Download as odt, pdf, or txt
Download as odt, pdf, or txt
You are on page 1of 4

Economía e sociedade na Galicia dos Austrias

Nesta pregunta o alumnado deberá explicar a evolución demográfica e económica experimentada


polo territorio nos séculos XVI e XVII, poñéndoa en relación coas características da agricultura e
os efectos da introdución do millo, e salientando as crecentes desigualdades existentes entre a
Galicia interior e unha Galicia litoral con importante actividade pesqueira. Os caracteres da
estrutura social e a conversión da fidalguía no grupo rendista máis representativo serían outras das
cuestións que terían que abordar na resposta.
Rúbrica

Coñecementos: resposta básica que incide nas seguintes cuestións:

Para aprobar

-Sinalar os trazos máis salientables da agricultura galega e os cambios experimentados no s. XVII.

-Comentar as principais características da actividade pesqueira.


-Referenciar os trazos básicos da sociedade galega salientado o papel desenvolvido pola fidalguía.
Para nota:

-resposta que ademais de facer referencia ás cuestións básicas, explica cunha certa profundidade
polo menos unha delas.

-resposta que ademais de facer referencia ás cuestións básicas, afonda nunha ou explica con certa
profundidade polo menos dúas delas.

Capacidade de síntese: a resposta non excede a extensión recomendada

Redacción: correcta, argumentación coherente e vocabulario axeitado.

A chegada da dinastía Trastámara á coroa de Castela, a vitoria de Sabela I e o proceso de

centralización, unificación do territori – incluído o emprego do castelá coma lingua culta- e de

recuperación da autoridade monárquica levarían a Galicia a unha perda constante do seu peso na

Coroa. Para unha parte da historiografía e intelectualidade galega este período se correspondería cos

Séculos Escuros da cultura galega.

Tal foi dita marxinalidade que Galicia chegou a perder o seu voto en Cortes ou no seu defecto os

seus intereses eran representados por Zamora. Neste contexto xurdía unha institución como a Xunta

do Reino de Galicia, creada no s. XVI cuxo papel sería o de exercer de portavoz entre a Coroa e o

territorio galego, representado polos procuradores procedentes das cidades capitais das 7
provincias: Santiago, Coruña, Betanzos, Mondoñedo, Lugo, Ourense e Tui; nas que se organizaba o

territorio galego.

Durante este período Galicia presentaba as características básicas do sistema feudal que se

observaban no resto de España e de Europa, onde máis de tres cuartos da poboación vivía das

actividades agrícolas.

A distribución da poboación baseouse no desequilibrio territorial e na concentración no litoral

ademais das capitais de interior de Santiago, Lugo e Ourense. A poboación era basicamente nova,

cunha alta mortalidade, sobre todo infantil e unha alta natalidade, tendo un esperanza de vida baixa

que rondaba os 40 anos. Os comportamentos demográficos estaban ademais suxeitos ás malas

colleitas, ás crises de subsistencia e aos ciclos pestíferos (peste atlántica de 1566) e as guerras

(como a de Portugal entre 1640 e 1668) que reducían a poboación como sucedeu durante o s. XVI.

Máis de 4/5 do total vive no ámbito rural, é analfabeta (as mulleres na súa práctica totalidade) e

traballa nas labores do campo, xestionando unha economía agraria de subsistencia (importancia na

exigua dieta das fariñas de trigo e centeo, o viño, verduras, carne no interior, pouco consumo de

carne…) traballada co útiles rudimentarios e con ausencia de fertilizantes e innovacións salientables

empregando o barbeito. Estes condicionantes explican que dificilmente se xere un excedente unha

vez os campesiños teñen que facer fronte á gran cantidade de tributos sobre o producido (décimo

eclesiástico) e ó pago das rendas forais. Estes pagos adoitábanse facer en especie. Debido a esta

insuficiencia produtiva optaron por realizar outras tarefas complementarias ás agrarias na propia

casa, coma o fiado de liño, ou decidiron emigrar a Castela, Portugal ou mesmo a América por un

tempo curto ou definitivo.

Esta situación mudaría a partires do século XVII cando se consolidan os cultivos de dous produtos

americanos, o millo e a pataca, aumentando significativamente os niveis produtivos e as terras en

labor. A extensión destes cultivos procedentes de América alteraron o sistema de rotacións,

diminuíndo en moitas zonas o barbeito e potenciando o incremento da gandería, e con isto


propiciando un crecemento da poboación que afastaba a Galicia da crise demográfica do século

XVII que afecta á toda a península como tamén a Europa.

Outra actividade relevante no territorio galego sería a pesca. Na Galicia costeira, o traballo agrícola

atopaba alivio nas actividades do mar se ben os problemas eran análogos ós da agricultura (de feito,

habería que esperar ao s. XVIII ca actividade dos fomentadores cataláns para atopar as innovacións

relevantes a nivel técnico e organizativo no terreo da pesca ca introdución da arte do arrastre e as

fábricas conserveiras). Podemos diferenciar tres aspectos salientables da pesca en Galicia na Idade

Moderna:

• A pesca de baixura, sobre todo de sardiña e a salgadura de peixe sobre todo nas Rías Baixas

onde destacaba o gremio dos mareantes de Pontevedra.

• A pesca de altura tiña Terranova como caladoiro principal de bacallau que era vendido nos

portos de Castela. O conflito con Inglaterra e Holanda e a actividade pirata obrigaba dende

finais do s. XVI a levar protección o que aumentaba o custes e provocou un descenso na

actividade.

• Finalmente o comercio dende portos como os de Baiona, Vigo, Coruña que comerciaban con

cidades costeira españolas como Sevilla ou Bilbao e portos europeos como os de Porto,

Lisboa, Rouen ou Amberes. A exportación de viños, sardiñas, polbo, pescada, castañas ou

mazás e a importación de cereais, aceito ou sal era o máis salientable.

Os industria téxtil ca produción de tecidos de liño e a construción naval actuaban como principais

actividades industriais en Galicia aínda que novamente a falta de innvoación e de investimentos

debilitaba as súas capacidades fronte a competencia.

O modelo de sociedade era o dunha sociedade estamental moi xerarquizada e con escasas

oportunidades de ascenso social, baseade na desigualdade ante a lei e liderada por sectores

privilexiados rendistas como eran a nobreza e o clero organizados en señoríos territoriais e

xurisdicionais sobre os seus feudos onde viven fundamentalmente do cobro de rendas -

fundamentalmente o foro- aos campesiños que as traballaban as terras dos señores.


O primeiro estado composto pola nobreza, distinguía entre a alta nobreza galega, moi activa nas

campañas militares dos Austrias e que se destacou polo seu absentismo de Galicia. Estes nobres de

grandes familias como os Andrade, Lemos, Sarmiento ou os Monterrei desempeñaron elevados

cargos na administración (vicerreis, embaixadores) e paulatinamente enlazaron coas familias

nobiliarias castelás.

A fidalguía galega estaba integrada principalmente pola pequena nobreza, se ben co tempo se

incluíron grupos de burgueses (escribáns, escudeiros, comerciantes) e campesiños enriquecidos,

foise configurando como un grupo ben diferenciado e cada vez máis poderoso que centraba a súa

actividade no cobro de rendas (foros, subforos, arrendamentos). Exerceron de intermediarios entre

os propietarios e señores (nobreza e clero) e os labregos que cultivaban a terra e pagaban foros e

arrendamentos. O seu éxito debeuse ao absentismo da alta nobreza que deixaba un baleiro de poder

que ía ser ocupado pola fidalguía. Os pazos convertéronse na súa mellor imaxe de poder social e

económico.

O segundo estado, o clero seguiu a ser en Galicia o grupo moi poderoso que viña sendo dende a

Idade Media; percibía unha parte importante das rendas agrarias e exercía un enorme poder no seu

territorio, especialmente no rural a través dos mosteiros e nas cidades catedralicias a través dos

arcebispados.

As clases populares non privilexiadas ou terceiro estado distinguía entre diferentes grupos:

• Os labregos, aproximadamente o 80% da poboación de Galicia. A maioría traballaban unhas

terras que case nunca eran da súa propiedade e vivían nunhas duras condicións.

• Os grupos urbanos organizábanse a través dos gremios e cofrarías como os artesáns,

mariñeiros etc mentres que os comerciantes conformaban unha burguesía que buscaba máis

ennobrecerse e vivir de rendas que de emprender a través de actividades económicas.

You might also like