Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 6

Monitorización cine

❖ Nunha rodaxe é posible que o combo requira sinal de


escoita para o/a director/a, script… Pode que tamén se
decidise mandar un audio de referencia á camara
❖ Isto implica o deseño dunha mestura multicanle en
directo das pistas que se están a captar. De forma xeral
seleccionaremos algunhas fontes principais (unha
pértega e micros persoais e uns ambientes, ou todas á
vez) e asignarémoslle unha saída do gravador. Este sinal
pódese mandar a un splitter para distribuílo onde sexa
necesario
❖ Cada vez hai máis equipos gravadores aos que se lles
pode incorporar un panel de faders para facer
premesturas para distribuír en rodaxe. Tamén para facer
lixeiras limpezas de audio dalgunhas fontes (atenuar
lixeiramente unha fonte cando non recibe audio, p.e., en
diálogos etc.)

F-Control de Zoom para gravadora de campo multipistas F8 ou F4


❖ Acostúmase facer un envío con cable e empregar un
distribuidor de auriculares na posición de dirección/script

Distribuidor de auriculares Sound Devices HX3

❖ Ultimamente tamén se emprega tecnoloxía


sen fíos, con sistemas IEM como os usados
para os concertos ou dispositivos deseñados
para esa función (IFB)
Zaxcom ERX2
❖ Se só queremos monitoraxe o habitual é enviar unha
mestura mono.
❖ Se se vai dar servizo de audio a cámara e/ou combo o
habitual é unha mestura estéreo (doble mono é a
denominación correcta) coa/s pértega/s (“perchas”) en
L e os lavaliers (“radios ou inas”) en R, en post fader.
Ese audio vaise gravar como referencia para montaxe,
en teoría non se usa para o producto final.
❖ Se se usa unha canle para a comunicación entre o xefe
de son e o microfonista faise de xeito independente
para non molestar coas ordes aos que escoitan a outra
canle (a mestura) e tamén para darlle ao/a microfonista
o que precise (normalmente o seu micrófono en pre
fader). O microfonista comunícase co xefe de son co
micrófono que leva na pértega.

You might also like