Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 1

Atopa no seguinte texto dúas características da poesía do autor citando as palabras que

xustifiquen as túas afirmacións. Sinala ademais dous títulos máis de Cabanillas e cita dous
poetas do seu mesmo período:

¡Terra!
A neve nos curutos,
a brétema no val,
o sol bicando as veigas,
o vento no pinal1, 1- piñeiral
este berro de loita
estenden polo chan.
¡Esperta e érguete axiña,
Terra de Breogán!

¡Fillos do chan galego


rexos celtas irmáns!
Os corazóns dispostos
nun feixe as voluntás2, 2- vontades
respondamos ao berro
que nos chama a loitar:
¡Liberdade á nobre e sagra3 3- sagrada
Terra de Breogán!
______________________________ Ramón Cabanillas, Vento mareiro, 1913.

A característica principal da poesía de Cabanillas que amosa o texto consiste na


incitación á loita contra o caciquismo. Este sistema estaba artellado pola Igrexa e a fidalguía,
propietarias da terra, e mais polo poder político e administrativo que as protexía. O agrarismo
político (partidos como Acción Gallega ou Solidaridad Gallega), nacido dende 1912,
reclamaba a penosa situación social que tamén as Irmandades da Fala querían mellorar, así
como a redención do sistema foral, que sangraba con altos impostos ao pobo labrego, o cal
constituía a maioría do corpo social da Galiza do primeiro terzo do século XX. A saída desta
pobreza e precariedade a esta situación procurouse na emigración, unha lacra social que
pairaba sobre o pobo. Neste poema os versos “este berro de loita”, “respondamos ao berro /
que nos chama a loitar” amosan esta arenga ao combate contra o poder caciquil da época. O
uso da exclamación no final das estrofas e no inicio da segunda tamén consiste nun recurso
literario que reforza a chamada da voz poética á loita armada a través do apóstrofe do verso
da segunda estrofa, inflamando a reclamación da liberdade do pobo galego (“¡Liberdade á
nobre e sagra / Terra de Breogán!”). Curros, con quen Cabanillas chegou a manter amizade
en Cuba, influíu na poesía combativa que servía de propaganda ao ideario das Irmandades.
Un segundo trazo caracterizador de Cabanillas obsérvase no celtismo herdado de
Pondal para practicar unha literatura patriótica facendo alusión ao glorioso pasado celta de
Galiza nos versos ”rexos celtas irmáns” e mais “Terra de Breogán!”, ao que a voz poética se
dirixe en espera da súa recuperación para liberar a patria. Os elementos naturais que
conforman a paisaxe galega tamén definen a patria, o que Cabanillas aproveita xa dende o
inicio do poema: “curutos”, “val”, “veigas” e “pinal”.
Podemos citar dous poemarios máis de Cabanillas: Na noite estrelecida e No desterro,
por exemplo, que presentan a mesma temática á que se aludiu máis arriba.
Outros poetas da época das Irmandades, creadas dende 1916, foron López Abente ou
Victoriano Taibo, que practicaban temática paisaxística e, ás veces, combativa.

You might also like