G2301059 - Formación para A Acreditación Da Competencia Dixital Docente No Nivel A2

You might also like

Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 12

GUÍA DO CURSO

G2301059 - Formación para a acreditación da


competencia dixital docente no nivel A2
Índice

1. Descrición do curso.............................................................................................................................3
2. Obxectivos.............................................................................................................................................4
3. Competencias profesionais do profesorado...............................................................................4
4. Contidos................................................................................................................................................4
5. Metodoloxía..........................................................................................................................................5
6. Seguimento e desenvolvemento do curso...................................................................................5
7. Comunicación coas persoas titoras e participantes..................................................................7
8. Avaliación..............................................................................................................................................8
9. Transferencia e impacto nas aulas................................................................................................8
10. Requirimentos para seguir o curso..............................................................................................9
11. Protocolo para participar nos cursos Platega...........................................................................9

2
1. Descrición do curso

Os Itinerarios de certificación son cursos especificamente desenvolvidos polo Centro


Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) para que o profesorado dependente da
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades poida
certificar o seu nivel de Competencia Dixital Docente en conformidade co Marco de
Referencia de la Competencia Digital Docente de xaneiro de 2022 elaborado polo Grupo
de traballo de Tecnoloxías da Aprendizaxe (GTTA) e publicado no BOE mediante a
Resolución do 4 de maio de 2022.

Este itinerario atende ao Nivel A2, que segundo se describe no devandito marco:
Trátase dunha situación de iniciación, na que as e os docentes comezan a poñer en
práctica as súas competencias dixitais en situacións educativas reais. Relaciónase cunha
aplicación práctica tutelada, tanto no traballo na aula como no uso das tecnoloxías
dixitais. É unha ou un docente que se acaba de incorporar ao exercicio da profesión e
debe adquirir coñecementos específicos da práctica no centro. Doutra banda, o perfil de
docente con escaso desenvolvemento da súa competencia dixital xa debe ter adquirido
este nivel de competencia mínima e pode afrontar procesos máis complexos na súa
práctica profesional, aínda que con apoio e asesoramento doutros profesionais. Neste
nivel tamén podemos atopar docentes con experiencia profesional que utilizan de
forma habitual as tecnoloxías dixitais para un uso persoal, pero que non as aplican na
aula.

O Marco de Referencia de la Competencia Digital (2022) artéllase arredor de seis áreas


de coñecemento, das cales serán obxecto deste curso:

● Área 1. Compromiso profesional


● Área 2. Contidos dixitais
● Área 3. Ensino e aprendizaxe
● Área 4. Avaliación e retroalimentación
● Área 5. Empoderamento do alumnado

3
● Área 6. Desenvolvemento da competencia dixital do alumnado

Todos os contidos e tarefas deste curso foron adaptados para dar resposta ás
necesidades específicas do profesorado dentro do contexto do sistema educativo
galego en base aos indicadores de logro requiridos no Marco de Referencia da
Competencia Dixital Docente (2022).

2. Obxectivos
1. Iniciarse no uso das tecnoloxías dixitais para a comunicación organizativa, a
coordinación docente e a práctica reflexiva e protexer, de forma guiada, os datos
persoais, a privacidade, a seguridade, e o benestar dixital.

2. Buscar, crear e compartir, con axuda, contidos dixitais de calidade e integrar de


forma tutelada as tecnoloxías dixitais no ensino e aprendizaxe, garantindo a
accesibilidade universal, a inclusión e compromiso activo do alumnado.

3. Aplicar, de forma guiada e en contextos reais, propostas didácticas para o


desenvolvemento da competencia dixital do alumnado.

3. Competencias profesionais docentes

Esta formación está orientada ao desenvolvemento do nivel A2 da competencia dixital


docente, en todas as súas áreas, competencias e indicadores.
Esta competencia, de elaboración recente, está a ser integrada no modelo de
Competencias profesionais docentes da Rede de Formación da Consellería de
Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

4. Contidos
Os contidos do curso están divididos en 6 módulos o bloques, correspondentes coas 6
áreas do Marco de Referencia da Competencia Dixital Docente:

Área 1: Compromiso profesional. Uso das tecnoloxías dixitais para a comunicación; a


coordinación, participación e colaboración dentro do centro educativo e con outros
profesionais externos; a mellora do desempeño a partir da reflexión sobre a propia
práctica; o desenvolvemento profesional e a protección de datos persoais, a privacidade
e a seguridade e o benestar dixital do alumnado no exercicio das súas funcións.

Área 2: Contidos dixitais. Busca, modificación, creación e compartición de contidos


dixitais.

Área 3: Ensino e aprendizaxe. Xestión e organización do uso das tecnoloxías dixitais no

4
ensino e a aprendizaxe.

Área 4: Avaliación e retroalimentación. Uso das tecnoloxías dixitais para mellorar a


avaliación, tanto da aprendizaxe do alumnado, como do propio proceso de ensino-
aprendizaxe.

Área 5: Empoderamento do alumnado. Uso das tecnoloxías dixitais para mellorar a


inclusión, a atención ás diferenzas individuais e o compromiso activo do alumnado coa
súa propia aprendizaxe.

Área 6: Desenvolvemento da competencia dixital do alumnado. Capacitación do


alumnado para utilizar de forma creativa e responsable as tecnoloxías dixitais para a
información, a comunicación a participación segura na sociedade dixital, a creación de
contidos, o benestar, a preservación da privacidade, a resolución de problemas e o
desenvolvemento dos seus proxectos persoais.

5. Metodoloxía

Tal e como se require para certificar o Nivel A2 de Competencia Dixital Docente, o


propósito deste curso é que o profesorado participante aprenda a artellar, de xeito
tutelado, e a través dunha serie de tarefas dirixidas, un proxecto educativo integral
apoiado nas tecnoloxías dixitais.

A adquisición dos desempeños faise de xeito práctico, é dicir, “facendo”, non teorizando
ou “sabendo”. Por iso, o obxectivo debe ser sempre aprender a “saber facer”. Esta
perspectiva didáctica leva a que as tarefas sexan as protagonistas do curso, antes que
os contidos: os enunciados das tarefas cos pasos que deben darse e a información que
pode consultarse son o núcleo do curso. Non esperes atopar un curso “transmisor” ou
“instrumental”, é dicir un curso no que recoller información ou aprender a manexar un
programa informático. Antes ben, aprenderás a “saber facer” facendo as actividades
propostas.

6. Seguimento e desenvolvemento do curso.

Cadro de temporalización do curso


Módulo de presentacións (1 hora)
Nº Actividade Datas
0.1 Presentación no foro 18 de outubro - 24 de outubro
0.2 Lectura da guía do curso, protocolo de participación e
información sobre a situación de aprendixaxe proposta
Módulo 1 (5 horas)
Nº Actividade Datas
1 Área 1: Cuestionario interactivo artellado en seis 18 - 30 de outubro
tarefas curtas de reflexión e competenciais centradas
na área de compromiso profesional nas que se simula a
colaboración nun proxecto educativo integral con
integración das TAC:
● Exercer unha práctica reflexiva respondendo a
unha escolma de preguntas sobre a ideonidade

5
das estratexias que se van aplicar no proxecto.
● Procurar unha formación en liña en PLATEGA
para mellorar o desenvolvemento profesional
dixital.
● Comprender as consecuencias de erros
frecuentes na protección de datos e
seguridade.
● Empregar as plataformas de xestión do
alumnado institucionais.
● Usar as aplicacións de comunicación
organizativa propias do ecosistema galego.
Módulo 2 (10 horas)
Nº Actividade Datas
2 Área 2: 18 - 30 outubro
Cuestionario interactivo artellado en catro tarefas
pautadas cuxo obxectivo final é a creación dun recurso
dixital que poida ser empregado polo alumnado na
aula para traballar os contidos. En concreto, as fases
de traballo levarán a:
● Comprender e analizar as implicacións
docentes no que respecta ás licenzas de autor.
● Atopar recursos no Repositorio de Contidos
Educativos do espazoAbalar.
● Modificar un recurso dixital para adaptalo á
etapa educativa na que se imparte docencia.
● Compartir recursos dixitais nun cartafol con
outros docentes a través dun simulador de
Aula Virtual.
Módulo 3 (7 horas)
Nº Actividade Datas
3 Área 3: 30 de outubro - 15 de novembro
Cuestionario interactivo artellado en dúas tarefas de
carácter competencial pautadas para establecer
estratexias de ensino e aprendizaxe diversas a través
dun simulador de Aula Virtual:
● Configurar grupos de traballo para que o
alumnado traballe de xeito colaborativo
(favorecendo a aprendizaxe entre iguais).
● Crear un diario de traballo (ferramenta de
aprendizaxe autorregulada).
Módulo 4 (7 horas)
Nº Actividade Datas
4 Área 4: 30 de outubro - 15 de novembro
Cuestionario interactivo artellado en dúas tarefas de
carácter competencial pautadas para deseñar unha
estratexia de avaliación formativa grazas ás
ferramentas dixitais dispoñibles na Aula Virtual:
● Crear unha tarefa avaliable mediante rúbrica.
● Extraer un informe de avaliación.
Módulo 5 (9,5 horas)
Nº Actividade Datas
5 Área 5: 15 de novembro – 12 de
Elaborar un marco de atención á diversidade, baseado decembro
nun modelo proporcionado previamente, que
seleccione e xustifique o uso de ferramentas dixitais

6
para atender ás pautas do Modelo DUA nun proxecto
educativo integral.
Módulo 6 (9,5 horas)
Nº Actividade Datas
6 Área 6: 15 de novembro - 12 de
Elaborar unha guía dirixida ao alumnado, baseada nun decembro
modelo proporcionado previamente, que proporcione
pautas de traballo no uso das ferramentas dixitais a
desenvolver durante un proxecto educativo integral
para acadar unha educación relevante e autónoma.
Nesta guía será preciso incluír:
● Pautas para o tratamento e organización da
información.
● Pautas para traballar de xeito seguro.
● Pautas para un uso responsable dixital e o
benestar dixital.
● Pautas para a resolución de problemas
técnicos sinxelos que poidan acontecer durante
un proxecto educativo no que se traballe coas
TAC.

7. Comunicación coas persoas titoras e outras persoas


participantes

Cada vez que comeza un curso de formación a través de PLATEGA, unha das primeiras
cousas que debes de facer é presentarte á comunidade de aprendizaxe. Para iso
atoparás en todos os cursos no primeiro módulo un Foro de presentación de
participantes.

Esta primeira mensaxe servirá de presentación tanto ao resto da comunidade de


aprendizaxe, coma aos titores e titoras do curso.
Existen varias opcións de comunicación co teu titor ou titora:
 A través dos foros existentes en cada curso, por exemplo, o foro do módulo ou
foro de avisos e anuncios. A comunicación que se realiza nos foros é pública, é
dicir, calquera participante no curso poderá ler as túas intervencións no foro ou
posts.
 A través do sistema de mensaxaría interna da plataforma. As mensaxes enviadas
por este medio son privados entre ti e o teu comunicante, xa sexa o/a titor/a ou
calquera outro participante.
Moi importante: o correo electrónico non se considera un medio de comunicación
válido para a resolución de dúbidas ou a entrega de tarefas, polo que se o
empregas non recibirás resposta.

7
8. Avaliación

Nas actividades de formación na Rede será indispensable para obter a certificación a


avaliación positiva do 80 % do peso das tarefas propostas. Ademáis, por ser esta
unha actividade para a acreditación dun nivel competencial, será obrigatorio completar
todas as tarefas do curso.

Nome da tarefa Ponderación


Módulo 0: Presentación
Foro de presentación de participantes 0%
Total ................ 0%
Módulo 1: Compromiso profesional
Tarefa área 1: Integración das TIC no proxecto educativo 10%
Total ................ 10%
Módulo 2: Contidos dixitais
Tarefa área 2: Creación dun recurso dixital 20%
Total ................ 20%
Módulo 3: Ensino e aprendizaxe
Tarefa área 3: AV para o ensino-aprendizaxe 15%
Total ............... 15 %

Módulo 4: Avaliación e retroalimentación


Tarefa área 4: Estratexia de avaliación formativa 15%
Total .............. 15%

Módulo 5: Empoderamento do alumnado


Tarefa área 5: Marco de atención á diversidade 20%
Total .............. 20%

Módulo 6: Desenvolvemento da competencia dixital do alumnado


Tarefa área 6: Guía alumnado 20%
Total .............. 20%
Puntuación total .......... 100 %

9. Transferencia e impacto nas aulas

En relación ao concepto de competencia dixital docente empregado no marco


regulador, podería definirse como a integración de coñecementos, destrezas,
habilidades e actitudes necesarias para desempeñar as funcións docentes integrando a
tecnoloxía dixital, e para a resolución de problemas que puideran xurdir nalgunha
situación singular concreta como persoas educadoras.

8
A competencia dixital docente sigue un modelo de progresión, no que o nivel A2 forma
parte da primeira etapa denominada de “acceso”, iniciándose no manexo das
tecnoloxías dixitais no desempeño docente. É, polo tanto, un nivel de coñecemento e
práctica tutelada.

Un dos aspectos máis interesantes que recolle o marco é o modelo de ensino que
promove, centrado en que todo o alumnado alcance unha aprendizaxe significativa,
motivadora e pertinente, adaptada ás súas necesidades e diferencias persoais, que lle
permita adquirir e desenvolver as súas competencias de xeito progresivamente
autónomo traballando en equipo cos seus e as súas iguais.

Estes modelos de ensino e apredizaxe implican, tamén, un tipo de desempeño docente


baseado na colaboración, no contexto dunha acción coordinada no centro, coa
patticipación da comunidade educativa.

10. Requirimentos para seguir o curso


Ordenador con conexión a internet, navegador e programas básicos de edición de imaxe
e texto.

11. Protocolo para participar nos cursos Platega


Publicado en:
https://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual2/pluginfile.php/51842/mod_resource/
content/9/index.html

Os cursos ofertados en Platega contribuirán ao desenvolvemento das competencias


profesionais docentes establecidas pola Rede de Formación do profesorado galego. As persoas
participantes nestes cursos guiaranse polo seguinte Protocolo:

1. As persoas participantes en cursos Platega deben empregar a súa conta de


correo institucional (++++++++@edu.xunta.gal) para a inscrición en Fprofe e realización
dun curso na Rede. A vía oficial de comunicación é esta conta de correo sendo
responsabilidade do ou da participante consultala coa frecuencia necesaria e mantela
sempre operativa (contrasinal actualizado, cota de almacenamento non excedida…).

2. A normativa que regula as actividades formativas na Rede atópase na Orde do 14


de Maio de 2013 e mais no plan anual de formación do profesorado. Calquera dúbida ao
respecto debe consultarse coa persoa coordinadora do curso.

3. A coordinación do curso é a encargada das cuestións administrativas do curso


tales como a súa apertura e peche, baixas de participantes, atender en segunda instancia
as solicitudes de revisión das cualificacións emitidas mentres o curso estea aberto e
calquera outra de índole organizativo ou de certificación.

4. A titoría encárgase de dinamizar os foros, resolver as dúbidas e consultas feitas

9
nos foros do curso ou por mensaxaría interna, revisar e cualificar as tarefas, atender en
primeira instancia as solicitudes de revisión das cualificacións emitidas.

5. No momento da selección as persoas inscritas recibirán un correo no que serán


informadas da súa situación:
a. Seleccionado/a: deberán confirmar ou renunciar á súa participación no
prazo indicado no correo electrónico. Despois dese prazo enténdese que a persoa
renuncia á súa participación e o propio sistema (Fprofe) xestionará a renuncia. En
caso de ter dificultades que impidan confirmar dentro do prazo será preciso
poñerse en contacto coa persoa coordinadora do curso por correo electrónico.
b. Non admitido/a: non poderán participar por ter xa superado o mesmo
curso, non ter destino asignado, atoparse en situación de incapacidade temporal
ou estar realizando outra actividade en Platega nas mesmas datas.
c. Reserva: formarán parte da lista de reservas e poderán resultar
seleccionadas nos días posteriores, polo que é importante consultar o correo de
maneira frecuente.

6. O día da apertura do curso recibirá a mensaxe de apertura da persoa


coordinadora do curso na que atopará a ligazón ao curso. Recibirá tamén a mensaxe de
benvida da persoa titora coas primeiras instrucións para comezar o curso.

7. En Platega (https://www.edu.xunta.es/platega) deben entrar no curso canto antes e


consultar a información, tarefas, contidos… así como a Guía do curso no módulo de
presentacións pois cabe a posibilidade de que fose actualizada.

8. É imprescindible iniciar o curso presentándose no Foro de presentacións do


curso durante os primeiros días do curso. De non facelo causará baixa e perderá o
dereito a participar en actividades formativas durante o resto do curso escolar en
aplicación do artigo 7.8 da Orde do 14 de Maio de 2013.

9. Unha vez iniciado o curso os abandonos comunicados á titoría ou á coordinación


e non xustificados debidamente provocarán a exclusión da actividade e a perda do
dereito a participar en actividades formativas durante ese curso escolar.

10. As comunicacións dos participantes coa coordinación ou coa titoría do curso


realizarase a través dos foros de consultas e dúbidas do curso. En caso de necesitar
algunha comunicación que non se considere que se deba compartir en tales espazos
públicos, cando fale de situacións persoais ou privadas, utilizarase a mensaxaría interna
do curso.

11. Cando xurdan dúbidas ou problemas consultaranse os foros de consultas e


dúbidas do tema correspondente. No caso de non atopar resposta ou solución
engadirase un fío novo poñendo un título significativo, evitando títulos xenéricos,
describindo a dúbida ou o problema con todos os datos necesarios. A titoría responderá
por ese mesmo medio nun prazo máximo de 48 horas, salvo en fins de semana, festivos,
vacacións. Os participantes poden, e deben, axudarse entre eles polo que calquera
participante poderá responder as dúbidas ou problemas formulados polos compañeiros
e compañeiras.

12. As intervencións en foros, e en xeral no curso, deben ser respectuosas co resto

10
dos participantes. As comunicacións nos espazos públicos da aula virtual deberán ser
orientadas á formación nas competencias obxecto do curso, e non se empregarán como
medio de difusión de cuestións persoais, alleas á materia do curso.

13. Envío, avaliación e cualificación das tarefas.


a. As tarefas cualificables deben entregarse nos prazos establecidos na
Guía do curso.
b. Se despois da primeira avaliación e cualificación pola titoría non se
acadase a máxima puntuación, poderase reenviar ata en dúas ocasións máis para
revisala, mellorala, completala … seguindo as indicacións da titoría. Estes tres
envíos realizaranse dentro do prazo asignado ao módulo correspondente; para
facilitar isto evitarase o envío de tarefas nos últimos días dos prazos dos módulos
e posibilitar, se procedese, o seu reenvío dentro do seu prazo.
c. Unha vez rematado o prazo e se non se tivesen esgotados os tres envíos,
poderase enviar unha vez durante a seguinte semana ao remate do módulo
correspondente, sen posibilidade de novos reenvíos, salvo que a titoría o permita
por non ter podido revisala no seu prazo debido á acumulación de tarefas para
revisar coincidindo co final do módulo.
d. Chegados ao final do curso a titoría poderá permitir o reenvío excepcional
de tarefas que sumen un 10 % de puntuación total aos participantes que
acumulen o 70 % sen chegar ao 80 % do total das puntuacións e deste xeito
poder chegar á puntuación mínima para certificar a formación.

14. Se no curso se realizasen tarefas, actividades, traballos... en grupos


colaborativos atenderase aos prazos sinalados e colaborarase cos participantes do grupo
para non prexudicar a ninguén.

15. As tarefas e actividades presentadas deberán ser orixinais. Se se detectasen


tarefas plaxiadas anularanse e perderase a súa puntuación correspondente a elas. No
caso de que dúas ou máis persoas presentasen a mesma tarefa a sanción aplicarase a
todas elas.

16. Se no curso se realizasen “Obradoiros” de auto e coavaliación prestarase especial


atención ás datas das súas fases de envíos e de avaliación, pois non respectar os seus
prazos demora e prexudica a todo o grupo. Quen non entregase o seu traballo ou non
realizase as coavaliacións nos prazos establecidos no calendario do obradoiro perderá a
puntuación desa Tarefa.

17. Reclamación das cualificacións das tarefas


a. Cando un participante estime que unha cualificación recibida nunha das
tarefas avaliables do curso ou no proxecto final non se axusta ao establecido nas
especificacións do curso poderá solicitar a súa revisión mediante un correo
electrónico dirixido á persoa titora no que xustificará o motivo.
b. Se a titoría non respondese nun prazo de 48 horas, o participante poderá
solicitar a revisión de cualificacións obtidas nas tarefas perante a coordinación do
curso mediante correo electrónico.
c. Recibirá a resolución da revisión mediante correo electrónico da titoría.
No caso de que a titoría ratifique a súa cualificación, o participante recibirá un
correo electrónico coa súa xustificación. A coordinación do curso recibirá copia
deste correo electrónico co cal queda presentada perante a coordinación.

11
d. Se a coordinación ratifica a cualificación e persiste a desconformidade,
poderá presentala ante o director do CAFI en cafi@edu.xunta.gal

18. Ao rematar o curso debería responder a enquisa en Fprofe, da que recibirá aviso
no correo electrónico.

19. O curso, tras o seu remate, permanecerá accesible aos participantes durante o
curso escolar de celebración.

12

You might also like