Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 4

1.

CONTRIBUCIÓN DA EDUCACIÓN FÍSICA AO LOGRO DAS COMPETENCIAS CLAVE


O actual marco curricular para ESO, establece que a Educación Física debe contribuír á consecución das
seguintes competencias clave a través do desenvolvemento da competencia motriz, a cal non aparece recollida como
competencia clave: as competencias sociais e cívicas (CSC), a conciencia e expresión culturais (CCEC),
competencia de aprender a aprender (CAA), a competencia matemática e competencias básicas en ciencias e
tecnoloxía (CMCCT) e o sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE). En menor medida tamén
traballará de forma integral para o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística (CCL) e a
competencia dixital (CD).

CONTRIBUCIÓN DA EDUCACIÓN FÍSICA AO LOGRO DAS COMPETENCIAS CLAVE EN ESO


CC

CONTRIBUCIÓNS DA EF

• Aplicación de principios e procesos matemáticos relativos a AF:


o Emprego de fórmulas para calcular o IMC, ICC
o Cálculo de tempo, distancias, %, escalas.
o Estruturación espacial e espazo-temporal.
o Manexo de datos estadísticos: percentiles en valores antropométricos,
observación de datos en situacións motrices.
o Deseño de sistemas de competición
o Interpretación de gráficas relativas a AF e CF.

• Aplicación de sistemas físicos ás técnicas e habilidades deportivas:


o Biomecánica das habilidades deportivas: ángulos de lanzamento en atletismo e
baloncesto; momentos de forza nos xiros e golpeos; rozamentos e aerodinamica
nos desprazamentos; seguridade e prevención de lesións nos exercicios de
acondicionamento físico.
CMCCT

• Os sistemas biolóxicos na AF:


o Alimentación e AF
o Hixiene e AF
o Saúde e AF
o AF e impacto medioambiental
• Sistemas tecnolóxicos e AF:
o Uso dos monitores de parámetros de adestramento: FC, Velocidades e
desprazamentos
o Uso dos GPS nas actividades no medio natural
o Materiais específicos de AF: bicicletas, aparatos de acondicionamento físico...
• Investigación en AF e deporte: aplicamos na clase novos métodos de acondicionamento físico
con referencias actuais na literatura científica sobre os seus beneficios: HIIT
• Elaboración e/ou interpretación de perfiles topográficos, rutómetros, mapas, planos,
relacionados coas actividades no contorno natural.
Aplicación didáctica. Tema 2 Ricardo Vázquez Vaamonde – NÓS 20-21
• As actividades desta materia son un medio eficaz para educar as habilidades sociais, facilitar a
integración e fomentar o respecto: situación de microenseñanza donde alumnos con nivel alto
nunha modalidade deportiva fan actividades de reforzo con alumnso de nivel baixo

• Contribúen a desenvolver a cooperación, a igualdade e o traballo en equipo, aceptando as


diferenzas e limitacións das persoas participantes e a asunción por parte de cada integrante
das súas propias responsabilidades: “desenvolver de forma conxunta unha coreografía de
acrosport cun grupo heteroxéneo en canto a nivel de hab motriz”.
• Son un medio eficaz para combater o sedentarismo e enfermidades asociadas, previr
comportamentos de risco e adoptar a actividade física como un hábito de vida saudable:
facemos un rexistro do gasto calórico realizado na aula e o vinculamos cos gastos calóricos
que definen a unha persoa sedentaria
CSC

• A práctica e a organización de actividades deportivas colectivas esixe a integración nun


proxecto común e a aceptación das diferenzas e limitacións dos participantes, seguindo
normas democráticas na organización do grupo e asumindo cada integrante as súas propias
responsabilidades: establecemos un sistema de xogo en BLM en ataque e defensa, con postos
específicos, e estratexias para situacións especificas.
• O cumprimento das normas e regulamentos que definen as actividades deportivas colabora na
aceptación dos códigos de conduta propios dunha sociedade e permite a resolución de
conflitos na práctica de actividades competitivas: establecen por grupos modificacións
regulamentarias en distintos xogos alternativos e vemos como sería a práctica dos mesmos
• Análise con espírito crítico do fenómeno deportivo e as súas distintas manifestacións e
problemas: violencia, doping, imaxe corporal, patoloxías do comportamento e AF...:
investigamos en distintas páxinas web os conceptos: vigorexia, “corpos nanone”.

• Valoración das manifestacións culturais da motricidade humana, coma os deportes, xogos


tradicionais, actividades expresivas ou danza, e a súa consideración coma parte do patrimonio
cultural
CEC

• Coas actividades de expresión corporal foméntase a creatividade.


• O coñecemento das manifestacións lúdicas, deportivas e de expresión corporal propias de
outras culturas axuda á adquisición dunha actitude aberta cara a diversidade cultural.
• Adquisición dunha actitude aberta e reflexiva ante o fenómeno deportivo coma espectáculo.

Aplicación didáctica. Tema 2 Ricardo Vázquez Vaamonde – NÓS 20-21


• Variedade de intercambios comunicativos, dende a comunicación oral aos traballos escritos, e
a través do vocabulario específico.

• Refórzase o aprendizaxe doutras linguas co vocabulario específico.


• Propiciar a comunicación oral a través de situacións motrices nas que se dan:
o Situacións de microenseñanza con alumnos colaboradores
o Autoavaliación e coavaliación
CCL

o Reflexións sobre as solucións dadas nas situacións motrices


• Participación da materia de EF en:
o Proxecto lingüístico do centro
o Plan lector
o Biblioteca escolar
• Resolver conflitos que xorden nas situacións motrices de aula
• Manifestar espírito crítico ante aspecto actuais das AFD e AE
• Busca, selección, recollida, procesamento e valoración crítica de información relacionada coa
materia e as actividades propostas: manexo de buscadores en rede e uso correcto da
información

• Manexo de aplicacións informáticas que permitan a elaboración e exposición de traballos.


CD

• Manexo das comunicacións dixitais: compartir información a través de correo, redes sociais,
foros...

• Crear contidos dixitais: uso dos blogs.


• Ofrécense recursos para a resolución de problemas plantexados polas situacións motrices:
planificar, supervisar e avaliar.

• O establecemento de metas na aprendizaxe a corto, medio e longo prazo reforzan a confianza


a motivación por aprender por un mesmo.
• Permite que o alumnado sexa capaz de regular a súa propia aprendizaxe e práctica da
actividade física no seu tempo de lecer de xeito organizado e estruturado.
CAA

• Desenvolve habilidades para o traballo en equipo en diferentes actividades colectivas


deportivas e expresivas.

• Contribúe a adquirir aprendizaxes técnicos, estratéxicos e tácticos que se poden transferir a


diferentes actividades deportivas.

• A través da práctica da actividade física, unha persoa aprende a coñecer cales son as súas
capacidades, os seus puntos fortes e débiles, e a partir diso, pode marcar obxectivos reais que
poida alcanzar co seu propio esforzo e perseveranza.

Aplicación didáctica. Tema 2 Ricardo Vázquez Vaamonde – NÓS 20-21


• A EF permite que o alumnado tome responsabilidades na organización individual e colectiva de
actividades físico-deportivas e de expresión, así coma na planificación de actividades para a
mellora da súa condición física.
• Ofrece ao alumnado situacións nas que debe manifestar autosuperación, perseveranza e
actitude positiva ante tarefas de certa dificultade técnica ou na mellora do propio nivel de CF.
CSIEE

• Existen situacións nas que o alumnado debe asumir o liderazgo ou a delegación de funcións
noutros.
• Moitas situacións motrices esixen creatividade, xestión do risco e manexo da incertidume.
• Permite constantes situacións de autoaprendizaxe, así como de autoxestión e coxestión das
actividades físicas realizadas na aula.
• Toma de consciencia das saídas profesionais vinculadas á AFD e AFAE.

Aplicación didáctica. Tema 2 Ricardo Vázquez Vaamonde – NÓS 20-21

You might also like