Download as pdf or txt
Download as pdf or txt
You are on page 1of 8

TEMA 1. O UNIVERSO E O SISTEMA SOLAR.

1. Primeiras ideas sobre o universo.

A visión das estrelas no ceo nocturno, a Lúa, o Sol e demáis astros chamaron a atención ao ser humano dende a súa
orixe. Os exipcios, gregos e romanos adoraban á Lúa e ao Sol como deuses propios, e todas as constelacións que
están no ceo dibuxan seres mitolóxicos gregos, como Andrómeda, Pegaso ou Perseo. De feito, os gregos foron os
que catalogaron todas as constelacións coñecidas e apreciables dende o noso planeta. Ptolomeo situou a Terra no
centro do universo e esta idea perdurou ata o Renacemento, cando Copérnico, Kepler e Galileo chegaron á
conclusión de que a Terra non podía estar no centro. Por tanto, os primeiros esbozos non mitolóxicos do universo
foron:

 O modelo xeocéntrico. Propón que a Terra está no centro do universo e que o resto dos corpos celestes xiran
ao seu redor. Foi idea de Ptolomeo, un astrónomo grego e dita idea perdurou moitos séculos.

 O modelo heliocéntrico. Propón que o Sol está no centro do universo e os planetas e o resto dos corpos
celestes xiran ao seu redor. Foi enunciado por Copérnico, no século XVI. Galileo Galilei corroborou este
modelo ao descubrir os catro satélites maiores de Xúpiter e ver por si mesmo que xiraban arredor do seu
planeta, e non arredor da Terra, contradecindo o modelo xeocéntrico.

2. Os coñecementos do universo na actualidade.

Hoxe en día, sabemos que o universo observable é unha xigantesca esfera cun diámetro de 93000 anos luz, e está
composto por uns 10 millóns de supercúmulos de galaxias, cada un deles formado por centos ou miles de galaxias.
Nestas dúas liñas, chaman a atención varias cousas:

 Universo observable. En realidade, non coñecemos todo o universo: soamente podemos ver a parte del cuxa
luz pode chegar á Terra. Ese é o universo observable, que como dixemos antes, ten un diámetro de 93000
anos luz. Máis lonxe dese diámetro, non temos nin idea do que hai. Por tanto, o que coñecemos do universo
é unha parte minúscula (aproximadamente o 5% do total).

 Ano luz. É a medida de distancia utilizada no universo. Corresponde á distancia que percorre a luz nun ano.
Tendo en conta que a luz percorre 300000 km nun segundo, facendo cálculos:

É dicir, que un ano luz son 92460.8001000.000 km.

 Supercúmulos de galaxias. Son grupos enormes de miles de galaxias.


 Galaxias. Son enormes estruturas compostas de nubes de gas (nebulosas), po cósmico e estrelas, cos seus
correspondentes planetas, satélites e demáis astros. Teñen formas moi variadas: espirais, elípticas,
irregulares, lenticulares… A nosa galaxia é a Vía Láctea e é espiral. No extremo dun dos seus brazos está o
Sistema Solar.

Galaxia lenticular Galaxia espiral Galaxia elíptica.

Por tanto, se un extraterrestre quixera visitarnos, tería que avanzar polo universo observable ata atopar o
supercúmulo de Virgo. Nel, volaría ao grupo Local de galaxias, onde atoparía a nosa galaxia, a Vía Láctea. Tería que
encamiñarse ata o seu brazo de Orión, onde está, no seu extremo, o Sistema Solar. E unha vez nel, soamente tería
que dirixirse ao terceiro planeta.

E, polo camiño, atoparía maravillas como as nebulosas, as fábricas das estrelas e dos planetas. Son inmensas nubes
de gases e partículas diminutas. O compoñente maioritario das mesmas é o hidróxeno, pero tamén hai outros
elementos, como helio.
3. A composición do universo e os espectros.

Como xa dixemos, sábese que o compoñente fundamental


das nebulosas e tamén das estrelas é o hidróxeno. O
seguinte máis abundante é o helio, mentres que o resto de
elementos, en comparación, son moi escasos. Pode verse
no gráfico situado na marxe:

Pero, como podemos saber a composición do universo ou


das estrelas, se non somos capaces de tomar unha mostra
para analizala? Pois grazas ao estudo dos espectros de
absorción e de emisión.

Cando facemos pasar a luz a través dun prisma, dispérsase e sepáranse as distintas lonxitudes de onda que compoñen
dita luz. A luz branca produce, ao descompoñerla, un espectro continuo de luces de cores. Cada luz ten unha cor
distinta porque é unha onda con diferente lonxitude de onda. A luz vermella ten unha ʎ (lonxitude de onda) maior
que a luz azul.

Espectro da luz branca

Sen embargo, os elementos químicos en estado gasoso e sometidos a temperaturas elevadas producen espectros
discontinuos nos que se ve un conxunto de liñas que corresponden a emisións de só algunhas lonxitudes de onda. O
seguinte gráfico mostra o espectro de emisión do sodio:

O conxunto de liñas espectrais que se obtén para un elemento concreto é sempre o mesmo. Cada elemento produce o
seu propio espectro e é diferente ao de calquera outro elemento. É como o seu D.N.I.

Se facemos pasar a luz branca por unha substancia antes de que atravese o prisma, só pasarán aquelas lonxitudes de
onda que non foron absorbidas por dita substancia. Obteremos, neste caso, o espectro de absorción desa substancia.
A imaxe seguinte mostra o espectro de absorción do sodio:

Observa que o sodio absorbe as mesmas lonxitudes de onda que é capaz de emitir.

Por tanto, se obtemos o espectro de absorción, por exemplo, do


Sol, podemos comparalo co dos distintos elementos químicos e, as
liñas que coincidan, indicarán que posúe ese elemento.
3. A orixe do universo.

A teoría que máis se acepta para explicar como se formou o universo é a teoría do Big Bang. Segundo ella, o
universo formouse fai uns 13800 millóns de anos como resultado dunha grande explosión. Como se chegou a esta
conclusión?

3.1. A primeira pista: o efecto Doppler.

A principios do século XX, os astrónomos viron algo raro na luz que nos chegaba doutras galaxias. O espectro de
emisión dunha galaxia non estaba colocado normalmente, senón que aparecía desprazado cara a luz vermella. Que
quere dicir isto?

A resposta a ten o efecto Doppler. Di que cando un obxecto que emite ondas (sonoras, luz…) estase aproximando a
un espectado, a onda que está emitindo se comprime e reduce a súa ʎ. Se a onda que está emitindo é o sonido, este
vólvese máis agudo. Pola contra, se se afasta, a onda se estira e, seguindo co exemplo do sonido, se volvería máis
grave.

Os astrónomos o que vían era que os espectros das galaxias aparecían, salvo raras excepcións, desprazados cara a luz
vermella, que é a que ten maior ʎ. Por tanto, a luz destas galaxias parecía estar estirándose. En conclusión, as
galaxias se están afastando. E ademais, o astrónomo Hubble comprobou que, canto máis lonxana é unha galaxia,
máis rápido se afasta. Se puidesemos retroceder no tempo, as galaxias estarían máis próximas, e podería chegar un
punto no que toda a materia e enerxía do universo estivesen concentradas nun so punto.
3.2. A segunda pista: a radiación de fondo.

En 1964, un par de científicos descubriron que, dende calquera punto do universo, chegaba unha radiación moi débil.
Bautizárona como radiación de fondo de microondas. Durante anos non se tiña nin idea de onde viña nin cal era a
súa orixe. De feito, moito tempo se pensou que eran interferencias dos aparatos (radios, telescopios...), pero
finalmente, chegouse á conclusión de que esa radiación era a pegada do Big Bang, o eco dunha exposión tan enorme
que aínda perdura.

3.3. A teoría do Big Bang.

Con estes datos, actualmente se pensa que o Big Bang sucedeu nas seguintes etapas:

a. Etapa da inflación. É o Big Bang propiamente dito. O universo supercomprimido expándese de golpe crecendo a
unha enorme velocidade.

b. Etapa da formación de partículas subatómicas . Neste punto, o universo estaba formado por partículas
elementais, como electróns, quarks e moitísima enerxía, os fotóns. Aos tres minutos do Big Bang, ao “enfriarse” un
pouco, puideron formarse os neutróns e protóns.

c. Etapa da formación dos átomos. Uns 300000 anos despois do inicio, a temperatura baixou o suficiente para que
os protóns, neutróns e electróns se agruparan e formaran os primeiros átomos, principalmente hidróxeno e helio.
Antes da formación dos átomos, os fotóns chocaban continuamente cos protóns e electróns, pero ao quedar unidos
formando átomos, a luz puido viaxar libremente, polo que o universo se volve transparente.

d. Formación de estrelas e galaxias. 400 millóns de anos despois do Big Bang, as zonas máis densas do universo
orixinaron nebulosas, a partir das cales xurdiron galaxias coas súas estrelas e planetas.

e. Expansión acelerada. Como xa dixemos anteriormente, as galaxias que se están afastando dende que apareceron,
empezan a facelo a máis velocidade e, de feito, as galaxias máis lonxanas se afastan máis rápidademnte que as
galaxias próximas. Pénsase que hai unha enerxía escura, que actúa contra a gravidade, pero non se saben aínda as
causas desa aceleración da expansión do universo.

E, que pasará despois? Non se poderá responder mentres non se coñeza toda a materia que hai no universo. Por tanto
hai múltiples opinións. Uns científicos pensasn que a enerxía escura seguirá separando galaxias, e tamén a expansión
podería desmebrar galaxias, estrelas e átomos (dita teoría chámase Big Rip), mentres outros pensan que a expansión
non pode ser eterna e que, nalgún momento, parará e a gravidade volverá a xuntar todo, propiciando un novo Big
Bang.
4. O sistema solar.

Os sistemas son conxuntos de astros formados por una (ou


máis estrelas) e os planetas que xiran ao seu redor. O sistema
ao cal pertence o noso planeta é o sistema solar. Está formado
por:

a. O Sol. É unha estrela amarela de tamaño mediano, tirando


a pequeño. Como o resto das estrelas, o seu componente
maioritario é o hidróxeno. Como o resto das estrelas, no seu
interior ocorren reaccións termonucleares de fusión. Nelas,
dous núcleos atómicos de hidróxeno únense para formar
helio, liberando esa enorme cantidade de enerxía que vemos:
radiacións de todo tipo, entre elas luz visible e calor.

b. Planetas. Son astros sen luz propia que xiran arredor do Sol nun movemento chamado traslación, seguindo unha
traxectoria chamada órbita. A órbita dos planetas sitúase sobre un plano imaxinario, chamado eclíptica. Ademais
deste movemento, todos xiran sobre si mesmos (rotación). No sistema solar hai dúas clases de planetas:

 Interiores ou rochosos. Son os máis próximos ao Sol. Están formados por minerais e rochas e teñen tres capas:
codia, manto e núcleo. Soamente o núcleo non é de rocha, senón de metal. Os planetas interiores son:

 Mercurio. É o planeta máis pequeño do sistema solar. Non ten satélites nin atmosfera, pois a perdeu debido a súa
pequena gravidade. Debido a iso, ten temperaturas moi extremas, chegando aos 430ºC polo día e aos -180ºC pola
noite.

 Venus. É similar en tamaño á Terra. Non ten satélites. A súa atmósfera está formada case toda por CO2, un gas
que retén o calor dos raios solares, causando un efecto invernadoiro enorme. Por iso está a case 500ºC.

 Terra. O seu satélite é a Lúa. Ten atmosfera de nitróxeno, osíxeno. Tamén ten auga líquida e unhas condicións
nas que pode existir vida.

 Marte. Ten dous satélites. Ao ter a metade de diámetro que a Terra, perdeu gran parte da súa atmósfera, que é moi
delgada e formada por CO2. A súa temperatura media é de -50ºC.

 Exteriores ou gasosos. Son os máis alonxados do Sol. Son planetas enormes, pouco densos, pois están formados
maioritariamente por sustancias volátiles (gases) que, cara o interior, tórnanse líquidos e mesmo sólidos debido á
enorme presión. Os planetas exteriores son:

 Xúpiter. É o planeta máis grande do sistema solar. O seu tamaño é 300 veces maior que o da Terra. Ten máis de
60 satélites. Os catro más grandes foron descubertos por Galileo.

 Saturno. É o segundo planeta máis grande. Ten máis de 30 satélites e uns aneis moi chamativos, formados por pó
e rochas. Créese que son os restos dun antigo satélite.

 Urano. Ten 23 satélites e tamén ten aneis, pero moito menos chamativos que os de Saturno. Rota sobre si mesmo
“acostado”, pois o seu eixe de rotación está inclinado 98º respecto á vertical da súa eclíptica. Xunto con Venus, é
o único planeta que rota en sentido contrario ao resto.

 Neptuno. Moi similar a Urano en tamaño e composición.


c. Planetas ananos. Son astros que xiran arredor do Sol, non son satélites e teñen un tamaño o suficientemente
grande como para ter unha gravidade que lles permitiu acadar unha forma esférica. Sen embargo, a diferenza dos
planetas verdadeiros, os planetas ananos non limparon a súa órbita doutros obxectos, senón que na súa vecindade
móvense outros corpos seguindo a mesma órbita. Exemplo de planetas ananos son Plutón, Ceres e Makemake.

d. Asteroides. Son corpos rochosos de múltiples tamaños. Atópanse xirando arredor do Sol en dous zonas:

- Cinto de asteroides. Está entre as órbitas de Marte e Xúpiter. Pénsase que son os restos dun planeta que non chegou
a formarse debido á forte influencia gravitatoria de Xúpiter.

- Cinto de Kuiper. Está máis aló da órbita de Plutón.

e. Cometas. Son corpos formados por framentos rochosos e xeo. Atópanse na nube de Oort, situada a case un ano
luz do Sol, no límite exterior do sistema solar. Algúns deses fragmentos saen da nube e caen cara o sistema solar,
percorrendo órbitas moi excéntricas. Cando un cometa se aproxima ao Sol, o calor sublima o xeo e se forma a cola,
formada por vapor de auga.

5. Formación do sistema solar.

O noso planeta formouse ao mesmo tempo que o resto do sistema solar fai un 5000 m.a. A hipótese que mellor
explica esta formación é a hipótese nebular ou da nebulosa primitiva. Propón que:

1. O sistema Solar formouse a partir dunha enorme nube de gas e polvo (nebulosa) que empezou a xirar e a
comprimirse debido á explosión dunha supernova próxima.
2. A medida que se vai comprimindo, o material vaise concentrando no centro da nebulosa. Como a maior parte
da mesma está formada por gases (hidróxeno, sobre todo), estes gases sufriron unha compresión enorme
debido á gravidade. Chegou un punto que a presión gravitatoria foi tan grande que os hidróxeno empezou a
fusionarse e fabricar helio. Así naceu o Sol.

3. Ao aparecer o Sol, a calor que desprendeu barreu os gases da nebulosa á zona máis exterior, mentres que as
partículas sólidas quedaron máis próximas a el. A partir desa materia, que seguía xirando e chocando entre
ela, formáronse os planetas por acreción (choque de partículas).

4. A zona externa da nebulosa, ao ser rica en gases, formou planetas enormes e gasosos (Xúpiter, Saturno,
Urano e Neptuno), mentres que a zona interna, rica en sólidos (rochas e metais) formou os planetas rochosos
interiores e pequenos: Mercurio, Venus, Terra e Marte.

You might also like