Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 9

Grao en Enxeñaría Aeroespacial

Álxebra Lineal
Curso 2023-24

NÚMEROS REAIS E COMPLEXOS

Linguaxe matemática
∀x para todo x
a∈
/A a non pertence a A
para cada x
∅ conxunto baleiro
∃x existe (polo menos) un x
A⊂B A contido en B
@x non existe un x
A subconxunto de B
∃• x existe un único x
A⊆B A contido en B ou igual a B
| tal que
A subconxunto de B ou igual a B
: verificando que
A(B A contido en B e distinto de B
, cumprindo que
A subconxunto de B e distinto de B
⇒ implica
N conxunto dos números naturais
se ..., entón ...
Z conxunto dos números enteiros
⇔ equivalente
Q conxunto dos números racionais
... se, e só se, ...
I conxunto dos números irracionais
Conxuntos A, B, C, ...
R conxunto dos números reais
Elementos a, b, c, ...
C conxunto dos números complexos
a∈A a pertence a A

1. Corpos. Números reais


Exemplo 1.1. Resolve as seguintes ecuacións en N, Z, Q e R.
1. x + 1 = 0
2. 2x − 1 = 0
3. 2x2 − 1 = 0
4. 2x2 + 1 = 0
Definición 1.2. Un corpo é un conxunto non baleiro K con dúas operacións internas suma
e produto +, · : K × K → K que verifican as seguintes propiedades:
1. (K, +) é un grupo abeliano ou conmutativo:
• Asociativa: (a + b) + c = a + (b + c), ∀ a, b, c ∈ K
• Neutro: ∃ 0 ∈ K : a + 0 = 0 + a = a, ∀ a ∈ K
• Oposto: ∀ a ∈ K, ∃ − a ∈ K : a + (−a) = −a + a = 0
• Conmutativa: a + b = b + a, ∀ a, b ∈ K
2. (K∗ , ·) é un grupo abeliano:
• Asociativa: (a · b) · c = a · (b · c), ∀ a, b, c ∈ K∗
• Identidade: ∃ 1 ∈ K∗ : a · 1 = 1 · a = a, ∀ a ∈ K∗
• Inverso: ∀ a ∈ K∗ , ∃ a−1 ∈ K∗ : a · a−1 = a−1 · a = 1
• Conmutativa: a · b = b · a, ∀ a, b ∈ K∗
3. Distributiva: a · (b + c) = a · b + a · c, ∀ a, b, c ∈ K
Exemplo 1.3.
a
• O corpo dos números racionais Q = { b | a, b ∈ Z, b 6= 0}.
• O corpo dos números reais R.

Exercicio 1.4. Demostra que N e Z non son corpos.


1
2 NÚMEROS REAIS E COMPLEXOS

Exercicio 1.5. Determina se o produto de dous números irracionales é irracional.


Definición 1.6. Un conxunto totalmente ordenado (A, ≺) é un conxunto cunha relación
≺ que verifica:
• x ≺ x, ∀ x ∈ A
• Dados x, y ∈ A, x ≺ y, y ≺ x ⇒ x = y
• Dados x, y, z ∈ A, x ≺ y, y ≺ z ⇒ x ≺ z
• Dados x, y ∈ A verifícase que x ≺ y ou y ≺ x
A relación ≺ chámase relación de orde total.
Exemplo 1.7.
• (Q, ≤) é un conxunto totalmente ordenado.
• (R, ≤) é un conxunto totalmente ordenado.

Exercicio 1.8. Demostra que (R, <) non é un conxunto totalmente ordenado.
Definición 1.9. Un corpo (totalmente) ordenado (K, +, ·, ≺) é un corpo (K, +, ·) cunha
relación de orde total ≺ compatible coas operacións + e ·:
• x≺y ⇒x+z ≺y+z
• x ≺ y, 0 ≺ z ⇒ xz ≺ yz, ∀ x, y, z ∈ K

Exemplo 1.10.
• (Q, ≤) é un corpo ordenado.
• (R, ≤) é un corpo ordenado.

Definición 1.11 (Definición axiomática do conxunto dos números reais). Defínese o con-
xunto dos números reais como un corpo totalmente ordenado onde se verifica o Axioma do
supremo:
Todo subconxunto A ⊆ R non baleiro e acoutado superiormente ten supremo1 en R.
Denotaremos o corpo dos números reais por (R, +, ·, ≤) ou simplemente R.
Exemplo 1.12. En (Q, +, ·, ≤) non se verifica o Axioma do supremo:

sup({q ∈ Q+ , q 2 < 2}) = 2
Teorema 1.13. Todo número real x ∈ R admite unha expresión decimal
x = E.d1 d2 d3 . . . , E ∈ Z, di ∈ {0, 1, 2, . . . , 9}, i ≥ 1
Dise que E é a parte enteira de x e d1 d2 d3 . . . a parte decimal de x.
1 1 1
• Se a parte decimal é finita ou periódica, x ∈ Q (ej: 2 = 0.5, 3 = 0.333, . . . , 6 =
1.166 . . .). √
• Se a parte decimal é infinita non periódica, x ∈ I (ej: π, e, 2, . . .).

2. Números complexos
Definición 2.1. Definimos o corpo dos números complexos (C, +, ·) como o conxunto
{(a, b) | a, b ∈ R} dotado das operacións internas +, · : C × C → C definidas da forma
seguinte:
(a, b) + (a0 , b0 ) := (a + a0 , b + b0 )
(a, b) · (a0 , b0 ) := (a · a0 − b · b0 , a · b0 + b · a0 )
Dado z = (a, b) ∈ C dise a é a parte real de z e b a parte imaxinaria de z e escríbese:
a =: Re(z), b =: Im(z)
1Una cota superior de A é c ∈ R | a ≤ c, ∀ a ∈ A. O supremo de A, sup(A), é unha cota superior de A
tal que para toda c cota superior de A, sup(A) ≤ c.
NÚMEROS REAIS E COMPLEXOS 3

• Se Im(z) = 0, diremos que z é real. Observamos que z = (a, 0) identifícase co número


real a sendo esta identificación compatible coas operacións en C e R:
(a, 0) + (a0 , 0) = (a + a0 , 0) = a + a0
(a, 0) · (a0 , 0) = (a · a0 , 0) = a · a0
• Se Im(z) 6= 0 dise que é imaxinario e se Re(z) = 0 dise que é imaxinario puro.
• O número (0, 1) ∈ C chámase unidade imaxinaria e se denota por i. Verifícase que:
(0, b) = (b, 0) · (0, 1) = b · i
• Potencias da unidade imaxinaria
i, i2 = i · i = (0, 1) · (0, 1) = (−1, 0) = −1, i3 = i2 · i = −i, i4 = i3 · i = 1,
i5 = i, i6 = −1, i7 = −i, i8 = 1, . . .
√ √
• Dado a ∈ R+ , −a = ±i a ∈ C
Exemplo 2.2. Resolve a ecuación 2z 2 + 1 = 0.
Exercicio 2.3. Demostra que:
1. Re(iz) = −Im(z)
2. Im(iz) = Re(z)
Exemplo 2.4. Demostra que (1 + z)2 = 1 + 2z + z 2
Exercicio 2.5. Demostra que (z + z 0 )2 = z 2 + 2zz 0 + z 02
Exemplo 2.6. Demostra que C é un corpo.
Exemplo 2.7. Demostra que C non é un corpo ordenado.
2.8 (Forma binómica dos números complexos). Dado z = (a, b) ∈ C pódese expresar
da seguinte forma:
z = (a, b) = (a, 0) + (0, b) = a + bi
Utilizando a forma binómica as operacións + e · exprésanse:
(a + bi) + (a0 + b0 i) = (a + a0 ) + (b + b0 )i
(a + bi) · (a0 + b0 i) = (a · a0 − b · b0 ) + (b · a0 + a · b0 )i

(a−bi)
Propiedade 2.9. (a + bi)−1 = a2 +b2

Exemplo 2.10. Calcula:


−2 + 3i 1+i
1. 2.
1−i 1 + 2i
Exercicio 2.11. En C resolve as ecuacións
1. z 2 + z + 1 = 0
2. z 2 − 2z + 2 = 0
2.12 (Representación xeométrica dos números complexos). Un número z = (a, b) = a+bi ∈
C determina un punto do plano R2 e reciprocamente:
4 NÚMEROS REAIS E COMPLEXOS

R Im

b z


|z| = a2 + b2

ϕ = Arg(z)
Re
a R


Definición 2.13. Dado z = a + bi ∈ C, o módulo de z é |z| := a2 + b2 ∈ R.
Exemplo 2.14. Calcula o módulo de:
1. −2 + i 3. 23 − 12 i 5. −2

2. 1 − 3i 4. −8 − 15i 1+ 3i

Propiedades 2.15.
∀ z, z 0 ∈ C cúmprese:
1. |z| = 0 ⇔ z = 0
2. |zz 0 | = |z||z 0 |
3. |z + z 0 | ≤ |z| + |z 0 | (desigualdade triangular )
4. |z − z 0 | ≥ |z| − |z 0 |
Exemplo 2.16. Representa xeometricamente os números z ∈ C que satisfán a identidade
|z − 1 + 3i| = 4
Exercicio 2.17. Acha e representa xeometricamente os números complexos z tales que:
1. |z| = 5 4. |z − i| + |z + i| = 3
2. |z − i| = 3 5. 1 < |z| < 3
3. 3 < |z − 1| 6. 2 ≤ |z + 1 − 2i| < 4
Definición 2.18. Dado z = a + bi ∈ C o complexo conxugado de z é z := a − bi ∈ C.
Propiedade 2.19. Verifícase que:
1. z = z
2. |z| = |z|
3. z + z 0 = z + z 0
4. z · z 0 = z · z 0
5. zz = |z|2
6. Re(z) = z+z z−z
2 , iIm(z) = 2
7. z ∈ R ⇔ z = z
Exercicio 2.20. Demostra as propiedades anteriores.
NÚMEROS REAIS E COMPLEXOS 5

Exemplo 2.21. Calcula:


1
1. 2−5i + 3−2i
1+i
1
2. 2−5i · 3−2i
1+i
1+7i
3. (2+i)(−1+i)(3−2i)
z−i
Exercicio 2.22. Calcula os números z ∈ C tales que z+i é:
1. Un número real
2. Un número imaxinario puro
3. Ten módulo 3.
2.23 (Forma polar). Dado z = a + bi ∈ C, z 6= 0 e ϕ o ángulo que forma o vector de
posición de z co semieixe real positivo, verifícase que a = |z| · cos(ϕ), b = |z| · sen(ϕ) (ver
2.12) e obtemos a forma polar de z:
z = |z| · (cos(ϕ) + i sen(ϕ))
O ángulo ϕ ten infinitos valores posibles que difiren entre si nun múltiplo de 2π. Cada un
destes valores de ϕ é un argumento de z. Unha vez especificado o cuadrante que contén ao
punto z, o argumento obtense a partir da ecuación ϕ = arctan( ab ).
O argumento principal de z, Arg(z), é o único argumento ϕ ∈ (−π, π]. Calquera argu-
mento de z é da forma Arg(z) + 2kπ, k ∈ Z.
Exemplo 2.24. Expresa en forma polar os seguintes números
√ complexos:
1. 1 2. −i 3. −2 3 − 12 i 4. 1 + i
Exercicio 2.25. Expresa en forma √
polar os seguintes números complexos:
1. i 2. 1 − 3i 3. −2 + i 4. −1 − i
Exemplo 2.26. Calcula os números z ∈ C tales que o argumento principal de z − i é π
2z+i π
Exercicio 2.27. Calcula os números z ∈ C tales que o argumento principal de 4z 2 +1
é 2

2.28 (Forma exponencial). Definimos eiϕ := cos(ϕ) + i sen(ϕ) (Fórmula de Euler ).


Utilizando a Fórmula de Euler expresamos z = r(cos(ϕ) + i sen(ϕ)) ∈ C, r = |z|, en forma
exponencial :
z = r · eiϕ

reiϕ
r
ϕ

Exemplo 2.29. Expresa en forma exponencial os números complexos do Exercicio 2.24.


Exercicio 2.30. Expresa en forma binómica os números complexos z = reiϕ :
1. r = 6, ϕ = 30◦ 2
3. r = 21 , ϕ = −5π

2. r = 7, ϕ = 2 4. r = e, ϕ = 780◦
6 NÚMEROS REAIS E COMPLEXOS

2.31. Usando a forma exponencial a multiplicación exprésase da forma seguinte:


0 0
z · z 0 = |z| · eiϕ · |z 0 | · eiϕ = |z||z 0 | · ei(ϕ+ϕ )

Proposición 2.32. Para todo z = reiϕ ∈ C y n ∈ Z tense que:

z n = rn · (cos(nϕ) + i sen(nϕ))

En particular, z −1 = r−1 (cos(−ϕ) + i sen(−ϕ)) = r−1 (cos(ϕ) − i sen(ϕ))


√ √
Exemplo 2.33. Calcula ( 3 − i)−1 , ( 3 − i)6

Exercicio 2.34. Calcula ( −2 3 − 12 i)−10

Exercicio 2.35.
1. Demostra a Fórmula de Moivre:

(cos(ϕ) + i sen(ϕ))n = cos(nϕ) + i sen(nϕ), n ∈ Z

2. Expresa sen(4ϕ), cos(4ϕ) e tg(4ϕ) en función de sen(ϕ), cos(ϕ), tg(ϕ),

Exercicio 2.36. Utilizando a forma exponencial calcula: √


√ π
+π2 3i
1+i 1− 3i 3. 2
1. 1−i − √ √
√ √ 1+i ( 72 − 72 i)4
( 2− 2i)3
2. √ 4. √−2
1− 3i − 3
− 12 i
2

Teorema 2.37 (Raíces dun número complexo). Dado n ∈ N∗ , todo número complexo
z = r · eiϕ admite n raíces n-ésimas distintas:
√ ϕ √ ϕ+2π √ ϕ+2(n−1)π
c0 := n r · ei· n , c1 := n r · ei· n , . . . , cn−1 := n r · ei· n

ck
ck−1

n √
n
r

Exemplo 2.38. Calcula as raíces cuartas de 1 en R e en C e represéntaas xeometricamente.

Exemplo√2.39. Calcula: √
1. 3 1 + i 2. 3
1−i
Exercicio 2.40. Calcula:

3
q
4

3 1
q
π 6

π 3
1. √ i 3. −
− 2 2i 5. + 2 i
√ p2 √ √
2. 9 −i
p
5 5
4. 1 − 3i 6. 2− 2i
NÚMEROS REAIS E COMPLEXOS 7

3. Polinomios
Sexa K un corpo.
Definición 3.1. Un polinomio de grado n na variable x con coeficientes en K é unha
expresión da forma
n
X
p(x) = a0 + a1 x + a2 x2 + · · · + an xn = ai xi , ai ∈ K, an 6= 0
i=0
O grado de p é nP
e denótase gr(p) = n.
Un polinomio ni=0 ai xi é mónico se an = 1. Os polinomios mónicos de grado 1 son da
forma x − α.
Exemplo 3.2. Acha a, b, c ∈ R tales que 2x + 5x2 + 2c x3 = (a + 3)x + 3bx2 + (a − b)x3
3.3. O conxunto de polinomios na variable x con coeficiente en K se denota K[x]. En K[x]
defínese a suma e a multiplicación de polinomios:
n m máx(n,m)
X X X
i i
p(x) + q(x) = ai x + bi x = (ai + bi )xi
i=0 i=0 i=0
Xn m
X n+m
X i
X
i i i
p(x) · q(x) = ai x · bi x = ci x , ci = ak bi−k
i=0 i=0 i=0 k=0

Exemplo 3.4. Dados os polinomios p(x) = x3 − 3x2 + 7x + 1 e q(x) = x3 − 1 calcula


p(x) + q(x) e p(x) · q(x)
3.5 (División euclídea de polinomios). Dados p(x), q(x) ∈ K[x], q(x) 6= 0, existen c(x), r(x) ∈
K[x] tales que:

p(x) = q(x)c(x) + r(x), gr(r(x)) < gr(q(x))


Se r(x) = 0, dise que q(x) divide a p(x).
Exemplo 3.6. Divide z 3 + z − 1 entre z − 1
Exemplo 3.7. Divide z 4 + 2z 3 + 7z 2 − 18z + 26 entre z 2 − 2z + 2
Definición 3.8. Dado p(x) ∈ K[x] dise α ∈ K é unha raíz de p(x) se p(α) = 0.
Exemplo 3.9. Comproba que 1 + i é unha raíz de z 4 + 2z 3 + 7z 2 − 18z + 26.
Exercicio 3.10. Resolve a ecuación z 6 − 2z 3 + 2 = 0.
Exercicio 3.11. Resolve a ecuación z 4 + (5 + 4i)z 2 + 10i = 0.
Proposición 3.12. α é unha raíz de p(x) ∈ K[x] ⇔ x − α divide a p(x).
Definición 3.13. Unha raíz α ∈ K de p(x) ∈ K[x] ten multiplicidade m se p(x) = (x −
α)m q(x), con q(α) 6= 0.
Corolario 3.14. Un polinomio p(x) ∈ K[x] de grado n ten como máximo n raíces.
Exemplo 3.15. Acha as raíces de x3 − 1 en R e en C.
Exercicio 3.16. Acha as raíces de x4 + 5x2 + 4 en R e en C.
Proposición 3.17. Sexa p(x) = ni=0 ai xi ∈ Z[x].
P

• Se α ∈ Z é unha raíz de p(x), entón α|a0 .


8 NÚMEROS REAIS E COMPLEXOS

p
• Se α = q ∈ Q con mcd(p, q) = 1 é unha raíz de p(x), entón p|a0 e q|an .

Exemplo 3.18. Acha as raíces do seguinte polinomio en R e en C: x4 − x3 − 6x2 + 14x − 12


Exercicio 3.19. Acha as raíces do seguinte polinomio en R e en C: 9x4 + 2x2 − 7x + 2
Teorema 3.20. Todo polinomio p(x) ∈ R[x] admite unha descomposición única en R[x]
da forma
Yr
p(x) = a (qi (x))mi , a ∈ R
i=1
onde qi (x) ∈ R[x] son polinomios mónicos de grado 1 ou de grado 2 sen raíces reais.
Exemplo 3.21. Acha a descomposición en R[x] en produto de polinomios mónicos de
grado 1 ou 2 de:
1. 3x3 − 4x2 − 17x + 6
2. x3 − 1
Exercicio 3.22. Acha a descomposición en R[x] en produto de polinomios mónicos de
grado 1 ou 2 de:
1. x4 − x3 − 6x2 + 14x − 12
2. 9x4 + 2x2 − 7x + 2
Teorema 3.23 (Teorema Fundamental do álxebra). Sexa p(x) ∈ C[x], gr(p) = n. Entón
p(x) ten exactamente n raíces en C.
Equivalentemente, admite unha descomposición única en C[x] da forma
r
Y
p(x) = a (qi (x))mi , a ∈ C
i=1
onde qi (x) ∈ C[x] son polinomios mónicos de grado 1.
3.24. En particular, se p(x) ∈ R[x], admite unha descomposición única en C[x] da forma
Yr
p(x) = a (qi (x))mi , a ∈ R
i=1
onde qi (x) ∈ C[x] son polinomios mónicos de grado 1.
Exemplo 3.25. Acha a descomposición en C[x] en produto de polinomios mónicos de
grado 1: x3 − 1
Exercicio 3.26. Acha a descomposición en C[x] en produto de polinomios mónicos de
grado 1:
1. x4 − x3 − 6x2 + 14x − 12
2. 9x4 + 2x2 − 7x + 2
Proposición 3.27. Sexa p(x) ∈ R[x]. Se α ∈ C é unha raíz de p(x), entón α tamén é
unha raíz de p(x).
Exemplo 3.28. Acha as raíces en C do polinomio z 4 + 2z 3 + 7z 2 − 18z + 26.
Exercicio 3.29. Acha as raíces en C do polinomio z 4 + 4 z 3 − 17 z 2 + 26 z − 14
Corolario 3.30. Se p(x) ∈ R[x] ten grado impar n > 0, entón ten polo menos unha raíz
real.
Exemplo 3.31. Acha as raíces en C do polinomio 3z 3 − z 2 + 51z − 17.
NÚMEROS REAIS E COMPLEXOS 9

Exercicio 3.32. Acha as raíces en C do polinomio z 3 + (i − 4)z 2 + (6 − 4i)z − 24, sabendo


que 4 é unha delas.
Exercicio 3.33. Das raíces do polinomio p(z) = z 4 + az 3 + bz 2 + cz + 2 ∈ R[z] sábese que:
α1 = 1, α2 = i. Acha todas as raíces p(z) e determina os seus coeficientes.

You might also like