Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 34

Estudo comparativo dos métodos de

construcción da palleta e da cana de oboe


en Galicia

Por: Abraham Fdez. López


4º Traballo de campo

Profesor: Julio C. Alonso Monteagudo


Instrumentos da música tradicional e popular
Conservatorio Superior de Música de Vigo
ÍNDICE

1. Introducción

2. Estado da cuestión

3. A materia prima. A cana.

4. A palleta da gaita galega.

4.1. Breve descripción dos estudos, métodos de construcción e diferentes


publicacións relacionadas con esta ferramenta.

4.2. Morfoloxía da palleta. Diferentes partes e dimensións.

4.3. Proceso de construcción ó xeito tradicional das palletas de gaita galega:


selección da cana, pre-gubiado, gubiado, atado e desbastado.

5. A cana do oboe

5.1 Relación das publicacións máis importantes en canto a construcción da cana de


oboe.

5.2 Morfoloxía da cana. Diferentes partes e dimensións.

5.3 Proceso de selección da cana. Partes do proceso de construcción. Relación e


descripción das ferramentas empregadas.

6. Comparación e análise dos procesos e reflexión sobre a posible aplicación das


diferentes ferramentas empregadas por ambos instrumentos.

7. Conclusións

8. Bibliografía
1. Introducción

Aproximadamente desde os anos 70, as palletas de gaita galega sufriron unha


“estandarización” en referencia ó tipo de materiais empregados para a súa construcción.
Pola contra, o procesado do material en sí mesmo, consta de moitas variables que poden
influir no resultado final, producíndose deste xeito unha desorientación e pérdida de
control sobre as suas cualidades, así como sobre a correcta manipulación, debido en
gran parte a carencia de estudos específicos que aporten datos numéricos; táboas de
parámetros, que axuden a completar unha extensa lista de contidos que reflexase as
cualidades da cana (dureza, elasticidade, grosor adecuado…) dependedo das
características do son que o intérprete desexase acadar.

Este traballo ten como único obxetivo a análise e comparación dos métodos de
construcción empregados na confección de canas para gaita galega e canas para oboe.

Fagamos unha revisión dos dous instrumentos para saber a que familia pertencen e qué
relación poden ter entre sí.

A tipoloxía da gaita:

Partes da gaita “moderna”1

1
Imaxe extraída do “Manual rápido de afinación para gaita” (pax.3). Moncho García.
http://es.scribd.com/doc/14678314/Manual-de-Afinacion-de-Gaita Entrada: 18/12/2011
Seguindo a clasificación de instrumentos levada a cabo por Erich M. von Hornbostel e
Curt Sachs no ano 1914, a cal sirve de modelo a moitos investigadores na actualidade,
empregando como principio organizativo o xeito en que se produce o son, a gaita estaría
encadrada no grupo 422 (Aerófonos2 de lingüeta3). A esta familia pertencen:

Cuadro abreviado da clasificación de instrumentos de Hornbostel & Sach

1. Aerófonos de lingüeta dupla(422.1)


2. Aerófonos de lingüeta simple (422.2)
3. Aerófonos de lingüeta illada (422.3)
4. Aerófonos de lingüeta dupla con depósito de aire (422.4)

4.1Gaitas de fol con cantores tipo oboe con un bordón (422.412.312)

Gaita con: punteiro + ronco

4.2 Gaitas de fol con cantores tipo oboe con combinacións de bordóns (422.412.4)

Gaita con: punteiro + ronco + ronqueta + chillón

2
Aerófonos: son os instrumentos nos que o aire é o produtor do son, é dicir, o aire que circunda o
instrumento, aquel que transmite as ondas sonoras ata os oídos, é posto en vibración por unha columna
de aire pechada no corpo do instrumento que vibra mercé a diversos procedementos. Todos os
aerófonos, excluíndo os libres, constan de dous compoñentes comúns: un tubo ou cavidade que encerra
unha columna de aire e un artificio quen de facela vibrar. Esta vibración conséguese interrompendo
unha corrente continua de aire en breves pulsacións, sendo os mecanismos capaces de producir este
fenómeno de ruptura os que dan a clave para a clasificación dos aerófonos en varias grandes familias.
1. Se a vibración se acada mercé ao movemento de vaivén dunha lingüeta sinxela, como os
pallóns das nosas gaitas, xorde o grupo dos clarinetes.
2. Se a vibración se acada mercé ao movemento dunha lingüeta dupla, caso das palletas do
punteiro das nosas gaitas, estariamos a falar da familia dos oboes.
3. Se a lingüeta a forman os propios beizos do intérprete, emitindo unha vibración con eles,
estamos a falar de lingüetas membranosas (así se fan soar trompetas e cornos)
3
Lingüeta: é un mecanismo que obstaculiza o paso do aire periodicamente, con moita rapidez,
producindo unha vibración que se comunica ca columna de aire contida no corpo do instrumento.
O punteiro da gaita

4
Partes do punteiro da gaita galega

Na imaxe podemos observar que o primeiro emisor de son é a palleta, transmitindo e


amplificando as vibracións ó longo do tubo sonoro (punteiro).

A forma tronco-cónica do punteiro é a base do son da gaita, cada artesán é quen de


acadar un son diferente, entre outras cousas, en relación ó grado de conicidade que
empregue.

4
Imaxe do punteiro extraída de “Palleta Maldita” (pax.5) Autor: Sito Carracedo - ISBN: 978-84-932199-
1-8 – Editorial: Asoc. Cultural Xermolos – 2001 Editada por Abraham Fdez. 19/12/2012
O pallón da gaita

Pastes do pallón

Trátase da forma máis sinxela de clarinete que se coñece e seguramente tamén da máis
antiga. Consiste nun tubo, que pode ser de cana ou de palla, ó que se lle deixaba un nó
nun lado e ficaba aberto polo outro. Preto do nó, a uns 3-4 cm, empregando unha
navalla ben afiadiña, labrábase unha lingüeta. Para iso, introdúcese a navalla un pouco
na cana ou na palla, de xeito perpendicular ó tubo, despois xírase a navalla sobre o
mango para que estale a cana ou a palla, e, na fenda que se produce, vaise introducindo
a navalla cara o nó de xeito que se vai levantando unha lingüetiña duns 2 cm de longo
aproximadamente. Tamén se pode labrar a lingüeta dende o nó cara a parte do tubo que
permanece aberta.
2. Estado da cuestión:

As obras publicadas que tratan o tema específicamente non son moitas. Na actualidade
contamos con dúas obras de referencia:

1. “Palleta Maldita5”

Autor: Sito Carracedo - ISBN: 978-84-932199-1-8 – Editorial: Asoc. Cultural Xermolos – 2001

Esta publicación consiste nunha guía práctica de afinación e manipulación da palleta dirixida a
aqueles intérpretes que se inician no instrumento. Nesta publicación non se describe o
proceso de construcción en sí, senón que se fai referencia a diversas modificacións para
aplicarlle á palleta cando esta xa está rematada.

2. “O berce das palletas 6”

Autor: Xoán Ramón Marín Martínez - ISBN: 978-84-613-0666-4 - Editorial: Asociación de Gaiteiros Galegos – 2009.

Esta publicación é a máis completa de todas. Na introducción fai un breve repaso histórico
aludindo ó tratamento que se lle daba á palleta noutrora. Describe minuciosamente o proceso de
construcción da palleta desde o comezo, acompañando con ilustracións referentes a cada fase,
aportando táboas de medidas que indican lonxitude e anchura da cana, así como o diámetro
interior e exterior do tudel, as medidas da canga…

5
Imaxe extraída de http://www.sitocarracedo.com Entrada: 29/11/2011
6
Imaxe extraída de http://llangreumusicatradiconal.blogspot.com/ Entrada: 29/11/2011
Outros traballos de referencia, non publicados, aínda que distribuídos gratuítamente
polos autores son:

1. “Método para construcción de palletas e pallóns7”.

Autores: Antón Corral, Ramón Casal & Carlos Corral. Vigo, Febreiro de 1985.

Este método considérase a 1ª guía para a construcción das palletas. A guía nace como
xerme do primeiro cursiño de construcción de palletas celebrado no taller escola da
Universidade Popular de Vigo no ano 1983. Acadou gran relevancia, sobre todo entre
os discípulos de Antón Corral, de tal xeito que os constructores de palletas fixeron unha
clasificación entre “Palletas modelo Seivane”, dun perfil máis triangular e “Palletas
modelo Corral”, dun perfil máis cuadrangular. No método explícase minuciosamete
todas as fases do proceso, acompañado de medidas e ilustracións que indican o
procedemento en cada apartado.

2. “Manual de manipulación de palletas8”. Manuel Liñares.

Trátase dun documento en formato (.word) redactado polo gaiteiro Pablo Torneiro, no
que amosa os coñecementos adquiridos mediante unha serie de entrevistas ó costructor
de palletas, Manuel Liñares. Trátase dun método de manipulación, non de construcción.
Circula gratuitamente por internet.

3. “Manual rápido de afinación para gaita9”. Moncho García.

Sinxelo e práctico manual que explica a modo de ilustracións como resolver os


principais problemas da afinación da gaita. Trátase dun método de manipulación, non
de construcción. Circula gratuitamente por internet.

7
Imaxe escaneada do orixinal. Distribución gratuíta polo autor.
8
http://www.arrakis.es/~jpresedo/palleta/Manual%20Linares%20de%20manipulaci%F3n%20da%20pall
eta.doc Entrada: 29/11/2011
9
http://es.scribd.com/doc/14678314/Manual-de-Afinacion-de-Gaita Entrada: 29/11/2011
Outros

Publicación onde se fai mención ás palletas de gaita galega:

1. Libreto de “Instrumentos musicais populares galegos 10”

Autores: Antón Corral, Ramón R. Casal, Carlos Corral, Tiano Labraña, Lucio Varela, Anxo G. Pintos, Carlos Núñez,
Xosé C. Villar, Santiago Cribeiro. Catálogo: H-026/3; M.24318 - Discográfica: Sonifolk - Ano: 1987

No libreto faise unha breve mención ás palletas indicando o material co que podían esta
construídas, defendendo a cana como materia prima frente ó plástico ou corno e facendo un
chamamento para que os gaiteiros se esforcen no aprendizaxe da sua construcción como
sucedía no pasado. Tamén se amosan unas ilustracións da palleta comparándoas con outras
lengüetas doutros instrumentos como a dulzaina, oboe, uilleann pipe…

10
http://www.sonifolk.com/marcas/LIBRETO_INSTRUMENTOS.pdf Entrada: 29/11/2011
3. A materia prima. A cana.

11

A cana é un material de longa duración, resistente á humidade e á intemperie, a súa


estrutura de fibras longas e laminadas permítelle absorber a auga por capilaridade de
abaixo cara a arriba e que os raios solares non a deshidraten.

É de crecemento moi rápido e axuda na protección das concas controlando os cauces e


o arrastre de chans. Utilízaselle dende a antigüedade, en cubertas, teitos, estacadas,
armazóns, etc.

A súa orixe é mediterránea. Foron levadas a California polos españois.

Dende a máis remota antigüidade (Mesopotamia, Exipto, Grecia, Roma...) se


usou como materia prima na construción de instrumentos musicais e as súas lingüetas.

Parece ser que florecen á vez en todo o mundo cada vinte ou trinta
e tantos anos.

Son hermafroditas segundo a bibliografía actual do departamento de


Botánica da Universidade Complutense de Madrid. Son macho ou femia segundo a
tradición oral popular de Aragón e Provenza, serán machas as de canudo curto e femia
as que o teñan curto.

Comprobouse que as canas de climas tropical ou subtropical, ao non estar


sometidas a estacións, non son aptas para instrumentos musicais, por ser excesivamente
branda e porosa.

11
Imagen extraida de: http://es.scribd.com/doc/45654231/LA-CANA-EN-EL-BAJO-MARTIN Pax. 52
A súa estrutura interna composta por fibras lonxitudinais cuxa densidade
aumenta ao aproximarse á codia exterior, ten a capacidade de drenar a auga
ou a humidade que introducimos coa saliva, son como tubos moi finos.

A codia, que é impermeable é a parte máis dura, debe ser moi tersa,
a súa dureza está en función da cantidade de sílice, que é función do terreo
onde se cría. Cando están secas, se se cortan cun machado poden chegar a saltar
faíscas pola mencionada sílice.

Leva fama mundial a cana de Provenza, concretamente de Fréjus, no


departamento francés do Var. A súa fama parece ser que se debe ao tipo de terreo
e a existencia dun vento moi forte, o mistral, que sopra con moita forza e
frecuencia.

Dende a segunda guerra mundial, cando a produción de cana se usou para


construír camuflaxes contra os bombardeos aéreos, parece ser que se descoidou a
calidade na construción de canas para instrumentos de música clásica e xa non
importa que de cada 8 ou 10 só 2 sexan realmente boas ou excelentes…

Nome común ou vulgar: Cana común, Guájara, Cana de Castela,


Cana de güin, Cana xigante, Cana guana,
Cana guin, Cana brava de Castela, Cana-
oca, Cañahueca, Cañavera, Canaval,
Carricillo, Carrizo, Chin de Castela,
Guajana, Gibaguy, Popote, Verolís,
Zaragüelles.
Nome científico ou latino: Arundo donax
Familia: Gramíneas.
Alcanza ata 5 m de altura.

Distínguese do bambú porque de cada nó sae unha única folla.

Partes utilizadas: o rizoma (talo subterráneo) e a raíz.

Propiedades físicas Contido de humidade


Densidade nas súas tres formas (solido,
líquido, gasoso).
Propiedades mecánicas Cizallamento
Flexión estática
compresión

Recolección Antes da lúa nova, cando a savia está


nas raíces é máis doado de recoller,
menos vulnerable a insectos e menos
probable de partirse cando se seca.
Unha característica fundamental das canas é a dureza e flexibilidade.

Para facer as canas do fagot precisan ser construidas, tanto o tubo coma a pa, co
mesmo mateiral, a cana, o que fai máis doado o proceso global para producir o son. É
extremadamente raro encontrar na natureza un material que reuna estes requisitos.
Parece ser que só a cana ten a dureza suficiente para ser tubo e ademais da flexibilidade
adecuada para que unha vez raspada poida vibrar.

Un equipo liderado polo botánico Peter Kolesik, describiu a composición da cana


como tres aneis concéntricos:

1. Unha parte exterior dura, chea de células epidérmicas. É a "pel" da cana.

2. Unha fina banda de fibras.

3. Unha grosa, corteza interior, parémquina, chea de fibras.

12

Microfotografía dunha cana de clarinete (Arundo Donax). (1) celula epidérmica, (4) celula parénquina
grande [na codia interior], substancia de crecemento, (5) escelrénquina, celulas aliñadas en grupo por
unha banda de fibra, celulas mortas que fan de soporte (7) conxunto de celulas na codia interior, (8)
anel de celulas aliñadas rodeando un conxunto vascular. Fotografa cortesía de Marilyn S. Veselack.

12
Imaxe capturada de: http://www.elfagot.com/content/anatom%C3%AD-de-arundo-donax Entrada:
10/10/2013
A dureza dos dous aneis exteriores permite facer canas estables. A pa é raspada para
expoñer as células da codia interior, que son o suficientemente flexibles como para
vibrar facilmente. Esclerénquima (sclerenchyma) é máis dura e forma unha parede. O
seu principal composto é a lignina. A parénquina é máis flexible. Esta encóntrase máis
na codia interior. Son celulas que enchen espazos libres deixados por outras e forman un
ton continuo.

As capas media e interiores están provistas duns diminutos condutos que conducen a
auga e os alimentos a través da cana dende as raices.

Donald J. Casadonte, químico e clarinetista, describiu unha analoxía moi útil para
entender a función destas partes: comparando o compoñente dermatolóxico coa pel dun
animal, a parénquima ou tecido de crecemento cos músculos e/ou os ósos e a parte
vascular con veas. Tamén afirmaba que as células esclerenquima comezan como celulas
vasculares pero nun momento do seu desenvolvemento desenvolven grosas paredes,
para servir como tubo de carga de alimento e protección. O material vascular é
importante porque as armazóns dos conxuntos vasculares, conteñen fibra que coa idade
e o desenvolvemento axeitados, ofrecen unha rixidez que ofrece vibración en todos os
planos.

Numerosos investigadores identificaron a codia interior como a orixe das


características favorables. Kolesik identificou e mediu os atributos precisos das canas
cunha vibración rica en harmónicos: os conxuntos vasculares na codia interior ten
maiores concentracións de fibra e menores de xylema e floema (finos condutos que
transportan auga e nutrientes por toda a planta. As boas canas teñen grandes areas con
fibra e maiores proporción de conxuntos vasculares con fibras continuas. Os
descubrimentos do equipo de Kolesik foron similares aos obtidos por Marylin Veselack,
Jan-Marie Heinrich e o equipo liderado por H. C Spatz.

13

Tres cavidades vasculares rodeadas por unha ríxida cuberta, 200 veces o seu tamaño. Os
investigadores suxiren que esta ríxida cuberta, formada por fibra, é a responsable da solidez na
vibración. Fotografa cortesía de David Rachor.

13
Imaxe capturada de: http://www.elfagot.com/content/anatom%C3%AD-de-arundo-donax Entrada:
10/10/2013
Casadonte identificou tres virtudes esenciais en Arundo Donax. Primeiro, "moderada
densidade combinada cunha alta 'compresión' que a fai perfecta para canas.
'Compresión' refírese á rixidez física medible dun material. A maior compresión, maior
rixidez, e como describiu Kolesik, maior cantidade de fibra. Esta impresionante
flexibilidade en todos os planos é debida ás fibras, formadas na súa maior parte de
lignina. A lignina ten características de vibración viscosas, como os líquidos. A lignina
permite a plántea tolerar tempraturas moi frías sen conxelarse. Na cana, a lignina está
presente nos conxuntos vasculares da codia interior.

Explicación de Casadonte:

O maior compoñente químico (20% to 40%) de Arundo donax é lignina (do Latin lignum: madeira).
Esta complexa substancia natural de recheo son celulas secas e adoita acontecer co envellecemento da
planta. A lignina protexe ás plantas vellas de patóxenos, estabiliza as paredes celulares, dá protección á
planta e certa plasticidade. A presenza desta lignina é a responsable de que poida producir a vibración nos
tres planos.

As plantas que conteñen gran cantidade de lignina denomínallas leñosas. A lignina está
formada pola extracción irreversible da auga dos azucres, creando compostos
aromáticos. De aí o sabor doce do material. A máis doce, maior cantidade de lignina.
Despois dos polisacáridos, a lignina é o polímero orgánico máis abundante no mundo
vexetal. É importante destacar que é a única fibra non polisacárido que se coñece. Este
compoñente da madeira realiza múltiples funcións que son esenciais para a vida das
plantas. Por exemplo, proporciona rixidez á parede celular. Realmente, os tecidos
lignificados resisten o ataque dos microorganismos, impedindo a penetración das
encimas destrutivas na parede celular.

A lignina, que aumenta de xeito ostensible na parede celular da planta co curso da


maduración, é resistente á degradación bacteriana, e o seu contido en fibra reduce a
dixestibilidade dos polisacáridos fibrosos. A lignina é un compoñente básico da
madeira, que conforma entre 25% e 35% do volume total desta. A nivel celular, a
lignina encárgase de encher os espazos entre as células da planta, na súa maioría
celulosa e pectina, facendo a estrutura da planta moito máis forte. A lignina é un
compoñente básico nos madeiros das árbores, xa que sen a súa presenza, as árbores non
poderían crecer a máis de 2 metros de alto. A lignina tamén axuda na condución de auga
dentro do talo/madeiro da planta, xa que é hidrofóbica (repele a auga), o que axuda á
planta a crear "condutos" dentro do seu talo, creando unha ruta pechada para o
transporte da auga. Finalmente, a dureza da lignina axuda ás plantas a repeler certos
insectos e outras pragas.

Arundo donax é visco-elactica. Vibra como os líquidos. A paredes de parenquina ten


propiedades elásticas e as celulas vasculares son entre viscosas e elásticas.
A vibración cesa case instantaneamente, comparada coa madeira, así que o son se pode
manter mentres o desexe o músico. Deste xeito hai maior control do son. Isto prodúcese
pola codia interior, que ten hemicelulosa, que absorve a auga cando a cana se molla
Principio mecánico dos instrumentos de dobre lengüeta 14

14
David A. Ledet, “Oboe Reed Styles”, Indiana University Press, 1981, páx 40.
4. A palleta da gaita alega .Morfoloxía15:

TÁBOA DE MEDIDAS DO TUDEL 16(mm)


TONALIDADES SOL LAb/LA SIb SI/DO RE/MI/FA
LONGO 19/18 18 17 16 15
EXTERIOR 4 4 4 4 4
(parte cilíndrica)
INTERIOR 3 3 3 3 3
(parte cilíndrica)
EXTERIOR 2,7 2,7 2,7 2,7 2,7
(parte elíptica)
INTERIOR 2,4 2,4 2,4 2,4 2,4
(parte elíptica)

TÁBOA DE MEDIDAS DAS PALLETAS XA REMATADAS (mm)


TONALIDADES LA/SOL SIb/SI DO RE
LONGO 39 37 36 33
ANCHO 11 10,5 10 9,5

DIMENSIÓNS DO ATADO
*O atado debe ter as dimensións do longo do tudel, deixando 2mm de marxe na
parte inferior.

15
Imaxe extraída de http://lagaitagallega.blogspot.com/ Entrada: 29/11/2011 Editada e traducida:
4/12/2012
16
Datos extraídos do “Método para construcción de palletas e pallóns”. Antón Corral, Ramón Casal &
Carlos Corral. Vigo, Febreiro de 1985
Proceso de construcción ó xeito tradicional das palletas de gaita galega.

O proceso de contrucción das canas galegas empregado pola mayoría dos artesáns é
puramente artesanal.

Nos métodos de construcción publicados ata esta data non atopamos datos que fagan
referencia ó emprego de maquinaria para a confección das palletas.

O gubiado da cana segue a facerse ca navalla, ou en todo caso co emprego dun esmeril.
Métodos non moi precisos para lograr un control exhaustivo da calidade do producto
final.

Tampouco atopamos datos que fagan referencia por parte dos artesáns ó control da
dureza da cana

En ningún momento atopamos información precisa sobre parámetros de son ligados


directamente ó proceso de construcción das palletas.

Na maioría dos casos os constructores de palletas non teñen coñecementos de física


acústica e nalgúns casos nin se quera uns mínimos coñecementos musicáis.

A forma tradicional de construcción das palletas se pode dividir en 6 apartados:

1. Conseguir a materia prima, a cana. En España hai empresas encargadas da


distribución de cana para instrumentos musicáis. MEDIR S.L. 17 é probablemente a
máis coñecida. Encargaremos tubos de cana cortados con un diámetro aproximado
de (25mm – 27mm)

Seccionaremos a cana ca navalla, tendo en conta que debemos extraer láminas de


cana con un pouco máis de ancho que a medida final, é dicir, para unha palleta en
DO (con ancho final de 10mm) cortaremos tiras de cana de (12mm - 13mm).

18 19
Disección das canas Medindo o longo das canas

17
http://www.medir.cat/
18
Imaxe extraída de http://acaneira.blogspot.com/ Entrada: 29/11/2011
19
idem
2. Das láminas resultantes eliminaremos a parte interior do tubo (parte oposta á pel da
cana) podendo empregar dous métodos; desbastando progresivamente cunha navalla
ou extraendo directamente o sobrante con axuda dun esmeril ou lixa do nº 6
montada nun taco.

20
Eliminando a parte interior da cana Lixa grapada nun taco de superficie plana

3. Confeccionaremos un molde circular (algún artesáns empregan un anaco de


tubería) que nos permita adherir un papel de lixa para darlle a conicidade axeitada ó
interior da cana. Unha vez lixada a cana elimínase o sobrante ata darlle o longo e o
ancho desexado.

21
Lixando a cada sobre una superficie circular Lixa adaptada nun taco de superficie curva

4. Axudándonos dunha navalla de filo recto, dobraremos (non cortar) a cana pola
metade, e lle daremos a forma desexada dependendo do tipo de palleta que vamos
construir (modelo Seivane, modelo Corral). Xuntarase as palas que seguen xuntas
con celo de 12mm.

Dobrando a cana á metade

20
Imaxe extraída de http://acaneira.blogspot.com/ Entrada: 29/11/2011
21
Imaxe extraída de http://homepage.eircom.net/~dooleypipes/Reed-Method.htm Entrada:19/12/2012
Tomando como referencia o celo, iniciaremos o rebaixe no lombo da pala, primeiro ca
navalla, para darlle conicidade á cana, posteriormente axudarémonos ca lixa do nº 00
colocada no taco, continuaremos dándolle a conicidade adecuada.

Finalmente rebaixaremos o extremo estreito das palas ca lixa, redondeándoo, para


logo acadar un mellor asentamento do fío e unha mellor conicidade na envoltura das
canas no tudel.

Despóis de humedecelas, depositándoas nun recipiente con auga fría durante catro
horas, as palas da cana montaránse no tudel cun atado provisional (aínda ca cana
mollada) que terá como finalidade que se pechen as canas e collan a forma. Deixaremos
2/3 partes do atado sen facer e procuraremos que o tudel saia da cana 5mm e quede moi
ben centrado.

22
Atado provisional

22
Imaxe extraída de http://acaneira.blogspot.com/ Entrada: 29/11/2011
5. Confección do tudel

Antigamente facíase dobrando unha lámina de latón ata conseguir unha forma
cilíndrica cun lado ovalado que serviría de asentamento para as palas das canas. Este
tipo de tudéis, o non estar perfectamente sellados, perdían aire e disminuía a calidade
tímbrica da palleta.

Na actualidade son moitos os artesáns que encargan de tubos de latón cilíndricos a


tendas de modelismo e distribuidores que ofrecen os diámetros desexados polos
fabricantes.

As medidas do tudel:

As medidas propostas no “Método para construcción de palletas e pallóns” da U.P. de


Vigo eran adquirir tubos de 3mm de diámetro, facendo fincapé na importancia das
medidas da parte ovalada do tudel, que consistían en 2.7mm de diámetro exterior e
2.4mm de diámetro interior.

O longo do tudel para unha palleta de DO deberá ser de 16mm.

A función do tudel non é só manter as canas xuntas, senón que fai de iniciación do
calibre interior do punteiro, complementando ó mesmo. As dimensións, forma e
diámetro interior son de gran importancia para acadar unha correcta afinación.

Para manipular o tudel con precisión, precísase de unha ferramenta que sirva de soporte.

Construcción do mandril

23
Medidas do mandril

23
Imaxe extraída de http://lagaita.en.eresmas.com/ Entrada: 29/11/2011
O mandril, é simpremente un destornillador plano de 2.5mm de diámetro, debe
insertarse dentro do tudel, adaptado previamente cun esmeril. Sirvenos de soporte para
darlle forma ó tudel por medio dun alicate ou dun martillo, conseguindo a forma
ovalada de un dos dous extremos. O molde farase xusto onde remata o chaflán.

Algúns artesáns empregan un molde que vai insertado nun torno de táboa. Esta
ferramenta axuda moito, gañando en tempo e precisión.

24
Molde do torno de táboa

Construcción do frenillo ou canga

25
Lámina de latón & extracción do frenillo ou canga

Empregaremos unha lámina de latón de 0,4mm de grosor. Extreremos unha tira de


2.5cm de longo e 1.25mm de ancho.

A función do frenillo é manter xuntas as canas e evitar que se movan.

24
Imaxe escaneada do “Método para a construcción de palletas e pallóns” A.Corral, R. Casal & C. Corral.
25
Imaxe extraída de O berce das palletas. Autor: Xoán Ramón Marín Martínez - ISBN:978-84-613-0666-4
- Editorial: Asociación de Gaiteiros Galegos – 2009.
6. Atado final.

A continuación procederase a substituir o atado provisional polo definitivo


empregando un fío forte e de calidade, ó que untaremos con “pez” ou cera virxe.
Iniciarémolo pola parte inferior, deixando á vista unha marxe de 2mm na base do tudel,
dándolle voltas uniformes e ben apretadas acadando a lonxitude correspondente ó longo
do tudel. Procederemos a eliminar ó mesmo tempo, o fío anterior e deixaremos na parte
superior un cabo solto de 15mm aproximadamente de longo.

26
Derradeiro atado

Xa listas as palletas co seu derradeiro atado, e antes de pomelo frenillo, sacaremos o celo, e
con axuda dunha navalla aplicaremos un pequeño rebaixe de forma cónica nos lombos da
cana. Este rebaixe farémolo de menor a maior, comezando á distancia de 3 ou 4mm partindo
do atado. Continuaremos o rebaixe cunha lima fina sobre un taco de madeira, de forma
centrada e uniforme sen presionar moito nas puntas para evitar que rachen. Deixaremos as
canas algo gordas para rematalas con lixas do nº 280 e 400.
Derradeiramente aplicaremos un corte can avalla no borde, aoiándonos nun taco de madeira
dura, para que abran as canas. No caso de que isto non suceda, é sinónimo de que fixemos
algo mal, e como resultado perderemos unha palleta.

26
Imaxe extraída de http://acaneira.blogspot.com/ Entrada: 29/11/2011
4. A cana do oboe.

Breve descripción do instrumento:

O oboe (Hornbostel & Sach: 422.112.2) é un instrumento musical de dobre lingüeta da


familia de vento-madeira composto por un tubo de madeira duns 60 cm de longo, con
chaves de metal, de interior cónico e pavillón acampanado.

O son prodúcese soprando na cana que facendo vibrar as dúas lingüetas consegue
producir unha columna de aire que será proxectada ó tubo sonoro de interior cónico.

O ton do oboe é un ton brillante.

Antes de 1770, o instrumento foi chamado o hautbois en inglés, ou hoboy en francés.


A denominación "oboe" adoptouse ó Inglés en 1770 do “obo” italiano, unha
transliteración na ortografía desta lingua da pronunciación do nome do instrumento do
século XVII ó nome francés.

É o instrumento clásico de vento que comparte unha orixe e un desenrrolo común ó


punteiro da gaita, polo menos ata o século XVII. Dos instrumentos clásicos é o que
máis se aproxima á gaita na similitude das suas lengüentas. Morfolóxicamente son case
idénticas, a pesar de ter distinta aplicación, por ser esta lengüeta de insuflación directa
desde a boca.

De feito, dun xeito similar a cómo sucede na gaita, existen diferentes tipos de
instrumentos afinados en diferentes tons, acadando rexistros máis agudos ou máis
graves adoitando cualidades particulares según as exixencias do intérprete.

27

27
Imaxe extraída de: http://treeds.wordpress.com/
Dentro da familia dos oboes atopamos:

O oboe píccolo (en francés "óboe musette") está afinado en MIb ou FA, unha terceira
menor ou cuarta xusta superior. Emprégase en raras ocasións.

O oboe, afinado en DO, non é un instrumento transpositor. Coa súa afinación estable e
o seu son característico de lingüeta dupla, dá o LA ó inicio do concerto, para que os
outros instrumentos poidan afinar con el.

O oboe de amor está afinado en LA, unha terceira inferior. A súa dixitación é idéntica
á do oboe. Ten un timbre máis suave que o do oboe e o do corno inglés. Posúe unha
campá piriforme (en forma de pera) e unha peza de metal saínte no extremo para
suxeitar a lingüeta chamada "bocal", característica que manterán os seguintes membros
máis graves da familia.

O Corno Inglés está afinado en FA, unha quinta xusta por debaixo do oboe. En canto
á dixitación, ambos instrumentos teñen básicamente a mesma. Así, a notación para o
corno inglés está escrita unha quinta xusta máis alta que o son real.
Este Corno Inglés, nin é inglés, nin é un corno. Non está claro cómo se lle chegou a
otorgar este nome. Unha teoría é a de que o nome é unha corrupción de "cor anglé", que
significa "corno curvado" (se observamos o extremo superior do instrumento, verase o
tubo de metal curvado). O son deste instrumento non é tan penetratante como o do oboe,
pero é igual de áxil. O Corno Inglés é especialmente agradable cando toca unha melodía
suave e sostida.

O oboe baixo ou barítono está afinado en DO, unha oitava inferior. A súa notación é
a mesma que a do oboe en clave de sol, pero o seu son real é unha oitava por debaixo do
escrito. Emprégase en raras ocasións.

O Heckelfón, inventado en 1906 por Wilhelm Heckel de Biebrich-am-Rhein, está


afinado en DO, unha oitava inferior. Caracterízase pola súa grande esfera de resonancia
na campá ou pavillón, e que se mantén apoiado no chan cunha pica (como o violoncelo,
por exemplo). Utilizado por Richard Strauss en obras como “Salomé”, “Elektra” ou a
“Sinfonía Alpina”; e Paul Hindemith no seu “trío para viola, heckelfón e piano”.
Discútese se este oboe pertence á familia, dado que se adoita confundir co oboe baixo.
A diferencia da gaita, o oboe sufriu durante o romanticismo e a revolución industrial
un proceso de mecanización na sua contrucción.

Mediante os datos aquí aportados preténdese reflexionar sobre qué fases do proceso
axudarían a mellorar e optimizar as cualidades da palleta.

Do mésmo xeito, amosaráse qué fases do proceso de construcción están mecanizados


neste instrumento, así como a posible aplicación destas ferramentas á fabricación de
palletas para gaita galega.

A cana do Oboe

28

28
Imaxe capturada de: http://www.pinterest.com/pin/565694403164550973/ Entrada: 12/01/2014
29

29
Imaxe capturada de: http://www.public.asu.edu/~schuring/Oboe/diagram.html Entrada: 12/01/2014
Proceso de construcción das canas de oboe.

Para ter unha idea xeral sobre a inversión económica necesaria para acadar un proceso
de construcción en serie, que nos achegue ós medios empregados polos intérpretes de
oboe, elixiremos o material amosado na nosa entrevista.

Indicador de radio:

A primeira fase consiste en seleccionar a cana seca (adquirida a un distribuidor


especializado en cana de sacado de longa duración) mediante un indicador de radio.
Esta ferramenta nos proporciona a fiabilidade necesaria para elexir con precisión a cana
que polas súas características de diámetro traballaremos en función do instrumento que
vaiamos a empregar (oboe piccolo, oboe en DO, oboe de amor, corno inglés…) e do
tipo de embocadura que empreguemos (máis aberta ou máis pechada…
Canas alemanas: 9mm – 9,5mm Canas francesas/USA: 11mm)

Prezo aproximado: 9,90€

Seccionador de cañas. Modelo Rieger.


A segunda fase consistirá en seccionar o
cilindro de cana cunha ferramenta
adaptada ó diámetro requerido que
realizará un corte exacto e rápido.

Dos tres segmentos de cana obtidos co


seccionador, eleximos o trozo de cana que
esté máis recto. Para comprobar con
rigurosidade esta característica debemos
pousalo anaco de cana sobre unha
superficie recta.
Prezo aproximado: 120€
Gubiadora. Modelo Udo Heng.
A terceira fase consiste en
seccionar o segmento de cana
á medida correspondente ca
guillotina e o molde que trae
incorporada a máquina
gubiadora, adaptable a outros
instrumentos.

Medida de corte: 75 mm.


longo.

Prec azoproximado: 1400€

Pregubiadora circular. Modelo Udo Heng


A cuarta fase consiste en
realizar un desvaste cunha
pregubiadora circular.
Esta máquina realiza un
primer corte na pala
deixándoa entre 0.8 mm. e
1mm. facilitando o posterior
traballo da gubiadora.

Prezo aproximado: 740€

Na fase de pregubiado poderíamos detectar fácilmente si as palas tiveron un proceso


de secado óptimo observando o grosor das fibras e elasticidade da cana.

Gubiadora. Modelo Udo Heng.

A seguinte fase consistirá no


gubiado. Xa teríamos a cana
cas medidas precisas de
lonxitude e co primeiro
desvaste feito. Esta máquina
deixaría a cana entre 0.5mm
– 0.59mm aprox.
O micrómetro.
A seguinte fase consiste en comprobar o espesor da
cana empregando un micrómetro, para asegurarnos que
estamos nas medidas precisas. De non conseguir o
obxectivo deberíamos repasar a cana unas cantas veces
máis na gubiadora.

Revisar si a medida resultante comprende entre os


0.57 mm – 0.59mm aprox.

Este dispositivo mide como máximo 1 cm.


O crono superior indica as centésimas de milímetro.
O crono inferior (pequeno) indica os milímetros.

Prezo aproximado: entre 200€ e 300€

Deixar a cana en remollo 5 min.


Antes de darlle a forma á cana a
sumerxiremos en auga 5 min. para
manipulala con maior facilidade.

O “Shaper”. Modelo Hortnagl.


Humedecida a cana previamente,
insertamos as canas nos moldes que
elexiremos en función das medidas
adaptadas ó noso xeito de tocar.
As cuchillas do Shaper deslizaránse polos
laterais do molde e marcarán a cana no
centro para ser posteriormente dobrada,
acadando a forma definitiva, deixándoa
lista para ser atada.
Prezo aproximado: 710€
Esta é unha mostra de un molde correspondente ó
“shaper” do fabricante Hortnagl.

Un intérprete de oboe pode ter ó redor de 3 ou 4 moldes.


Na actualidade hay máis de 300 moldes, prácticamente un
por cada intérprete consagrado.

Prezo aprox.moldes: 65€

Os tudeis.

Existen numerosos fabricantes de tudeis e


diferentes diámetros e lonxitudes para que os
intéroretes de oboe podan elexir en función
das necesidades que precisen.
Ó igual que ocurre na gaita, o intérprete
pode variar as cualidades do son e da
potencia en función do diámetro escollido.

Os prezos varían entre os 3€ e os 10€


Habendo modelos premium en plata 25€
e en ouro 170€

O mandril
Os fabricantes de tudeis aconsellan empregar esta
ferramenta para soster o tudel durante o atado.
Según o noso entrevistado, asegura que é aconsellable
mercar o mandril adecuado pola marca.

Os prezos varían entre os 30€ e os 50€


O fío.
O fío empregado para atar debe ser un fío resistente,
preferiblemente de nylon.

O prezo aproximado varía entre os 7€ - 11€

O fío de latón.
O fío de latón emprégase para asegurar e xuntar a
cana ó rematar o proceso de enfiado.
O seu prezo aproximado é de 7€

EXTRAS

Indicador de dureza

O indicador de dureza (Hardnes tester)


Esta ferramenta, é capaz de calibrar, como o seu nome
indica, a dureza da cana.
Está acadando certa relevancia entre os intérpretes e
constructores de canas de oboe.
O seu uso permite facer unha selección moi rigurosa das
canas, cerciorándonos de traballar co material da mellor
calidade.
Prezo aprox. modelo analóxico: 420€
MAQUINARIA INDUSTRIAL

Gubiadora industrial. Modelo Frank Pere.

Prezo: 13.000€
http://www.reedsnstuff.com/en/Oboe/Reedmaking-Machines/Gouging/Gouging-machine-for-Oboe-Industry.html
Bibliografía: (provisional)

Palleta Maldita. Autor: Sito Carracedo - ISBN: 978-84-932199-1-8 – Editorial:


Asoc. Cultural Xermolos – 2001

O berce das palletas. Autor: Xoán Ramón Marín Martínez - ISBN: 978-84-613-
0666-4 - Editorial: Asociación de Gaiteiros Galegos – 2009.

Método para construcción de palletas e pallóns. Autores: Antón Corral, Ramón Casal &
Carlos Corral. Vigo, Febreiro de 1985.

Manual de manipulación de palletas. Autor: Manuel Liñares.


http://www.arrakis.es/~jpresedo/palleta/Manual%20Linares%20de%20manipulaci%F3
n%20da%20palleta.doc
Entrada: 29/11/2011

Manual rápido de afinación para gaita. Autor: Moncho García.


http://es.scribd.com/doc/14678314/Manual-de-Afinacion-de-Gaita
Entrada: 29/11/2011

Libreto de “Instrumentos musicais populares galegos”.Autores: Antón Corral,


Ramón R. Casal, Carlos Corral, Tiano Labraña, Lucio Varela, Anxo G. Pintos,
Carlos Núñez, Xosé C. Villar, Santiago Cribeiro. Catálogo: H-026/3; M.24318 -
Discográfica: Sonifolk - Ano: 1987
http://www.sonifolk.com/marcas/LIBRETO_INSTRUMENTOS.pdf
Entrada: 29/11/2011

Os instrumentos musicais na tradición galega. Autor: Pablo Carpintero Arias –


ISBN: 978-84-937421-5 Editorial: Difusora de Letras, Artes e Ideas, S.L. 7
Decembro 2009

Enlaces:

http://www.consellodacultura.org/asg/instrumentos/
Entrada: 19/12/2012

http://lagaita.en.eresmas.com/
Entrada: 19/12/2012

http://homepage.eircom.net/~dooleypipes/Reed-Method.htm
Entrada: 19/12/2012

You might also like