Download as docx, pdf, or txt
Download as docx, pdf, or txt
You are on page 1of 18

TEORÍAS DA COMUNICACIÓN

LIBROS

Elena Domínguez, A Construcción mediática do conflito.

Villanueva, Morderse la lengua.

LassWell, H.D. Estructura e función da comunicación en sociedade.

Gustavo Gili, Socioloxía da comunicación de masas

Tres funcións da comunicación:

-Prospectivo ou de vixilancia: mirar que cousas acontecen. Se traballamos nun xornal, temos
que informar das cousas que hai que ter en conta.

-Correlación: nunha cidade ou país pasan varias cousas á vez. Se escribimos para un xornal de
Compostela, non podemos limitarnos a cousas cinematográficas, senón que tamén literarias.
Un xornal ten necesidade de falar de cousas económicas, culturais…

-Transmisión patrimonial: os medios, co seu quefacer diario, transmiten actitudes.

Laswell dixo que podemos estudar os medios de comunicación con 5 preguntas:

QUE QUEN A QUEN CONTROL EFECTOS


Que falan os Quen ten voz. Quen é o Quenn controla a Con que
medios. destinatario. xestión desa efectos.
Centrar a información.
atención na Canle: medio
audiencia
(xuvenil,
xeral…).
Centrandose en cada unha das preguntas temos estudos de diferente tipo.

Freedman en Aproximación do poder mediático, diferencia distintas formas de control:

- Consenso.
- Estratexias de control: xente que sempre sae nos medios aínda que non teña nada
que decir.
- Cabos: como é máis barato transmitir información, costa máis chegar a un consenso.
- Contradicción: os medios están aí dunha maneira ideal, para contradicir unha idea
falsa ou engañosa.
ATENCIÓN ENTENDIDA COMO MERCADORÍA DE GRAN VALOR
Cultivas, creas e centras atención para que una vez creada poda ser vendida, é unha
mercadoria de gran valor.

Atopamonos nunha sociedade de excedentes onde é crucial xerar atención para continuar a
vender.

Os medios de comunicación mercantís actuais elaboran información, programas… Pero


centran os seus obxectivos na xeración de ESPECTATIVAS, para despois vendelas ao mellor
postor. Hai certos medios de comunicación que incluso se despreocupan dos intereses da
xente.

Os fenómenos virais son contidos, fenómenos de atención, que funcionan cumprindo os seus
obxectivos e poñéndose de moda.

Os medios de comunicación son un espello da realidade?

Ex. GRAN HERMANO

Cando GH comezou a perder público, contratáronse exprostitutas arxentinas e se producían


escándalos entre os concursantes a través de guions abertos. Deixou de ser un programa-
experimento a pasar a ser guionizado, converténdose nun “Patio de veciños sorprendende por
escandaloso”.

Os directores de programas, nunha tv creada para obter beneficios por publicidade, recibían
como auga de maio ese tipo de programas xa que había conexións ao longo do día dende
outros programas tamén insustanciais.

TODO BASEADO NOS BENEFICIOS ECONÓMICOS

Gran Hermano, por moito que se lle ofreza de premio ao gañador é un programa de
producción moi barata comparada cunha película biográfica ou cunha boa producción
documental.

Unha boa película (non creada) sobre Rosalia de Castro supone pensar en decorados, spots,
escenografía… Un custo enorme. Ex exteriores/repetir tomas / ambientación…

O custo é menor ainda que as comedias de situación ou sitcom. Ex: Pratos Combiandos: único
espacio escénico: o bar suizo e, despois de moitos anos, a casa. O sistema de filmación era so a
través de duas cámaras. Economizar o decorado, sistema de grabación…

O entretemento televisivo das ultimas décadas son teleseries onde o repertorio de planos é
case o mesmo. Planos reiteranse.

Alguns dos programas máis promocionados non son únicamente os que teñan publico, senón
os de baixo custo que intentan captar a atención a través de detalles, para vendela despois
coma mercadoría.

Por que se lle da tanto espazo a GH? Por que se quere presentar en calidade de novo?
J. BAUDRILLARD (sociólogo francés)
J. Baudrillard foi un sociologo francés, bo traductor, que a fins dos anos 60 escribiu un libro
moi interesante A sociedade de consumo e posteriormente O sistema dos obxectos, una
análise da sociedade de consumo onde o individuo non é creador nin produtor senón un
consumidor. É una percha.

Escribiu moitas veces de manerira aforística (poucas palabras, argumentos que tiña que
completar) ex: “a idea do suicidio axuda a pasar noites moi ruins”, Nietzsche.

A obra do sociologo francés ao convertirse en aforística volveuse moito máis brillante.

Comezou analizando a sociedade de consumo.

Relación con Marx

Marx definiu capitalismo como sistema que produce bens para vender e intercambiar, é decir,
mercadorías. Polo tanto a riqueza tamén é entendida como a producción de mercadorías.
Posteriormente escribiu Crítica de Economía Política onde consideraba desligar totalmente a
producción de bens materiais.

Baudrillard escribiu Crítica de Economía Política do signo onde destaca o capítulo final
Requiem polos medios, onde describe aos medios comerciais que comezaban a ter expansión
en Europa como un virus, é decir, unha representación morta.

Marx consideraba a valía dos obxectos como valor de cambio. Na


V a lo r d e u s o
actualidade, evolucionou cara o valor de signo, como explica
Baudrillard.
V a lo r d e c a m b io
Un obxecto, pode ter valor de uso, é decir, o valor intrinseco ao
V a lo r d e s ig n o
mesmo debido á súa utilización. Porén, pode dispor tamén dun valor
de cambio. O valor non radica so no seu uso, senón no valor á hora
de intercmbialo. Por exemplo: eu teño un kilo de patacas cuxo valor de uso radica no seu
beneficio nutritivo. Porén, ese kilo de patacas ten un prezo no mercado. Ese prezo é o valor de
cambio, aquello polo que pode ser intercambiado.

Marx consideraba que as sociedades substituíran oo valor de uso polo valor de cambio. Os
obxectos deixan de ser creaods para satisfacer necesidades seón para ser intercambiados
buscando un beneficio económico. Esto é coñecido como FETICHISMO DA MERCADORÍA, unha
característica esencial das sociedades mercantís modernas.

O que Marx buscaba era eliminar a idealización da producción, obtendo a capacidade de


análise material da mesma observando ás forzas de producción.

Freud tamén defendeu que o que xeraba atractivo nas perosoas era o aspecto material: as
xoias, as prendas, o calzado… Según él, sen esas cousas as perdoas quedabas desprovistas do
atractivo.

Algunhas veces o modelo de producción de comunciacións que hoxe temos podería


compararse cunha producción industrial ou unha producción de churros, descoidada. O único
bo é que como é tan descoidada será máis sinxelo superala.

Baudrillard defende que o valor de signo é unha realidade moderna que substitúe ao valor de
cambio. A producción fundamental das sociedades contemporáneas é o valor das marcas:
unha prenda, sen cualidades materiais de maior calidade ca outra, véndese a un prezo
notablemente superior debido exclusivamente ao seu signo.. Ex: Moschino, Tous…

Causa? A sua presencia constante en media, comunicaciones.

Posteriormente Baudrillard escribiu cultura e simulacro. Incliu un artigo chamado a Precesion


dos simulacros onde expresaba que os medios de comunicacion máis que representar cousas,
crean representacións, modelos, que despois se reproducen na sociedade polo que adquirindo
certo nivel de realidade. O simulacro é algo que precede.

Ao inicio do seculo as persoas non estaban preto dos persoaxes de gran hermano, das series e
agora reproducen os seus comportamentos, actitudes…. TRANSMISIÓNS VIRAIS

Os medios na actualidade producen una realidade que se transmite de maneira viral, a xente di
cousas que din os medios, imita os seus comportamentos, sen examinar o fundamento do
mesmo.

A realidade dos medios, de persoaxes como Ylenia, Belen esteban, Santiago Abascal… é unha
HIPERREALIDADE, considerada por alguns máis real que a que viven na sua casa, na súa
verdadeira realidade. Ex: Máis importante para una persoa GH que o seu médico de cabeceira.

Que condicions se tienen que dar para que se produzca la significación?


Fioridi, L., Information, a very short introduction.

A comunicación actual é unidireccional pois un só transmisor expande a súa mensaxe a moitas


persoas.

A información pode ser vista dende diferentes puntos de vista: biolóxico, semántico…

Gaswell, H., Estructura e función da comunicación.

ESTRUTURA E FUNCIÓN DA COMUNICACIÓN NA SOCIEDADE

A xente gustalle a TV, a radio, porque gústalle verse representado.

Marchall McLuhan, A galaxia Gutenberg.

Se miramos a historia hai tres grandes formas de comunicación:

1) Comunicación oral.
2) Comunicación escrita: podemos facer historia cando temos unha técnica que permite
unha maior percepción (rexistro preciso do pasado).
3) Comunicación electrónica. Iniciase coa radio e posteriormente crea a TV.

Na mesma maneira que a escritura cambiou a sociedade, os medios electrónicos tranfórmana.


Ás veces, traen de volta recursos orais. Por exemplo, a posibilidade de ver un discurso. Os
distintos medios de comunicación teñen un equilibrio sensorial distinto.

2) Comunicación escrita: profundización.

Dentro da comunicación escrita hai un periódo especialmente interesante. A finais do s. XV a


escritura puido ser mecanizada a través da IMPRENTA. A xente podía ler textos, manuais, nos
que non había variacións, problemas de interpretación.

Tivo unha serie de consecuencias, dentro das cales destaca o indivisualismo. Por exemplo, os
frades adoitaban ler os textos entre eles ou a través da súa memoria. Posteriormente, todos
lían a mesma historia, pero prescindindo do acto de comunidade.

Na Galaxia Gutenberg interesouse tamén pola mecanización da escritura: homo tipográfico. A


xente pasou de oír a lingua a poder vela.

3)Comunicación electrónica: profundización.

Os novos medios de comunicación recuperaron características das sociedades orais, un certo


tribalismo.

Os medios electrónicos que chegaban con moita rapidez levaban cara a aparición dunha aldea
global (global village), na que todos podemos vivir “anfibiamente”. Esto quere decir que é un
aspecto local no que podemos precisar e medir as cousas.

Cando falamos dunha circunstancia global, falamos dunhas regras abstractas globais.
Fíxonos reflexionar sobre como os medios son interesantes non só polos seus contados senón
polas formas e como estas afectan á nosa percepción.

Understanding media: a comprensión dos medios como extensión do home.

Marchall McLuhan non busca argumentar probando todo o que di, senón que adoita escribir
aforísticamente, provocadoramente. Máis que argumentar de maneira concluinte, buscou que
prestaramos atención a como a forma do medio é importante. Vis: Annie Hall.

“O medio é a mensaxe / O medio é a masaxe”.

Q. Fiore e M. McLuhan, “The medium of the massage”

A publicidade e o seu diñeiro, permite á redacción escribir cousas importantes Tanto o seu
estilo, como tipografía, etc marcan a pauta de comunicación dos xornais.

Manuel Castells, A galaxia Internet (1996).

Existen redes de indignación e esperanza expandidas a través dos nosos teléfonos.


Estudos de control / Medios / Análise de contados

A quen? Estudos de audiencia.

Os inicios destos estudos xorden en EEUU nos anos 20 debido ao interese dos produtores de
radios de coñecer os destinatarios dos seus productos, xa que non tiñaan as facilidades dos
xornais ou otros medios. Era interesante coñecer ao público para obter sempre o maior
beneficio económico da publicidade: importancia mercantil. Estas enquisas fixeronse da man
de empresas coma Gallup e Nielsen.

A organización radiofónica podería ser mellor se as compañías radiofónicas de EEUU foran


públicas, como as de Europa. Porén, existe unha tradición política que considera que todo
aquello que podan realizar os particulares, non debe ser feito polo goberno.

Arredor de 1938, a BBC contaba con Audience Reaserch Departments, onde buscaban facer
estudos cualitativos do público radiofónico para coñecer se o realizaban en calidade de
actividade única ou complementaria, individualmente ou en reunión… Tamén se preocupaban
polos horarios.

D. Morley, The Nationwide audience.

Ao ver a TV, xerabanse living room wars para elixir o que ver. Os gustos televisivos seguían
certos patrones de diferenciación. Por exemplo, as mulleres preferían os programas de
narración, os filmes, os documentais… mentres que os homes decantábanse polos deportes ou
informativos.

D. Morley quixo estudar estas diferenzas a través dun programa de éxito da BBC, The
nationwide. Era un programa onde se trataban os temas de actualidade, realizábanse
entrevistas (a un representante do gobernó e outro da sociedade civil) e diferentes sección.

Morley buscou non inducir ningún tipo de resposta, maneira naturalista, grabou os programas
e amosounos a case 50 grupos de 6 membros, compartindo entre cada un deles, unha
característica pero diferenciándose no restro. É decir, fixo unha mostra por conglomerado.

Hall, S. Encoding / Decoding

Ensayo que utilizou Morey para sintetizar as respostas do estudo. Nel, explícanse tres formas
de descodificación dunha mensaxe:

DESCODIFICACIÓN Un asunto vese rodeado MARCO


DOMINANTE dunha marxe interpretativa.
X a

DESCODIFICACIÓN Negamos o marco. MARCO


NEGOCIADA Acéptase unha parte pero a
outra cuestiónase. X a

DESCODIFICACIÓN RADICAL Negamos tanto o marco


coma o acontecemento.

EXEMPLO: TITULAR QUE DI “AS FOLGAS SON UNHA PERDA DE DIÑEIRO”


Descodificación dominante Descodificación negociada Descodificación radical
Aceptase tanto a folga coma Aceptase a folga pero non se Non se recoñece nin a folga
a perda de diñeiro. recoñece a perda de diñeiro. nin a perda de diñeiro.

Cada noticia ten matices distintos para persoas distintas. O que buscaba era presentar un
esquema con diferentes interpretacións.

Observou tamén unha relación destos diferentes niveis de descodificación cos estatus sociais:

- Descodificación dominante: baixo nivel de ingresos e pouco interese en política.


- Descodificación negociada: nivel de ingresos medio/medio alto, non particular interese
en política.
- Descodificación radical: non tanto relación cos ingresos senón cun alto interese na
política.

A xente pode ver un mesmo programa, pero a maneira de descodificar non é necesariamente
a mesma.

Kate, E. e Liebes, T.: estudo da serie Dallas.

Trataba a historia dunha familia de petroleiros de Tejas, o protagonista tiña moitros problemas
emocionais, problemas co alcoholismo…

Estudaron esta serie porque tivo un alto éxito, aínda que non universal, en lugares tan diversos
coma Holanda ou Marrocos. Preguntáronse se a serie foi vista da mism maneira, é decir, se a
vían a mesma serie.

 En Rusia, cando recibiron a enquisa a un grupo de estudo, foi considerada unha sátira
do capitalismo.

THE EXPORT OF MEANING.

CROSS-CULTURE READING.
LASWELL presentou 5 preguntas na busca dunha análise do contido. Os estudos poden ser
multi-, inter-, trans- disciplinarios.

Podemos ordeao o panorama dos estudos de comunicación segundo a súa temática:

Funcionais Estruturais
Actos de comunicación Obras de comunicación
Comunicación como transmisión: Producción e recepción de significado.
- Coidado
- Eficiencia
Socioloxía, Psicoloxía social… Lingüística, semiótica, teoría das artes…

Os estudos funcionáis ou funcionalistas céntranse nos actos de comunicación. Os actos de


comunicación poden ser moi diversos: un aviso do gobernó, unha noticia dun asesinato, cinco
spots publicitarios dunha campaña electoral dun partido político…

A comunicación enténdese como transmisión entendida como:

- Coidado: evitar alteracións ou distorsións.


- Eficiencia ou eficacia: cumprimento do efecto que prevé o emisor.

Estos estudos fanse desde disciplinas como a socioloxía, a psicoloxía social…

Este tipo de comunicación parte dun suposto: o sentido común. Considera que todos
entendemos o mesmo, o cal pode ser problematizado. Os signos diferencianse dos estímulos
na súa polisemia. Teñen un núcleo común, pero posuen matices diferentes para cada un de
nós. Non estamos moi seguros do que entende un receptor. A comunicación, o resultado
dunha comunicación, non é preciso e predecibel.

BERLIN, I. Dous conceptos de liberdade.

- Liberdade como capacidade da facer o que un quere.


- Capacidade de diferir, disentir… manter a autonomía.

Pode pasar o mesmo co romanticismo:

- Arte na que predomina o sentimento sobre a razón ou o individualismo sobre o


colectivo, a subxectividade…
- Ruputa das convención. O romanticismo dixo que os escritores non se relacionan
dentro dunhas normas senon que o romanticismo é a arte da revolución.

A transmision simbólica NON é o mesmo que estimulo-resposta.

Retro información ou feedback é o camino dende a resposta ao estimulo (camiño inverso).

Exemplo de estudios funcionais: arquivo de Laswell, HD (1998)

SHELLEY , P.B

Oda a beñleza intelectual

Os estudos estructurais entenden a comunicación como creación de significado obtendo coma


resultado obras de comunicación.
Non se centra tanto na eficiencia e coidado senón o significado das obras e como este é
creado, é decir, producción e recepción de significado ou de contido simbólico. Estúdanse os
textos (entendido como enunciados) que se crean nunha cultura.

As diciplinas que estudan isto son a lingüística, a semiótica, a teoría das artes (Ej Arnheim, R.
Arte y percepción visual )…

O fundamento son repertorios, regras código.

Exemplo de estudios estruturais : Tony Bennet Medios realidade e significación.

Hai distintas diciplinas que estudan a comunicación. Dependendo do instrumento que usemos
para estudala veremos en primeiro plano unha cuestión ou outra.

 Definicións de comunicación de masas.

Theorson, Carl. Sociólogo.

“A comunicación é a transmisión de información, ideas, actitudes ou emocións dunha persoa


ou grupo a outro ou outros fundamentamente a través de símbolos.”

*Comentario de oute: recórdanos q a transmisión non é so de información e a súa vez a


interacción entre grupos.

Psicólogo. Osgood, CH.

“No sentido máis xeral temos comunicación sempre que un sistema, é dicir unha fonte, inflúe
noutro mediante a manipulación de símbolos alternativos que se poden transmitir por unha
canle que os conecta.”

Psicólogo social, Gerbner, G. (estudou os efectos dos medios)

“A comunicación pode definirse a xeito de relación recírpoca ou interacción social por medio
de mensaxes.”

Gústalle a oute `porque é por medio de mensaxe non que é mensaxes.


Os medios de comunicación de masas abranguen técnicas e institucións por medio das
cales grupos especializados empregan técnicas específicas (prensa/radio/cámaras/filmes)
para diseminar contido simbólico entre unha audiencia numerosa, heteroxénea e
dispersa.

Socioloxía: JANOWITZ, M. Community Press in urban setting

Definción que fai fincapé en moitas cousas:

- Técnicas e institucións: un diario pode ser oficial do estado ou ben privado, unha tele
pode ser pública, por exemplo BBC, ou privada, como a de Berlusconi ou Telecinco.
- Grupos especializados: O tipo de cultura dos grupos especializados non é o mesmo en
todos os países. Existen diferentes criterios de obxectividade, os cales foron estudados
por Stuart Allan, News culture.
- Técnicas específicas: radio, prensa… A información tv e os xornais non utilizan as
mesmas técnicas nin chegan ao espectador da mesma maneira.
- Para diseminar contido simbólico: Obriga á interpretación deste contido. Diferenciase
dos estímulos, que teñen unha resposta previsible. Teño constancia de que veron unha
emisión pero non de como entenderon esa emisión.
- Audiencia:
o Numerosa: non é únicamente o núcleo familiar.
o Heteroxeneo: os programas máis vistos teñen público de diferentes idades,
niveis culturais, crenzas distintas…
o Disperso: Cada grupo adquire a información de maneira diferente: por
exemplo podes escoitar a radio soa, en grupo… A comprensión vai ser
diferente posto que as maneiras de acceder e entendela son diversos.

Janowitz realizou un estudo sobre as funcións da prensa comunitaria en entornos urbanos.


Tivo en conta a existencia de inmigrantes no entorno rural, como por exemplo os pastores
vascos que traballaron en EEUU (Días de nevada, Bernardo Atxaga).

Na comunicación de masas aínda que cada vez se nos instiga máis a participación, sempre se
censura ou controla o que vai ser publicado.

NOCIÓN E TEMA DE DISCURSO (Media dicourse, Fairclough, N.)

Cando falamos ou escribimos non so creamos representacións formais. O discurso ademáis de


ser una representación ten unha serie de efectos. Un discurso, unha noticia, non so nos fala
dalgo senon que pode crear un efeto. Ao considerar unha información que fai circular aos
medios temos que considerar tamén os efectos que ten e a situación na que se da.

Ex: Un documental crea un discurso que ten uns efectos.

Ao final esas palabras que usan os medios para describir o mundo podemos utilizalas para
describirnos a nós mesmos. As veces usamos eses termos sen analizalos e acabamos
autocolonizandooos.
O efecto do discurso pode facer compartir información que nos fai vivir a todos mellor. Pero
un dicurso tamén pode buscar crear un sentimento xenófobo, racista… Ex:“Discurso, poder e
acceso” Dijk, T.
TEMA 2: HISTORIA DA COMUNICACIÓN DO SER HUMANO
Se quero falar da comunicación na humanidade o primeiro que hai que decir é que existe unha
grande diferencia entre as sociedades que coñeceron a escritura e as que non coñeceron a
escritura.

Orais / Alfabetizadas

Orabilidade electrónica-> as sociedades electronicas recuperaban aspectos das sociedades


orais. Por conta dos medios electrónicos as sociedades alfabetiadas volven a ser sociedades
tribais. Recuperar características orais non quere dicir que as formas e técnicas sexan as
mesmas. Se repiten conductas.

Ong, W. Orality and literacy

Goody, J Literacy in traditional

Cicerón inventou a palabra oratoria. Creou moito léxico latino para adaptar a lingua de roma
ás nocions do pensamento grego. Por exemplo, para adaptar a noción de physis inventou
materia.

Para Cicerón a literatura era unha actividade dual: a capacidade de ler e escribir. “ler dereito e
crear dereito”

Mc Luhan, M. The gutemberg Galaxy (1962) → Relacions entre formas de comunicación e


como estas determinan a vida social.

Ong, W. Oracity and literacy → Oralidade secundaria /oralidade técnicamente mediada…


Cales son as características fundamentais das sociedades alfabetizadas e as orais?

Orais Alfabetizada
Mnemotecnica → regras para axudar a Rexistros precisos.
recordar.
Recursos memorísticos.
Tradición. Non é precisa nin estática. Historia ou historicidade.
Dúas nocións de historia:
-Res gestae: Historia das cousas que se
fixeron. Historia como decisións.
-Rerum gestarum: Coñecemento, historia
dos actos.
Función de dotar de sentido. Función de creación de coñecemento
analítico / científico.
Mitos, entendidos como esquema Coñecemento analítico.
interpretativo, guión de interpretación.
Temporalidade: sincronía. Temporalidade: diacronía.
Exemplo:
Goody, J. Literacy and traditional societies.
Tribu chamada gonja descoñecía a escritura,
eran eminentemente gandeiros e
recolectores. Uns antropólogos ingleses
conviviron con eles e ao preguntarlles pola
súa historia, recibiron a resposta de que os
gonja proviñan da unión de familias de catro
sitios distintos. Os antropólogos tiñan
noticia, debido a estudios previos, de que os
seus antepasados defendían que proviñan
de dúas familias que se xuntaron. Ao
respecto da confusión, os gonja contestaron
que ambas historias eran verdade.
Non tiñan interese na análise do pasado.

Situación determinada. Situación indeterminada.


Enunciado aberto. Enunciado pecho.
Por exemplo, na Atenas previa a Platón, a Nunha sociedade alfabetizada temos uns
xente reuníase na ágora (situación determinados enunciados (pechos) que
determinada) pero non estaba posuen estruturas concretas (inicio e final).
predeterminado o tema de conversación O que non coñecemos son as situacións
(enunciado aberto). (indeterminadas).
Lingua: Lingua:
- Sincrética. Poden confluír tempos - Lineal. Ex: noticia.
distintos. Ex: in media res. Xorde no - Lóxica. As nocións e categorías que
inicio da nosa tradición literaria con se empregan non poden ser
A Ilíada. contradictorias.
- Emotiva. - Abstracta. Sen abstracción non
- Concreta. Distinguir dentro do xeral. existe coñecemento científico.
Individualismo expresivo. Individualismo de acción.
Variación ao expresarse que causa a Deber de remitir a unas fontes.
modificación das historias. Exemplo: A sociedade grega era
Fálase das mesmas cousas de maneira eminentemente oral, fronte a romana na
distinta. que a escritura era un pilar de importancia.
Ex: dereito romano.
Coñecemento compartido. Ex: a ágora Monopolios de coñecemento.
atenense, todos os cidadáns podían ir e
discutir ali.

O desenvolvemento das comunicación e dos transportes contribue ao desenvolvemento social.


Non beneficia a todos por igual, beneficia máis aos que están en posicións estratéxicas.

Importancia da escritura tratada en numerosos mitos coma por exemplo Platón en Fedro a
través dunha fábula. Un deus presenta a escritura como mcanismo que amplía a memoria dos
homes. Eles Terán reminiscencias crendo razoar. Obterán so a formaexterior do razoamento.
En A república distingue dous tipos de memoria: memoria vital (a memoria que se fai) e a
memoria das palabras. Moitas veces Platón mesturaba nos seus libros exposición abstractas
con narracións…

Hvelock, E. Preface to Plato.(1964)

Unha das cuestión fundamentais da escritura é a súa capacidade de fixar o significante e ao


facelo, estabiliza o significado.

 Significante: traducción fónica de un concepto.


 Significado: correlato mental del significante.

→ Innus, H. A., Empire and communications e The Bias of communication. Non todas as
sociedades alfabetizadas teñen a mesma escritura, temos que ter en conta as condición da
mesma.

Tipos de Distribución
Soporte
escritura social

 Tipos de escritura.
- Pictográfica: un signo representa un obxecto concreto. Ex: mayas, aztecas…
- Ideográfica. Unha figura representa un obxecto concreto e todos os que son como
el, unha clase. Ex: escritura chinesa.
- Alfabética. Representa os sons, signo verbal, co que representamos ese obxecto.
Xa non falamos de clase, senón dun tipo de son. Acrofonía.

 Tipos de soporte.

Soportes pesados Soportes lixeiros


Pedra Papel, papiro…
Orientación temporal, busca a permanencia. Orientación espacial, difundir e evar rápido
unha mensaxe.
Orientación cara o pasado. Orientación cara o futuro.
Establecense por comparación. Porén cada unha das categorías ten que ter un valor intrínseco.
 Tipos de distribución social
- Escasa y elitista.
- Universal.

Autores como Burke, P. (estudou culturas populares, as formas de cultura na sociedade


contemporánea) ou Briggs, A.

De Gutenberg a Internet: unha historia social dos medios de comunicación.

Todos os individuos vivimos nun punto de equilibrio entre a comunicación oral e escrita. Os
grandes escritores téñense en estima porque escriben como fala a xente do común. Sociedade
que optou por un certo punto entre o oral e o alfabetizado.

Artículo: “The exploring Stage” (1986).

Matiz: tipos de comunicación electrónica.


Se queremos falar de comunicación electrónica podemos falar de tres tipos.

1. Comunicación electrónica oral.


Forma de comunicación oral na que hai un grao de intervención da escritura.

Exemplo: guión para entrevista de radio. Ten importancia o ritmo, o timbre, o acento… Pero
non é allea á escritura xa que ten un guión aberto. Xeralmente escríbese primeiro e despois se
presenta oralmente. As veces non se escribe senón que se edita (substituense tramos de
menos ritmo por recursos).

Algunhas características son a modulación da voz, as maneiras e efectos da expresión…

Mind Style (Estilo Mental). LEACH, G. e YULE, G.: Relación xeral de ideas que se ordena na
lembranza do espectador, que ten unha recepción xeral, impresionista e imprecisa. Nesta
lembranza moitas veces non identificamos emisor-recpetor. O mesmo enunciado en figuras
coñecidas pode parecer radical ou moderado.

Nesta relación xeral de ideas (imprecisa) ten importancia a secuencia de exposición. Cando
facemos un discurso, sobre calqueria temática, podemos:

- Mesturar narración e argumentación.


- Antítesis.

A recepción é vaga, imprecisa e de conxunto. As veces os receptores lembran frases ou


palabras que dan lugar a interacións non moi axustadas e non proxecións, inferidas polo
carácter atribuido ao locutor.

Xeralmente a comunicación reforza actitudes e presupostos tácitos. Por exemplo a música


pop.
A comunicación oral non se caracteriza por ser lóxica ou seucencial senón por imitar a lóxica.
Logic Minicry: utilizouse como exemplo un anucio das radios canadenses de cervexa que
utilizaba o slogan “Better than a sweather!”.

2. Comunicación electrónica audiovisual.


Explica que a comunicación electrónica audiovisual comparte características coa oral pero
engade características da representación escénica. Ex: iluminación, encadre, indumentaria…

O máximo exponente é a televisión.

Contido + forma concreta.

A comunicación electrónica audiovisual busca trasnmitir dende un ton épico a realdiade do


mundo ao espectador. Narracións áxiles nas que o punto de vista cambia constantemente.

Utiliza ou imita as formas de comunicación interpersoal: a interacción interpersoal. Os


primeiros en escribir isto foron Horton, D e Wohl, R. nun artigo clásico “Mass communication
and para-social interactiom. Observations on intimacy at a distance”.

Nalguns casos houbo ointes de radio ou espectadores de televisión que chegaron a pensar
que esa relación interpersoal era certa. Nos primeiros anos da tv houbo patoloxias
exemplificadas a través de señoras que se presentaban en estudos dicindo que querían saudar
ao presentador que saudaban todas as noites.

Ex: TV.

3. Comunicación electrónica alfanumérica.


Incluen a estatística descritiva e inferencial. Este tipo de comunicación pode ter o risco de
recrear un novo elitismo a través de monopolios de coñecemento. Un novo feudalismo
institucional, ata que punto teñen un peso crecente na vida social actual esas bases de datos.

Contribuen a unha forma de integración social onde teñen máis peso as sociedasdes anónimas
e menos os individuos.

Distinción clásica da socioloxía nun libro chamado Comunidades e sociedade, Tonnies, F.

 Comunidade é ese entorno humano no que as relación son cara a cara.


 A sociedade é a forma de vida.

Smelser, N. “The infrastructure if modernity, indirecty social relationships, information


tecnology and social interaction.”

Nun libro chamado Social change and modernity (1992).

Ex: Bases de datos.

You might also like