(musical, oral, gráfico, escrito e corporal) e indagar nas posibilidades expresivas que ofrecen OBX3
as transferencias entre eles.

Contidos
CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

• Exploración das posibilidades plásticas e creativas de distintos materiais específicos e inespecíficos.


• Aproximación aos elementos básicos da expresión plástica, técnicas e procedementos.
• Intención expresiva de producións plásticas e pictóricas.
• Respecto cara ás producións alleas.
• Planificación da acción en producións plásticas.
• Achegamento a diferentes formatos e soportes de expresión plásticos e visuais.

Bloque 8. Linguaxe e expresión corporal

Criterios de avaliación Obxectivos

• CA8.1. Explorar as posibilidades expresivas do corpo a través da dramatización e da danza. OBX3

• CA8.2. Axustar harmonicamente o seu movemento ao dos demais e ao espazo como forma
OBX3
de expresión corporal libre, manifestando interese e iniciativa.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48028

Criterios de avaliación Obxectivos

• CA8.3. Valorar as producións dos demais de forma crítica, respectuosa e empática. OBX3

• CA8.4. Interpretar corporalmente mensaxes expresadas noutras linguaxes (musical, plástica,


gráfica, escrita e oral) e indagar nas posibilidades expresivas que ofrecen as transferencias OBX3
entre elas.

Contidos

• Exploración das posibilidades expresivas e comunicativas do propio corpo (cara, postura, ton, xestos…) en
actividades individuais e grupais libres de prexuízos e estereotipos sexistas.
• Aproximación aos xogos de expresión corporal e dramática.
• Uso do baile e da danza como medios de expresión.
• Respecto cara ás producións alleas.
• Vivencia do xesto e do movemento como recursos corporais para a expresión, a comunicación e o
intercambio afectivo.

Bloque 9. Alfabetización dixital

Criterios de avaliación Obxectivos

• CA9.1. Interactuar de maneira virtual familiarizándose co uso de diferentes medios e


OBX1
ferramentas dixitais.

• CA9.2. Interpretar as mensaxes transmitidas mediante representacións ou manifestacións


artísticas, ou en formato dixital, recoñecendo a intencionalidade do emisor e mostrando unha OBX2
actitude curiosa e responsable.

• CA9.3. Expresarse de maneira creativa utilizando diversas ferramentas ou aplicacións


OBX3
dixitais intuitivas e visuais para expresarse de maneira creativa.

• CA9.4. Coñecer e aplicar as normas básicas de uso das ferramentas tecnolóxicas: tempos
OBX2
de utilización, contextos e momentos de uso, tipo de aplicacións, contidos axeitados.

Contidos

• Aproximación ao uso de aplicacións e ferramentas dixitais con distintos fins: creación, comunicación,
aprendizaxe e gozo.
CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

• Uso saudable e responsable das tecnoloxías dixitais.


• Aproximación ao uso de ferramentas dixitais en procesos creativos.
• Lectura e interpretación crítica de imaxes e información recibida a través de medios dixitais.
• Función educativa dos dispositivos e elementos tecnolóxicos da súa contorna.

1.4. Orientacións pedagóxicas.

A intervención educativa na área de Comunicación e Representación da Realidade


desenvolverá o seu currículo e tratará de asentar de xeito gradual e progresivo nos distin-
tos niveis da etapa as aprendizaxes que lle faciliten ao alumnado o logro dos obxectivos da
área e, en combinación co resto de áreas, unha adecuada adquisición das competencias
clave e o logro dos obxectivos da etapa.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48029

Neste sentido, no deseño das actividades, o profesorado terá que considerar a relación
entre os obxectivos da área e as competencias clave e as liñas de actuación no proceso de
ensino e aprendizaxe, que se presentan no punto seguinte, e seleccionar aqueles criterios
de avaliación do currículo que se axusten á finalidade buscada, así como empregalos para
verificar as aprendizaxes do alumnado e o seu nivel de desempeño.

Liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe.

– A concepción positiva da infancia ao respecto das súas múltiples potencialidades co-


municativas ás que a escola deberá dar resposta creando as condicións para que as dife-
rentes linguaxes se desenvolvan plenamente, sen considerar a ningunha por enriba das
demais.

– Unha acollida afectuosa cara ás mensaxes das nenas e dos nenos, o contacto físico e
a atención plena por parte das persoas adultas de referencia, como requisitos básicos para
a construción dun vínculo de apego que permita establecer interaccións a través do ollar,
do xesto, do sorriso, da palabra, outorgándolle significados e integrando progresivamente
os elementos da comunicación humana para darlles pleno sentido ás mensaxes.

– O deseño de situacións de aprendizaxe relativas aos intereses das nenas e dos ne-
nos que respecten a necesaria transferencia dunhas linguaxes a outras, combinando as
diferentes técnicas, recursos e materiais propios de cada unha para un mellor autocoñece-
mento e comprensión da realidade.

– Unha organización e xestión flexible dos tempos comunicativos respectando os inte-


CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

reses, ritmos e particularidades das nenas e dos nenos.

– A creación dun ambiente de comunicación pracenteiro no que a voz, cantada ou na-


rrada, oferta continuos modelos lingüísticos variados, correctos e de beleza literaria. O
persoal da escola debe ser consciente do seu importante papel e ha de coidar dun xeito
especial as súas interaccións comunicativas.

– A preocupación pola beleza da realidade cotiá de cada recanto escolar, rexeitando


estereotipos e infantilismos mercantilistas, procurando a participación activa das nenas e
dos nenos na construción e modificación dos diferentes ámbitos ou espazos da escola e
superando a idea da aula como único lugar para a comunicación.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48030

– O deseño de situacións de aprendizaxe nas que as nenas e os nenos poidan empre-


gar asiduamente os elementos básicos da comunicación oral, como a escoita atenta, o
establecemento de quendas, darlle coherencia a un discurso, servir á secuenciación das
propias accións, empregar formulas sociais de cortesía, xerar ideas, modelar a conduta,
facer propostas ou expresar opcións e defendelas, entre outras.

– A inmersión na lingua escrita que, desde a chegada á escola, aproveite a elevada


motivación das nenas e dos nenos sobre os distintos códigos e mensaxes xa presentes na
súa vida cotiá, poñendo énfase no seu aspecto funcional para a comunicación e aproxi-
mándose, progresivamente, aos elementos que rexen a lingua escrita convencional, como
a diferenciación entre imaxe e grafema, a organización do espazo gráfico, a linealidade ou
a direccionalidade.

– A incorporación ao centro infantil de diferentes interlocutores, familias, especialistas


en linguaxes expresivas ou persoas doutras culturas que oferten interaccións de calidade
e diversifiquen a percepción estética do mundo e das distintas manifestacións culturais.

– Un acompañamento educativo que fomente a autoconfianza nas manifestacións e


producións artísticas que preserve a evolución natural e individual das distintas linguaxes
expresivas, que estimule a creatividade e os procesos imaxinarios, que contrarreste con-
vencionalismos e que fomente a sensibilidade estética.

– Situacións de aprendizaxe onde a linguaxe musical e corporal vaian da man para un


descubrimento e vivencia natural do son e das súas calidades, da musicalidade das contor-
nas e das distintas manifestacións artísticas segundo a cultura e os ciclos anuais.
CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

– Situacións de aprendizaxe que permitan a evolución das nenas e dos nenos desde
posturas de recepción pasiva de linguaxes ata ser emisores cualificados en calquera delas,
con especial énfase na narrativa audiovisual e dixital.

– A introdución natural, cotiá e contextualizada dos medios de comunicación visual e


dixital no centro de educación infantil, estimulando a participación das nenas e dos nenos
en situacións comunicativas reais e plenas de significado.

– O emprego de diferentes linguas, con especial énfase nas da súa contorna, incorpo-
radas ás rutinas cotiás xogos ou cancións que permitan a inmersión con naturalidade nos
distintos códigos lingüísticos do mundo global que os rodea.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48031

– O uso normalizado da lingua galega nos diversos ámbitos e situacións como medio
para garantir o seu coñecemento práctico e axeitado ao remate do ensino obrigatorio.

– A especial valoración da biblioteca e da fonoteca do centro ou da aula como fontes de


información e espazos para o lecer e a creatividade.

– A introdución na aula de sistemas alternativos e aumentativos de comunicación que fa-


ciliten a adquisición e a interiorización das rutinas, o acceso á información e ás instrucións
e que contribúan á inclusión de todas as persoas do grupo.

2. Crecemento en Harmonía.

2.1. Introdución.

Na primeira infancia, toda a experiencia das nenas e dos nenos pasa polo coñecemen-
to, o dominio e o coidado do propio corpo. O corpo, formado por segmentos e por órganos,
medra, ten unha historia, está situado e móvese no espazo, ten que ser alimentado e coi-
dado e conformarase como propio e diferente do das demais persoas. O coñecemento pro-
pio é un proceso de construción persoal permanente e continuo na vida das persoas que
involucra diversas dimensións interdependentes, como o desenvolvemento e a valoración
propia, a autonomía, a identidade ou a convivencia. Así mesmo, durante os primeiros anos
aparecen diversos sentimentos e emocións, ao tempo que as nenas e os nenos conforman
a súa propia imaxe e a autoestima, que serán a base do logro progresivo da autonomía.

A área de Crecemento en Harmonía céntrase nas dimensións persoal e social da nena


CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

ou do neno, entendidas como inseparables e complementarias, que se desenvolven e re-


gulan de maneira progresiva, conxunta e harmónica, aínda que só adquire sentido desde a
complementariedade coas outras dúas, xa que se produce nunha contorna física e natural
determinada e precisa da utilización de distintas linguaxes e representacións da realidade.

Desde o profundo respecto aos ritmos e estilos de maduración individuais, os procesos


de ensino e aprendizaxe deben adaptarse ás características persoais, necesidades, intere-
ses e estilo cognitivo de cada nena ou de cada neno. Aténdese, polo tanto, ao desenvolve-
mento psicomotor, á adquisición paulatina do control de si mesmo e ao proceso gradual de
construción da propia identidade, froito do descubrimento das súas posibilidades motrices
e das interaccións consigo mesmo, coa contorna e cos demais. Neste proceso, partirase
da experimentación libre da súa propia motricidade. Avanzarase desde a dependencia total

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48032

da persoa adulta cara a unha progresiva autonomía, na medida en que cada individuo ha
de integrar e utilizar os recursos e estratexias que lle facilitan un desenvolvemento axusta-
do e adaptado da súa motricidade.

Os obxectivos da área identifican as actuacións que se espera que as nenas e os nenos


sexan capaces de despregar en relación co seu propio desenvolvemento persoal e social
ao longo da etapa, como consecuencia da intervención educativa. Os tres primeiros obxec-
tivos inclúen aspectos relacionados co seu propio desenvolvemento persoal: o progresivo
control de si mesmos que adquiren a medida que constrúen a súa propia identidade, come-
zan a establecer relacións afectivas cos demais e utilizan os recursos persoais para desen-
volverse no medio dunha forma cada vez máis axustada e independente, valorando e con-
fiando nas súas posibilidades e calidades e respectando as dos demais. O último obxectivo
atende á necesaria correlación entre a construción da propia identidade e as interaccións
na contorna sociocultural en que aquela se produce, resaltando a importancia de propiciar
e favorecer interaccións saudables, sostibles, eficaces, igualitarias e respectuosas.

Nas primeiras etapas do desenvolvemento, o propio corpo é fonte de experimentación,


de aprendizaxes, de relación e de expresión e base da actividade autónoma. A contorna
escolar debe proporcionar o contexto adecuado e o acompañamento necesario baixo unha
mirada atenta, paciente e respectuosa, para que as nenas e os nenos poidan descubrir o
pracer que lles proporciona a actividade por iniciativa propia, que é a súa principal nece-
sidade en relación coa súa contorna, nun ambiente estimulante de seguridade, calma e
tranquilidade. Dese modo, recoñecerán o seu corpo, global e parcialmente, as súas posi-
bilidades perceptivas e de acción, expresión e movemento, así como as súas limitacións,
e serán capaces de identificar as sensacións que experimenta, de gozar con elas e de
servirse das posibilidades expresivas do corpo para manifestalas.
CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

Adquire unha especial relevancia a representación gráfica do corpo que fai o alumnado,
que deberá ser considerada como fonte de información do punto no que se atopa no pro-
ceso de interiorización do esquema corporal.

Ao longo da etapa, acadarase un progresivo control do corpo cara a unha actividade


motora cada vez máis intencional. A adquisición de destrezas cada vez máis complexas
será o resultado de responder á necesidade de utilizar instrumentos e ferramentas nas
actividades cotiás e nos xogos motores, sensoriais, simbólicos e de regras.

O desenvolvemento da personalidade nesta etapa correspóndese coa construción da


propia identidade, diferenciada das demais. A intervención educativa debe guiar e poten-

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48033

ciar o logro dunha autoimaxe axustada e positiva en todos os aspectos. Para iso será nece-
sario crear un clima de seguridade e afecto nas aulas onde o alumnado se poida expresar
tal e como é, procurando o respecto e a aceptación polo grupo e considerando as súas
singularidades e diversidade como parte única e valiosa da súa personalidade.

É a idade na que se produce o descubrimento da sexualidade e cando se inicia a cons-


trución sexual e de xénero. Toda interacción co persoal educador orienta e modela en gran
medida a nena e o neno, xa que tende a imitar e a reproducir as estratexias de relación das
persoas adultas que os rodean. Por iso é imprescindible identificar e erradicar, se é o caso,
os posibles mecanismos de discriminación oculta que poidan persistir na contorna escolar
e educar o alumnado desde o respecto cara a todas as manifestacións sexuais presentes
na súa realidade.

O desenvolvemento da afectividade é especialmente relevante nesta etapa, xa que é a


base das aprendizaxes e conforma a personalidade infantil. Por iso, debe traballarse desde
o primeiro momento o recoñecemento, a expresión e o control progresivo das emocións
e dos sentimentos. A expresión instintiva das primeiras emocións, asociada sobre todo á
satisfacción das necesidades básicas, evolucionará cara a formas progresivamente com-
plexas e sofisticadas, conscientes das normas e valores sociais. A interacción coa contorna
proporciona unha información dun mesmo que contribúe, en gran medida, á construción
da propia imaxe, ligada á súa vez ao desenvolvemento de sentimentos de seguridade,
autoconfianza e autoestima. É necesario que o noso alumnado desenvolva a capacidade
de valorar de maneira crítica a información que os demais achegan sobre a súa persoa,
evitando deseñar a súa propia imaxe con base unicamente en consideracións externas e
utilizando a devandita información para reflexionar e mellorar nesta construción persoal.
CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

Os coidados deben responder a estándares de calidade e contribuír á toma de con-


ciencia de si mesmo e das súas posibilidades. As necesidades deben atenderse nun clima
acolledor e tranquilo que proporcione os tempos necesarios para que cada momento se
viva como algo pracenteiro. Só a partir desa sensación de benestar, o resto de principios
alcanza un valor significativo e global. Neste marco, a vida escolar organízase ao redor
de rutinas estables, planificadas a partir dos ritmos biolóxicos e vinculadas á adquisición
progresiva de hábitos saudables de alimentación, hixiene e descanso. De forma paulatina,
incrementarase a súa iniciativa para incorporar nas súas prácticas cotiás os hábitos que
contribúen ao coidado do propio corpo e dos espazos nos que transcorre a súa vida cotiá,
en paralelo ao desenvolvemento da autonomía persoal e ao espertar da conciencia da
relación de interdependencia e ecodependencia entre as persoas e a contorna. Teranse
en conta as características individuais de todo o alumnado á hora de afrontar e de realizar

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48034

as devanditas rutinas, para o que se respectarán os tempos ou as adaptacións que sexan


necesarias. Así, producirase o progreso desde a dependencia completa cara a unha certa
autonomía na satisfacción das súas necesidades e na adquisición de hábitos sostibles e
ecosocialmente responsables.

O establecemento de vínculos afectivos de calidade coas persoas significativas que o


rodean potenciará a interacción e a curiosidade infantil por coñecer e comprender como
funciona a realidade. Coa incorporación á contorna escolar, descubrirán a súa pertenza ao
medio social: amplíanse de maneira significativa as relacións interpersoais, xéranse novos
vínculos e desenvólvense actitudes como a confianza, a empatía e o apego, que constitúen
a sólida base para a súa socialización. A aula convértese nunha pequena comunidade de
convivencia na que se desenvolven as habilidades sociais e cada persoa pode expresar as
súas necesidades respectando as das demais, entendendo que as pautas elementais de
convivencia se derivan do respecto mutuo e aprendendo a cooperar e a convivir a través
da xestión, resolución e prevención dos conflitos de maneira dialogada e evitando calquera
tipo de violencia e discriminación.

A diversidade étnico-cultural posibilita o acceso das nenas e nenos aos diversos usos e
costumes sociais desde unha perspectiva aberta e integradora que lles permita coñecer as
diversas manifestacións culturais presentes na sociedade e, deste xeito, xeraranse actitu-
des de aceptación, respecto e aprecio.

2.2. Obxectivos.

Obxectivos da área
CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

OBX1. Progresar no coñecemento e no control do seu corpo e na adquisición de distintas estratexias, adecuando as súas
accións á realidade da contorna dunha maneira segura para construír unha autoimaxe axustada e positiva.

• O coñecemento, valoración e control que as nenas e os nenos adquiren de si mesmos e do uso dos recursos do
seu propio corpo, xunto á utilización dos sentidos para desenvolverse no medio de forma cada vez máis axustada e
independente, son aspectos fundamentais que conforman a súa autonomía. Recoñecerse como persoa diferenciada das
demais, elaborar a noción do «eu» e formarse unha autoimaxe positiva, así como o desenvolvemento paulatino da súa
identidade sexual, son procesos relevantes que requiren a toma de conciencia sobre as posibilidades de si mesmos, a
partir da identificación das calidades persoais e das diferenzas con respecto ás outras persoas, desde a aceptación e o
respecto. Estes procesos prodúcense a partir das interaccións espontáneas co medio, das sensacións que experimentan
e da exploración de si mesmos, dos obxectos e da contorna.
• A través do xogo viven experiencias que contribúen ao seu desenvolvemento harmónico e integral e demostran
un crecente control e autonomía do seu corpo e tamén unha maior independencia con respecto ás persoas adultas.
Experimentar as posibilidades motrices e sensitivas do propio corpo servirá para avanzar no control dinámico en
desprazamentos interiorizando as nocións espazo-temporais e os movementos, para superar retos e para elaborar
un esquema corporal cada vez máis axustado. Tamén servirá para desenvolver destrezas necesarias na exploración,
manipulación e uso de utensilios comúns, así como para desenvolver a motricidade fina e a coordinación óculo-manual.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48035

OBX2. Recoñecer, manifestar e regular progresivamente as súas emocións expresando necesidades e sentimentos para
lograr o benestar emocional e a seguridade afectiva.

• Coñecer e iniciarse no manexo das súas emocións é unha ferramenta fundamental para poder facer fronte,
gradualmente e con seguridade e autonomía, a situacións cambiantes e incertas presentes na súa vida cotiá. Na
satisfacción das súas propias necesidades e nas situacións de xogo é onde as emocións están máis vinculadas ao
desenvolvemento do eu e ao coñecemento das normas e valores sociais, xa que a través das interaccións coas outras
persoas se avanza na identificación, comprensión e regulación das emocións propias e na apropiación de información
moi valiosa sobre un mesmo. Todo iso contribuirá de maneira decisiva á interiorización de sentimentos de seguridade
e de confianza persoal, dous aspectos fundamentais para a construción da autoestima e a formación dunha autoimaxe
positiva e axustada, afastada dos estereotipos sexistas. Tamén se desenvolve a confianza nos demais, o que incide na
mellora das relacións sociais, da automotivación con respecto ás actividades e xogos e da comprensión e expresión do
que sente, pensa, prefire e lle interesa.
• Establecer relacións harmoniosas e de calidade supón potenciar que cada nena e cada neno poidan identificar e
superar os seus límites, reforzar as súas fortalezas, regular as súas necesidades persoais, valorar o traballo ben feito,
aprender dos erros de forma construtiva aceptando positivamente as correccións, tomar iniciativas propias sobre a súa
persoa e sobre a contorna e establecer metas realistas e ambiciosas con creatividade e responsabilidade, sentíndose
recoñecidos dentro do grupo, fomentando a súa resiliencia e respectando e valorando a diversidade presente no grupo.

OBX3. Adoptar modelos, normas e hábitos, desenvolvendo a confianza nas súas posibilidades e sentimentos de logro
para promover un estilo de vida saudable e ecosocialmente responsable.

• A adquisición de hábitos saudables e sostibles e a súa progresiva integración na vida cotiá contribúen ao coidado
do propio corpo, así como ao logro dunha crecente autonomía. Neste proceso resulta imprescindible que coñezan e
reflexionen sobre as normas que contribúen a crear tendencias de actuación respectuosas con eles mesmos, cos demais
e co medio, desde unha perspectiva interdependente e ecorresponsable. Espérase tamén que se produza un inicio na
reflexión sobre o consumo responsable de bens e recursos, así como que se promova a actividade física como conduta
saudable.
• Iso transfírese á aula a través da realización de rutinas entendidas como prácticas secuenciadas que se repiten de
maneira estable e intencional para favorecer a regulación dos ritmos biolóxicos e o axuste aos tempos persoais. É preciso
atopar momentos de atención persoal, a través dun trato individualizado a cada nena ou a cada neno, especialmente
no referido á satisfacción das súas necesidades, a partir do seu ritmo biolóxico e sempre na procura do seu benestar e
confort. Todo iso contribúe ao desenvolvemento dunha percepción máis axustada de si mesmo e ao sentimento de logro
derivado da percepción da progresiva competencia adquirida nas actividades relacionadas coa alimentación, a hixiene, o
vestido, o descanso e a actividade.
• Por último, débense estimular iniciativas relativas á importancia de previr os riscos e de evitar os accidentes,
desenvolvendo estratexias que lle permitan analizar as posibles situacións de perigo e actuar coherentemente.

OBX4. Establecer interaccións sociais en condicións de igualdade, valorando a importancia da amizade, do respecto,
da diversidade e da empatía para construír a súa propia identidade baseada en valores democráticos e de respecto aos
dereitos humanos.
CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

• A construción da identidade é unha das resultantes do conxunto de interaccións coa contorna social próxima. Neste
proceso de reformulación dos seus recursos cognitivos e afectivos necesario para establecer novas relacións cos demais
e co mundo, é preciso proporcionarlles sentimentos de seguridade e confianza mediante a creación de vínculos de apego
sans e estables que fagan que se sintan respectados, queridos e valorados e que adopten de maneira natural os modelos
sociais adecuados nunha contorna de cooperación, respecto e empatía.
• Nas primeiras etapas, as nenas e os nenos comezan a identificarse como diferentes e singulares e son capaces de
percibir as expresións emocionais das outras persoas, pero aínda non poden adoptar o seu punto de vista. Mediante as
distintas interaccións e a mediación das persoas adultas, asimilarán de maneira natural e progresiva modelos adecuados
de relación social, baseados no respecto, na empatía, na promoción da igualdade entre homes e mulleres, a aceptación
da discapacidade e no respecto aos dereitos humanos.
• O recoñecemento e o aprecio cara á pluralidade sociocultural da aula débese fomentar mediante actividades e xogos
que poñan en valor os distintos costumes e tradicións e que favorezan a comunicación asertiva das necesidades propias
e a escoita activa das demais persoas en procesos coeducativos e cooperativos. Na mesma liña, a interacción con outras
nenas e nenos con necesidades sensoriais, físicas ou cognitivas favorecerá o desenvolvemento dunha perspectiva que
lles permita entender que a inclusión é enriquecedora. Desta maneira, o alumnado integra ferramentas para ofrecer e
pedir axuda e resolver conflitos de maneira dialogada, co fin de alcanzar unha meta común. Todo iso reforza o sentido de
pertenza a un grupo social, contribúe a aprender a vivir en harmonía coas outras persoas e favorece o traballo en equipo.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48036

2.3. Criterios de avaliación e contidos.

Primeiro ciclo.

Área de Crecemento en Harmonía


Primeiro ciclo
Bloque 1. O corpo e o control progresivo deste
Criterios de avaliación Obxectivos
• CA1.1. Tomar conciencia do propio corpo global e segmentariamente. OBX1
• CA1.2. Coordinar e controlar o seu corpo e as súas posibilidades motrices adaptándoo ás OBX1
características dos obxectos, á acción e á vida cotiá.
• CA1.3. Mostrar aceptación e respecto polo propio corpo e polo das demais persoas, OBX1
mellorando progresivamente no seu coñecemento e recoñecendo as súas limitacións.
• CA1.4. Afrontar retos corporais manifestando actitudes de superación e, de ser o caso, OBX1
solicitando axuda.
• CA1.5. Adecuar as súas accións e reaccións a cada situación, nunha interacción lúdica OBX1
e espontánea coa contorna, explorando as súas posibilidades motoras e perceptivas e
progresando en autonomía, precisión, seguridade, coordinación e intencionalidade.
• CA1.6. Recoñecer os sentidos como fonte de sensacións empregándoos para o OBX1
coñecemento do mundo circundante.
Contidos
• Descubrimento e recoñecemento do propio corpo, da propia imaxe e a das persoas da súa contorna.
Identificación e respecto das diferenzas.
• Adaptación e progresivo control da coordinación, do ton, dos desprazamentos e da postura ás diferentes
situacións da vida cotiá.
• Experimentación manipulativa e dominio progresivo de coordinación visomotriz no contacto con obxectos e
materiais.
• Exploración das posibilidades motrices e experiencias activas. O movemento libre como fonte de
aprendizaxe e desenvolvemento.
CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

• Adquisición progresiva do equilibrio estático e dinámico.


• Curiosidade e interese pola exploración sensomotriz. Integración sensorial do mundo a través das
posibilidades perceptivas.
• Identificación dos sentidos e dos seus órganos como fonte de sensacións para o descubrimento propio e
da contorna.
• Identificación dos riscos habituais asociados ao movemento e ao uso de estratexias e recursos adecuados
para a súa autoprotección.
Bloque 2. Equilibrio e desenvolvemento da afectividade
Criterios de avaliación Obxectivos
• CA2.1. Iniciarse na toma de conciencia das características persoais identificando as súas OBX4
potencialidades.
• CA2.2. Afianzar progresivamente a propia personalidade harmonizando a afirmación das OBX4
preferencias con respecto ás necesidades colectivas.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48037

Criterios de avaliación Obxectivos

• CA2.3. Manifestar progresivamente sentimentos de seguridade, afecto e competencia nas OBX2


propias accións.

• CA2.4. Expresar emocións e sentimentos desenvolvendo de maneira progresiva a OBX2


conciencia emocional e as estratexias de regulación emocional.

• CA2.5. Relacionarse coas outras persoas aceptando e mostrando afecto de maneira libre, OBX2
segura, respectuosa e afastada de todo tipo de estereotipos.

• CA2.6. Afrontar adversidades, manifestando actitudes de superación, esforzo, constancia e OBX2


atención e solicitando e prestando axuda.

• CA2.7. Iniciarse na resolución de conflitos cos seus iguais coa mediación da persoa adulta, OBX4
experimentando os beneficios de chegar a acordos.

Contidos

• Identificación e recoñecemento das características e calidades persoais valorando positivamente as


diferenzas.
• Toma de conciencia progresiva da súa identidade, evitando a instalación de estereotipos de xénero.
• Identificación e adecuación de estados emocionais ás diferentes situacións: tempos de espera,
frustracións asociadas á satisfacción inmediata de desexos.
• Identificación progresiva das causas e das consecuencias das emocións básicas.
• Emprego de estratexias para afrontar as dificultades e adversidade recoñecendo os propios límites.
• Manexo de estratexias para lograr seguridade afectiva: procura de axuda, demanda de contacto afectivo.

Bloque 3. Hábitos de vida saudable para o autocoidado e o coidado da contorna

Criterios de avaliación Obxectivos

• CA3.1. Practicar un estilo de vida saudable e de benestar integral mediante unha OBX3
alimentación equilibrada e pracenteira, un descanso autónomo e suficiente, o gusto pola
CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

limpeza e a adecuación na vestimenta.

• CA3.2. Mostrar aceptación e respecto polo propio corpo e polo dos demais, mellorando OBX1
progresivamente no seu coñecemento e recoñecendo as súas limitacións.

• CA3.3. Amosar conciencia na detección das propias necesidades progresando en OBX3


autonomía, seguridade e intencionalidade na súa satisfacción.

• CA3.4. Recoñecer e anticipar a sucesión temporal dos ritmos biolóxicos, rutinas e pautas OBX3
socioculturais que estruturan a dinámica cotiá, asociándoa a elementos, procedementos e
actitudes concretas.

• CA3.5. Adquirir hábitos relacionados coa limpeza, coidado e orde na súa contorna. OBX3

• CA3.6. Desenvolver condutas e situacións baseadas no respecto, na empatía, na igualdade OBX4


de xénero e no respecto aos dereitos humanos a través do xogo de imitación.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48038

Contidos
• Adopción de hábitos sostibles e ecosocialmente responsables relacionados coa alimentación, coa hixiene
e co aseo persoal, co descanso e coa limpeza do espazo.
• Accións que favorecen a saúde e xeran benestar. Interese por ofrecer un aspecto saudable e aseado.
• Identificación e recoñecemento das características e calidades persoais para unha aceptación da propia
imaxe, valorando positivamente a diferenza.
• Adquisición da autonomía progresiva nos hábitos de descanso, alimentación, hixiene e limpeza.
• Iniciación na práctica de accións que favorezan a interacción e a adquisición de hábitos saudables, como
a hixiene corporal e ambiental, a adecuada alimentación, o consumo responsable e a regulación dos ritmos
de sono e vixilia, actividade e descanso, acción e relaxación.
• Adaptación progresiva dos ritmos biolóxicos propios ás rutinas de grupo.
• Adquisición de rutinas relacionadas co compromiso e coa autonomía: anticipación de accións e normas de
comportamento social na comida, no descanso, na hixiene ou nos desprazamentos.
• Identificación dos riscos habituais na súa contorna e utilización de estratexias e recursos adecuados para
evitalos.
Bloque 4. Interacción socioemocional na contorna. A vida coas demais persoas
Criterios de avaliación Obxectivos
• CA4.1. Adecuar as súas accións e reaccións a cada situación, nunha interacción lúdica OBX1
e espontánea coa contorna, explorando as súas posibilidades motoras e perceptivas e
progresando en autonomía, precisión, seguridade, coordinación e intencionalidade.
• CA4.2. Recoñecer e anticipar a sucesión temporal de actividades, ritmos biolóxicos e pautas OBX3
socioculturais que estruturan a dinámica cotiá, asociándoa a elementos, procedementos e
actitudes concretas.
• CA4.3. Establecer vínculos e relacións de apego saudables, demostrando actitudes de OBX4
afecto e empatía cara ás demais persoas.
• CA4.4. Desenvolver condutas e situacións baseadas no respecto, na empatía, na igualdade OBX4
de xénero e no respecto aos dereitos humanos, a través do xogo de imitación.
• CA4.5. Iniciarse na resolución pacífica de conflitos desenvolvendo a tolerancia á frustración OBX4
e experimentando os beneficios de chegar a acordos.
CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

Contidos
• A transición do grupo familiar ao grupo social da escola.
• Os primeiros vínculos afectivos. Apertura e interese cara a outras persoas. Sentimentos de pertenza e
vinculación afectiva coas persoas de referencia.
• A aula e o centro como grupos sociais de pertenza.
• Interese e disposición favorable para establecer relacións respectuosas, afectivas e recíprocas coas
demais persoas.
• Achegamento á diversidade funcional e ás súas implicacións na vida cotiá.
• Adquisición de hábitos socialmente axeitados e regulación do comportamento en función das necesidades
das demais persoas: escoita, paciencia e axuda.
• Desenvolvemento de actitudes de espera e de participación activa na vida colectiva, con iniciativa e
progresiva autonomía, regulando o propio comportamento, cara á resolución pacífica de conflitos.
• Asunción de responsabilidades en actividades e xogos.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48039

Segundo ciclo.

Área de Crecemento en Harmonía


Segundo ciclo
Bloque 1. O corpo e o control progresivo deste
Criterios de avaliación Obxectivos
• CA1.1. Progresar no coñecemento do seu corpo axustando accións e reaccións e
OBX1
desenvolvendo o equilibrio, a percepción sensorial e a coordinación no movemento.
• CA1.2. Recoñecer, identificar e representar o corpo na súa globalidade e nas súas diferentes
partes mostrando un nivel de detalle acorde á súa idade ou estado madurativo, chegando a OBX1
interiorizar paulatinamente o seu esquema corporal.
• CA1.3. Recoñecer as percepcións sensoriais propioceptivas e extereoceptivas captadas a
OBX1
través dos sentidos verbalizando as sensacións que producen.
• CA1.4. Construír unha imaxe positiva propia e aceptar a súa identidade manifestando
OBX1
confianza nas súas posibilidades e recoñecendo as súas limitacións.
• CA1.5. Coordinar e controlar ou seu corpo, as súas posibilidades motrices e adaptalo ás
OBX1
características dos obxectos, á acción e á vida cotiá, mostrando un variado repertorio motriz.
• CA1.6. Participar en contextos de xogo dirixido e espontáneo axustándose ás súas
posibilidades persoais e mostrando destrezas motoras e habilidades manipulativas cada vez OBX1
máis axustadas.
• CA1.7. Identificar semellanzas e diferenzas entre as persoas valorando positivamente a
OBX4
diversidade.
• CA1.8. Manexar diferentes obxectos, útiles e ferramentas en situacións de xogo e
na realización de tarefas cotiás, mostrando un control progresivo e de coordinación de OBX1
movementos de carácter fino.
Contidos
• Exploración e control do corpo, recoñecendo progresivamente as súas características e posibilidades para
chegar á toma de conciencia do esquema corporal e das súas posibilidades expresivas.
• Imaxe global e segmentaria do corpo: características individuais e percepción dos cambios físicos.
Autoimaxe positiva e axustada ante os demais.
CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

• Identificación e respecto das diferenzas, así como a aceptación da súa imaxe corporal e da propia
identidade.
• Descubrimento dos cambios que se producen nas persoas co paso do tempo, respectando as diferenzas.
• Desenvolvemento da identidade sexual e aceptación do corpo sexuado.
• Coñecemento do corpo e da contorna a través dos sentidos e das súas funcións. Implicacións da
discapacidade sensorial ou física na vida cotiá.
• Adquisición das nocións básicas de orientación e coordinación de movementos –control progresivo da
coordinación, ton, equilibrio e desprazamentos– co fin de adquirir autonomía na realización das tarefas.
• Participación no xogo como actividade pracenteira e fonte de aprendizaxe. Interiorización paulatina das
normas de xogo. Dominio activo do ton e a postura en función das características dos obxectos, accións e
situacións.
• Avance e control progresivo da motricidade fina.
• Interiorización das nocións espazo-temporais nas actividades cotiás.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48040

Bloque 2. Equilibrio emocional e desenvolvemento da afectividade

Criterios de avaliación Obxectivos

• CA2.1. Identificar e manifestar os propios sentimentos, vivencias, emocións e comprender


OBX1
as dos demais.

• CA2.2. Manifestar sentimentos de seguridade persoal na participación en xogos e nas


OBX1
diversas situacións da vida cotiá, confiando nas propias posibilidades e mostrando iniciativa.

• CA2.3. Participar en contextos de xogo dirixido e espontáneo axustándose ás súas


OBX1
posibilidades persoais.

• CA2.4. Identificar e expresar as súas necesidades e sentimentos axustando


OBX2
progresivamente o control das súas emocións.

• CA2.5. Adquirir un nivel mínimo de tolerancia á frustración e ser capaz de adaptar o seu
OBX2
comportamento a diferentes situacións.

• CA2.6. Ofrecer e pedir axuda en situacións cotiás valorando os beneficios da cooperación e


OBX2
da axuda entre iguais.

• CA2.7. Expresar inquietudes, gustos e preferencias mostrando satisfacción e seguridade


OBX2
sobre os logros conseguidos.

• CA2.8. Participar con iniciativa en xogos e actividades colectivas relacionándose con outras
persoas con actitudes de afecto e empatía, aceptando as diferenzas individuais e evitando OBX4
todo tipo de discriminación.

Contidos

• Identificación, verbalización e expresión de sentimentos, emocións, vivencias, preferencias e intereses


propios e das demais persoas.
• Ferramentas para a identificación, expresión, aceptación e control progresivo das propias emocións,
sentimentos, vivencias, preferencias e intereses.
• Estratexias de axuda e colaboración en contextos de xogo e rutinas.
• Estratexias para desenvolver a seguridade en si mesmo, o recoñecemento das súas posibilidades e a
asertividade respectuosa cara aos demais.
• O xogo como ferramenta de exploración persoal.
CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

• Aceptación e valoración axustada e positiva da súa persoa, confiando nas súas posibilidades e
recoñecendo as limitacións propias.
• Aceptación construtiva de erros e correccións: manifestacións de superación e logro.
• Valoración do traballo ben feito: desenvolvemento inicial de hábitos e actitudes de esforzo, constancia,
organización, atención e iniciativa.
• Estratexias para a resolución de conflitos e para o desenvolvemento da resiliencia.

Bloque 3. Hábitos de vida saudable para o autocoidado e o coidado da contorna

Criterios de avaliación Obxectivos

• CA3.1. Manexar diferentes obxectos, útiles e ferramentas en situacións de xogo e


na realización de tarefas cotiás, mostrando un control progresivo e de coordinación de OBX1
movementos de carácter fino.

• CA3.2. Recoñecer hábitos de saúde, alimentación saudable, hixiene corporal e benestar


OBX3
utilizando adecuadamente espazos e materiais.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48041

Criterios de avaliación Obxectivos

• CA3.3. Identificar situacións de risco e actuar coherentemente ante elas, aceptando as


OBX3
normas.

• CA3.4. Realizar actividades relacionadas co autocoidado e co coidado da contorna con


OBX3
actitude de respecto e mostrando autoconfianza e iniciativa.

• CA3.5. Respectar a secuencia temporal asociada aos acontecementos e actividades


cotiás, adaptándose ás rutinas establecidas para o grupo e desenvolvendo comportamentos OBX3
respectuosos cara ás demais persoas.

• CA3.6. Resolver con iniciativa e autonomía actividades da vida cotiá, colaborar en tarefas e
OBX3
aceptar as normas.

Contidos

• Recoñecemento das necesidades básicas do corpo. Hixiene, vestido, alimentación, descanso, actividade.
• Aceptación das normas de comportamento establecidas durante as comidas, os desprazamentos, o
descanso e a hixiene.
• Valoración da necesidade de desenvolverse en espazos saudables identificando as condicións que os
caracterizan. Colaboración no mantemento de ambientes limpos e ordenados.
• Hábitos e prácticas sostibles e ecosocialmente responsables relacionadas coa alimentación, coa hixiene,
coa actividade física, co descanso, co autocoidado e co coidado da contorna.
• Identificación de situacións perigosas adoptando comportamentos axeitados na prevención de accidentes
e enfermidades.
• Emprego responsable e axeitado de instrumentos, ferramentas e instalacións para previr accidentes e
evitar situacións de risco.
• Actividade física estruturada con diferentes graos de intensidade.
• Rutinas: planificación secuenciada das accións para resolver unha tarefa; normas de comportamento
social na comida, o descanso, a hixiene e os desprazamentos, etc.

Bloque 4. Interacción socioemocional na contorna. A vida coas demais persoas

Criterios de avaliación Obxectivos

• CA4.1. Manifestar sentimentos de seguridade persoal na participación en xogos e nas


CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

OBX1
diversas situacións da vida cotiá, confiando nas propias posibilidades e mostrando iniciativa.

• CA4.2. Respectar a secuencia temporal asociada aos acontecementos e actividades


cotiás, adaptándose ás rutinas establecidas para o grupo e desenvolvendo comportamentos OBX3
respectuosos cara ás demais persoas.

• CA4.3. Participar con iniciativa en xogos e actividades colectivas relacionándose con outras
OBX4
persoas con actitudes de afecto e empatía e evitando todo tipo de discriminación.

• CA4.4. Relacionarse de maneira asertiva, con tolerancia e eficacia coas persoas coas que
OBX4
interacciona nas súas rutinas diarias e nas súas actividades cotiás.

• CA4.5. Reproducir condutas, accións ou situacións a través do xogo simbólico en interacción


OBX4
cos seus iguais, identificando e rexeitando todo tipo de estereotipos.

• CA4.6. Participar activamente en actividades relacionadas coa reflexión sobre as normas


sociais que regulan a convivencia e promoven valores como o respecto á diversidade e o trato OBX4
non discriminatorio cara ás persoas.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48042

Criterios de avaliación Obxectivos

• CA4.7. Desenvolver destrezas e habilidades para a xestión de conflitos de forma positiva


OBX4
propoñendo alternativas creativas e tendo en conta o criterio doutras persoas.
• CA4.8. Participar, desde unha actitude de respecto, en actividades relacionadas con
costumes e tradicións étnicas e culturais presentes na súa contorna mostrando interese por OBX4
coñecelas.
Contidos
• Xestión do seu comportamento en función das necesidades das outras persoas e das normas
de funcionamento do grupo, dereitos, responsabilidades e comportamentos sociais, camiñando
progresivamente cara á autorregulación das súas accións.
• A diversidade familiar. Familia, escola e outros contextos socioemocionais. Identificación e diferenciación
como primeiros grupos sociais de pertenza e interacción. Outros grupos sociais de pertenza: características,
funcións e servizos.
• Habilidades socioafectivas e de convivencia: comunicación de sentimentos e emocións e pautas básicas
de convivencia que inclúan o respecto á igualdade e o rexeitamento de calquera tipo de discriminación.
• Estratexias de autorregulación da conduta. Empatía e respecto.
• Resolución de conflitos xurdidos nas interaccións sociais.
• A amizade como valor, así como elemento protector, de prevención da violencia e de desenvolvemento da
cultura da paz.
• Fórmulas de cortesía e interacción social positiva. Actitude de axuda e cooperación. A resposta empática á
diversidade debida a distintas formas de discapacidade e ás súas implicacións na vida cotiá.
• Potenciación do xogo como elemento común a todas as culturas.
• Xogo simbólico. Observación, imitación e representación de persoas, personaxes e situacións.
Estereotipos e prexuízos.
• Celebracións, costumes e tradicións. Ferramentas para o aprecio dos sinais de identidade étnico-cultural
presentes na súa contorna.
• Asentamentos e actividades da contorna.

2.4. Orientacións pedagóxicas.


CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

A intervención educativa na área de Crecemento en Harmonía desenvolverá o seu cu-


rrículo e tratará de asentar de xeito gradual e progresivo nos distintos niveis da etapa as
aprendizaxes que lle faciliten ao alumnado o logro dos obxectivos da área e, en combina-
ción co resto de áreas, unha adecuada adquisición das competencias clave e o logro dos
obxectivos da etapa.

Neste sentido, no deseño das actividades, o profesorado terá que considerar a relación
entre os obxectivos da área e as competencias clave e as liñas de actuación no proceso de
ensino e aprendizaxe, que se presentan no apartado seguinte, e seleccionar aqueles crite-
rios de avaliación do currículo que se axusten á finalidade buscada, así como empregalos
para verificar as aprendizaxes do alumnado e o seu nivel de desempeño.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48043

Liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe.

– A busca do máximo desenvolvemento das nenas e dos nenos axustando a inter-


vención educativa ao seu momento evolutivo, respectando os ritmos e as características
individuais e propoñendo situacións de aprendizaxe motivadoras que leven a valorar os
propios logros.

– Os coñecementos e experiencias previas como punto de partida para garantir a signi-


ficatividade das aprendizaxes, buscando a funcionalidade do que aprenden.

– A construción de novos apegos seguros como punto de partida para a creación dunha
correcta autoestima, cunha planificación meticulosa e individualizada do proceso de tran-
sición entre ambos contextos.

– O fomento das relacións entre as persoas coas que interaccionan as nenas e os ne-
nos, a expresión positiva da súa imaxe e da confianza que se teña delas e deles para a
construción da propia identidade.

– A apertura á comunidade e a colaboración coas familias establecendo canles para o


intercambio de información, así́ como a súa consecuente participación na vida da escola.

– A procura de situacións educativas nas que as nenas e os nenos observen, manipulen


e exploren todas as súas posibilidades e limitacións, desenvolvendo, entre outros, aspec-
tos motrices que faciliten o avance na súa autonomía, tanto nos movementos coma nos
desprazamentos, tomando conciencia do seu corpo e das súas partes para chegar paula-
CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

tinamente á interiorización do seu esquema corporal.

– A participación en xogos e actividades psicomotrices en que se propicien as interac-


cións, favorecendo o desenvolvemento da empatía e da resiliencia, o que levará a unha
aceptación construtiva tanto dos logros coma dos erros e a unha valoración do esforzo, da
constancia e da iniciativa, desenvolvendo deste xeito todas as potencialidades das nenas
e dos nenos.

– A atención aos diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado, favorecendo a capaci-


dade de aprender por si mesmos e promovendo o traballo en equipo e as actividades que
potencien a súa curiosidade, creatividade e sensibilidade, buscando progresivamente a
súa autonomía na realización destas.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48044

– Unha atención individualizada adaptando a práctica pedagóxica ás características


persoais, necesidades e intereses das nenas e dos nenos, e será a inclusión o eixe do
traballo docente, coa posta en práctica de mecanismos de reforzo tan pronto como se de-
tecten as dificultades.

– O aproveitamento das rutinas e outras actividades cotiás como «momentos» signifi-


cativos favorecedores do traballo globalizado, incorporando a verbalización das accións
co fin de interiorizar as súas secuencias e iniciar e de consolidar hábitos saudables e do
autocoidado do seu corpo.

– A planificación de situacións de aprendizaxe que fomenten o consumo responsable e


sostible, así como a promoción da saúde.

– O deseño dun ambiente que dea resposta aos diferentes tipos de necesidades das ne-
nas e nenos. As de tipo físico, mais tamén de tipo afectivo, de convivencia, de exploración,
de autonomía, de actividade, de relación e as relacionadas coa intimidade.

– A organización dos espazos individuais con outros comúns, distribuídos de xeito flexi-
ble coa potenciación dos exteriores, onde estes contribúan á autonomía das nenas e dos
nenos de xeito que sintan seguridade e considerando que todos os espazos da escola son
educativos.

– A creación de contextos seguros e emocionalmente positivos para que as nenas e os


nenos adquiran confianza nas súas posibilidades e limitacións, como base para a expre-
sión dos seus intereses, necesidades e emocións, o que contribuirá ao seu desenvolve-
mento afectivo e á adquisición de tolerancia á frustración, adaptando o seu comportamento
CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

ás diferentes situacións propostas.

– A consideración da aula e do propio centro como un espazo privilexiado para identifi-


car posibles situacións de risco e analizar as estratexias que se poden pór en marcha para
previr accidentes, trasladando estas estratexias a outros contextos e buscando a funciona-
lidade da aprendizaxe.

– A organización dos tempos desde unha perspectiva afastada da aceleración, dándo-


lle prioridade á calma e poñendo o énfase nos procesos vividos e non tanto nos produtos
obtidos. No desenvolvemento da xornada combinaranse tempos de rutinas cos destinados
a outras actividades específicas e respectaranse as características e as necesidades das
nenas e dos nenos.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48045

– A recreación, a través do xogo simbólico, de situacións da vida cotiá buscando as


interaccións cos demais desde a participación, a colaboración e a empatía, fomentando
actitudes de axuda, colaboración e interacción positiva.

– A valoración da importancia da expresión de emocións e da autorregulación destas a


través da creación de vínculos de apego que transmitan seguridade e confianza nas súas
posibilidades, así como o desenvolvemento dunha autoestima positiva como elemento fun-
damental para a súa vinculación e integración social.

3. Descubrimento e Exploración da Contorna.

3.1. Introdución.

A área de Descubrimento e Exploración da Contorna fai referencia ao descubrimento,


exploración e comprensión daquilo que configura a realidade das nenas e dos nenos, con-
siderando as súas múltiples relacións e interdependencias, coa finalidade de construír un
coñecemento sobre o medio físico, natural e social cada vez máis axustado. O medio é
un todo integrado, onde os elementos naturais e culturais se relacionan e se inflúen mu-
tuamente. É importante que durante esta etapa educativa a nena e o neno, ademais de
identificar os distintos elementos que conforman o medio, descubran e comprendan pro-
gresivamente as relacións entre os distintos obxectos, fenómenos e feitos.

Con esta área preténdese favorecer o proceso de descubrimento, comprensión, obser-


vación e exploración dos elementos físicos, naturais e sociais da contorna, concibida como
un elemento provocador de emocións e sorpresas, tratando de que, xunto co seu progre-
sivo coñecemento, os nenas e as nenos adopten e desenvolvan actitudes de respecto e
CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

valoración sobre a necesidade de coidala e de protexela, de cara a percibir a contorna


como un todo integrado.

Nun contexto de traballo caracterizado pola globalización da acción e das aprendizaxes,


esta área adquire sentido desde a complementariedade coas outras dúas, e así se inter-
pretará nas situacións de aprendizaxe.

Os obxectivos da área oriéntanse, polo tanto, ao desenvolvemento do pensamento e das


estratexias cognitivas a través do proceso de descubrimento da contorna física e natural.
Con iso refórzase a súa disposición por indagar, poténciase unha actitude progresivamente
cuestionadora e anímase a propoñer solucións diversificadas. Preténdese, en conclusión,
potenciar a curiosidade infantil cara á contorna, así como estimular unha disposición activa

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48046

cara ao seu coñecemento, propiciando ademais a evolución desde o plano individual cara
ao colectivo. Por unha banda, avanzarase, a través dun enfoque coeducativo, desde a
satisfacción dos intereses persoais á toma en consideración dos intereses do grupo e, por
outra, desde a aprendizaxe individual á colaborativa.

A área organízase ao redor de catro obxectivos. O primeiro oriéntase ao desenvolve-


mento de destrezas que axudan a identificar e a establecer relacións lóxicas entre os dis-
tintos elementos que forman parte da contorna; o segundo céntrase no fomento dunha
actitude crítica e creativa para identificar os retos e propoñer posibles solucións; o terceiro
supón o achegamento respectuoso cara ao mundo natural para espertar a conciencia da
necesidade do seu uso sustentable, coidado e conservación; e o cuarto achega a nena e o
neno á contorna social en que vive.

Concíbense, pois, os medios físico, natural e social como a realidade en que se aprende e
sobre a que se aprende. Por tanto, os contidos establécense en función da exploración activa
dos elementos que forman parte da contorna a través da interacción corporal con esta, das
destrezas e dos procesos ligados a distintas formas de coñecemento e experimentación, así
como das actitudes de respecto e valoración que en todo caso deben acompañalos.

A exploración e a experimentación desenvolvida a partir de obxectos e materiais diver-


sos permitirán o coñecemento das súas características morfolóxicas e funcionais: forma,
tamaño, grosor, olor, son, cor, uso e textura, entre outras. Isto supón a base para o coñe-
cemento lóxico-matemático que provén das accións, tanto físicas coma mentais, que se
realizan con estes obxectos e materiais, como ordenar, comparar ou agrupar. Así mesmo,
facilitaralles tamén a construción progresiva das nocións espaciais e temporais en relación
cos obxectos e coas accións.
CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

Desde idades moi temperás, as nenas e os nenos indagan sobre o comportamento


e sobre algunhas das características e propiedades dos obxectos e materias presentes
na súa contorna. Unha vez incorporados ao centro educativo, favorecerase ese desexo
de actuar para coñecer e comprender a súa contorna. Primeiro, a través dos seus actos
e da manipulación dos obxectos ao seu alcance, toman conciencia das sensacións que
producen e comezan a constatar algunhas das consecuencias das súas actuacións sobre
eles; maniféstase entón a intencionalidade mediante a repetición de xestos e accións para
comprobar a súa relación co efecto provocado. Máis adiante, cando se amplía e diversifi-
ca o espazo sobre o que poden actuar como consecuencia da súa maior capacidade de
desprazamento, os procesos de experimentación enriquécense, xa que dispoñen de máis
oportunidades para exercer accións cada vez máis variadas e complexas.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48047

Como resultado da indagación, exploración e experimentación sobre obxectos e ma-


teriais, e a partir da discriminación dalgunhas das súas calidades e atributos, as nenas e
os nenos poden propoñer agrupacións ou coleccións segundo un criterio elixido. Tamén
establecen relacións entre algúns dos atributos dos obxectos e materias e o seu comporta-
mento físico cando se intervén sobre elas, establecendo correlacións, pola súa vez, entre
as devanditas intervencións e os efectos que producen. Iso leva ao desenvolvemento de
estratexias como a anticipación e a previsión, a formulación de hipóteses e a observación
de fenómenos para constatar se se cumpre o esperado e a discriminación entre as caracte-
rísticas ou atributos permanentes e os variables. En definitiva, prodúcese un achegamento
intuitivo a nocións e conceptos básicos pertencentes ao medio físico, sempre contrastados
coa realidade, que comezan a asentar as bases do pensamento científico.

O medio natural e os seres e elementos que o integran foron sempre obxecto preferen-
te da curiosidade e do interese infantil. Grazas á reflexión sobre as súas experiencias e
relacións cos elementos da natureza, progresarán cara á observación e comprensión das
manifestacións e consecuencias dalgúns fenómenos naturais e achegaranse gradualmen-
te ao coñecemento e valoración dos seres vivos, dalgunhas das súas características e das
relacións que se establecen entre eles e cos seres humanos. Cobra agora unha especial
relevancia o fomento da valoración e o aprecio cara á diversidade e riqueza do medio natu-
ral, especialmente da contorna máis próxima, a partir do descubrimento de que as persoas
formamos parte tamén dese medio e da vinculación afectiva a el, dous factores básicos
para iniciar desde a escola actitudes de respecto e coidado cara ao ambiente e de adquisi-
ción de hábitos ecosaudables e sustentables.

Na etapa da educación infantil, as nenas e os nenos descobren unha contorna sociocul-


tural diferente á da súa familia e ábrense a establecer outras formas diversas de relación
CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

ás xa coñecidas a través da mediación das figuras adultas de referencia e dos seus iguais.

O alumnado, alentado polo interese e pola emoción, participará con iniciativa propia en
situacións de aprendizaxe en que interaccionará con obxectos, espazos e materiais. Mani-
pulando, observando, indagando, probando, identificando, relacionando, analizando, com-
probando, razoando... descubrirá as calidades e os atributos dos elementos da contorna
máis próxima. Así mesmo, experimentará e despregará progresivamente destrezas sinxelas
propias do método científico e do pensamento computacional e de deseño. As devanditas
destrezas son entendidas como estratexias e habilidades que o alumnado desenvolverá ao
aplicar estes métodos na resolución de interrogantes e problemas sinxelos presentes na
súa realidade diaria. Ademais, utilizará as diferentes linguaxes e formas de expresión para
acompañar as súas accións, autorregularse, avanzar na resolución pacífica de conflitos,

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48048

convivir no respecto pola diversidade, compartir as súas emocións, formular ideas, hipóte-
ses ou preguntas e contar ou representar as súas interpretacións ou conclusións. Todo iso
nun contexto estimulante que incite a curiosidade por entender a súa contorna.

3.2. Obxectivos.

Obxectivos da área

OBX1. Identificar as características de materiais, obxectos e coleccións e establecer relacións entre eles, mediante
a exploración, a manipulación sensorial, o manexo de ferramentas sinxelas e o desenvolvendo das destrezas lóxico-
matemáticas para descubrir e crear unha idea cada vez máis complexa do mundo.

• Nesta etapa, a curiosidade das nenas e dos nenos por descubrir o mundo que os rodea fai da exploración a través da
manipulación sensorial o instrumento perfecto para identificar as características dos materiais e obxectos da súa contorna
máis próxima e para establecer relacións entre eles. A finalidade deste xogo exploratorio en idades moi temperás é gozar
das sensacións físicas que produce. Con todo, a medida que a nena ou o neno se desenvolve, a demanda exploratoria
amplíase e ao propósito de obter pracer por sentir e tocar engádese progresivamente o interese por indagar sobre as
diferentes características dos obxectos. Ao movemento amplo e global súmase a capacidade para exercer accións máis
específicas e minuciosas sobre eles. Todo iso proporciónalles cada vez máis información sobre as súas calidades.
• A persoa adulta debe propoñer retos que hai que resolver, contextualizados en situacións de aprendizaxe e experiencias
significativas, elixindo o material e o tipo de actividade que responda á intencionalidade que se pretenda conseguir e
tendo en conta que debe partir dos intereses e as inquietudes individuais e grupais, e que a interacción cos demais debe
xogar un papel de primeira orde. Así, as nenas e os nenos continúan establecendo relacións entre as súas aprendizaxes,
o cal lles permitirá desenvolver progresivamente as súas habilidades lóxicas e matemáticas de medida, relación,
clasificación, ordenación e cuantificación; primeiro, ligadas aos seus intereses particulares e, progresivamente, formando
parte de situacións de aprendizaxe que atenden tamén aos intereses grupais e colectivos.

OBX2. Desenvolver, de maneira progresiva, os procedementos do método científico e as destrezas do pensamento


computacional, a través de procesos de observación e manipulación de obxectos, para iniciarse na interpretación da
contorna e responder de forma creativa ás situacións e aos retos que se presenten.

• Sentar as bases do pensamento científico, da iniciativa investigadora e da curiosidade polo coñecemento é inherente
ao desenvolvemento da etapa de educación infantil. Ao longo desta etapa, o alumnado deberá atopar solucións ou
alternativas orixinais e creativas a diferentes cuestións, retos ou situacións e farao mediante a aplicación de procesos
inicialmente sensoriais e manipulativos que progresivamente gañarán en complexidade e requirirán maior capacidade
de abstracción. Estes procesos son propios tanto das destrezas de pensamento computacional e de deseño como do
método científico e aplicaranse descompoñendo unha tarefa noutras máis simples, formulando e comprobando hipóteses,
explorando e investigando, relacionando coñecementos e identificando patróns xa coñecidos, expondo algoritmos, ideas
CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

ou solucións orixinais e entendendo o erro como parte natural do proceso, coma fonte de información que nos axuda a
depurar as accións que se levan a cabo para lograr o resultado desexado.

OBX3. Recoñecer elementos e fenómenos da natureza amosando interese polos hábitos que inciden sobre ela para
apreciar a importancia do uso sustentable, o coidado e a conservación da contorna na vida das persoas.

• A contorna próxima é o primeiro contexto co que se relacionan as nenas e os nenos desde o seu nacemento. Os
diferentes elementos e fenómenos naturais que nel se desenvolven atraerán a súa atención e supoñerán unha
oportunidade ideal para alentar a súa curiosidade á medida que os descobren. A actitude coa que se relacionen co medio
físico e natural condicionará en gran medida as súas experiencias e aprendizaxes. Así, desde o primeiro momento, debe
propiciarse un achegamento ao medio natural e aos seres vivos e inertes que forman parte del con coidado e respecto.
• Este proceso de descubrimento e coñecemento progresivo da contorna deberá orientarse cara ao desenvolvemento
dunha incipiente conciencia de conservación para que, desde estas primeiras idades, se comprenda a implicación e a
responsabilidade de todas e todos no respecto e no coidado do medio. Ao longo da etapa, adoptarán e incorporarán
nas súas rutinas diarias hábitos para o desenvolvemento sustentable, como o consumo responsable ou o coidado e
protección da natureza e os animais que a habitan. Iso contribuirá a que, de maneira paulatina, aprendan a valorar as
oportunidades que ofrece o medio natural e todo aquilo que fai posible a vida no planeta. O proceso de alfabetización
ambiental require involucrarse en valores ambientais dando visibilidade ao cambio climático e incidindo na importancia de
coidar o ambiente e saber das súas repercusións tanto positivas como negativas.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48049

OBX4. Identificar as características e funcións dos grupos e organizacións da comunidade, apreciando algúns elementos
significativos propios da cultura galega como base para a construción da identidade social desde o coñecemento e a
valoración das particularidades do mundo circundante.

• A familia e a escola constitúen os primeiros contextos de socialización e fonte de estímulos nos cales as nenas e os
nenos experimentan unha ampla diversidade de relacións, ao tempo que xeran os vínculos de confianza, empatía e
apego en que se baseará o seu desenvolvemento interpersoal e a súa aprendizaxe social.
• Garantir a precisa conexión escola-medio será posible mediante o concepto dunha escola aberta e receptiva á contorna
e que potencie a participación activa e responsable.
• De xeito progresivo, favorecerase o acceso do alumnado ao coñecemento e á valoración da cultura galega, mediante o
achegamento ás tradicións, valores e costumes propias e sempre respectando a diversidade cultural da contorna desde
unha perspectiva aberta e integradora que xere actitudes de aceptación, respecto e aprecio.

3.3. Criterios de avaliación e contidos.

Primeiro ciclo.

Área de Descubrimento e Exploración da Contorna


Primeiro ciclo
Bloque 1. Diálogo corporal coa contorna. Exploración creativa de obxectos, materiais e espazos
Criterios de avaliación Obxectivos
• CA1.1. Observar a súa contorna recoñecendo e identificando as propiedades, características
OBX1
e comportamentos dos obxectos para establecer comparacións.
• CA1.2. Relacionar obxectos a partir das súas calidades ou atributos básicos amosando
OBX1
curiosidade e interese.
• CA1.3. Empregar os cuantificadores básicos máis significativos relacionados coa súa
OBX1
experiencia diaria utilizándoos no contexto do xogo e interaccionar coas demais persoas.
• CA1.4. Aplicar os seus coñecementos sobre as nocións espaciais básicas para situarse no
OBX1
espazo, tanto en repouso coma en movemento, xogando co propio corpo e cos obxectos.
• CA1.5. Identificar secuencias temporais relacionándoas coas rutinas e cos períodos de tempo
OBX1
habituais.
CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

• CA1.6. Identificar e establecer relacións causa-efecto percibindo as consecuencias das súas


OBX1
accións nos obxectos da súa contorna.
Contidos
• Curiosidade e interese pola exploración da contorna física dos seus elementos.
• Exploración de obxectos e materiais a través dos sentidos.
• Identificación das calidades ou atributos dos obxectos e materiais. Efectos que producen diferentes
accións sobre eles.
• Relacións de orde, correspondencia, clasificación e comparación.
• Emprego de cuantificadores básicos contextualizados.
• Construción de nocións espaciais, de dimensión, resistencia e capacidade básicas en relación co propio
corpo e cos obxectos.
• Construción de nocións temporais básicas.
• Construción de nocións xeométricas e topográficas.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48050

Bloque 2. Experimentación na contorna. Curiosidade, pensamento científico, razoamento lóxico e


creatividade

Criterios de avaliación Obxectivos

• CA2.1. Xestionar as dificultades, retos e problemas con interese e iniciativa, mediante a súa
OBX2
división en secuencias de actividades máis sinxelas.

• CA2.2. Amosar disposición por indagar na contorna cunha actitude cuestionadora propoñendo
OBX2
solucións creativas.

• CA2.3. Propoñer solucións alternativas a través de distintas estratexias escoitando e


OBX2
respectando as das demais persoas.

Contidos

• Achegamento intuitivo a nocións e conceptos pertencentes ao mundo físico.


• Indagación na contorna manifestando diversas actitudes: interese, curiosidade, imaxinación, creatividade e
sorpresa.
• Proceso de construción de novos coñecementos: relacións e conexións entre o coñecido e o novo e entre
experiencias previas e novas; estruturas e interaccións de calidade coas persoas adultas, con iguais e coa
contorna.
• Iniciación ao modelo de control de variables. Estratexias e técnicas de investigación: ensaio-erro,
observación, formulación de hipóteses, comprobación e realización de preguntas.

Bloque 3. Indagación no medio físico e natural. Coidado, valoración e respecto.

Criterios de avaliación Obxectivos

• CA3.1. Interesarse polas actividades en contacto coa natureza e polas características dos
OBX3
elementos naturais da contorna, mostrando respecto cara a eles.

• CA3.2. Identificar e nomear diferentes elementos dos hábitats naturais. OBX3

• CA3.3. Descubrir as características dos animais e dos vexetais diferenciando os seres vivos
doutros elementos e materiais presentes na súa contorna inmediata e dos hábitats en que se OBX3
desenvolven.

Contidos
CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

• Experimentación de accións cos elementos naturais.


• Efectos das propias accións no medio físico e natural.
• Recoñecemento de fenómenos naturais habituais: repercusión na súa vida cotiá.
• Identificación das características de animais, plantas e elementos naturais e dos seus hábitats.
• Empatía e respecto polos seres vivos e a natureza.
• Interese e respecto polo coidado pola sustentabilidade e conservación da súa contorna.

Bloque 4. Descubrimento e participación na contorna social. Relacións, servizos e actividades culturais

Criterios de avaliación Obxectivos

• CA4.1. Identificar o núcleo familiar e a escola como os primeiros grupos sociais de pertenza,
valorando positivamente as relacións afectivas que se establecen e a súa importancia no OBX4
desenvolvemento persoal.

• CA4.2. Recoñecer a importancia das relacións sociais coas persoas da súa contorna. OBX4

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48051

Criterios de avaliación Obxectivos

• CA4.3. Recoñecer diferentes modelos familiares mostrando respecto polas diferenzas.


OBX4
Descubrir e identificar os parentescos.

• CA4.4. Descubrir as distintas profesións, organizacións e servizos máis significativos da


OBX4
contorna, valorando positivamente as súas funcións e a importancia social da súa actividade.

• CA4.5. Coñecer e participar en festas, costumes e tradicións, propias e alleas, presentes na


OBX4
contorna, gozando e valorándoas como sinais de identidade.

• CA4.6. Coñecer elementos identificativos do patrimonio cultural de Galicia e algúns dos seus
OBX4
personaxes máis relevantes.

Contidos

• Identificación de grupos sociais de pertenza.


• Establecemento de relacións de confianza, afecto, colaboración, respecto e pertenza coas persoas da súa
contorna persoal e social.
• Interese polas manifestacións culturais da contorna participando delas.
• Recoñecemento de elementos e personaxes significativos propios do patrimonio e da cultura galega.
• Identificación das funcións de grupos e organizacións da comunidade descubrindo as características e
actividades das persoas que as conforman.
• Valoración de profesións e servizos da comunidade desde unha perspectiva de xénero.

Segundo ciclo.

Área de Descubrimento e Exploración da Contorna


Segundo ciclo

Bloque 1. Diálogo corporal coa contorna. Exploración creativa de obxectos, materiais e espazos

Criterios de avaliación Obxectivos


CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

• CA1.1. Establecer distintas relacións entre os obxectos a partir das súas calidades ou
OBX1
atributos mostrando curiosidade e interese.

• CA1.2. Empregar os cuantificadores básicos máis significativos no contexto do xogo e na


OBX1
interacción coas demais persoas.

• CA1.3. Identificar e asociar as cantidades cos seus números e grafías nas actividades cotiás
OBX1
empregando o cálculo como fonte de información.

• CA1.4. Recoñecer na súa contorna cotiá elementos xeométricos básicos. OBX1

• CA1.5. Situarse adecuadamente nos espazos habituais, tanto en repouso coma en


movemento, aplicando os seus coñecementos sobre as nocións espaciais básicas e xogando OBX1
co propio corpo e con obxectos.

• CA1.6. Describir e representar graficamente a súa situación con relación aos obxectos e ás
OBX1
demais persoas usando vocabulario topolóxico básico.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48052

Criterios de avaliación Obxectivos

• CA1.7. Identificar as situacións cotiás en que é preciso medir e cuantificar utilizando o corpo
OBX1
ou outros materiais e ferramentas para efectuar as medidas.

• CA1.8. Recoñecer e utilizar as nocións temporais básicas ordenando temporalmente feitos


OBX1
referidos á súa propia vida e accións cotiás.

Contidos

• Obxectos e materiais. Interese, curiosidade e actitude de respecto durante a súa exploración.


• Identificación das calidades ou atributos dos obxectos. Relacións de orde, correspondencia, clasificación e
comparación.
• Diferenciación de formas planas e tridimensionais: corpos xeométricos.
• Emprego de cuantificadores básicos contextualizados.
• Uso funcional dos números na vida cotiá. Cantidade, número e grafía. Situacións en que se fai necesario
medir.
• Construción de nocións espaciais básicas en relación co propio corpo, cos obxectos e coas accións, tanto
en repouso coma en movemento.
• Identificación das nocións topográficas básicas no plano.
• Adquisición do concepto de tempo nas actividades cotiás e a súa organización: antes-despois, día-noite,
estacións, ciclos, calendario...

Bloque 2. Experimentación na contorna. Curiosidade, pensamento científico e creatividade

Criterios de avaliación Obxectivos

• CA2.1. Identificar as situacións cotiás en que é preciso medir e cuantificar utilizando o corpo
OBX1
ou outros materiais e ferramentas para efectuar as medidas.

• CA2.2. Xestionar situacións, dificultades, retos ou problemas planificando secuencias de


OBX2
actividades, mostrando interese e iniciativa e colaborando cos seus iguais.

• CA2.3. Aplicar estratexias para canalizar a frustración ante as dificultades ou os problemas. OBX2
CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

• CA2.4. Expor hipóteses sobre o comportamento de certos elementos ou materiais


OBX2
verificándoos a través da manipulación e da actuación sobre eles.

• CA2.5. Utilizar diferentes estratexias para a toma de decisións con progresiva autonomía
afrontando o proceso de creación de solucións orixinais en resposta aos retos que se lle OBX2
presenten.

• CA2.6. Programar secuencias de accións ou instrucións para a resolución de tarefas


analóxicas e dixitais que favorezan o desenvolvemento de habilidades básicas de OBX2
pensamento computacional.

• CA2.7. Participar en proxectos empregando dinámicas e estruturas cooperativas,


compartindo e valorando opinións propias e alleas e expresando conclusións persoais a partir OBX2
delas.

• CA2.8. Iniciarse en actividades relacionadas coa metodoloxía STEAM como modelo de


OBX2
aprendizaxe activo.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48053

Contidos
• Pautas para a indagación na contorna: interese, respecto, curiosidade, asombro, cuestionamento e
desexos de coñecemento.
• Estratexias de construción de novos coñecementos: relacións e conexións entre o coñecido e o novo,
entre experiencias previas e novas; estrutura e soporte e interaccións de calidade coas persoas adultas, cos
iguais e coa contorna.
• Modelo de control de variables. Estratexias e técnicas de investigación: ensaio-erro, observación,
experimentación, formulación e comprobación de hipóteses, realización de preguntas, manexo e procura en
distintas fontes de información.
• Estratexias de planificación, organización ou autorregulación de tarefas. Iniciativa na procura de acordos
ou consensos na toma de decisións.
• Estratexias para propoñer solucións: creatividade, diálogo, imaxinación e descubrimento.
• Coavaliación do proceso e dos resultados. Achados, verificación e conclusións.
• Habilidades do pensamento computacional.
• Relacións causa-efecto na manipulación de obxectos.
• Resolución de situacións problemáticas empregando diferentes magnitudes.
Bloque 3. Indagación no medio físico e natural. Coidado, valoración e respecto
Criterios de avaliación Obxectivos
• CA3.1. Mostrar unha actitude de respecto e coidado e protección cara ao medio natural e os
OBX3
animais identificando o impacto dalgunhas accións humanas sobre el.
• CA3.2. Establecer relacións causa-efecto entre o medio natural e social a partir do
coñecemento e da observación dalgúns fenómenos naturais e dos elementos patrimoniais OBX3
presentes no medio físico.
• CA3.3. Identificar elementos naturais imprescindibles na vida das persoas, as súas
OBX3
características e a necesidade de facer un uso responsable deles.
• CA3.4. Descubrir e recoñecer os elementos máis identificativos do patrimonio natural, tanto
OBX3
da contorna coma da comunidade.
• CA3.5. Identificar trazos comúns e diferentes entre seres vivos e inertes, así como as súas
OBX3
características máis significativas.
CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

• CA3.6. Valorar a necesidade de coidar e de respectar os seres vivos. OBX3


Contidos
• Experimentación de accións cos elementos naturais: auga, terra, aire. Características e comportamento
(peso, capacidade, volume, mesturas ou transvasamentos).
• Influencia das accións das persoas no medio físico, no patrimonio natural e cultural e no cambio climático.
• Relacións causa-efecto dos fenómenos naturais e da acción humana sobre o medio: incendios,
inundacións, extincións, prácticas non sustentables.
• Recursos naturais. Sustentabilidade, enerxías limpas e naturais.
• Identificación de fenómenos naturais: identificación e repercusión na vida das persoas.
• Os seres vivos e as súas características.
• A relación dos seres humanos cos animais. Empatía, coidado e protección dos animais. Respecto dos
seus dereitos.
• Respecto e protección do medio natural. Respecto polo patrimonio cultural presente no medio físico.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48054

Bloque 4. Descubrimento e participación na contorna social. Relacións, servizos e actividades culturais

Criterios de avaliación Obxectivos

• CA4.1. Identificar o núcleo familiar e a escola como os primeiros grupos sociais de pertenza
valorando positivamente as relacións afectivas que se establecen e a súa importancia no OBX4
desenvolvemento persoal.

• CA4.2. Valorar a importancia das relacións sociais coas persoas da súa contorna. OBX4

• CA4.3. Recoñecer diferentes modelos familiares mostrando respecto polas diferenzas.


OBX4
Descubrir e identificar os parentescos.

• CA4.4. Descubrir as distintas profesións, organizacións e servizos da contorna valorando as


OBX4
súas funcións e a importancia social da súa actividade.

• CA4.5. Coñecer e participar en festas, costumes e tradicións, propias e alleas, presentes na


OBX4
contorna gozando e valorándoas como sinais de identidade.

• CA4.6. Identificar elementos propios do patrimonio cultural de Galicia e algúns dos seus
OBX4
personaxes máis relevantes.

Contidos

• A familia e os distintos modelos familiares. A súa estrutura e os seus membros.


• Relacións de parentesco.
• A escola.
• O barrio e o concello: servizos, características e funcións.
• Valoración de profesións e servizos da comunidade desde unha perspectiva de xénero.
• Actitudes de respecto cara ás manifestacións culturais da súa contorna próxima.
• Festas e tradicións do ciclo anual e da cultura galega.
• Patrimonio e persoas relevantes da cultura galega.

3.4. Orientacións pedagóxicas.


CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

A intervención educativa na área de Descubrimento e Exploración da Contorna desen-


volverá o seu currículo e tratará de asentar de xeito gradual e progresivo nos distintos ni-
veis da etapa as aprendizaxes que lle faciliten ao alumnado o logro dos obxectivos da área
e, en combinación co resto de áreas, unha adecuada adquisición das competencias clave
e o logro dos obxectivos da etapa.

Neste sentido, no deseño das actividades, o profesorado terá que considerar a relación
entre os obxectivos da área e as competencias clave e as liñas de actuación no proceso de
ensino e aprendizaxe que se presentan no punto seguinte, e seleccionar aqueles criterios
de avaliación do currículo que se axusten á finalidade buscada, así como empregalos para
verificar as aprendizaxes do alumnado e o seu nivel de desempeño.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48055

Liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe.

– A achega de distintas opcións para o acceso aos contidos, o deseño de ambientes de


aprendizaxe ricos en recursos e oportunidades, a promoción da motivación ou o emprego
de metodoloxías activas serán eixes básicos da intervención educativa, aproveitando a
curiosidade que ten o alumnado por explorar e descubrir o mundo que o rodea.

– A construción de sólidos vínculos afectivos entre o profesorado e o alumnado do gru-


po, de xeito que este último sinta o necesario equilibrio e seguridade emocional para en-
frontar os retos e as experiencias do día a día.

– O deseño de actividades motivadoras que respondan á diversidade do alumnado e


que favorezan a superación de barreiras, de cara a lles facilitar a exploración da contorna.

– A proposta de situacións de aprendizaxe contextualizadas a partir das súas experien-


cias e coñecementos previos para garantir a significatividade, nas cales as nocións mate-
máticas, espaciais e temporais sexan as ferramentas de traballo no desenvolvemento dos
procesos de razoamento lóxico e método científico.

– A curiosidade, a realización de actividades manipulativas e sensoriais, a resolución de


retos e situacións problemáticas e a busca de solucións de maneira autónoma e imaxinati-
va, respectando os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado e favorecendo a capaci-
dade de aprender por si mesmos e promovendo o traballo en equipo.

– A sensibilidade cara ao medio ambiente e a necesidade de actuar para preservalo


CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

fomentando o coidado e a mellora da contorna mediante a integración de hábitos de vida


sans e sustentables.

– O achegamento á contorna próxima fomentando a súa exploración activa, o seu coñe-


cemento, gozo e respecto, así como o descubrimento da contorna máis afastada a través
das experiencias vividas e dos medios tecnolóxicos e analóxicos que susciten o interese
do alumnado por coñecelas.

– O deseño e a organización de ambientes de aprendizaxe amables e agradables que


propicien a comodidade e a seguridade das nenas e dos nenos e das persoas adultas,
coidando de xeito especial o seu equilibrio estético, a súa versatilidade e a interacción e
relacións coas persoas e cos obxectos.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48056

– A posta á disposición do alumnado de materiais adaptados ás súas características, o


máis diversos posible e con múltiples posibilidades en función das necesidades, organiza-
dos de maneira accesible co obxecto de favorecer a corresponsabilización no seu coidado
e organización. Estará presente na aula unha oferta ampla de materiais de diferente tipo e
coidaranse dun xeito especial os materiais continuos, os inespecíficos e os elementos do
medio natural e sociocultural que favorezan a relación coa identidade e creen uns ambien-
tes significativos, ademais de espertar o interese por explorar e experimentar cos diferen-
tes recursos.

– O coidado na selección e utilización dos materiais e dos espazos de cara a evitar des-
igualdades por razón de xénero e a transmisión de actitudes e comportamentos sexistas a
través do currículo oculto.

– A organización flexible do tempo e dos espazos, adaptándose e respondendo ás ca-


racterísticas das tarefas e ás necesidades e ritmos das nenas e dos nenos.

– A valoración positiva das interaccións evitando as comparacións, a desvalorización,


a estigmatización ou a ridiculización. Na aula, promoverase un clima de aceptación e de
respecto mutuo no cal equivocarse será un paso máis no proceso de aprendizaxe en que
cada neno ou nena poida sentir que está ante un reto, aínda que terá confianza para pedir
axuda.

– A toma de conciencia da influencia que ten a presenza das persoas na contorna, a


actividade dos distintos grupos humanos, as modificacións que introducen e a súa valora-
ción crítica.

– O deseño de situacións STEAM que faciliten a aplicación das habilidades do pensa-


CVE-DOG: ijtssjx4-5wi8-xh80-ub57-da3w7wkmok07

mento computacional e que axuden o alumnado a superar situacións problemáticas de


xeito creativo e orixinal, mellorando a súa autonomía e favorecendo a comprensión do erro
como parte da aprendizaxe e fonte de información, sempre desde un enfoque coeducativo
e posibilitando situacións que favorezan a expresión asertiva e a escoita activa das emo-
cións, propias e alleas.

– O achegamento do alumnado ao coñecemento dos elementos identitarios da cultura


propia e tamén doutras, desde unha perspectiva aberta, crítica e ilustradora, que potencie
en todo momento actitudes de respecto e de aprecio.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like