2.- Comer xeados. Podemos aproveitar que coman froita diferente con xeados tipo «xeado de xeo», feitos con froita fresca! 3.- Deitarse tarde. Pero non moito. Ver poñerse o sol e disfrutar coa familia. 4. - Ler un bo libro con calma. O verán tamén é para seguir lendo e poder gozar os libros con máis calma. Non esquezas levar uns bos libros para as tardes e as noites de verán. Eu recoméndoche que busques algúns das emocións , tamén libros para coñecerse e quererse, pero tamén algúns divertidos e que axuden a fomentar a imaxinación. 5.- Coñecer nenos e nenas novas. 6.- Mancharse. De area, de xeado, de barro, de pintura… 7.- Camiñar descalzos. 8.- Experimentar a beleza dunha posta de sol. 9.- Atopar tesouros naturais. Na montaña, na praia, no bosque, hai tesouros onde menos se pensa. 10.- Descubrir lugares novos. Un museo novo, un parque, un acuario, unha exposición ou un novo destino de vacacións. 11.- Embadurnarse ou enterrarse na area. 12.- Aburrirse. Fundamental e nada preocupante. 13.- Debuxar/pintar. Experimentar a creatividade, novas técnicas, novos formatos de papel (canto máis grandes mellor), novas contornas.. 14.- Relaxarse. 15.- Xogar libremente no exterior 16.- Descubrir que es capaz. Ao teu ritmo e á túa maneira. Se queres, es capaz de facer todo o que te propoñas. 17.- Llevar a cabo unha idea. Calquera idea sempre encerra unha aprendizaxe si se leva acabo! 18.- Xogar con amigos e amigas. 19.- Facer un maratón de pelis. 20.- Olvidarse dos deberes. É interesante xogar a refrescar cousas que adquiriche, a modo de xogo, sen necesidade de que se converta nun deber: gozar dun bo libro, practicar a escritura facendo listas da comprar ou dos plans que che gustaría facer, escribir un caderno de viaxe, facer un album de fotos, practicar as mates con xogos,… Anímate a compartilo cando volvamos ao cole. Unha aperta e a gozar do verán